![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
As palabras bonitas...![]() ... Igual que as mulleres bonitas Ler isto (Buk, claro) e caer na tranquilidade da tarde do domingo sobre a cama vestido e durmir 13 horas e pico (exactamente) e espertar na mesa da cociña e comer un par de pasteis de Dominga (pastelaría de Noia) e aparecer na biblioteca e esquecer todo aquilo que quería poñer no blogue. Cando volte-cando remate este verán, chegarei a Oleiros (nalgún momento terei que levar o meu sorriso a Oleiros) e farei a entrada co disco do verán. Quero facelo. Teño cómo facelo. Así que igual non o fago. Pero penso que se pode. En goear falta a canción que me cansei de cantar esta finde. Samuel, esas son cansións das túas... Este verán morreu a cinta do carro de conectar o emepetrés e deixei de montar en carro porque total xa me diredes para qué o collo se non podo escoitar Skárnio a todo trapo indo sumamente de relax amodiño sen présa porque non nos agardan en ningures. Que a túa voz sexa disparo Até o de agora esta última sentencia vén sendo o meu manual vital o único ao que parece que fago caso pero non quero deixar esta vida polo inmenso mar e a fría terra estrágame a vida os superheroes sono porque salvan a terra e non porque salven o mar e se na terra hai máis mar que terra de que estamos a falar se a terra tamén separa mares e non é o mar o que separa terras. Só hai unha terra e só hai catro mares. Na túa vida tamén hai catro mares. E unha terra. Acabo de subir ao goear un tema (non o que me cansei de cantar esta finde, furros!), mais si un dos temas do verán. Case o tema do verán. Se vemos que nel di algo do que remato de falar no artigo. Isto é para que aprecedes os saltos temporais que se dan mentres un muradán cun cráneo do tamaño de San Marino escribe nunha biblioteca un luns a iso das 11 e pico exactamente. Canta, canta, compañeiro, que a túa voz sexa disparo. Á xente váiselle moito e quere facer de ti un trapo e di que dis cousas que non son pero resulta que tamén hai xente que non é e que che quere roubar roupa/tempo. Mais non pasa nada. Soa Skárnio. Non hai problema. Nunca hai problema. Tirarse na cama do revés. Tres ventos e tres velas. Esta é a festa do meu pobo. A praia está sempre tan bonita cando pasa ela e (que se entere o mundo enteiro papapapapá...) non se mete na auga porque está feita de algo diferente. Chega a revolución! Calando, berras. Berrando, fas. Facendo, desfás. Morte que a de tornar en vida. Cuba, Bolivia, Venezuela, Muíño do Vento, San Francisco. Quedan menos días, canta, canta, compañeiro, que a túa voz sexa disparo. Foi curioso, polo menos aos meus e aos ollos dalgún dos meus compañeiros de camiños, que esquecese algo da semana pasada pero así foi e faise raro e falo de quen calando berra respeito para esta terra que tanto suportou sociedade esquecida sociedade sen voz. Noites de goraetarrismopasteloso. Noites de secostros temporais-case sempre. Noites de tirarnos dos sofá-ombreiro ao carallo. Noites de lixo orgánico. Noites de cervexa. Noites de koalas. Noites de xogos con celebridades de andar por casa. Noites de pantalón curto. Noites do can de Sumatra. Noites de trabar sempre trabando. Noites de este o rapaz que sempre me di cousas en inglés, digo, en galego. Noites de fame, miseria e xenocidio. Noites do revés. Noites sen tanta anáfora. Noites de hai que irlle a comer á praia algún día. Noites de estou toleando xa con tanta beira de mar e tanta historia. Noites de que esa promesa electoral vouna ter que cumprir si ou si ou o inverno antóllase longo, ouieah. Xa non buscamos xustiza. Tres ventos e tres velas. Motor ao carallo, beibe. Non teño uns lentes de dolchejabana. Faltaría! Estou en paz con case todo. E co que non estou en paz esta é a festa do teu pobo, pobo bolivariano. Tamén penso que non se me entende ben (parece mentira a estas alturas) ou que se me entenden cousas que non están. Dá gusto ler cousas así. Aserrín. Aserrán. Cos alicerces para ter todo no sitio xusto. Esta noite -coas miñas trece horas e pico exactas de soños- demostrou que todo está ben. Co meu Fiat histórico/histérico ao que sube quen queira e quen colla. E despois aceptamos as invitacións que queiramos. As que queiramos. Que ben durmín hoxe! Vou facer algo. Canta, canta, compañeiro, que a túa voz sexa disparo. Canta, canta, compañeiro, que a túa voz sexa disparo. Canta, canta, compañeiro, que a túa voz sexa disparo. As palabras bonitas, como as mulleres bonitas e como todas historias bonitas, enrúganse e morren. (Versiono) Esta é a festa do noso pobo. O pobo do imbécil. Hoxe praia. Esta semana pode estar ben. Este é o silencio de quen cala. E calando, berro. E calando, berro. Inda que igual cho digo todo. Ou cho canto. Canta, canta, compañeiro, que a túa voz sexa disparo. Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
TemasEnlaces
|