Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Unha tras outra

voltamos da praia

son máis ou menos
as oito e pico mal contadas

e levas o salitre no lombo
coa rara sensación de ter salitre no lombo
e baixas do carro que tivo a ben
acercarte á vila

déixalo

agradecer-baixar-pechar a porta

non-moi-forte

cruzas e pasas por diante de carvídeo
todo está moi ben xa

-nótese que carvídeo é preparoxítona-

xa sabes a qué carallo de hora vas quedar
pola noite
e sabes que hai calor no ambiente
e tes calor no lombo
-o lombo do salitre-
e vermello
todo un pobo vermello

subes até casa
ducha
areas por riba das baldosas
pasas o pé e non che gusta
porque notas a area por debaixo

pos na cadea algo de mala música

xa baixas música de máis
o teu sentido o teu criterio
o teu xeito de valorar a música
xa apesta

bailas ou aquilo
que alguén pensou nalgún momento que podería ser bailar

saúdas a algún coetáneo

confirmas quedar con algún rapaz
a algunha hora nalgunha corredoira

sexo felación animal
sexto sentido do foder de noite
ollos como big bens
roncudos carallos
conas corredoiras
pachochas sen moito pelo

o verán fixo das conas
algo bo e sabes que ese rapaz
vai gustar da túa cona

ti tamén sabes
que sabe ben

mollando o pan na cona

saes á rúa

moito rapaz
é dicir
moita gomina
miradas obvias
centro de gravidade permanentemente
oscilante

pirola para un lado
pirola para o outro lado
pirolas da xuventude
todos teñen esas pirolas

pero ti nesta noite
de festa
querías unha pirola
un carallo en condicións maduras

mais quedaches co rapaz
naquela corredoira

pero xa bebiches tanto
que a sedución
é un arte por esquecer
e cuspes nos dedos

vas ao cuarto de baño
cos dedos cheos de cuspe

mételos ben fondo
na cona

xogas con ela

metes un par de dedos dentro
do teu
-non é o mesmo lamberlle a crica a unha puta-
conacho
e xa sabes
que non precisas aturar
a ningún papahostias

esta noite é túa
coa túa masturbación inesperada
no cuarto de baño dun baixo comercial
renovado en pubeto de vila de segunda
rexional

e agora es libre

o sexo quería foderte
rapaza

agora vas para casa

comes o que quedou de caldeirada
aínda que estea frío de estar no
refrixerador

mañá irás outra vez á praia
e elaborarás un sistema
de valores
que pivote arredor
da idea totalmente
marabillosa
de que para ter algo
nesta vida
hai que renunciar á melancolía
e a ter a cona
tan húmida
que molle tres capas
de bragas
seguidas

unha tras outra
30/06/2008 22:19 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: XUKO

un fin de semana dende un punto de vista cheo de cuspe
si señor...

Fecha: 01/07/2008 08:47.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]