![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
De leotardos e aspersores![]() A cuestión pode deixar de ser tan sinxela. Ou non. A cuestión, ás veces, camiña por camiños confusos. Unha parella de antigos -unha parella de vellos-, seguramente os avós de alguén ao que coñezo. Esa parella vai pasar uns días fóra da vila a un balneario. Balneario con augas por todos lados e terapias. Actividades en grupo que eles mesmos chegan a considerar como para vellos e nas que renuncian participar: non son tan vellos aos seus propios ollos. Deciden ir dar unha volta pola vila na que se atopa o balneario. Hai feira e dan unha volta pola feira. O vello, o señor en cuestión, atopa un posto no que venden machados dos que, segundo manifesta, xa non se fan. Quere levar para casa un machado deses, un machado dos bos. É maior, pero inda curta a súa leña, as súas rachiñas. Cociña de ferro, posiblemente. A señora dille que non, que non a merque. E que vas faser?! Vas entrar no balneario cun machado na man?! -A historia chega até aí. Partinme tela só de pensar no que suporía ver a un ancián/señor maior entrando MACHADO EN MAN no balneario do que saira porque todos os que había alí eran, ao seu ver, moito máis vellos ca el- Cear en Hostal Pérez. Carolans até no último pelo do escroto. Tortilla, luras do país, café Félix. Non se fai discurso por tanto PUTO paparazzi. Cinco chupos de balde no Muíño. Voltar andando. Tardescuro. Día seguinte. Día seguinte: xogos de mesa. Octoxenarios do bingo. Aspersor non é aspirador. Leotardo non é león retardado. Un tute. Paramos o tute. Noite: regalo emotivo. Despedida. Mimá! Agora mesmo xa outra franxa horaria te olla. Ouieah! Noite sábado, cervexa até no último pelo dos collóns. O resto, dá igual. Hoxe duchaste e xa estás no mar guanmortáin. E despois? Xa veremos. Outros aires. Soñei cunha rapaza que non coñezo pero que tiñas parches de grupos cosidos á pel. Asusta a idea. Espertei ás 15:08. O meu bolso negro morreu. Aparecín e xa ten sustiputo. Problemas da modernidade, quei xuntamos merdallada. Jolene a jrito pelado. Continúo gardando a idea de Jolene nalgures. Sei do que falo cando falo de Jolene. O outro día tamén ou souberon eles mentres íamos pola estrada do convento facendo o MONGOL. Últimas novas dende a paralimpiada: Mongolia arrasa no medalleiro. A crueldade é a bondade dos pobos sen césar. A crueldade é tal porque non doe a quen debería. Jolene é a mellor persoa do mundo. Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
TemasEnlaces
|