Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Crónica estúpida dun momento atractivo

20080809225730-sanfran.jpg

Érgome cedo a luz do día e todo iso. Pasei a tarde suando tocando o baixo e falando-escribindo bohemia musical de pastel que se acada con La Rue Ketanou de modo sinxelo.

Pásolle a todo o mundo a canción de Ma faute a toi e doulle grazas a Maradona por non ter estudado francés (nin oral nin bebido) dende 2º da ESO. E despois tamén falando, grazas ao meu bloguiño, de cómo pasa o tempo. Moito tempo.

Mítica nostalxia tipicamente muradá. E coller e dicir quei mudamos, acordarse de noites de alcol, de cancións que pensamos que significaban algo e cancións (esas mesmas) que soan de mesmo xeito estamos en todas partes a todas horas quedamos con todo o mundo e arranxamos o mundo oitocentas veces ao día. Panero xa o dixo: ETA é a única que fai oposición neste país.

Neste estado, vaia. Estado gaseoso. Estado Pitusa.

Rusia está bombardeando poboación civil. Mortos.

Pola mañá choiei. Montar o escenario para Lamatumbá. O concerto debería dar comezo xusto neste momento.

Hai un ciclista co que comparto nome e nada máis que gañou unha insignia de ouro. Tal e como está o bocoi de piche igual a ten que vender crise desaceleración económica.

Putin sinala como culpábel/culpable ao goberno de Georgia.

Somos moito ying, somos moito yang. Se nos matan o can, mercamos outro can.

En maio de 2008 dixen moitas cousas que todo o mundo podería ler vendo que dixen moitas cousas das de mimá quei dixeches cousas dixen moitas cousas e moitas moi ben ditas e outras non son malditas nin o serán neste serán que serán serán dubidubiduuu...

Non sei se choio mañá non sei cómo farei non sei... Estarei xa indo para San Francisco pero dan mal tempo... Para os que vaian a San Francisco que saiban que coñeceredes xente con flores no que lles quede de pelo entradas a barrelas o peite é só algo do pasado.

A gomina matou unha xeración de melenudos. A gomina comeunos. Estamos seguros de vestir esas flores na nosa cabeza e mente e todos tranquilos.

Non temos nada que dicir a ninguén. Cando perdes todo es realmente libre.

Cando te desfás de todo, tamén.

Rusia -os militares rusos- poderían estar matando xente agora mesmo. Ou mesmo alguén está sendo violada nalgures e noutro sitio hai alguén chorando porque perdeu á súa filla e noutro sitio estás ti facendo coma quen e despois tamén queda quen todo o seu problema é pensar qué xemelgo é cada un. Pois un é Álex. O outro Raúl. People in motion.

Para os que vaiades a San Francisco, nada que dicir. Levo veleno negro no sangue. Teño oito tatuaxes no peito esquerdo.

Na túa vida, insisto, hai catro mulleres.

E tamén hai catro homes.

Non hai máis. O resto son sucedáneos.

Juan Asensio! Juan Asensio! Juan Asensio! (Foi todo o que escoitei hoxe á mañá)

Non sei manter conversas admito. Un só pode confiar en si mesmo e no primeiro disco de System of a Down. Son un desequilibrado e non quero ser feliz. A viaxe definitiva está por chegar. Lagoa Seca é a verdade verdadeira. Voume vestir.

É agosto. Estou en Oleiros. Pérdome o Castelo. Estarei choiando até as tantas. Hoxe falei con xente. A vida vai xenial.

Saúde!
09/08/2008 22:57 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: Samo

Blogia, quérote! Este artigo foi escrito despois do da clase maxistral de música e vas ti e posmo antes!!! Ámote!

Fecha: 09/08/2008 22:59.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.