Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Todo pola miseria

20080909230040-17.jpg

Todo pola miseria: hahaha. Punto. Reticencias. (...)

Bo día se pensamos que renuncias a traballos que vendes robot 2010 que saes pola choiva e entras no Ventorrillo (ambulatorio-centro médico con nome de flatulencia, mais non son flatulento, son flaturrápido: botar peidos nun viravira).

Corte Inglés. Franco-camerunés. Songo’o. A por uvas.

Mercar caderno que entre no novo bolso. É un bolso de home: o pito podería caber dentro de bolso para home. Doce home Alabama. Alá (bama) é grande.

No caderno as cousas son realidade. Pedir un café con leite con xeo. Traen café con leite. Non hai xeo. Pedir vaso con xeo para o café. Traer vaso con auga e unha pedra de xeo. Despois xa todo normal. Café con leite con xeo: 11 minutos de incomprensión.

11 badaladas O.N.C.E. millóns de persoas coa sorte de costas. Costa da morte. Costa dá morte.

Máscara africana. Estación de autobuses.

Unha parella tontea (bobos) na estación. Ela escapa de algún beijo. El lévaa despois da man até a máquina dos refrescos. Hahahahihihi. Gomina e brincos. Seguramente algunha mensaxe nada máis subir ao autobús. Picardías. Hihi-haha. Beijos onde ti queiras. Méteos onde queiras, rapariga. Calzóns con tabiques de chumbo. Pirola e pelo. Cona e bragas novas do trinque. Parella tontea e descoñecen que só é o comezo de toda a rabia e mala hostia que lles irá entrando as gañas de deixar todo de lado de caer novamente nas miradas dos homes que pasan ao redor e de voltar mirar ollos de rapazas que pasan preto facendo coma quen PERO non. Sempre pasa. A xente que confía aínda nas relacións aínda precisa algunha hostia-beijo e algún que outro DEIXÉMOLOS estar. Non digo máis. Déixemolos facer. O amor viu dúas veces e as dúas mentiu. Agora lemos as seccións menos interesantes das revistas menos interesantes nos lugares máis interesantes pensando que todo xa foi e non queda máis que facer. A vida son catro telediarios. A vida son catro telediarios de antena tres: un estudio anuncia que el 44% de los teclados podrían estar manchados. Temos medo a estar sos e medo a non estar. Igual deberíamos ir mirando ao ceo cando agardamos que o semáforo se poña verde. E, se mira a rapaza que está fronte a nós, sorrir é unha obligación ou non. As mil moscas que nos apoiaron rendíronse.

A parella tonteou. Agora inda gardarán o arrecendo de aqueles beijos. Agora comen as sobras do mediodía. Croquetas e tortilla.

Sempre sen cebola. Que repite. A setembro.

Pero xa estamos en setembro!

Pois todos contentos e deixo de dicir todo o que pensei que era bo dicir a día de hoxe e nesta hora tan chea de Ludwig Von 88.

Dicídelle a alguén que o queredes antes de ir para cama.

09/09/2008 23:00 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: sarita

non é xusto. nin pra nós (o nosoutros) nin pra el.


nos vemos a última hora y te doy eso? estuve como una gilipollas esperando a q me mandaras el misterioso correo.


parvo.


beijinhos na fronte popular de galiza que se note que está presente

Fecha: 10/09/2008 20:57.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.