![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Fóra de sitio![]() Estado de. Anúnciase na miña casa que en breve deixaremos de gastar internet. Pero igual xa me colle camiño de Porto. Teño un prato con restos de xeado diante miña. Tamén un sombreiro que dá calor para datas como estas. Soa Rob Zombie agora mesmo. Penso en que vai sendo hora de mercar un disco duro portátil. Buscar bos prezos. No meu cuarto en Porto pechareime para escoitar música soíño. Necesito todo o tempo do meu cuarto de Porto. De momento, xa teño o primeiro elemento decorativo para o cuarto: o cartel do campionato de fútbol de salón que organiza Fe. Soa Calamaro. A última vez -ou unha das últimas veces- que escoitei Calamaro perdín algo a cabeza. Estou no punto de perder a cabeza. Tratando de cambiar emoción por canción. Estarei no Porto, entrarei no Café Âncora de Ouro. Todo o mundo coñece o bar como O Piolho. Para que ter internet? Se non hai conversas, para que internet? No tan Muros. Ás veces parece que estou, pero voume. Acabo de lamber o prato como cando ías ao que antes era a Vouga e andabas enredando na especie de parque cheo de ferruxe que tiñan por atrás. Ías a misa, nos domingos non había resaca. Botaban repetido El Gran Juego de la Oca. Pero como ías a misa perdías parte do programa. Muros. Uuuuhhh... Son parecido a todos vós e todo o boas que estades foi grazas a tanta boa música. Seremos un mundo aparte. Acabarei andando por Coruña. Un quere algo e pídeo, pero igual, por inocente, fódente. Préstasme vinte pesos? A Muros hai que ir de vivo e ao vivo. Coa pel do revés, de fóra para adentro, para que che ferva pel porque Muros foi feito/a con sal. Nacemos desorientados e educáronnos como imbéciles. En Muros tomando cañas, ríndote de calquera cousa. Cáenos case todo o mundo daquela maneira. Pero amamos a case toda a vila. Amor sexual inclusive. O Piolho. E eu que son de Muros acabarei estando no Piolho. O resto, dá igual. Os créditos dos bancos están prohibitivos e a crise durará até finais do 2009. Debería quedar so na vida. Xa mo dixeron unha vez. Ti vas quedar so. Volvo tomar aire. Saúdo ao resto da miña vida. Comentarios » Ir a formulario
a Porto?
nós ímos en setembro tocar ou iso din... ten coidado cos taxistas de Porto. Fecha: 01/07/2008 21:20. |
Archivos
TemasEnlaces
|