Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




É só un soño: Fary, que fas no meu "coche"?

20080707110907-2986372fary.jpg

Coa canción do título comezaron Banda Bassotti o seu concerto. Así o entendín. Curioso que cando chego hoxe ao ordenata e poño o Winamp a canción que está lista para ser reproducida tamén é esa.

Que tal por Boiro? Pois creo que nalgún sitio do planeta alguén debeu ter a de "Revolution" dos Toots en repeat. Exactamente iso.

Curioso é que, coa cantidade incríbel de anécdotas que apareceron por todos lados, a finde non será lembrada polas anécdotas.

O concepto definitorio do asunto é DESEQUILIBRIO.

Samu, o que pasa é que ti es un desiquilibrado e non queres ser felís.

Neruda chamábao galgo terríbel que mata cativos morenos.

En Santiago fixemos a mudanza de Roque. Fixemos de porteiros do edificio. Álex ten salpicaderofilia. Imos coller bus. Non se cabe. Agardamos outro bus. Quedo un rato SO nunha beirarrúa rodeado de milleiros de sacos, bolsos e mochilas. Roque máis tarde regálame un can quente (hot dog, maderfacas!). No bus debatimos a existencia dun Lidel. Disfrutamos, tamén, do acento inubicábel dun rapaz que berra por un móbil. Disfrutamos, tamén, dun rapaz ao que os amigos citan en Padrón para o seu escarnio. Tamén hai un notas que leva unha tapa dun bolígrafo a modo de brinco. Chegamos a Boiro ás 10 e pico e xa nos levan para o Pub onde pasaremos case todo o venres -ao que levamos licor café en función de viaxantes. Cámbiome de roupa ao lado da barra do bar, deixamos todo nun todoterreo e imos aos concertos. Alí facemos botellón comendo uns bocatas de mortadela en compaña dun colega de facultade e de Estefanía. Falamos de curtametraxes, música, experiencias sexuais, etc. O pack conversacional básico. Ímoslle a Obrint Pas. Todo xenial no concerto. Mais non tocan 1939, que lles pedín en semialaridos durante o tempo que durou este. Alí coñezo a Manuel que leva unha camisola de Betagarri. Ao amosarlle a tatuaxe a Manu, quedamos para o final do concerto para facer o intercambio. A coña é que el levouse a camisola da Churra e, cando despois o voltei ver, xa no Aturuxo, xa tiña unha de Obrint Pas. Manuel, un veterano crack. Pois iso, ao rematar o concerto, dirixímonos ao Aturuxo, ao cal guío a un grupo de skins raros, que mo agradecerán ao día seguinte con apertas e saúdos constantes (o que quedou deles, que o día seguinte será só un tipo tocho de melena. Xa dixen que eran skins raros). Alí xa vemos claro que o noso sitio será estar ao fondo tirados enriba do que se supón é un escenario. Despois imos ao Rock Star onde nos invitan a todo o que pedimos: grande Esther! Xogamos ao tozudo cun notas que durme nun sofá. Escoitamos cantidades enormes de frasoides. Devaneos noturnos. Ás voltas. Ráiome e quito os lentes de contacto e transfórmome nun gafapasta cósmico que non quere non quere non. Sei que cando, despois de flipar como fregan o chan do local, aparecemos nunha mansión enorme. Roque interactúa co medio e ao día seguinte espertamos na cama dos avós de Esther. Camas que teñen sistemas electrónicos para se erguer e mover. E mondadentes. Almorzamos entre frases como "por ejemplo, ¿María Cinta Fernández?", que me nego a explicar. Despois baixamos a coller a Alba no todoterreo e imos para o lugar de acampada.

-Quixen escribir isto como un parágrafo enorme por puro vicio, non pensedes que non podería ter separado o asunto, pero non quixen, non quero-

Voltando sempre ao mesmo lugar, á mesma xente que mirando está, ves como a vida pasa de longo e o reloxo non vai para atrás.

Somos reclusos do que nós mesmos temos montado. Da vida.

Desequilibrio.

Montamos as tendas.

Comemos. Chega o comando Compos-ourensán. Montaxe de tenda. Ataques de risa. Buscamos Eroski. Mercamos dúas bolsas de xeo sen saber para qué. O salchichón xa será outro conto. Mercar cousas Eroski center.

Comeza o espectáculo Empanada-Pim Pam Pum-Españoles!.

Botellón-cea xogos e espectáculo fraseolóxico:

-O mellor do mundo é atopar o salchichón, unha botella de licor café que non esperabamos, unha bolsa de maría, a discografía do Fary ao lado dun negro cachondo en bólas facendo un dueto con Chenoa e Ana Kiro.
-O mellor do mundo é un negro cachondo en bólas cun tanga de leopardo. (Pero si, en bólas)
-O peor do mundo é poñerlle as comiñas ao coche.

E máis.

Despois a rolos por Boiro. Procesión de palmas. Previo a Banda Bassotti, sapateados polo chan modo continuo. Concerto Banda Bassotti. Grandes. Mais non tocan "Piccolo Lupo". Indígnome, tamén, cunha canción que tocan nos bises e coa versión chunga de Mockba’993 (a cal mesturaron con outro tema e recurtaron sensibelmente). Non tocaron "Piccolo Lupo" porque nalgures está soando "Revolution". Coñecemos a unha tipa que nos identifica como... Amigos de Pena! Saír. Irlle ao Aturuxo again. Quítolle a Alba un tipo de enriba dun xeito tela de sutil, hahaha! Tónicas e Nesteas. Novamente Rock Star. Pim Pam Pum, espertar a todo un terceiro andar. Columpios. Tobogáns que non son casas de chineses. Chegar ás tendas e escoitar ei, pero dilles que non pasen da voz do... cantante de Nao!!! Persíjenos! E despois, un estridente esperade un momentiño, que Roque responde con dámosvos vinte minutos. Despois pelexaremos dende a nosa tenda cos que ocuparon a outra tenda para que nos rulen o Cacaolat. Cacaolat que compartirei con Alba na praia nunhas das máis grandes conversas da historia. Despois máis conversas estridentes en tendas de campaña e na mesa que foi vítima do noso botellón-cea.

Chegar a Compostela ao berro constante que segue a fórmula: mecagonacona + /ser humano próximo/ + que hostias che pasa?!. Si. Tremenda condutora: Si, a min váiseme a olla. Un día chameille subnormal a un retrasado, a un chaval co síndrome de Down. Estaba nun paso de cebra, non daba pasado e díxenlle "Cruzas ou es subnormal?". Despois case lle pido perdón. Pasamos por diante das leiteiras de nacional ao berro de A la de una, con Herri Batasuna. A la de dos, ETA, mátalos. Roque máis eu xa non sabemos ónde nos meteramos. Chegamos a Compos e quedamos tirados nunha beirarrúa. Tomamos unha simple. Collo o tren.

Chego a Coruña. Vexo o final da final (ese fodido pracer da repetición) de Wimblendon. Atopo o código para desbloquear o móbil (que estaba enigmaticamente bloqueado dende o concerto de Banda Bassotti), indúzome un derrame cerebral.

Durmo.

07/07/2008 11:09 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.