Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




San Lucas

vivir na rúa
san lucas
non fixo desta estancia na cidade
algo mellor que en datas anteriores

as vidas son así
aburridas e aínda polo menos
sei que o panadeiro abusa
da súa filla

sóubeno dende o primeiro día

míraa como se fose o pai
de todas as nenas
e esa fose a única que non o é

isto só pasa en san lucas

o panadeiro
non fai un pan mellor que ningún outro
pero ao abusar da filla
todos o notamos máis tranquilo
e mesmo dá volta de máis
algún céntimo de máis
que ao cabo do ano
tradúcese nun euro e pico

a rapaza nunca saberá
que o prezo do meu silencio
que se non denuncio o crime
que o seu pai comete sobre ela
vale
un euro

un euro que
igual
ao cabo do ano
xa teño guindado pola xanela do carro
por saberme
sinxelamente
ser o puto peor
01/07/2008 11:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.