Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Como a música en francés...

20081202132421-acordeon.jpg

Sei que onte á tarde botei unha sesta na que non durmín, porque non sei se soñei. E despois -yo vengo del hoyoyoyo...- curtei o pelo até o estremo de non poder disimular xa a cara de MAMÓN que gasto. Entradas para poder exportar a outros países ou comunidades autónomas vidas a menos.

Antes de curtar o pelo -romper pelo- probei co dedo índice da man esquerda... É curioso como un muradán desterrado pode chegar a empregar unha pequena tesoira para curtar a pel que une unha unlla ao resto do dedo até o punto de poder ir arrincando a pel mentres saen gotas enormes de maldade (pus). Botar alcol e auga osixenada até que o dedo pida clemencia.

Non lin nada máis que un relato de Buk collido ao azar -aleatorio: random select- porque supoño que non estaba para nada novo. Supoño, moito supoño hoxe, que isto era aquilo de que estaba baleiro.

Imaxínome a toda California bailando detrás de catro persoas coma nós mentres oitocentas gaivotas disfrazadas de James Joyce berran lemas iconoclastas.

Subir ao bus hoxe. Hoxe sorrín no bus. Porque vas vendo á xente. E se ves un accidente na rotonda que hai ao remate da Ponte Pasaxe e un dos coches, que está rebentadísimo, leva pintado nun lateral Recogemos todo tipo de chatarra... Pois sabes verlle o lado cómico/salvaxe da vida.

E ves un rapaciño subido ao lombo dun home que corre pola rúa... O rapaciño divírtese. Sorrís. Soa música francesa.

Igual todo reside na música francesa, porque non a comprendes... Pero que che transmite todo o que precisas.

E é aí cando te dás conta de que non precisas -para nada- comprender aquilo que vai pasando.

O vento vén.

O vento vai.

Este venres -en principio- imos a Coimbra. Se atopo un barrio que se chame São Lucas, quédome a vivir alí. Subirei a 7 muradáns a un piso de portugueses e pecharase un círculo aberto xa hai moito tempo. A miña mente -o que queda dela- sentirase satisfeita por primeira vez na vida e implosionará soltando luceciñas de cores verdes e vermellas.

Este venres/sexta-feira imos a Coimbra. E farei anos -o luns- en Portugal. Alí andivo o Zeca Afonso.

Moitos anos dando noxo polo mundo adiante e rindo de todo.

Un profesor dixo hoxe nunha aula, creo que citando a alguén, que a literatura é unha mentira verdadeira. Apunteino no folio no que estaba a tomar apuntamentos. Ao carón, puxen o amor é unha mentira verdadeira. Non sei por qué o puxen, nin qué significa.

É como a música en francés.

02/12/2008 13:24 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.