![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Alba, avogada e futura lusófona![]() Boas, xentes que tedes a ben pasarvos por este bloguiño! Hoxe contamos cunha histórica do asunto este: Alba. Comecemos a entrevista co mellor dos sorrisos e preguntando un clásico: Alba, que lo? Bueno lo, pois por aquí andamos, entre tochos e máis tochos e descansos (ohhh siiii ). De feito estou adicando un descanso a contestar reincidiosamente isto cun finxido sorriso en lugar de ir a por gominolas ou cafés á máquina e parolear (vaime o tema masoquista , ohh siii ). E nada, dentro dun rato vou ir ver un espéctaculo de danza strictu sensu, jajaja, e estou toda emocionada, porque creo que os espéctaculos danzantes e andantes que teño visto non eran moi strictu sensu. Con este, se non boto mal o cálculo, esta a ser o teu terceiro ano en Compostela estudando dereito. Como vai o tema? Fai unha pequena análise da túa evolución dende que comezaches a carreira, a nivel académico, enténdese. O tema vai ben, realmente, non me podo queixar. Rectifico, sí me podo queixar, porque a miña facultade ten tela telita tela, pero non correspode a pregunta rajar dela aínda que sería moito máis interesante o tema (esta entrevista é unha sosés absoluta, eres consciente verdade? ) en plan rajar o tema sería bilingüistas que tocan o carallo cando na miña facultade non hai tal problema posto que impera el idioma del imperio, cúpula militar do opus con anillo en dedo, liberdades de cátedra atribuidas en tiempos de espanha la vieja... E todo o que isto leva consigo, e comigo e con nós etc. Por outra banda e a respecto da evolución só sei que existe, dalgún modo, agardo que exista. En primeiro non sabes de que vai o tema, andas perdido e case sen darte conta aparéceche diante a sucessio ab intestato e éntranche janas de chorar e grandes dúbidas tipo por que non me metería eu en xornalismo ou en filo inglesa, en que estaría pensando eu cando puxen 1º Dereito, Santiago de Compostela, 2º Dereito, A Coruña. Son momentos de primeriza. Sen darte conta tamén xa estás en segundo e case sen querer estás rematando terceiro, vai todo demasiado rápido como pra asimilar. E xa non tes nin dúbidas nen medo aos tochos. Tamén pensas que un mundo sen avogados sería un mundo feliz? Jajaja, nunha reflexión seudo-alcojólica cheguei a unha conclusión semellante, non? Claro que penso que un mundo sen avogados sería un mundo felís, sen leis e sen gobernos e sen guerras e sen etc, jajaja, son anarquista e jipi de corasón, que estudiei dereito modo quero ser defensora das causas perdidas, pero claro, isto é segredo que senón a xente non me toma en serio e a miña futura vida profesional será un fracaso. Portugal, obvio. Vamos vamos Portugal vamos vamos a ganar que esta copa esta copa ,nos la vamos a llevar... Amén de como futura licenciada dígoo en calidade de futura crack nas pachangas da praia co meu equipo Portugal xd. Hai un tempo deixaches a canastra, un deporte que che tiña enganchada ben cativa. Como levas o tema ese? Pensas voltar nalgún momento a meterte no asunto ese? Pois lévoo a trancas e a barrancas, bótoo de menos hoxe exactamente igual que onte. Mentira, todo mentira. Cóstoume noites de insomnio e aljunha rabieta comijo mesma e varias bágoas de cocodrilo tomar a decisión de deixar o baloncesto, porque non é fásil aínda que pareza mentira, e se hai algo claro e que non vou a volver. Adiquei media infansia e toda a adolescencia ao básquet e parte da xuventude, e a verdade é que como cunde, como cundiu. Pero fai menos dun ano un espelido médico de urxencias díxome "chica yo no sé cuanto te pagan pero yo me plantaría dejarlo y dedicarme a disfrutar de los amigos, del chico, de la bebida, y a la mala vida en general porque este tobillo no te llega ni a los 25" ; conclusión: pagar pagábanme , fiscalizar o deporte que levas facendo desde cría non é unha boa idea, é unha carallada, é esclavizalo e o "alba deixa o balonsesto, fassssemossss botellón" chegoume para saber que era mi hora, amén dun ano no que estiven a disgusto donde sempre fora felís (que profundo). Ui ui ui, a pregunta estrella destos tempos jajaja. A verdade é que aínda non pensei demasiado no tema do erasmus, posto que son incap´ss de situarme e velo como algo que vai acontecer en menos de nada. O panorama véxoo ben xa que creo que me marcho nun bo momento a respeto da carreira, joder é unha felisidá ver no contrato de estudos todas as troncais que che restan pra rematar a carreira, e a nivel persoal creo que tamén é un bo momento. Penso que me pode aportar moitas cousas (sexo , drogas , rock&roll), agora en serio jijiji agardo unha boa experiencia, aprender cousas ,pillar perspectiva e realmente o feito de estar soa e noutro lugar descoñecido sempre dá moita. ¿Que máis? Posto que xa levo vivindo fóra de casa uns anos o que agardo é convivir con xente doutras nacionalidades, etc. Que tópica son. Son optimista en xeral co tema erasmus e teño bastantes janiñas. Vaste a Coimbra. Es consciente do que pensa Félix dos portugueses? Jajajaja, espero que félix cambiase de idea lojo de vir esta ves de Lisboa xd, aínda que non sei xa que co conto do leitao en coimbra ... jajaja. Se os portugueses son chunguérrimos, prometo ou xuro que vou a socializar con outros erasmusiles e vía, jijiji, e todos tranquilos. Que va, teño que socializar con portugueses que quero aprender portugués pero xa, ademais terei que respetar miñas raíces portuguesas. Como fas para aturarme? Prejunta difisilísima donde as haxa jojojo, a saber, nadie lo sabe todos lo preguntan, penso que parte do meu soldo de cando sexa maior irá a parar a un psicoanalista que dea resposta a esa prejunta. Supoño que no fondo dos fondos non me dou sin ti (que bonito , queixaraste, eh?) Explícalle a todos os infieis que se pasan por acá por qué Muros e Montelouro son como unha droga das boas. Muros é o mellor sitio do mundo, ademais de ser a miña única patria e o lujar onde cresín, e non só por iso, reafírmome en que Muros é o mellor sitio do mundo. E Montelouro o único deus verdadeiro jajaja. Non hai cousa como ir chejando a Muros por Laxeiras e velo aí, coas súas lusiñas, co seu arrecendo jojojo; só hai un plaser ijualable a isto nesta vida e é ir chejando a Muros pola carretera das Paxareiras e velo desde o alto, tan pequerrechiño e tan lindo. E falando de drojas temos aos yonkis máis yonkis de todos. A última ves que estiven en Muros andaba JJ increpando a uns turistas na Churra dicíndolle: "Churra significa gallina y si no lo sabéis os vais" (e os tipos fóronse ). En fin, es un sentimiento, no puedo parar. Agora, a parte da entrevista na que poño palabras ao chou e ti pos o primeiro que se che pase polo cerebelo: Caldeirada: De raia, arcadas máximas Moitas grazas pola túa paciencia e bemfeitoría. Unha aperta forte, Joint! Algún día autorizareiche a empregar o termo Canuto. A ver que foto pos, que paresa que son fotogénica e que abro os ollos ao mundo, e un pouco mona tamén (se milagroso) Beijinhos Comentarios » Ir a formulario
jijijijiji
( risas pola foto ) outra de JJ ese mesmo día. JJ sentado a porta da churra sen que ninguén que o controle ( josé juan disque estaba no Rock in rio ) deside interrojar o outros turistas e pregúntalles: - vosotros de donde sois ? porque yo soy muradano, es decir, de Muros. - nosotros somos navarros, que pueblo tan bonito. - bueno pues yo tnego que decir que nací en Navarra, que no PAIS VASCO NAVARRO, eh ? ( navarros flipando e JJ toleando coas nasionalidades ) Fecha: 09/06/2008 10:50.
a ver que se atrebe a nejar que Muros e o mellor lujar do mundo enteiro despois das anecdotas de
JJ jajajaja Grande Alba! algun dia explicarasme o significado da foto xDD. Fecha: 09/06/2008 14:55.
a ver...
os portujeses son peña encantadora, xa o veredes, os os mellores pero son porcos! solo eso Fecha: 09/06/2008 20:00.
queria aclarar que son consciente do meu erro de ortografia
quede todo dito Fecha: 09/06/2008 21:07. |
Archivos
TemasEnlaces
|