Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Hai tormenta

20080901235950-lampo.jpg

O venres pasado o ceo fodeunos vivos e en Muros cae a tormenta do século (dos últimos cen anos).

As tormentas son lindas. Haberá que queimar as naves. Así será.

Nesta páxina -o formato é cutre a máis non dar, seino- un raio/lóstrego preside estúpido todo aquilo que vou colgando sen motivo aparente.

Cus podres.

A semana pasada estaba a varrer o chan da cociña -non asubiaba- e lembrei un momento deste ano en certo sitio con certas persoas. Pensara que fora un momento de claridade no seu momento -naquel momento-, pero o tempo deixou ben dito que non era tanta a claridade e o mellor é non medir as cousas pola claridade -ou non- que teñas ou non. Ou non teñas.

Pero si que hai que deixar de beber tanto e de se meter onde a un non o chaman. Aínda que algunhas veces si que o chamen e cando vai un soíño sexa o MAL MAIOR. Violadores de soños.

Poetas de palabras mortas.

Atoparemos un compañeiro sexual en Boimorto. A boi morto, chimichurri. Voltaremos a casa.

A xente que se sube polo pescozo de outra xente e a xente que turra das cousas que consideras túas e a xente que ri mentres mira como outra xente está case por completo cos collóns ao aire.

Os cus contra cus que provocan algún riso. As bañeiras a medio encher.

Tormenta e tamén calor de tormenta. Doe a cabeza con tanta tormenta. É unha triste historia a do que sempre vai fuxir para non afrontala.

E as cousas máis interesantes pasan dentro de catro paredes e dentro das fronteiras deste o voso futuro estado sólido. Defendemos a razón que non atrapa a ninguén. Corre.

Corre e escapa.

É unha triste historia.

O rock é un estilo de música.

As tormentas son un estilo de vitoria.

A vitoria é un estilo de música.

And it sounds like...

01/09/2008 23:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.