![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Carlos, Xesucristo musical Rapases, rapasas e aves rapases do universo nada mediático no que viu en ser esta páxina. Hoxe contamos coa presensia en esensia dun personaxe tamaño bungalow: Carlos. Antes de meternos en profundidade, unha prejuntiña para ir tomando contacto. Carlos, que lo?Síntome un pouco tiroliense pero nada jrave, só que me justa vivir a miña vida como a viviría un vello no monte, con bastón e complementos. Carlos é coñesido por moitos como o tipo que estaba en Razzia. Que foi dese jrupo, meu? Como anda o tema? Xa paramos de darlle ao candil tío. Mellor que quede como un bo recordo que andar cheirando como aljún jrupo que coñezo... Pero bueno, así non estamos tan estancados musicalmente e podemos darlle brasa noutros grupetos. Ajora na actualidade ten da orde de catrosentos proxectos. Está metido no tema de The e, tamén, nunha peripesia coñesida como The Concepts. Fálanos destas dúas movidas, meu. Non podo estar quieto... Como decía a miña avoa cando era máis neno "Tes o formijiño no cú carliños!". Iso é porque serei automutilador precoz macho, jústame mutilar as mentes dos que escoitan a miña música pero ijualmente a miña. O rollo THE tivo inicio cando vin unha peli chamada "CONTROL" que me fixo perder o control. Esa biografía da vida do cantante dos Joy Division en forma de filme fíxome cambiar a forma de ver todo, sacar un pouco a especie de madurez mental que tanto escondín por non parecer un "malvado social", pero bueno, tamén tiven que facer un traballo para a escola, así que tiven que crear un grupeto en plan chiste: "os concepts" un rollo máis light e menos serio claro é, pero como o membro fundador dos concepts morreu nun accidente de scooter na Coruña, Rubí o seu amijo da ialma siguen cambiando o estilo e facéndoo máis electronico... Pero bueno, agora xa é o verán e estou grabando uns temas que darán a luz dentro de pouco, en plan cantautor, chamareime "O flautas" revivindo o estilo peculiar dos punkis de flauta. Xa teredes novas dese proxecto moi pronto! Así mesmo, moitos e moitas o coñeseredes por ser parte fundamental do proxecto filoterrorista emosional que era Skaiola Borrokal. Como foi a túa experiensia no jrupo? Renaserá das súas sinsas? Personalmente,pareceume unha boísima experiencia, xa que foi o que me permitiu éste ano estar en plan peña. Todos somos amigos e eso foi o mellor do grupo. Ademáis por culpa de que fixemos florecer un estilo pouco común, o "skakustik Borrokal", tiven que mercar unha chulada de guitarra acústica en Alemania e non me arrepinto! Despois quixemos cambiar o rollo e electrificar as cancións e introducindo batera, pero eso fixo que no auje dos skaiola caera ese ritmo de composición que tiñamos... Pero bueno, paramos fai uns meses, pero quén di que non surxa de novo a tolemia dos inicios dentro de pouco... SKAIOLA HOSTIA! Cambiando aljo de tema. Este ano viñeches á Coruña a faser un siclo. Fálanos un pouco de en qué consiste e sobre se che molou e todo iso. Sabes, o ciclo é unha tapadeira... Só quería verche máis a menudo, machote!(hahaha) Ahora en serio, o ciclo de produción audiovisual pareceume moi bo e aprendín bastante pero non o suficiente para o meu gusto. Fixo que me interesara moito máis polas técnicas no cine, na filmación e a preparación para facer un videoclip, curta ou longametraxe. Xa teño máis ou menos práctica en cómo preparar tamén un programa de radio, entrevistas, reportaxes... Un ciclo moi completo para unha mente moi incompleta. Que tal a vida na Coruña? Bueno, aparte de que estiven vivindo no cú do mundo, pareceume bastante decente polas noites. Moitos baretos onde pinchar un criollo e puticlubs cheos de graxa. Para o ano seica vas vivir con Miguel, Manu (lorolololó) e aljún peixe máis. Es consiente de que a polisía nasional xa está ao tanto destes movementos e que á mínima acabades todos incomunicados e sendo torturados por vándalos e drojainómanos? Sabes que probei aljo parecido a juantanam(era), non? Para min eso non é un problema, ho! Sempre existirá o soborno non? Pero bueno, imos ensaiar no piso con THE, así que fijo que virán mais de unha vez... Xa vin a unha veciña espiándonos cando fomos ver o piso. Xa a teño fichada... Como todos sabemos, as vellas están mellor mortas que no sine. Que opinas das jafas de sol que se poñen agora as rapasas e que lle cubren toda a cara? Ei! esas gafas son caralludas!P robei unhas e parece que estás nunha nave! Bueno, ahora en serio, se queren parecerse á mosca van polo bo camiño. Creo que vin a unha o ano pasado buceando na praia de San Francisco con gafas así... Se España fose un donut, Madrid non existiría. Cara onde está avansando o mundo da música? Mira, por moito que digan: "a industria da música cae a pique" ou "os piratas fan que haxa menos artístas", mentira... Sabes? Eu penso que grazas a internet, todo o mundo pode escoitar a música que quere e ir explorando novos ou vellos grupos musicales. Eu escoito ska, punk, trip hop, hip hop, post-punk, alternative rock, black metal... Grupos de música italianos, franceses, irlandeses, canadienses, peruanos, nipóns e ata galegos, macho... Sobre todo aquí en Galicia, estase expandindo unha tendencia ao Galician bizarro, que son grupos novos de vilas galegas onde o seu interés é ser distintos do lote. Grupos como Fran3s, Jimenez Los Santos, Les Telephones Rouges, Novedades Carminha... Esto é o que chamo eu escoitar música e non ás merdas industriales de fábricas que botan nos 40. Ajora a secsión que fai as delisias de jrandes e enormes. Póñoche palabras ao tuntún e ti tes que poñer o primeiro que se che pase pola cabesa. Imos: Forno: Calentito Sentido: Cruasán! miam César: Boloco Favor: Sexo Fotografía: Espidos! Pois até aquí o noso tempo, rapasolo. Obrigado pola túa colaborasión. Ajardo que nos vexamos pronto. Saúde! Gora Jrucho! Jrasias a ti, Samo, Melide is not Spain! Kalimotcho! Por se aljún tolo me fai caso e é máis intelixente que a minoría, pasádevos polo meu blog del infierno onde se pode ver un retrato robot de min cun sombreiro: http://jrucho.blogia.com , saúdos! Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
TemasEnlaces
|