![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Gagarin era o fillo dun carpinteiroTrens a Compostela, agora din que hai asentos numerados e soan os Fugees. Nunca facemos amigos no tren, salvo para quedar ao día seguinte -casco de cervexa- tempos pretéritos e tamén ás carreiras AMAMOS o tempo no que agardamos o resto do tempo. Cadros: menú Mesón Potamia. Os cociñeiros non poden esconder e vante atopar e facelo despacio de todo. Engorde. Hostia: fun feito para te amar e ti fuches feita fuches ti fuches ti (un alone de gaita: bigpipe). Eran cousa das oita da mañá. O día nubeado xa estaba en pé e estabamos xa todos reunidos por fin á porta do que supoñíamos o penúltimo bar. Agardaramos cuestión de un cuarto de hora a que fosemos chegando todos para poder entrar no mesmo momento e mirarnos con cara de subnormais ao escoitar a música de merda que seguramente terían posta en tremenda merda de sitio. Agardamos e cando chegaron entramos todos a un tempo. Soaba, xa o dicía, soaba, digo, soaba algo de Bon Jovi. Dous de nós foron directos ao cuarto de baño e ante a cola que atoparon optaron por mexar contra un extintor (apagar un posible lume no extintor?). Eu fun con outros dous ou tres a pedir á barra. O resto quedaban en calquera sitio. Non hai moitos sitios con nome en sitios abertos ás oito da mañá.E até aquí podo ler. Despois fomos para casa. Masturbámonos todos mirando o avance informativo da primeira cadea a nivel estatal ante a nova dun atentado brutal na sede da NASA. Un de nós debuxou unha nasa cun cubata dentro e dixo: Se levamos unha destas a próxima vez que saiamos, malo será que non liguemos, cago en deus, en cristo e na merda! Farto de ben e do mal. De atopar cousas de cando Franco perdeu a lente de contacto. Todos están fartos. Este de ser home, estes teñen un traxe de gala de antoniogala antoniopeeena a dama das camelias os strokes en xirolas pola tarde pola tarde e pola mañá REPTILIA. The Blows. Tamén din que OH parece mentira que sexan de aquí. E lo, por que? From Los Ángeles-California. Long Beach. Traerei até acá todas as cancións do verán e as súas explicacións. Amádevos. El Karma, así descubrí que debía cambiar... Comentarios » Ir a formulario
mama: ti desde lo non vives ao limite!!pasas de todo!
eu: por?? mama: porque...buuu e listo! Fecha: 11/09/2008 16:30. |
Archivos
TemasEnlaces
|