![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Sputnik?![]() I can't can't can't can't do... Obxecto voador sen identificar... Romeo Monroe. Que no tabú me saia a palabra SPUTNIK e a trate de explicar vía Gluecifer, era algo que todos poderíamos agardar a estas alturas do conto... Fin de semana en Muros (como xa dixen repetidas veces repetidas veces repetidas varias veces, vamos) e non tanta choiva nin tan pouca que non nos mollasemos. Fin de semana buscando unha canción que non atopei, aínda... E fin de semana bailando entre os Backyard Babies do obxecto sen identificar e o Sputnik. Nos bares falta xente. Hai bares que deberían ser máis como o Egeo. Porque cando o amor viu en dúas ocasións e nas dúas ocasións nos mentiu, decidimos non volver amar nunca máis. Era o xusto para nós e para o propio amor. Mais I can't can't can't can't do... Hai bares -hostia!- que igual debesen ser máis como un Rus cheo de Kit-Kats. Un obxecto voador por identificar... Xa o sei, xa. E nesas andamos. Recoñecendo a estupidez de agardar ver a alguén no sitio no que non a vas ver e todo iso... Obxectos voadores. Festivais de ópera en horarios noturnos. Xente cos seus monóculos e os seus cubalitros berrando por entre os seus abrigos de visón. Non sei xa cómo dicir as cousas nin sei se se deben dicir certas cousas e se dicilas e nomealas é facer que estas existan ou se xa existían dende moito antes de nomealas ou se no mundo das ideas as cousas están quietiñas no fondo agardando que as sinalemos co dedo índice da man dereita mentres apretamos forte a man esquerda nun puño que reflicte -á perfección- o bonitas que son certas cousas en contraste coa choiva dos fines de semana escuros cabalgando en temas como UFO Romeo... I can't can't can't can't do... Non sei cómo podo garantir que espertes nun sitio mellor ou nun tempo mellor. Supoño, do verbo "supoñer", que hai certas realidades ou crenzas que escapan a toda razón e que sinxelamente por iso son as únicas verdades nas que nos permitimos vivir. Teño o estilo do cabalo perdedor. Non hai dor na voz. Non hai quen chore polas nosas feridas. Ceo deserto. Sputnik da tristura. Non podo facer nada. Asasinados polo ceo. Obxecto voador sen identificar. Romeo. Comentarios » Ir a formulario
pss pois eu a modo friki intentaria explicalo fasendo referencia ao gran disfraz de Ross en certo capitulo de Friends, ja!
eso si, se competise con xente tan friki nesa serie como sei que podes ser ti. Fecha: 10/11/2008 14:57. |
Archivos
TemasEnlaces
|