acabo de espertar
e esta vila camiña por debaixo do ceo
e as rapazas míranme con interese
etnográfico
tirei beneficio dalgún casco
dalgunha cervexa
e arrinqueille a vida
a unha araña
coa resaca dos deuses
todo resulta tan obvio e as mulleres
falan de amantes
de nunca
de sempre
de todo iso
e aínda queda cervexa quente
dubido
dous segundos
bebo cervexa quente
non me importa a convención sobre
os dereitos do neno
alguén exerce de minusválido
e tal e como vexo que abre o día
ese alguén é o que decide
toda esta merda