Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Estradas de ir... E devolver

20081005092015-findano05.jpg

Espertar entre unha marea de espuma branca e o que supoño que serán uns coágulos que nalgún momento vomitei é o seu. Demasiado antibiótico e demasiada caña de herbas. Supoño que se xunto todos os coágulos que hai polas sabas e entre os pelos do bandullo podería encher un vaso dos de nocilla de toda a vida, o cal me dá alento.

Servídeme. Poñédeme no prato. Estou listo para comer. Cabe pensar que o fígado está algo resentido. Manifestarase, claro. Os pés están  brancos e algún dos dedos treme sen que o controle. Maniféstase.

Colle un coitelo, un garfo ou unha culler.

Por que non me pos nun prato agora e me almorzas? Traio o prebe de vinte mil noites aos tombos.

Cear oito comprimidos de analxésicos e irse un anaquiño de tempo... Os cabalos da noite. Os vagalumes da noite. Pódese escoitar todo o que digo.

A chosca do Barcelona ao Atlético e tamén o porno turco-chinés das gardarías de todo o Iparralde... E por que non me pos nun prato?

Caín dende o ceo... Mentres andaba exercendo de funambulista, por unha ETT, enténdese. E caer na praia na que para catro veciños que somos, poñémonos todos apegados.

Un día falaremos do equilibrio da praia. E por que non me pos nun prato?

Por que non?

Espuma branca, vómitos, coágulos e o meu pelo longo até os nocellos.

De todos os capítulos de La vuelta al mundo en ochenta días hai un que nunca esquecerei: cando queimou o barco para chegar ao destino.

Os ricos sonche así. Xa nos ensinaron dende pequenos que o diñeiro mercaba todo. E Aladdin era un vendido.

Que volva Lupin.

E que os mods non fagan moito, por favor.

Ponte no prato comigo e comémonos as xuntas dos cóbados, beibe.

Vou almorzar.

Rusia era mellor antes.

05/10/2008 09:20 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.