![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Dame un momento que che vou ensinar a...![]() É día 11. De xullo. Hai un ano, 10 de xullo, facía unha entrada das que van á altura do xeonllo e se transforman en triada. Esa entrada ten moitas curiosidades. Estaba comezando a escribir parte do poemario que colgaría tempo despois n’A Regueifa. Acababa de nacer o Armadilho!!! Un dos temas do momento era Correndo solo (igual que estou correndo hoxe). A filosofía da derrota estaba xa presente (sempre o está). A día de hoxe, igual que por aquel entón (odio a expresión "por aquel entón"), tamén durmir era o mellor xeito de non estar. Resulta que o meu ideario xa era o texto que este ano rematarían por premiarme na UDC. Curioso. E non diferencio aínda nada diso. Aí deixei todo posto. Amo a derrota. A día de hoxe teño os xeonllos máis ou menos ben. A palabra e a imaxe. Berba eta irudia. Fun Harvey Keitel sen lentes de contacto. Aquel foi o verán no que me choraba un ollo. Lembro. E como sempre, a xente foi vindo a menos. A xente vai indo polo seu camiño e cada un vai quedando so. Correndo ou non, vai quedando so. Maldade. Caos. Xabón. Todo merece a pena porque todo, ao final, sempre morre. E imos quedando sos. 11 de xullo de 2008. Onte lin un poema de Buk no que o seu alter-ego blasfemaba así: HOSTIA PUTA! Creo que se entende. Realmente, nunca me teño rido. Xamáis. Escoitamos as nosas mentes? Podo vivir deste xeito? -remato de escribir isto. tiro o sombreiro da miña cabeza. miro arredor. fago as maletas. voume. adeus- Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
TemasEnlaces
|