Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Cadáver en Monforte

vou mexar porque resulta que
debo ter unhas gañas de mexar modo
normal

a televisión proclama que
un pescador atopou un cadáver
na marxe dun río
preto de monforte

entro no cuarto de baño

vou sacando a pirola

disque o corpo
pode ser o dunha muller de
cincuenta e nove anos
da que non se sabía desde
hai dezanove días

primeiras pingas
de mexo

preguntan ao pescador sobre
o momento no que encontrou
o corpo

o señor sentencia

foi algo impensable
06/06/2008 21:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.