Outro martes, terça-feira, que se vai polo río abaixo. E non chove nada. Ou case nada. Ameaza.
Ameaza a miña imaxe negativa, calquera cousa. In flames.
Onte acabei indo pasar a noite a Coruña. Mercar viño nun 24 horas e sair do establecemento para a rúa. Un banco. Beber soíño. Ás 4 preguntar por bares abertos. Rematar cunha parella de dinamarqueses cos que acabas facendo xogos de palabras tan tristes como dinaduques. Dinamarqueses aboiados. Corredoiras do viño. 20 euros no chan que xa me teñen para voltar á vila e tomarlle algo. Ola, mamá. Onte estiveches? Por Coruña. Quedaches con eles? Co dinamarqués? Que? Non, nada.
Non bebades en época de exames. As épocas de exames son merda.
Levaba xa moito tempo na casa. Que se lle vai facer?
As árbores son azuis porque así o deixamos escrito. Lembras a parede do día do vendaval?
Eu estaba alí contigo e agora os martes van lonxe xa.