![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Pero, a ver, cago na cona!![]() Que xa levamos todo o día ás voltas por Santander e non damos collido sitio. Dende que comezou o día xa comín oito quilogramos de pasta con cogumelos e tomate. Dende que comezou o día xa me namorei de oito rapazas. Deixei de querer a outras seis rapazas. Hai un blogue que se chama Me cago en la cona? Xente haina a mancheas. Unha señor en La RulE.T.A. de la Fortuna, ante un oración que poñía EL EMBARA_O DEL ELEFANTE DURA CASI DOS AÑOS, tivo a puta desgraza mental de dicir: el embarco del elefante... O presentador xa a curtou aí, pero molaría que seguise. Non vou aprobar hoxe nin de casualidade. Namoreime oito veces hoxe. Estes días de estudo tiveron como banda sonora a Hatebreed e aos putos Jefferson Airplane. O mellor grupo que viu o mundo son Gluecifer. Ánxela descubriu RATM. Alba vaise a Coimbra e mañá ceamos todos preto dela. Eu tomarei o pan. Xudas da vida, enténdese. En dúas horas estou diante dun exame. Horas despois xa non estarei diante de nada. Tres sinónimos. Catro consoantes. Unha vogal. O que non temos, non temos nada na segunda palabra. Nun cinema entra pouca xente. Podemos botarlle un ollo. Os Matson disfrutan das súas vacacións pero fóra de perigo. Era moi sinxelo. Orfeón. Matádeme. Esta semana perdín aínda máis a cabeza. Que volva Winston Bogarde! Comentarios » Ir a formulario
descuberto xa estaba
o que non estaba era profundizado hum...que grandes son! Fecha: 05/09/2008 13:51. |
Archivos
TemasEnlaces
|