![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Coimbrarrobledo![]() Criollitos, debe abandonar la casa: la audiencia. Boas, que lo? Xa estamos de volta da viaxe-odisea por Coimbra. Até este momento non fixen unha entrada sobre o asunto porque a febre e o malestar xeral me impedían ligar catro palabras seguidas, mais parece que agora teño algo de marxe para a escrita. Pois fóronvos uns días xeniais nos que durmir malamente e nos que o papel de limpar as caquiñas ían a unha bolsa. A viaxe, propiamente dita, foi bastante curiosa. Tanto na variante ir-para-alá, con Pena collendo as saídas da autoestrada fatalmente, como na variante veña-para-casa cos tres do coche feitos unha caca entre febres, tusidos e conxestións vitais. Coimbra como cidade é un sitio sumamente decadente pero cun encanto brutal (butral, me gavó una caviota). Costas indecentes por todos lados (filha de puta de subida!), as repúblicas (quizáis do máis flipante do que vimos) e as distintas facultades. Comer por 2'15. Aparecer nunha sala de concertos e que nos dean de cear en medio-minuto improvisando unha mesa (corolario: beber unha botella de viño branco en 10 minutos!). Centenario da república dos Kágados: concertos nun cuarto, beber viño tinto con caña, Albert caendo polas escaleiras... ¡Tetas-tetas-tetas azules! ¡Cómo me gustan las tetas azules! Festa brasileira no Tapas... Comezar a viaxe nun sitio espectacular.Fran bailando mentres lle cantamos, hahaha! E despois pisamos-cuello ao Harry Potter. Que nos boten do Noites Longas non ten importancia. Bah... Mais agora vas durmir no corredor e ímoste nominar todos! María José: a mellor gata do universo? Iso din. E total, non bebemos tanto... Só tivemos dúas mans na vez. E tamén momentos de chorar rindo, rir chorando e viceversa. Esta xente é o mellor. Sobacón. Non sei... Mil cousas... Pero todo queda resumido no mellor que escoitei en moito-moito tempo... Non somos seres humanos cunha experiencia divina. Somos seres divinos cunha experiencia humana. Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
TemasEnlaces
|