Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Conversa telefónica

20081210172914-ikea.jpg

(Teléfono dando ton)

Empregado nº 1: XXXXX? (Fragmento en sueco e inintelixible)

Samo: Boas, xa chamei máis veses. Pódeme poñer co empleao que fala galego?

Empregado nº 1: XXXXX! (Blasfema en sueco)

(Empregado nº1 pasa teléfono a Empregado nº2)

Empregado nº 2: Diga?

Samo: Que lo? Es o mesmo que o da outra ves?

Empregado nº 2: Son. Que era?

Samo: Chamaba para faser outro encargo...

Empregado nº 2: Outro? Pero cantos levas neste último mes? Tantas cousas necesitas, meu?

Samo: Non. Se non é para min... Dá igual. Mira, ti podes apuntarme o que che vou pedir?

Empregado nº 2: Si, home, si. (Escoitase coller un caderno) Pero escoita... Por que sempre chamas a Suecia e non chamas a un Ikea da Península? Digo porque eu aquí estou a turnos e non sei se che cadrará máis veces de pillarme por aquí, que non se se me renovarán...

Samo: Pois non sei. Paréseme máis guay chamar a Suesia para faser os encargos. Manolo, Manolo, que vienen las suecas! (Pronunciado con estilo José Luis López Vázquez)

Empregado nº 2: Que dis das suecas?

Samo: Nada, déixao... A ver, tómasme nota?

Empregado nº 2: Si, veña.

Samo: A ver... Para empesar... Outro pulmón... Pero máis grande que o último que mandaches... De feito, mellor mándame dous.

Empregado nº 2: (Mentres apunta) 2 pulmóns modelo "Sobreviviré"... Si... Que máis?

Samo: Unha cadeira... E non digo unha silla, digo unha cadeira.

Empregado nº 2: Vale. Máis?

Samo: Xa postos... Un arnés para a cama que se poida atar no teito... Unhas alas...

Empregado nº 2: De cales?

Samo: Como de cales?

Empregado nº 2: Claro, de cales? Temos de Anxo, de Cazabombardeiro, de Galiña Maoísta...

Samo: E de Colibrí?

Empregado nº 2: Non sei, miro e se iso dígoche despois, vale?

Samo: Vale... De Colibrí molaba, por iso das inxestas de asúcar...

Empregado nº 2: Ein?

Samo: Nada... A ver... Pulmóns, cadeira, arnés, alas...

Empregado nº 2: Iso que soa son Los Delincuentes?

Samo: Son. Por?

Empregado nº 2: Nada, había tempo que non escoitaba ese tema...

Samo: Eu tamén, a verdade...

Empregado nº 2: Bueno, que? Algo máis?

Samo: De momento non... Creo que me olvido dalgo... Pero se iso xa che chamo despois... Para cando teríamos iso?

Empregado nº 2: Pois para o 17... Supoño...

Samo: Oh! Non me fastidies! (A adaptación fíxenos empregar o termo "fastidies" en lugar do termo orixinal, moito máis malsoante) Pero eu quería telo aquí para o 15!

Empregado nº 2: Pódocho ter aí para o 15, pero será como un favorazo, sabes? E para que tanta présa?

Samo: Nada, nada. É para unha sorpresa. De feito, pódesmo mandar todo envolto para regalo?

Empregado nº 2: Vas regalar uns pulmóns?

Samo: Xa ves.

Empregado nº 2: En fin... Pois xa está. Como xa teño os teus datos xa nada máis... Ah! Unha cousa, que tal o Dépor?

Samo: Está en boa racha. A ver se pasa á seguinte fase da UEFA, pero eu que sei... Con dicirche que o líder do equipo está sendo Verdú.

Empregado nº 2: Verdú? O mundo toleou.

Samo: Si, toleou. Veña, graciñas por todo.

Empregado nº 2: Nada. Ata logo!

Samo: Ata despois.

(Samo colga)

(Empregado nº 2 non colga e mira o teléfono mentres di...)

Empregado nº 2: "Ata despois?"... Por dios... Xente nova...

(Empregado nº 2 colga)

10/12/2008 17:29 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: pekeniña

mo o o o la, aunq no entiendo de q va. tas pallá, pero guay.

Fecha: 10/12/2008 21:06.



Autor: sanpedrodemezonzo

no te olvides de la rotula

Fecha: 10/12/2008 23:09.



Autor: sarita

el pulmón es para mí verdad? todo un detalle :P

Fecha: 13/12/2008 00:35.



Autor: sarita

osti samu, te cambiaron la pregunta para publicar comentarios! ya no me hace falta usar calculadora!

Fecha: 13/12/2008 00:36.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.