![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Días de merda. Versión 6.0![]() Parte da miña merda de educación emocional, a máis primitiva, foi con Meat Loaf. Modo merdento. Cando estaba en Ordes. Meat Loaf, anos despois, acabou saíndo en Fight Club, facendo o papel de Robert ’Bob’ Paulson. A mole que fai de gordo adito aos anabolizantes era o pavo que cantaba nun dos primeiros discos compactos que rularon pola miña casa. Como discos compactos lembro ese e lembro un de Dire Straits. Hoxe estaba de baixón. O disco de Meat Loaf non o atopo por ningures. Cousas de andarllo deixando a quen non debes e de ser -isto vai ir por min- un puto desastre organizativo -inda que pareza que non. Hai unhas datas baixeime novamente o disco no que sae esta canción -é coa que abre o asunto- así como outros discos de cando era máis canijo -por iso da saudade da boa. E hoxe que estou de baixón tremendo, hoxe que vai todo bastante como o carallo e non se atopa significado a nada -eu non o atopo polo menos-, escoitei esta canción nada máis chegar ao meu cuarto -feito trisas- para chorar no peito de Robert Paulson. Chámase Robert Paulson. Chámase Robert Paulson. Hai tempo que exerzo do Tyler das terapias. Supoño que preciso un golpe aínda máis duro. Eu durmo, seino. Pero tamén preciso desas tetas enormes para chorar metido no medio. Somos unha xeración de homes criados por mulleres... Supoño que chegará o momento no que haberá un cambio de rollo na cinta. Na industria chaman a certas pequenas marcas "topos". Sabedes ver algúns topos? Puta merda. Si. Hoxe foi un día de merda e só tiven estas tetas -as tetas máis enormes nas que chorei xamais- para caer ao final do día. Meat Loaf agora é Robert Paulson. Mañá será outro día. Chámase Robert Paulson. Bob. Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
TemasEnlaces
|