![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2008. 02/04/2008Noite Nº 2438Soñei que Montelouro era voado polos aires ante os meus ollos. En serio. E para quen non saiba o que pode supoñer iso... Pois é un pesadelo. Ver Montelouro estourando e víndose abaixo. Despois botábanme dunha das supostas catedrais máis bonitas de non sei qué época. Estaba en Roma e falaba en galego co segurata que me botaba. Todo o mundo quedaba e eu íame porque me rin seguido de todo. Dunha virxe que se paseaba polo templo mediante un mecanismo de cordas e así. Despois estaba nun bar no que os meus amigos se pelexaban entre si. Teo estaba encolerisado. E non lembro quen lle pegaba. E habia un caos no pubeto. Hostias por aquí e por alá e eu poñendo paz... Eran os meus amigos, copón! Máis tarde estaba novamente na vila. E non era quen de convencer a ninguén de ir á praia. Imos a tal hora, non eu non vou, eu vou máis tarde... E non había moita calor realmente. O conto é que estaba na praza do Cristo (agora reflexiono sobre ese nome) e aparecías por un momento para me dicir algo. Creo que era algo como... Ahora me voy, después nos vemos. Ou dese estilo. Marchabas e os meus amigos percibían todo o que levabamos nas cuncas dos ollos. Eu quedaba con esa cara de felisidade que non se atura. Despois non daba chegado á praia e espertei. Eran as 7:50 e espertei. Despois de tanto pesadelo, erguinme e estou feliz. Ando feliz. Tanto pesadelo e quedei con ese anaco no que te vin. Ando feliz. Vou coller o bus que o hei de perder. Zuzenena sempre. En Plan 89
Cuando tú te vas 04/04/2008Non haberá xeito![]() Non queremos un minuto de paz. Realmente. Licor café. Nada is not Spain. Todo is not Spain. Podo chegar a saber á perfección o que levou a Amancio Ortega a facer todo aquilo que fixo até agora. Escoitar Walk away no Egeo como se no Egeo só houbese dúas almas. No chan do Egeo hai unha alfombra (carpet) e alí pode un xogar como un cativo. O Rus está ben. Vale, si, admito. Calpitear ás 8 tamén. Realmente. Non haberá forma. Levo unha resaca enriba que fai sons como AAAHHH!!! It's my music. Algún día farei unha entrada á altura. Manu... Lololololololo... Manu! Vivo no 2:30 desta canción![]() Días de sol, herba e non-vento. O vento poñémolo nós. Agora estou exactamente no minuto 2:30 deste tema do novo disco de Banda Bassotti. Choio por facer? Todo. Exame de conducir? Si, por suspender. Raeiros? Si, aquí, agora. Pipas! Pipas! Mañá baixamos á vila. ¡Què pesado eres con Muros y con Skaiola! Que se calle. Que se calle. Parese mentira que no calle. Non sei qué vai ser de todo -obvio- pero mentres exista o minuto 2:30 desta canción eu estou tranqui. O que importa permanecerá intacto. No te olvides de quién eres tú. Siempre serás quién eres tú. E que viva Banda Bassotti! -déboche moitísimo- 05/04/2008Iparra galdu: hegora joan (Berri Txarrak)![]() Perder o norte, ir cara ao sur Dibuxei o futuro nun anaco de papel Dibuxei o futuro, non che dixen nada, Aínda non sei respostar de xeito certeiro Pero ti estás en todas as cancións e debuxos Dibuxei o futuro nun anaco de papel Pero ti estás en todas as cancións e debuxos 06/04/2008Pa parapapapá parapapapá![]() onte Muros na súa máxima expresión area maior aos chusos que non se pode correr que nos afundimos e samu curta o pelo xa o curtarei onte botellón vella-escola risas falando de sexo de relacións de caca de pallas sempre do mesmo unha roda costa abaixo güisqui no xeixo roque tolea roque ponte a camiseta alba bebe vinagre non bebas vinagre poucos cristos risas por aquí por alá xa había tela que non vía a todos e agus segue sendo unha espesie de deus ou de aparisión dóeme o lombo debín facer un xesto malo e ti que me faltas pero que rematas comigo seguido rematas comigo pim pam pum rematas comigo estou ben inés dixo algo ao respecto e mimá xenial e todo ben ríndonos non choio moito realmente xisco meteu dous goles todo ben ben estou ben mañá palmarei o exame e nada máis e abur todos os plans pero soan Les Cameleons e estou ben grazas a todos os meus amigos e a ti 07/04/2008En la jugada de todos los tiemposAntes sempre vía isto nos momentos previos a un exame. Barrilete cósmico! 08/04/2008Tiranía![]() o noso mausoleo é un acto de xustiza e teño clase en breve día longo hoxe évos un día longo despois vou ir dar clase particular cando chove hase de mollar e a ver se pronto teño cousas para que descarreguedes leades e me critiquedes porto irei a porto mimá cousas que existe: o caldo o viño o matarratos a luz a lámpada etcétera e agora mudou a miña sorte onte suspendín o exame de conducir e agora a ver cándo volvo ir porque non teño un puto peso peso peso peso peso a ver se xunto e volvo suspender e son un soldado nas filas do pesimismo fun collendo conceptos suspendín curtei o pelo e semello george michael wake me up aprobei o cap teño notable na parte práctica teño o título en consecuencia e terei que recollelo dentro dunha tempada tempo temporada temporal quei chove cando chove hase de mollar polas présas polos risos e por todo iso seguide votando o das pelis ou inmólome prométoo En Plan 90![]() En plan olaaa... 09/04/2008Familia, haberá que seguir votando, non?![]() Veña! Non decaiades! Seguide votando con ánimo e ilusión teenager! Pasádevos por abaixo ou POR AQUÍ (se sodes moi cadelos) Mañá será outro díaOutro día igual. Así que os sonetos amorosos, o partido do BARCELONA e todos os fu*/ing castelanismos que teño entre cella e cella dan igual. Confío en que o meu ritmo non se vexa modificado. Ía ler, estudar, facer cousas, pero hoxe non fago nada. Mañá será outro día. Outro día igual. E non vou ir a concertos. Saír. Viaxar. Rir. Beber. Perder o sentido. Caer. Rir. Beber. Ir a concertos. Viaxar. Mercar unhas chinelas. Dar concertos. Confiar en que o meu ritmo non mude. E non vou escribir-porque ao final nunca escribo. Nin leo. Nin saxitario. Nin tendo. Mañá será igual que onte que hoxe e que sempre a corrente pode non vaias onde non acañas que a corrente chama ao Xallas. Ter a sensación de ser alguén? Non. Sempre hai algún fodido tolo e eu non son distinto. Ledes o asunto e son un máis. Finalmente, non deixamos pegada. Ese estúpido sorriso cada día. Ferros e Tánatos. Empezamos (Tote King)![]() ¿Que baile? Sólo bailo con Iron Maiden, loca. 11/04/2008Hai formas e formas de espertar un venres![]() -E non digo sexta-feira (non gusto do catolicismo)- E espertar escoitando Cuatro Pesos de Propina é un puntazo. Aviso. E quedar en calzóns tamén. Espertar en calzóns, claro. Non teño cartos. Non teño nin catro pesos. Non me dan chonas. A ver se me entendes... Soñei con vós, con rapaces que choraban, con un lote de xeito cantando ska... Moitos choios. Fotos por tirar. Ler. Escribir. Escoita o meu consello. Pirata (Cuatro Pesos de Propina)Pirata, De fotos carnet e outros síntomas do terrorismo estético![]() Esta tarde atragantóuseme e nos blogues a xente pon aquilo que lle pasa e os demáis non o len porque non ten importanza. Non podo facer nada ao respecto. Xa o dixo Reixa: somos positivos somos moito ying A rei morto, festa até as oito! Lástima de bois! Sara estará para entrar - ou dentro xa da Sala A! para ver a Yosi explicando por qué se fundou o proxecto HOME. Non fun porque os cartaces dunha rotonda eran tan sumamente pouco claras que me trabuquei de dirección e me dixeron párate a un lado e palmei o exame e claro renovar todo custa cartos e abur Suaves e sabe Maradona cántas cousas máis. E quedei na casa lendo movidas superfascistas que estou na obriga de ler porque o diñeiro manda e se quero diñeiro teño que ver qué di a xente máis fascista que pasou por esta banda do Atlántico Norte. Pero continúo no mesmo berce. Soará Dulce Castigo. E non estarei chorando como no Viña. E, se o penso, pois tamén faltarei a outros momentos a moitos máis momentos pero sempre faltei a moitos momentos momentos. Báixome ska brasileiro. Ska luso. E só teño ska. Iluso. E estou escoitando Hora Zulú sen xeito e que baixe un raio e me parta pola metade se digo que non te quero. E algo dirá Yosi. Estiven lendo algo pola tarde tamén e non son quen de escribir nada a estas alturas da semana. Un tis un tis un tis... As entradas longas deixan moito que desexar dende hai moito tempo. Ou igual sempre foi así. Samu, e logo, que pasou co do dedo no cu co que paseaches hoxe por Compostela? Boh, nada, tolerías. É certo que isto é como se na SuperBowl xogasen o Xove Lago e o Frigoríficos do Morrazo? Si. Bastante nesa liña, si. Sabes que coñezo un rapaz así coma ti? Filólogo? Non. Papahostias. Xa. Entendo. ... ... ... ... ... Marla Singer, se eu tivesse um tumor, é assim que eu iria chamá-lo. 12/04/2008Achmed, o terrorista morto (Jeff Dunham)Boísimo. Védeo porque son risas. 13/04/2008Con las trenzas de tu pelo (Hora Zulú)![]() ... Agachando la cabeza, Y ando loco por las calles E ti? Vas quedar sen votar?![]() Aínda serás capaz... Veña, anímate! Xa estamos nas últimas datas! Clica AQUÍ, mira os títulos e vota o teu preferido. Arrechegádevos! 14/04/2008Heroes dun so uso![]() Días de confirmar a fuxida a Porto. Estar en bichas de hora e pico. Amanhá, aula de português. Lusíadas! Reparar algo dun futuro poemario ocasional. I disappear. Na bicicleta costa arriba costa abaixo rui costa costacurta. A diferenza exacta estriba no binomio RUI COSTA/COSTACURTA. Sinxelo de entender, non si? Qual é a sua posição em relação a este tema? REC non está tan ben como se quere facer ver. Non está tan ben. Non. Que va. Que escoitarei no Porto? Igual comezo unha guerra. Agora vou lavar as mans, tomar algo de froita e volver a Oleiros tan rápido que as miñas compañeiras de viaxe (gónadas) dirán: -Demo de rapaz... Viches o tamaño que tiña ese ego? Era moito máis pequeno ca el. Por certo, son as últimas datas para votardes. A xente que teña en mente amañar as votacións... Este é o seu momento. 15/04/2008Manual da destrución![]() Xa podedes baixar o meu último poemario visitando a páxina da PLATAFORMA "A REGUEIFA". Agora mesmo (a día 15 de abril), atópase entre as últimas novidades que podedes ver ao entrardes na páxina. Despois poderedes acudir a el sempre na sección Literatura e outras artes. Deixarei un enlace aí ao lado para que sempre poidades pasarvos. (Samu, pesadooo...) Agardo que gostedes del. Ou non. Xa me iredes dicindo. Grazas a todos e todas aqueles que me axudaron (e non) a crealo. E grazas a Ales polo debuxo da portada. 17/04/2008Coa miña pollita, petando en Minguita![]() Xa temos campión para o II Concurso de Nomes de Pelis Porno "Arrechéjate". Grazas a un sistema totalmente corrupto, o gañador da presente edición foi Diego coa súa peli: - Coa miña pollita, petando en Minguita. Polo camiño quedaron moi bos títulos, como así foi recoñesido por todos vós coas vosas votasións e amaños: Con 15 votos: - Fasémo-lo caldo... Ou imos botar un polviño? Con 6, un alegato a prol da anticolocasión do pronome: - Mo fixo co crucifixo. Con 5: - Conasanta: a lenda. Con 4: - Fodina porque era miña. Grazas a todos os que partisiparon mandando títulos e aos que colaborachedes cos vosos votos e comentarios. En próximas datas farase entrega do premio e do título que acredita ao campión como tal. Pasádeo ben e non deixedes de foder! Até vos fartar! 18/04/2008O incrible de non espertar e do vendaval Sesión vermuth.Espertei máis alá de todo e de pagar buses á xente e inclusive estando en estado CUATROPESOSDEPROPINA e pola mañá soou P.O.D. Temos caldeirada de raia. Hai quen chama e quen chama e quen chama. Downloádeme a min mesmo polos vento vin polo aire. Malleiras. Todo o vento do mundo. Como o vento. Malleiras e todo o cinema do mundo. Escorpións. Asustando. Asustándome. Asustoporsegundo. A susto por segundo. DEUS CAGOUNOS ENRIBA. 19/04/2008Guitarraso no espiñaso Lombo de mortadela. Entrefebras anda o conto. Quei chove, chove seguido. Unha semana chovendo aos tombos e así temos o país verde por todos lados. Tamén é certo.Hoxe choio vou choiar. Hoxe non vou a jamsessions nin nada -por se alguén está interesado- e vou choiar tomo café con xeo e vou choiar. Pode que estea nun plan moi directo. Mellor que me afeite?! Non, amigo. Na biblioteca de filoloxía tiñan o duplo disco de homenaxe aos Diplomáticos e o mundo funciona. Vou arrombar o cuarto. Vou seguir a miña vocación. Tiven grandes pensamentos filosóficos de tipo xeral. Sobre clases, diñeiro, imaxe. Mais non o organicei, así que hoxe non vos darei pautas para a vida. Amanhá mais. Mais perto do Porto. En Plan 91![]() En plan a guitarra. 20/04/2008A entrada que agardabades![]() Dispara. Dispara. Dispara. Dispara. Pensa, actúa, dispara. Acabo de ver "La flaqueza del bolchevique" por segunda vez na miña curta e onanista vida. Blogia non me deixa pór o título en cursiva, como corresponde. Gandhi dixo: Confiar é uma virtude. É a fraqueza que nutre a desconfiança. Stephen King dixo: A confiança do ingênuo é a arma mais útil do mentiroso. Lenin dixo: É preciso sonhar, mas com a condição de crer em nosso sonho, de observar com atenção a vida real, de confrontar a observação com nosso sonho de realizar escrupulosamente nossas fantasias. Marilyn Manson dixo: Quando todos os nossos desejos forem realizados, muitos de seus sonhos serão destruídos. Gusto da película "La flaqueza del bolchevique". Luís Tosar pon cara non-sei-de-qué durante todo o filme. Soa Extremoduro no seu Golf preto. Levo unha boa proporción de viño no corpo. Soa Karma to Burn a un volume belísimo. A confianza é curiosa a estas horas. E confío na gravidade e en todo o demáis tamén. Eu non son socialista. Son bolchevique. Non hai que tirar os cartos aos ricos. Hai que fusilalos. E despois, tamén hai que fusilar os pobres. Nun filme no que se di algo como o dito no parágrafo anterior hai que confiar. Ía pór o tema de Extremo (un dos temas de Extremo) que sae no filme pero vou escoller un bo tema de Karma to Burn. Extremo lémbrame a Sara se soa nun Golf preto. Blogia non me dá moita marxe de maniobra. O meu busero dime que non se pode confiar, directamente. A súa ex-moza levoulle un chihuahua e iso é un can. O can regaloullo a moza e despois levouno cando se foi do piso. Nos últimos dous meses perdín algo de tolemia e vou moi pim-pam-pim-chin-pom. Os sons estes son tan estúpidos que non pido outra cousa que non sexa TODO. Flaqueza. Hai que voltar. Hai que amosar valor? Non. Pensa, actúa... APUNTA! DISPARA! Agora xa é día vinte e as metáforas da lingua non me importan se non están en linguas que correspondan con algún lamber sobres nos que meter as grandes mensaxes por dicir. Pensa, apunta, dispara. Actúa. A túa mente é a mellor arma? Discurso. Mao Tsé-Tung dixo: O inimigo avança, retiramos. O inimigo acampa, provocamos. O inimigo cansa, atacamos. O inimigo se retira, perseguimos. Bertolt Bretch dixo: Não conseguireis desgostar-me da guerra. Diz-se que ela destrói os fracos, mas a paz faz o mesmo. Pessoa dixo (hostia-puta): A arte mente porque é social. A arte mente porque é social. Piada. Mentira. Piada. Todo é piada? 34. 34. 34. Dispara. Apunta. Actúa. Dispara. Mais non penses. Eu amarei por todos vós e por todo o resto tamén me deixarei amar. Mais os meus medos guiarán a miña felicidade. A miña dor pretérita é a que manda. Eu non obedezo. Eu estou perto dela. Sorrindo. Intentando sorrir. E canto. VeñaMala tarde a que acabo de ter de que non pasa nada non pasa nada non pasa nada non pasa nada non pasa nada non pasa nada non merece pasar nada vinte mil páxinas que non vin e vinte mil que vin e tamén poemas que lin e vinte mil mulleres e vinte mil homes e vinte mil nomes e mala tarde de domingo de estar cruzado e de escoita ska brasileiro e agora non sei xa qué escoito non o sei estou cruzado e farto de todo farto de vinte mil millóns de historias de ter que cadrar as cousas de tirar e de que proa sexa popa e de que todo sexa unha tarde de domingo e as entradas teenager son estas como esta como esta de a vida é unha merda e todo o mundo se suicidou mil veces no seu puto blog e eu tamén non son menos mañá madrugo e non mudei nada no mp3 e mañá será outro día menos e menos e menos e imos a menos e quei se escribe e teño cinco montóns de folios ao meu redor e non o entendo sendo como é que é unha tarde-serán de domingo tardes e solpores e xa é domingo e son as nove eu pensei que eran as CERO e todo calamaro é farlopa e todo o mundo quere farlopa e todo o mundo é putero case todos os homes son puteros polo visto polo que puiden escoitar até a data e todo o mundo pon os cornos e todo o mundo pon os cornos e algún día poderei repetir o perigoso de sentarme nun banco a falar con calquera de vós a calquera hora falando de teorías que se foron á merda sempre se foi todo á merda cremos en todo deus e todo deus non deixou tirados nun arró en calquera lado en calquera lado quedamos zapateados escarallados vivos todo o mundo di querer e pronúnciao con estraño xeito pero foron as cancións a recompensa o único que quedará despois será a botella e as cancións pero que só son cancións e polas que lle cobraron a alguén e que eu as conseguín de balde e caen bágoas son igual de bágoas que as de cando ves un filme estadounidense de américa e claro como vai importar calquera cousa e quedamos cos toques que dan aos móbiles as mensaxes e que sinxelo e escribir quérote ódiote non me fales máis e que sinxelo é mirar aos ollos e que duro é meterse na cama pola parte de abaixo pola parte de atrás atrás por atrás sexo grupal ska que non será estudar libros coñecemento e créditos estaba todo tan claro que non o quixen entender entre lembrar e entre esquecer quédome comigo mesmo á sombra de min mesmo cantando esbardallando escribindo aguantando os insultos os comentarios ao pasar o de calquera cousa ninguén é un xenio e ninguén vai mudar nada xa pasaron milleiros de bos poetas os mellores poetas e non evitaron ningún abuso por parte do estado supostamente aconfesional e antes de durmir hei de pensar en todos vós como penso sempre e vou escribir mil veces esta entrada e non sei para qué dar toques a estas alturas da vida e todas as noites de borracheira son sempre a mesma e non o entendedes non o entendedes vou comezar a quedarme en casa pribando sen facer caso a muguruza pero si quedarme en casa a perder o sentido caer redondo caer no chan partíndome o nabo da risa e articulando catro verbas e fóra a xente mira para ti e todo o mundo está na obriga de ser feliz e hoxe hostia eu hoxe non son feliz nesta hora con esta música con todas as putadas que fixen e que me fixeron agora non son feliz e se non que caia un lóstrego e mo diga tuteándome. 21/04/2008El Conde Crápula (El último ke zierre)![]() Ando buscando lo peor Sexo infectao, un callejón Almas enfermas desamor Bajas pasiones. Ando buscando lo mejor Polen y merca, vacilar Busco otra noche, otra noche pa enfermar Sucias pensiones. No importa el precio, pagaré Yo nunca bebo pa olvidar Sé lo que busco y donde están. Las emociones. Quien sabe, sabe a donde voy Quien sabe, sabe a lo que voy Quien sabe, sabe de que voy Si ando caliente. Y el sol, maldito hijo de puta Siempre fui él ultimo en rezar Soy el primero en pecar Mi cuerpo siempre pide mas complicaciones Yo nunca llego a fin de mes Sé que es por falta de interés Bastante hago, lo sabéis Con llegar vivo Con llegar vivo, me da lo mismo Con llegar vivo, ocho que ochenta Con llegar vivo, me da lo mismo Con llegar vivo, carne operada Y el sol, maldito hijo de puta. Por la mañana sale el sol Y por la noche salgo yo. Compro complicaciones. 22/04/2008Declaración superrápida de principiosNunca farei un tuenti. Nin comerei a caca dun morto. Ben, isto igual. Pero o tuenti, xamáis. En Plan 92![]() En plan buscando a Lorena Caamaño. Alguén sabe dela? 23/04/2008Así comezan os bos días!!!Con este tema en repeat a todo trapo! One step beyoooond...!!! 24/04/2008Você deve responder quando virou altar de adoraçãoé o sujeito que contagia liderança multiespecialista a atração principal dum fatalismo telúrico ao que ele que se dizia ateu-graças-a-deus prantou a certeza de berrar sozinho no deserto deixa-me ir contigo! 25/04/2008Manu! Lolololo... Os Skaiola decántanse definitivamente polo estilo Skacoustic.Xa podedes escoitar outro novo tema no seu myspace. Tendes aí ao lado o enlase á sitada páxina. Desta ves a jrabasión évos un rijuroso directo jamberro e hooligan dedicado á jrandiosa figura de Manu, ese home sentado nun sillón que se pode ver nos nosos ensaios. Xa vos queremos ver a todos cantando este pedaso de tema! Manu! Lolololo... 26/04/2008Aínda queda algo![]() Tras chegar a casa CERVEXA e tras iso hoxe xa é noite e non vou a ningures NON hoxe non porque quedei en casa e sei que estou aquí porque está soando a música que eu quero. Estaba a ver un filme xa metido na cama un filme que me colleu no momento XUSTO -coñecedes esa sensación?- e PIRIUM -o móbil e máis unha SMS- así que perdín o fío emocional que me vinculaba ao filme erguinme e acendín o computador. É moi raro que se é de noite e xa teño o computar apagado... O prenda novamente. No filme fálase de amor obsesión e outras cousas homófonas. De que imos falar a día de hoxe? Onte. Teño moito choio por facer e non sei se rematarei deixando directamente algunha para setembro. Teño setenta para setentembro. Non digas "fillo da puta", fillo da puta. Metédema. As parellas os tríos as duplas parellas. O póquere o amor e as relacións sentimentais e esa merda. Sentimental. Sen ti? Mental. Non se pode escoitar un tema sobre e outro e IMOS! Prometo que hoxe escoitei sepultura statuto e skarnio e prometo que non escoitei s.a. porque é a verdade e foi así. Violación. Violación. Aulas. Aulas. Futebol de salón. Nin un só peso en telefonía sen arames. Popis. Lambédesme as chinelas. Agora lembro aquelas noites até as tantas escoitando de todo e dándolle significado a todo. Agora nada ten significado. En serio. Nada. Bada. Baldin bada. Baleiro. Todo sen nada. Podería facer que esta entrada durase mil verbas máis pero seguiría sen valer nada de nada de nada de nada como toda esa xente que escribe cantidade de cousas sobre terceiras persoas que ten só na súa mente -narrativa- e non fala de nada. A xente mastúrbase co que lle colle a man. Fotojarsías. Estou baixando á rúa. Vou baixar a dar unha volta por Oleiros de noite. Hai bo tempo. De seguro que hai bo tempo. Mañá vou traballar. Deep in the night. Down on the rúa pola rúa abaixo. Ollos que non falan que non te miran. Se deus nos abandonou xa me diredes qué podemos agardar del. A morte de Lenin sería seguida por todos os medios -cuartos- de comunicación mediante as últimas tecnoloxías. Épico. Lírico. Corintio. Suevos. A nación e todo iso. Imos okupar a casa dos nosos pais mercádeme un bemeuve fun costa abaixo copiñas de máis. Que máis dá a idea se MIRA MIRA PARA MIN IMOS ATÉ ALÍ bua E NON SABES QUÉ ME DIXO que POIS QUE TAL E TUMBA E NONSEI SABES. Goear maldígote. Aínda que agora entre e alguén acabe de colgar Soldaduzka. Se me dás a escoller entre o ska e a soidade quédome coa soidade. Falar contodoomundoatodashoras. Con esa grandeza que levo nos petos. Levo nos petos. Peto nas portas pola noite e asusto á xente coas miñas poucas ideas sobre a falta de inocencia e coa miña capacidade autodestrutiva. Confundir as imaxes. Poñer unha imaxe que NON con unha canción que IGUAL nun artigo que NON e non sei para cándo unha boa derrota. Mañá? Que volvan os bos discos de antes os veráns de hai tempo nos que a praia e xogar ás cartas e as pachangas. A maior felicidade do mundo é unha boa pachanga en San Francisco. Aínda queda algo que ninguén me poderá tirar de dentro. Polo tanto... Sempre serei libre. En Plan 93![]() En plan que só me deu na volta a soñar con esta canción. Por non durmir. Ala. En Plan 94![]() En plan chuso-verán-praia, pero engaiolado en casa. 27/04/2008O mundo xa non será o mundo, senón algo mellor![]() Quedará trastocado co xusto de cada cousa. Coa néboa das noites e co sol de saír a por cervexa e sangría de a litro na herba con bichos que nos comen. Xa foi sempre en cada pinguiña de choiva e o sol que nos vén enriba creo que pensa algo semellante. Arranxar a vida mil veces. Matar o gato oito trillóns de veces partíndome o rabo coas mans cheas de sangue de gato. Muros-Cuba-Berlín. Non sei cántos anos sabáticos precisaremos para todo, nin cántos quilómetros percorrerei na miña estúpida Vespa mentres ti coñeces o mundo. Pero o mundo xa non será un mundo. Será algo mellor. O místico entendemento de estar de NON e que estea ben vale máis que Amancio Ortega cuberto de chocolate. Teño o verán a tres cuartos da X distancia que separa o Rabadeira do ceo. Stalin sábeo. Por iso marchou do seu niño escarallándose e chorando cun riso enorme na faciana. Os veráns que virán. Os outono-inverno-primaveras que virán. Os Dualers. O verán chegará. O sabor da passada ao paraísoacabo de espertar e esta vila camiña por debaixo do ceo e as rapazas míranme con interese etnográfico tirei beneficio dalgún casco dalgunha cervexa e arrinqueille a vida a unha araña coa resaca dos deuses todo resulta tan obvio e as mulleres falan de amantes de nunca de sempre de todo iso e aínda queda cervexa quente dubido dous segundos bebo cervexa quente non me importa a convención sobre os dereitos do neno alguén exerce de minusválido e tal e como vexo que abre o día ese alguén é o que decide toda esta merda Algumas alterações na cabeça e no peitoa túa pequena mulleriña e a miña pasean hoxe sen saber falar realmente ningunha outra lingua que os cafés da tarde entenden que non é así a gaivota asubía un bellaciaocalquera todos iremos a resoar fronte ao deus que non analisa a terra e non entendo porque me sinto perdido somos os últimos indios galegos pés negros pés de piche e polo piche e a paz dos percebes zen Entrada inquietante Acabo de ler un poemiña que escribín o doce de decembro de 2006 e agora faime coña que un personaxe ao que se fai referencia -de súpeto- pode ter cara.Curiosamente, tamén, o poema titúlase Individuo. Pero isto tampouco é gran cousa, realmente. Non colguei nunca ese poema e, seguramente, nunca o faga. De todos xeitos, se o fago, non lembraredes esta entrada. Lenny: Te digo que el número máximo de pinzas que un hombre puede ponerse en la cara son 87. Carl: ¿Has contado el cuello? Lenny: Sabes que sí. Carl: Vale, dímelo en la calle. 28/04/2008A toda la hostia![]() La sociedad me pone verde por ser joven y rebelde. Voy a despegar en el cambio de rasante. Meus e miñas, por fin aprobei o carneto de condusir! Tras un exame sumamente mediocre (de feito, máis ben aprobáronme que aprobar eu) na que pasei de estar no Carrefour á Corveira (case paso por diante da óptica de Pena) e andar polo mundo enteiro fasendo chambonadas incribles (até se me calou ao final)... Agora xa son carne de estrada e poderei levarvos a todos por diante con todos os meus collóns. Muahahahaha... Isto vai por toda a xente que me carretou nestes anos e que me levou a dedo dun lado para outro (que seguramente me seguirá levando, que son pobre e non teño carro). Muahahahaha... 29/04/2008I have a phobia![]() I have a constant fear that something is always near. E mañá haberá moita xente na escuridade -parezo un gótico facendo unha entrada de merda de merda-. Desembarco compostelán/á. Medo da escuridade? Depende de qué escuridade. Da imprevista escuridade dos ollos pechados por non poder máis... Non. E da outra? Da outra tampouco. Mañá agardo que me deas aulas na escuridade. A min. Que estiven en Londres vivindo con un peruano e un guineano. A min. Que voltei de Ourense dun concerto reggae nun edificio okupado que antes fora un colexio. Non llo digas a teus pais, niña-de-papá. I have a phobia that someone is always there. Medo da escuridade. De algunha escuridade. Supoño. Dame a man que cho vou ensinar. Gardo un as![]() Non. Gardo o sete velo. Tempo. 30/04/2008En Plan 95En plan beiguoch. I'll beeee reaaaady... Hohohohoho... |
Archivos
TemasEnlaces
|