Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Conservam-se bem em refrigeração

erguinme
penso que eran as doce e algo
erguinme e baixei até a cociña

co frío da cerámica nova
nos pés
e con toda esa xente de festa
fóra
cos seus vermouths
cos seus xornais de tirada nacional
coas súas ideas do ben e do mellor

xuntei anacos
da torta que mercara
o día anterior

por esas datas só comía
tortas

a idea de postre
é unha imposición

e como todo o malo
seguramente sexa tamén
hespañola

xuntei anacos da torta
e fixen unha pirámide con todo
o que deixei de sentir a noite anterior

acababa de fuxir de todo
e despois da torta
comería un pouco de melón
con limón

agosto sempre dita lendas

e nós obedecemos
06/06/2008 22:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.