![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Estradas de ir... E de volver![]() Teño as neuronas caducadas. Tarde no Decathlon de Narón. Polígamo da Gándara, penso. Ir camiño de Ferrol faise raro. Ver a estrada e os lugares. Pola autoestrada ves as estradas que pasan lonxe e veste alí hai tempo, indo ou vindo. Algo así. Ferrol, fun até Ferrol hai tempo. Teño que facer as paces cunha época da miña vida e estou no punto ideal. Soa La Rue Ketanou e estou en paz con toda a miña vida, con todo o que pasou, o que triunfou e o que fracasou. Quero que chegue a cea dos hispánicos porque quero escoitalos outra vez. E que chegue tamén a cea de finais de outubro-novembro que sempre facemos no noso grupiño. Teño gañas de ver a moita xente e dicirlle que todo está ben, que o que importa permanece intacto. E de fin de ano todos xuntos e sempre raro, sempre raro. Pero sempre día seguinte de resaca e historias. Aninovo, disque. Cintas de video de hai xa tempo. Todo segundo a miña persoa. O importante é invisible aos ollos. O importante é invisible a todos os ollos. Menos aos nosos. Non sei qué pasará dentro de CINCO anos. Mais estaremos alí. Seino. -estar no decathlon mirando para a entrada agardando que entre un imposible é unha parvada de insensato máis e só ten validez porque o máis probable é que non fose pasar nunca e tiña un sorriso enorme no peto agardando pola tremenda situación...- -cinco-catro-tres-dous-un-ano... quen sabe cando ou canto?- O verdadeiramente importante é invisible aos ollos. Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
TemasEnlaces
|