-Blogia estame tocando o carallo moitísimo e non poido poñer enlaces, así que probade a clicar en "mayo 2006" aí ao lado e poderedes ver o resume do noso paso por Villarrobledo-
Nin este ano nin o anterior fomos ao Viña. Agora só está na mente, na miña, irlle ao de Manu Chao en Coruña. Amén de outras grandiosides que nos poidamos atopar -Skarnio, Banda Bassotti, Obrint Pas...-.
Non sei. Aquel Viña foron, probablemente, dos mellores días das vidas dos que o vivimos. Foi unha máquina de anécdotas e creo que nos pasamos tres días partíndonos de todo sen parar.