
O pistoletazo de saída cara a derrota ten asumido xa hai ben tempo que todos imos acabar mesturados no seu estourido. Temos soterrados debaixo de cada meixela os milleiros bicos que nos foron dando ao longo de todas aquelas mentiras, nada que ver coas amargas resacas atados ao silencio da esperanza. A esperanza que está a nos agardar.
A dor non lle crebará o pulso á esperanza.
No mercado de almas non valo un peso.
Collámolo. Na rúa hai ladróns, asasinos e soles que camiñan fitando o chan. Chove e escoitamos á-xente-berrar sobre todo en todo momento.
Alguén nos sinalou hai moito tempo facendo que a súa man era unha pistola. Nunca tememos por nada.
Era eu. Apunteite cunha pistola que era a miña man. Non existe o medo. Non hai dor. Hoxe é hoxe e sempre será hoxe.
Matei a dor.
A dor non lle crebará o pulso á esperanza. A dor nin rozará o pulso da esperanza.
Unha hora moi moi longa nun ano moi moi longo e unha sombra moi moi fría para un día moi moi frío...
Os ollos están quietiños mirando na dirección axeitada.
O corazón non latexa...
Treme!