Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Monta, veña

20080923225505-fbh3ghahbunkpxpnnbma.0.jpg

Rematou outro verán máis e xa van quedando menos veráns que vivir. E foi verán TOTALMENTE SEN XEITO? Non sei. Antonio Ozores diría calquera cousa ao respecto do asunto que estamos a tratar. Comezou o verán con Boiro e sen choio de xeito voluntariamente involuntario e unha conversa na praia tras non durmir nada puxo algunhas cousas no seu sitio.

Despois vinme a min mesmo repetindo Soy la expresión de mi propio dios unha e outra vez e, obviamente, non cundía e a xente coñece a outra xente de autobuses vermellos como unha estrela vermella voando sobre Arxentina.

Pasamos o tema da Lagoa Seca e Nova Iorque e a súa rotonda infernal e tivo que ser agora que remata o verán cando descubrisemos o NOS.

Esta fin de semana que pasou tiven o meu primeiro concerto como baixista dos Süiss. Despois bebémonos o Eroski e a barra do festival, xogamos ao futebol como mongólicos posuídos por unha onda expansiva de carácter bernardínicosaurio. Máis adiante tivémolas tesas cunha condutora de menos de medio metro e asaltamos Lariño na busca de galiñas que non apareceron. Despois espertamos. Antes do concerto démonos conta que o hall da tenda de campaña é realmente un JOOOL se che centran ben e rematas mellor.

Comecei a escribir algo que supoño que é por ter en mente a unha persoa que me odia. Non creo que avance moito. Son así de puta.

A xente vai chorando por onde imos pasando.

Despois hai xente que segundo sopra o vento vai ou veñen. Mais non hai problema por iso, estamos por riba desas cousas e por debaixo da liña do horizonte.

Pouco saldo. Chegar o luns da facultade e de renunciar á Erasmus de xeito oficial e atopar unha CARTA!!! Había cousa de mil anos que non recibía unha carta e recibina. Enorme! E cun disco dentro enorme! O mundo continúa funcionando.

Prometéronme Ronseltz. E agardo que así sexa. Comer. Masticar.

Entre as poucas cousas que levarei cando morra estarán: toda a obra literaria de Bukowski, os monólogos de Pedro Reyes, a entrada de Wagner a Tristán en Balaídos, o capítulo do monorrail dos Simpson, un boli de La Caixa, a mirada das mulleres das que fala Manu Chao na canción Love & Hate e pouco máis. E algo de millo torrado. Ao mellor.

Os caracoles/is péganse ao carro que emprega Lutxi. Gañei algo de cartos na porra, mais xa os perderei. E o novo disco de Metallica é realmente impresionante, admito, Fe. Estou flipando.

Hoxe está Reixa na FNAC e non vou poder ir velo e bicarlle a calva. Merda de calvafilia.

Internet estame indo tela de mal ultimamente e morro de noxo e de desesperación para facer calquera cousa que implique conectarme co universo eléctrico (quilovatios e enchufes).

Non chores.

Cafés que nunca tomarei no Vecchio da rúa-real-da-coruña e non entendo algunhas cousas que pasan ao meu redor. Pero escribín xa varios poemas a todo iso.

Están ao caer algúns poemarios en colaboración que agardo que vaian saíndo adiante. Soa Metallica. O disco novo.

Todo o que pode durar un pesadelo. Xa ninguén le estas cousas buscando algunha alusión. Mais xa levo un par delas.

Non sei ónde acabarei en cuestión de menos dun mes. Pero ha de ser bo. Fáltame pór en paz dúas frontes, polo menos. Polo menos, galiña máis.

Vou seguir estudando-repasando. Repasando de tooo... De tooo... Tomando el soool...

En breves: o disco do verán.

E despois, seguirei fuxindo subido no meu carriño.

Deixámoste subir.

23/09/2008 22:55 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: reineta

pois está xa encadernado
a ver cando falamos.

Fecha: 24/09/2008 17:23.



Autor: criatura

non podo evitalo

Fecha: 27/09/2008 15:27.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.