![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Impossible![]() Chegar de Chantada co peito rebentado e o estómago rebentado, mais co resto intacto. Durmir con dor nos oídos: moita dor no oído esquerdo. Espertar sen saber cómo nin por qué. Montar-no-autobús. Agardar repetir visión pretérita. No autobús escoitar No le grites. Apreciar o baixón que che dá. Pasear cos ollos húmidos por rúas húmidas dunha cidade húmida chea de miradas secas. Almacenar os versos dicen que la mitad del cielo es cuando te quiere una mujer, pero creo que ella fue el cielo entero y su infierno ha sido él na memoria RAM cerebral para empregalos emocionalmente segundo pase o día. Aparecer -entretanto- na facultade. Copiar. Folios. Fotocopias. Café con xeo. Montar no urbano outravezagain. Streetlight Manifesto. Corenta días e ir feliz no autobús sabendo que a vida che vai amosando grandezas. Grande! Grande! Non hai problema sobre a ónde se vai. A choiva non é húmida. Probeina. Casa. Casa. Conversa. Hai xente coa que se pode falar. Hai xente coa que dá gusto falar. E, ao mesmo tempo, é difícil. Redescubrir ao xénero humano. Darlle posibilidades. A vida pode merecer a pena. Integridade. Paixón sen estridencias? Exacto. Put me on a plate escoitada cousa dunhas oitenta veces sen saber cántas veces se escoitou, porque, amigos e amigas, a estas alturas da vida, un pode chegar a perder a orientación espacio-temporal entre risas e choiva. E a vinganza de Cochise de súpeto vén da man de La Rue. É imposible non velo así. A felicidade decide. É imposible que a vida sexa tan boa e sexa todo tan harmónico. A felicidade acompaña. É absolutamente impossible. Todo vai estar ben. Xa o deixou dito o noso amigo... Sigo comigo mesmo: Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
TemasEnlaces
|