Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




E hoxe... Lamatumbá

20080809171516-lamat.jpg

Onte estivemos descargando e cargando o material de son de Milladoiro. Cousas grandiosas como que os tipos encargados de son lle chamaban "serrucho" ao harpa ou como que, mentres os de Milladoiro cantaban a mítica de No niño novo do vento, uns pibes cantaban algo semellante a "quen puidera laceralaaa...". Cunqueiro retorcéndose no inferno.

Pois hoxe toca máis do mesmo, pero coa xente de Lamatumbá, que disque para este concerto tiveron que contratar o son en Granada (Graná capitá). E xa vedes. Onte Lamatumbá estivo en Muros no Castelo (disque facendo algunha que outra versión de Manu Chao) e xa colleron os de Muros, sabedores de que me perdín o festival deste ano, e xa mos mandan para aquí. Así si que se pode!

Veña, lo!

09/08/2008 17:15 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.