Tarde de canibalismo e café. Canibalismo na costa oeste dos EUA.
Reggae de Costa de Marfil. Lentes de contacto. Pantalóns deportivos. Calor de monitor.
Fiestras semiabertofechadas. Horarios dos trens. Polo vento, vin polo aire.
O resto, que máis dará? Queda moi pouco de Gluecifer por escoitar. Cando volte dentro dunha semana e pico haberá cousas das que falar. O verán xa rematou.
Sintaxe e contexto. Non emprego case nada o dicionario. Só para enredar. Just for fun.
Os idiomas non están por escrito. Iso son as idioteces.
Se as linguas son o maior invento do home/muller e só dicimos parvadas... Menuda merda de especie.
Prefiro os monos. E os stereos.
E o can de Sumatra. Of course. E os homes-morsa.
Odio o novo Firefox con todo o que me queda de alma. Roque na punta do porto. Mañá máis. Este artigo non leva imaxe. O ordenata vai como o cu, como un cu dos que a sociedade din que non prestan.