Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Xa non é o que era

20080903185259-drooker-flood-jun-06.jpg

E ti non es o que eras. Paso o día entre as gañas de facer ESES coma un Iggy Pop que viva na casa dos seus tíos/coñecidos e o neno que se refuxia baixo a cabaceira do veciño un día de sol de XULLO.

Chove. A chuvia/choiva vén de lonxe xa. Non é un invento noso, nin dos putos anos de goberno do PP (incluindo nestes anos o FRANQUISMO, obviamente). Non deixemos de ir á escola. Teremos boa letra ou non, pero saberemos a quén preguntar cando nos perdamos.

Chove. Até aí, todos concordamos. Mañá teño exame e non teño sensación de ter exame. O medo a perder foise. Seguramente se quedou nalgunha das conas que tivemos a sorte de saborear. As noites preto das conas fixeron dos exames o que son: exemplos do parvo que podemos ser.

Chove, escoitar música pola rúa sería o seu. Mudar de estilo implica mudar de referentes. De antes até agora hai oitocentos anos de 40 meses cada un.

Hoxe vin a emoción nos ollos de alguén que posiblemente me recoñeceu e foi a emoción que leva dentro esa persoa que sempre pensas triste, pero da que na casa teñen a imaxe de ser unha PERSOA divertida. Todos somos xeniais -ou non- para os nosos. O estúpido é facer do resto unha canle de publicidade.

Non queda moito máis por dicir cando xa non entendes nada. A cabeza podería servir para outras cousas. A conquista do espazo funcionou máis na GUERRA FRÍA que agora. PRECISAMOS máis conflitos entre grandes potencias e coñecer o fondo do mar.

O mar é salgado por cada GUERRA e por cada muller á que ninguén soubo ver e por cada home ao que ninguén soubo ver. Ninguén olla a ninguén. As persoas perderon unha batalla con elas mesmas.

Estamos sos. A todas horas.

Cando o entendamos, pasearemos por debaixo da choiva como fixen hoxe: tranquilo e cheo de pensamentos inútiles.

03/09/2008 18:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.