Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Suave

20080805115223-stigmochelyspardalis17.jpg

Un, dous, tres, lume. Si, xa. Tivo que vir Roque a dicirme que dicía maderos fuego ao principio da canción. O outro día chamáronme puta barata. Voltamos a bañarnos e as apertas son de lado para que non colisionen os penes.

Hai un poema de Buk que se titula verde. Xa o colgarei nunha versión que entenda a axeitada. Moitos litros de alcol corren polo meu intestino muller. Meu pai nun catro por catro.

Mamado perdido e coas veas curtadas. Madrujisísimo.

O da palmera tamén. Un retrato en modo BÚSCASE ACOSADOR polas paos da luz de louro e parte do estranxeiro e parroquias conlindantes. Pérdome o Castelo Rock. Xa teño dous concertos que podemos entender como confirmados. O primeiro o 30 de agosto.

O outro en setembro. Teño setenta para setentembro. Penso moitas cousas que escribir. En verán penso máis poesía. En inverno escribo máis poesía.

Damos toques na beira do mar (ailalelo) e a Álex fáltalle un clavicordio. A Álex chamámoslle Raúl e viceversa. Velocirraptor.

Se houbese un concurso de faser de velosirraptor a nivel mundial, quedabas entre os tres primeiros.

Tortuga/tartaruga de Sumatra. Grande.

Hoxe fai anos Luxy. Parabéns. Insigne. Este ano entre CAP e conversas cirróticas, prestou.

Empanada e leite, moi mala xuntanza. Dedos feitos caca de tocar o baixo en modo vella escola. Dedos feitos merda de non sinalar nada de xeito.

Porque non atopamos sempre nas mesmas. Porque nos atopamos sempre nas mesmas.

Estoicismo. Hristo.

Maratón. Moito berro. Moito cristo. Como chegamos á final xogando un partido?

Cadeiras polo aire-parte de atrás do Xeixo. Cantamos para que sexas soberana e non servil. O fusil e todo iso.

Teño os cascos do emepetrés rebentados.

E as señoras que pasan pola miña nuca len o que escribo. Voume.

Que no te enteras de lo que quiero,
piensas que todo lo hago yo por dinero
y yo podré ser cosas en el mundo
menos mentiroso, menos pesetero.


Palabraría. Baleiro. Jacqueline. Grietax.

Moita xente xa me ten dito que me coñecen do urbano da Universidade.

Eu non coñecía a ningunha. Sempre é mellor en vacacións. Xa se nota o turista.

É iso polo que só traballamos cando precisamos os cartos.

Como me coñece tanta xente do autobús? Porque sempre vou en autobús. Sinxelo.

Stoner.

Adeus.
05/08/2008 11:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.