![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Onte-qui-zais-anton-te![]() Onte, ao mellor antonte, atopei uns versos en Bukowski -pero non só leo Bukowski (non ti preocupare)- que penso que están ben. Bem. -traduzo de xeito chafalleiro- e cando o amor nos chegou en dúas ocasións e nos mentiu en dúas ocasións decidimos non voltar amar nunca máis era o xusto o xusto para nós e o xusto para o propio amor. Agora, xusto agora, soaba un tema -moi empregado /TODO/ sexa dito- de Xenreira que berra finalmente GOD SAVE THE IRA. Deus salve ao IRA. Dentro dunha pel curtida polo embate do opresor vai o trébol da conciencia... Lume. Si, e que? Deus salve ao IRA? Deus salve María estás chea de graza e alí está o meu corazón. Cando o pobo non se rende? Empregar os movementos revolucionarios de liberación para a nada. Así vai o tempo pimpampum agora a loita é escribir. A nosa gran depresión é a nosa vida. Non volveremos amar? Amor. IRA. Xenreira. God save the IRA. Sempre escoitarei GOD SAVE THE IRA. Supoño que é así o xeito estremadamente lindo no que o mundo se expresa, as vinganzas se espallan e as armas din con catro pesos de esmola que non hai nada máis que facer. 14/05/2008 00:01 Comentarios » Ir a formulario
Formamos parte de una sociedad secreta que todos conocen.
Gustoume moito esta entrada e outra de Sara que remata con non sei qué duns porros tamén. Estades grandes. Bótadelle aí diso. Fecha: 15/05/2008 17:07. |
Archivos
TemasEnlaces
|