Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Xa non o sinto

De entrada, unha entrada que se chama Xa non o sinto apesta, mais, como todos sabemos, a perfección do xénero da sit-com alcanzouse no 1999 (ano especular).

Tras ver este verán como os chineses -ou parte deles- organizaban -ou estaban alí- as olimpíadas, un non pode máis que propoñer oitocentas novas modalidades olímpicas para os millóns de locais de alterne que aínda quedan en Asturies. A maioría da xente -insisto por enésima ocasión (renault ocasión)- continúa a confiar nas relacións de tipo emocional de todos nos queremos e confían nos demáis e só podes confiar en ti mesmo e no primeiro disco de System of a Down.

Nova crise mundial, mais o capitalismo segue a funcionar. Despois pensamos algo e dicimos que manda-carallo que os bancos nos preocupen. Empresas totalmente innecesarias que xogan cos cartos e despois perden ou gañan cartos. Toots non sei cómo o diría. Non sei cál sería o número de Toots na seguridade social, nin se estaría afiliado. Afíliate, Toots! Estás a tempo! Coticemos todos xuntos e da man. Queremos chachachá.

Os últimos serán os primeiros? Pois Xesucristo foi dos primeiros en caer. Sobre todo se pensamos que o tempo agora o contamos dende a súa morte. Co cal podemos sentenciar que Xesucristo, no ceo, será dos últimos. Normal, se pensamos a merda de choio que deixou feito alá pola Palestina ou Israel ou pola nai perfecta.

O futebol moderno vai impoñendo dianteiros -os que van máis adiante se miras dende o porteiro- máis tronquetes. Ou menos tronquetes, aínda non o teño claro. Mais vou perderme o San Froilán e a ponte que se nos ven enriba porque me tiran unha moa e vou ter puntos na boca -fly, my babe, fly- e andarei a antibióticos, que, como ser vivo que son e que me sinto, é o peor que me poden dar. Igual me poden dar vía. Popcorn.

Non sei se a Raquel de Chantada lle chegou o meu enderezo para que me mande o libro de Ronseltz. Ela dixo que mo ía mandar. Os de La Vaga Banda mandáronme a súa maqueta. Aínda non ten os ventos -sección de ventos- e xa soa da hostia. Créase, entón, unha curiosa competición de envío de cousas, que se inclina, polo de agora, do lado dos de La Vaga Banda. Sube, sube, sube. Sube.

Os fashion-victims e as lurpias do sexto faiado poderían telefonarme á noitiña. Entón todo sabería a cervexa. Non, tranquilas. Quen pode chegar ao camposanto a estas horas?

Non son quen de escribir. Putada. Zombies. Cantas persoas coñeces con cara de peixe? Hai un lote.

O Gran Turismo é como o sexo: mola máis en compañía de alguén.

O onanismo é como as pallas: é masturbarse.

Profesor nativo de galego aluga cu. Razón aquí.

Un lobo pequeno, non sei qué raio de lobo sería que colleu e levoume collido do pescozo até un sábado pequeno -todo pequeno até o de agora- e atopei a unha rapaza cunha camisa negra aberta dende a bisectriz do peito até o bico da cona. Despois acordamos de bailar todos xuntos. Eurosimpatía de pola noite. Líder en audiencia provincial. Rapaza pequena que asinte se a miras. A miseria que todos agardamos témola nós mesmo entre as dúas dedas. O lobo pequeno, que agora xa non está, rematou por marchar, pois xa non se ría nada. Nunca, vamos. Fiquei, xa que logo, coa rapaza de camisa negra e as seccións de ventos apareceron por fin. Chamei aos de La Vaga Banda e díxenlles que tiña todo solucionado. As rapazas de camisa negra comeran todas as seccións de vento para cancións ska que o mundo creara até a data.

O lobo baila pogo sobre un raposo. E unha rapaza baila ao son do tambor cando soa o meu tambor.

Os campos son longos. Collemos a nosa vida e atopámonos cantando tonterías coma esta. E as rapazas de camisa negra son todo o que podemos querer a estas horas. E os libros de relatos que deixas caer pola fiestra.

Somos reis sen coroa. Raíñas sen coroa. Somos ases da xogada. Cracks da propia idea da mentira. E imos indo aos poucos. Aos amigos que van quedando atrás non lle dedicamos nin unha xogada en fóra de xogo clamoroso -repetición confirma o fóra de xogo. E cremos que escribimos raios e lóstregos e dámoslle á xente calquera cousa de nós mesmos.

Organizamos pachangas. Quedamos con alguén porque todos fodemos sempre que haxa que foder ali está todo o mundo apuntándose para foder. Cae xieiro. Xiada a varrela. O lixo. A noite faise día e o día voltará a ser día calquera día destes.

Eu. Eu. Ti. Ela. Aquela. El. Nós. NO (noroeste da situación).

Montelouro é o único deus sen pés que nos queda.

Xa é outono.

A vida seguirá como seguiu sempre. Imos facer o que nos veña en gaña.

Agardámosvos como auga de maio.

Memoria colectiva. Cando estamos xuntos. Todo esvara un pouco máis.

Esvara.

01/10/2008 00:46 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: reineta

estaste comportanto como o cobrador de morosos (de ronseltz, neste caso).
pero non me das medo, eh?...
un consello? non por moito amañecer sae o sol antes de tempo.

pasiensia.



Fecha: 01/10/2008 11:40.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.