![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2008. La Guna Seca: precio-soLaguna seca. Agora temos un Mitshubishi. Suave![]() Un, dous, tres, lume. Si, xa. Tivo que vir Roque a dicirme que dicía maderos fuego ao principio da canción. O outro día chamáronme puta barata. Voltamos a bañarnos e as apertas son de lado para que non colisionen os penes. Hai un poema de Buk que se titula verde. Xa o colgarei nunha versión que entenda a axeitada. Moitos litros de alcol corren polo meu intestino muller. Meu pai nun catro por catro. Mamado perdido e coas veas curtadas. Madrujisísimo. O da palmera tamén. Un retrato en modo BÚSCASE ACOSADOR polas paos da luz de louro e parte do estranxeiro e parroquias conlindantes. Pérdome o Castelo Rock. Xa teño dous concertos que podemos entender como confirmados. O primeiro o 30 de agosto. O outro en setembro. Teño setenta para setentembro. Penso moitas cousas que escribir. En verán penso máis poesía. En inverno escribo máis poesía. Damos toques na beira do mar (ailalelo) e a Álex fáltalle un clavicordio. A Álex chamámoslle Raúl e viceversa. Velocirraptor. Se houbese un concurso de faser de velosirraptor a nivel mundial, quedabas entre os tres primeiros. Tortuga/tartaruga de Sumatra. Grande. Hoxe fai anos Luxy. Parabéns. Insigne. Este ano entre CAP e conversas cirróticas, prestou. Empanada e leite, moi mala xuntanza. Dedos feitos caca de tocar o baixo en modo vella escola. Dedos feitos merda de non sinalar nada de xeito. Porque non atopamos sempre nas mesmas. Porque nos atopamos sempre nas mesmas. Estoicismo. Hristo. Maratón. Moito berro. Moito cristo. Como chegamos á final xogando un partido? Cadeiras polo aire-parte de atrás do Xeixo. Cantamos para que sexas soberana e non servil. O fusil e todo iso. Teño os cascos do emepetrés rebentados. E as señoras que pasan pola miña nuca len o que escribo. Voume. Que no te enteras de lo que quiero, piensas que todo lo hago yo por dinero y yo podré ser cosas en el mundo menos mentiroso, menos pesetero. Palabraría. Baleiro. Jacqueline. Grietax. Moita xente xa me ten dito que me coñecen do urbano da Universidade. Eu non coñecía a ningunha. Sempre é mellor en vacacións. Xa se nota o turista. É iso polo que só traballamos cando precisamos os cartos. Como me coñece tanta xente do autobús? Porque sempre vou en autobús. Sinxelo. Stoner. Adeus. Galiza, beibePoder copular. Are you ready, boots?![]() Estómago feito merda. Merda que sae, consecuencia directa, do estómago-intestino feito un destroso cara o exterior. Estómago feito caca. Agardar chamada explicatoria, agardar quedada laboral: a tal hora en tal sitio. Para o curso que vén non vou a Porto. Vou facer a Route 66. Entre todo o stoner que vou poñer no meu cadillac do 59 alugado, haberá un sitio para Nancy Sinatra. Té. En Plan 103![]() En plan, como diría Juanca, no borde do mar mirando para outro lado fasendo coma quen. O meu regalo de hoxe para vósEste tema xa o tiña posto por acá, pero agora déixovolo en directo para o voso disfrute e autocomprasemento. Mola descubrir que entre todo o que tes baixado está un directo deste notas. Veña, lo! Bisai Berriak (Berri Txarrak)Gardado durante séculos Ti máis eu en Elorrixo Ti máis eu en Elorrixo Ten novas faces o presente Coa intención de guiar o lema Unidos nesta parte do ceo. Unidos nesta parte do ceo. Día de Gluecifer![]() Redescubrir (menuda parvada) Gluecifer. Gluecifer son dos grupazos-grupazos (bendita repetición) que quedan polo mundo adiante. Desde traballos como Ridin' the tiger ou Head to head boredom, cun son menos limpo pero durísimos, até os Tender is the savage ou Basement Apes, xunto co Automatic Thrill... E os outros traballos... Son un puto grupazo redondo, copón. Información que dou nesta entrada: 0. Escoitade Gluecifer, pardiez! Atrunch! Sprinter Trueno Canto tempo...Pre Antes de ir choiar, chámame a atención que o tema comece á unha do día.Vou perfectamente conxuntado pantalón curto-mirada ionkificada. Que todos xuntos, todos unidos, aguántase todo moito mellor. Non sei cómo mo vou montar para volver a Muros. Aviso. Cabriolas e gambetas transportís. Que non se apague o lume da nosa vidaaa... Explótenme!!! O amor e as matemáticasÉ máis sinxelo dicir palabras como "amor" que falar de matemáticas. E hoxe... Lamatumbá![]() Onte estivemos descargando e cargando o material de son de Milladoiro. Cousas grandiosas como que os tipos encargados de son lle chamaban "serrucho" ao harpa ou como que, mentres os de Milladoiro cantaban a mítica de No niño novo do vento, uns pibes cantaban algo semellante a "quen puidera laceralaaa...". Cunqueiro retorcéndose no inferno. Pois hoxe toca máis do mesmo, pero coa xente de Lamatumbá, que disque para este concerto tiveron que contratar o son en Granada (Graná capitá). E xa vedes. Onte Lamatumbá estivo en Muros no Castelo (disque facendo algunha que outra versión de Manu Chao) e xa colleron os de Muros, sabedores de que me perdín o festival deste ano, e xa mos mandan para aquí. Así si que se pode! Veña, lo! Fargüése ti ti de onde vés sendo raparigo? de dallas de dallas? pois penso que hoxe só vas resibilas Crónica estúpida dun momento atractivo![]() Érgome cedo a luz do día e todo iso. Pasei a tarde suando tocando o baixo e falando-escribindo bohemia musical de pastel que se acada con La Rue Ketanou de modo sinxelo. Pásolle a todo o mundo a canción de Ma faute a toi e doulle grazas a Maradona por non ter estudado francés (nin oral nin bebido) dende 2º da ESO. E despois tamén falando, grazas ao meu bloguiño, de cómo pasa o tempo. Moito tempo. Mítica nostalxia tipicamente muradá. E coller e dicir quei mudamos, acordarse de noites de alcol, de cancións que pensamos que significaban algo e cancións (esas mesmas) que soan de mesmo xeito estamos en todas partes a todas horas quedamos con todo o mundo e arranxamos o mundo oitocentas veces ao día. Panero xa o dixo: ETA é a única que fai oposición neste país. Neste estado, vaia. Estado gaseoso. Estado Pitusa. Rusia está bombardeando poboación civil. Mortos. Pola mañá choiei. Montar o escenario para Lamatumbá. O concerto debería dar comezo xusto neste momento. Hai un ciclista co que comparto nome e nada máis que gañou unha insignia de ouro. Tal e como está o bocoi de piche igual a ten que vender crise desaceleración económica. Putin sinala como culpábel/culpable ao goberno de Georgia. Somos moito ying, somos moito yang. Se nos matan o can, mercamos outro can. En maio de 2008 dixen moitas cousas que todo o mundo podería ler vendo que dixen moitas cousas das de mimá quei dixeches cousas dixen moitas cousas e moitas moi ben ditas e outras non son malditas nin o serán neste serán que serán serán dubidubiduuu... Non sei se choio mañá non sei cómo farei non sei... Estarei xa indo para San Francisco pero dan mal tempo... Para os que vaian a San Francisco que saiban que coñeceredes xente con flores no que lles quede de pelo entradas a barrelas o peite é só algo do pasado. A gomina matou unha xeración de melenudos. A gomina comeunos. Estamos seguros de vestir esas flores na nosa cabeza e mente e todos tranquilos. Non temos nada que dicir a ninguén. Cando perdes todo es realmente libre. Cando te desfás de todo, tamén. Rusia -os militares rusos- poderían estar matando xente agora mesmo. Ou mesmo alguén está sendo violada nalgures e noutro sitio hai alguén chorando porque perdeu á súa filla e noutro sitio estás ti facendo coma quen e despois tamén queda quen todo o seu problema é pensar qué xemelgo é cada un. Pois un é Álex. O outro Raúl. People in motion. Para os que vaiades a San Francisco, nada que dicir. Levo veleno negro no sangue. Teño oito tatuaxes no peito esquerdo. Na túa vida, insisto, hai catro mulleres. E tamén hai catro homes. Non hai máis. O resto son sucedáneos. Juan Asensio! Juan Asensio! Juan Asensio! (Foi todo o que escoitei hoxe á mañá) Non sei manter conversas admito. Un só pode confiar en si mesmo e no primeiro disco de System of a Down. Son un desequilibrado e non quero ser feliz. A viaxe definitiva está por chegar. Lagoa Seca é a verdade verdadeira. Voume vestir. É agosto. Estou en Oleiros. Pérdome o Castelo. Estarei choiando até as tantas. Hoxe falei con xente. A vida vai xenial. Saúde! A ver, nenos e nenas, como se fai a música? Pois colles a intro dun temiña clásico da época Two-tone coma este...Despois píllaslle un riff aos putos Rolling Stones... E sáeche un tema coma este: Até unha nova aula de como se fai a música! Imos!!!![]() Me verás llegar sonriendo a pesar de condenas!!! Juan Asensio!!! Juan Asensio! Hay que volca'lo! Hay que volca'lo! Juan Asensio!!! Noite de choio de quedar case esmagado baixo caixas cheas de monitores-cables-mesa de control-etc. Gran noite! Enorme noite! Agora viaxe odisea! Grande, grande!!! Imos! Seguimos! Sodes grandes! En Plan 104![]() En plan bailando sejido e a saco este tema!!! En plan ben!!! Uooohhh...!!! Estes días igual non coljo moitas cousas, así que xa vos quero ver a todos bailando esta cansión como enerjúmenos!!! Sei que xa a puxen mil veses por aquí, pero que máis dá? Enfiestemos las calles todos unidos como en el carnaval... Visión orxiástica da cuestióntes unha muller ao lado e disque é monomulleril e despois tes dúas e disque é maso stereo o tema cando xa tes catro xa é dolby sorrón Ía disir algo en modo amodoVolta e volta. Vuelta y vuelta. Pero soan temas dos de non pensar en relativa frecuensia poño un tema que apesta e que está ben. Ler Buk todo o verán e admitir que un ten dous problemas. E que soa No woman no cry na pista da Axesta cantada por un brasileiro de onde son os brasileiros. De onde son os brasileiros? De antonte. Mañá borrasca. Cachas. Tetas. Por diante e por detrás. Almofadas. Fadas. Ninfas. Nin fu nin fa. Fa sostenido. Sostén amarelo. Criaturas verdes. Hai un poema de Buk que se titula Verde, xa o dixen, burros. Pero non vos quededes con ese. Buscade o dos monos, do que fala Pablo. Ou mellor. Buscade o que se chama Consejo. Buscádeo. Ou ide tomar unha caña antes de achicar como eu agora unha caña con tapa. Cañas a 90 céntimos e con tapa. Cando a cama é unha vida e regra é mirar un nível de darte a min mesmo como unha máquina que raña o fondo do ceo coa man que quedou viva tras tanta iconoclastia de segunda rexional e agora non agora non agora non agora que va, agora non. Beijos. Rei sen coroa. Queres ensalada?![]() Tiña que disilo. Tiña que disilo. Tiña que disilo. El circo marino-acaban de chamarme de Oleiros- EEEL circo marino. O coche de Batman e Robin: o Batcar. Rebentou a sinta do carro hoxe á mañá despois de dúas torradas e unha mongolosina de masá. Agora escoitar a Ser e non a Camarada Kalashnikov que ben soaba este tema no carro. Aínda que todo o mundo xa fose fiel aos ditados da Igrexa. Nazis pum pum. Agora nada. Hoxe a ver se hai praia. Álex grande. Roque traballa o resto ninguén. Case ninguén. Onde están os meus amigos? Hai alguén aí? Avui és el moment. Sempre escoitarei God save de IRA. Moitas medallas de nuestro señor. Cristo inmundo mundo corrupto. Todos a todas horas. Queres ensalada? EEEL circo marino. Garoé sempre. Garoé sempre. Xa o deixo dito. Se alguén se pasa por Muros este verán que vaia polo San Francisco en Louro e polo Garoé en Muros. Isto non. Isto non. Isto non. Os rapases de Muros dan toques cos seus móbiles á biblioteca/aula de ordenatas para tocarlle o carallo ao persoal. Rin. Rintintín. Por que non mellor preparar un molotov? Vou seguir coas presuposicións, Strawson e todo iso. A finde do 19-20 de setembro tocamos nun festival en Lariño e os Hellacopters están na Coruña. Agora tamén en spray. Escea do sofá (Os simpson)Atrunch! Estradacasa AsuisPersoa 1: Pero é que case é máis ajobiante desidir qué vas faser de comer que poñerte a faselo. A min ajóbiame moito. Persoa 2: Pero é fásil. Colles unha folla e apuntas todas as comidas que vas faser e despois sijes o que puxeches. Eu cando teña que faselo hei de faser así. Mira: Luns: espagueti. Martes: filete. Miércoles: espagueti. Jueves: filete. Viernes, sábado e domingo: tortilla. E despois? Luns: espagueti. Martes: filete. ... (Verídico) Aquí xa non vén estudar nin cristo. Onte case morre a praia. O mar case fagocita San Fransisco. Unha onda simblou cunha rapasa: estampouse contra a area-amolou a cadeira. Saiu da auga cunha teta por fóra, pero só o vin eu. A xente só a viu cando xa había tumulto. Viu unha ambulansia e a garda sivil (picoletos en acsión). Ensaiamos. Baixamos para botarlle un parchís que non foi a ningures. Gemma Mengual dáme igual. Dá igual. A tristeza vén e vai. A tristeza, mira, nena, tamén é cousa de dous. O misterio das camas é cómo se desfán. Voume para o desván. The future's uncertain And the end is always near. (Jim Morrison) Carallo! How are you? (Tío nativo americano-galego calvo dos xemes totalmente mamadérrimo) O tempo vai pasando. Álex (Raúl) rebenta o pé vindo para a praia e fai do seu calsetín unha compresa. Pena tamén non sabe cómo tamén se lastima, vaia. O resto viaxan ou non están estudan ou vanse. Non están, vaia. Soan os Doors. Eu estou vendo a vida marchar e a vida vir. Polo río abaixo vai unha troita de pé. Quen puiderala namorala... Vou mudar todo o que teño no emepetrés exactamente nun día e pico. Bolt as e Bolt as![]() Usain Bolt dá boltas cae de pé. Todo lo que te haga no ser tú te impedirá ser libre? O tempo convertiunos no que realmente quero e debo ser. Mándanme mensaxes que falan da independencia dos guiris, outros que me chaman PUTÓN con maiúsculas. Pero supoño que querían dicir PLUTÓN. Son un planeta. E Bolt é da Xamaica e o máis rápido e Zen Guerrilla tamén falan sobre iso. Aínda que xa hai tempo que Zen Guerrilla se separaron. Despois montaron un grupo todos os ex-membros a excepción do cantante, que era do mellor dos últimos doustrescatrocentos anos. Despois de Cristo. Cristo. De cristo en cristo. Usain Bolt. Sentimentos sensacións frías. A xente chora e todos berramos. As mulleres guindan pratos contra as fiestras. Os homes fuman petas e miran serios cando pasan as rapazas pola beira do mar. Varias xeracións de parvos facendo todos coma quen. Ninguén está no sitio. Todos temos unha idea precisa sobre o que máis ou menos pensamos que son os demáis. Teño confianza en que ás veces podo sentir ás frías sobre o meu corpo. Vivo feliz dende que sei que todo está no seu sitio. Podo falar con todo o mundo máis ou menos ben. Non sei manter unha conversa. Amado Nervo: En paz. Bos discos para un bo verán. Nunca. Mañá máis. Hoxe praia. Mañá máis. Venres comando-posiblemente. Terrorismo turístico. Saúde, mar de fondo e PLUTÓN LLIURE! Take it (Gluecifer)(...) Out on a rock I am stuck on a shock and I don’t want anyone to mend it Out on a rock I am stuck on a shock and I'm like a liar like a thief and a bandit (...) ConaChove CONA e estudar levar unha hostia na cabesa CONA poesía in course polo mal camiño CONA ultimamente cando chego á biblioteca entranme gañas de cagar e de botar un cagallón nalgures caca de verdade da que sae polo cu non estou a facer literatura agora. É dicir, entranme gañas de cagar, vaia. O que non cago na casa despois de tomar o meu café de microondas e as miñas torradas parece que quere saír ao estar na biblioteca/camiño da biblioteca. O frío da mañá. O conto de Muros este verán, entre outros, outros contos tamén, hai máis contos. O conto de Muros este verán é o de que no banquete realizado tras un casamento os invitados sorprenderon á noiva co seu cuñado facendo cousas CONA sospeitosas no cuarto de baño. Disque eran de Mazaricos/Masaricos. Aínda que non sei qué ten de atenuante. Hai pouco até escoitei que a tipa era de fóra do estado hespañol. Cousa estraña. Porque iso semella cousa de ratas hespañolas. CONA. O tema deu lugar a conversas e discusións tan interesantes (mellor interesantes que despois) como: quen ten máis culpa: a noiva que se lía co irmán do seu marido ou o irmán que se lía coa dona do seu irmán? Despois pouco máis. A xente chega a erguer a voz cando se tratan estes temas. Entrei na cociña para despedir antes de virme para a biblio e preguntei se estaba correndo/navegando/remando David Cal (unha de David, outra de area) e a miña avoa comezou a falar dun rapaz que se salvara de milagre no accidente de aviación que aconteceu onte en Hespaña. Despois xa non preguntei nada sobre David Cal. Non entendín o salto conversacional, pero vinme para a biblioteca a ter gañas de cagar e levar croques no caletre. Onte metín a man no peto e, como esquecera que levaba a chapa dos Süiss, case quedo sen dedo porque a agulla atravesouno case por completo (Samuel, menos conto!). E mañá Agus queda en Compostela e subimos unha pequena representación diplomática para ir de viños. Viño sen alcol. Café sen cafeína. Un avogado para o pelo? Unha canción con tres acordes, estamos? Onte CONA soou Nirvana no meu baixo emprestado. Se alguén vende un baixo, que mo faga saber e me faga unha especie de oferta/contraoferta. Vamos, que me diga un prezo, que se se aproxima ao euro, estarei en condicións de negociar. Meu avó chámalle centavos aos céntimos e mola. Os centavos e o meu avó. Persoa 1: Pero que dis?! Fliparías como toca case calquera músico de jazz! Persoa 2: Pero que fai a xente nos concertos de jazz? Vanse para adiante e que fan? Pogojazz? Onte botamos pachanga cos de Carballo e teñen como característica futebolística o SIMBLAMENTO. Se te asercas a menos de dous metros, de seguro que rematarás sapateado pola area/aljasos. CONA. Vou seguir co estudo. Actos de fala indirectos. Actos de falo indirectos. A historia da miña vida. Pim pam pum. A vinganza da cacaOh! Si! Hoxe puiden vir á biblioteca recencagado. As gañas de cagar que me entraban cando viña sempre para a biblio esvaecéronse antes de vir e puiden facer as miñas labores gástrico-drásticas tras ver a David Cal gañarlle unha de prata. O outro día vendíanas na prasa, así que non sei por qué tanto remar e tanta roupa axustada a corpos perfectamente moldeados polo exercicio aeróbico. Mentres cagaba, viume á mente esta cansión de Delinqüentes, que, hostia, case sempre se me acorda. Ai, meu gaiteiriño, inda macorda cando viña eu polo monte abaixo e víñasme ti cantando... Imos a Compos. Temos semi-preparado un comando da enoloxía bohemia de comezos de século para poder matar guiris a mangueirasos. Mata guiris e salva o pórtico (dá gloria!). Como as peras aos peros. Falar é barato. Talk is cheap. Iremos á praia antes de pirar? Pode. O acosador non descansa. O de sempre. Ninguén se dá conta que todo é o de sempre? Ou, polo menos, por aí vese o de sempre. Case nos mesmos termos. Non falo de termos de café. Onte lendo Buk (encasillado), escoitando ska-jazz, sapateado na cama no serán dos seráns despois de ter visto Body Shots (queriamos ver outra pero a peli empesou cun tipo mamadísimo mexando por riba da tapa e desidimos vela) e tamén agardando que entrase unha gaivota pola fiestra a montar unha festa que fantástica fantástica esta fiestra! Veleno negro. Veleno negro. Pero le o artigo escoitando a cansión. Como que xa coñeses a cansión? Que máis dá? Ía poñer unha foto dun merdolo para ilustrar o artigo, pero paso. Paso. Vou ir seguir co estudo da conversa. Ten coña que estude iso cando xa nin sei manter unha conversa. Por certo, estanme voltando as gañas de cagar. Todos son detalles bonitos. Sempre. E sempre son cousas tipo feridas. E tipo morder/arrincar. O xeme case queda sen pé polas pedras do Caldeirón. Pena ten un negrón á esquerda do embigo. E tamén hai botellas de viño. E teño un abridor que non é meu. Aluguer polo chan. Polo vento, polo aire. Lalalalá... 10 segundos. Hai xente que minte. Hai xente que di a verdade. E no medio, no medio só hai atletas da palabra. Halteras do pesimismo. Es que tienes una imagen de ti mismo que no sé... Quen sabe? Alguén sabe? Agus! Agus! Agus! Laguna Seca! Laguna Seca!!! Laguna Seca! Fixen unha promesa electoral. Estaría ben poder cumplila hoxe á tarde. Despois ir a Compostela a Orense/Fonda/Sande. Sen control. Usa os teus soños, non lles teñas respecto. Marcho. Vou escribirlle un libro enteiro. Transformando os momentos en recordos. Faux pas. Sigo con gañas de cagar. Bailo. Aiaiaiai... Bailar... Bailar... As palabras bonitas...![]() ... Igual que as mulleres bonitas Ler isto (Buk, claro) e caer na tranquilidade da tarde do domingo sobre a cama vestido e durmir 13 horas e pico (exactamente) e espertar na mesa da cociña e comer un par de pasteis de Dominga (pastelaría de Noia) e aparecer na biblioteca e esquecer todo aquilo que quería poñer no blogue. Cando volte-cando remate este verán, chegarei a Oleiros (nalgún momento terei que levar o meu sorriso a Oleiros) e farei a entrada co disco do verán. Quero facelo. Teño cómo facelo. Así que igual non o fago. Pero penso que se pode. En goear falta a canción que me cansei de cantar esta finde. Samuel, esas son cansións das túas... Este verán morreu a cinta do carro de conectar o emepetrés e deixei de montar en carro porque total xa me diredes para qué o collo se non podo escoitar Skárnio a todo trapo indo sumamente de relax amodiño sen présa porque non nos agardan en ningures. Que a túa voz sexa disparo Até o de agora esta última sentencia vén sendo o meu manual vital o único ao que parece que fago caso pero non quero deixar esta vida polo inmenso mar e a fría terra estrágame a vida os superheroes sono porque salvan a terra e non porque salven o mar e se na terra hai máis mar que terra de que estamos a falar se a terra tamén separa mares e non é o mar o que separa terras. Só hai unha terra e só hai catro mares. Na túa vida tamén hai catro mares. E unha terra. Acabo de subir ao goear un tema (non o que me cansei de cantar esta finde, furros!), mais si un dos temas do verán. Case o tema do verán. Se vemos que nel di algo do que remato de falar no artigo. Isto é para que aprecedes os saltos temporais que se dan mentres un muradán cun cráneo do tamaño de San Marino escribe nunha biblioteca un luns a iso das 11 e pico exactamente. Canta, canta, compañeiro, que a túa voz sexa disparo. Á xente váiselle moito e quere facer de ti un trapo e di que dis cousas que non son pero resulta que tamén hai xente que non é e que che quere roubar roupa/tempo. Mais non pasa nada. Soa Skárnio. Non hai problema. Nunca hai problema. Tirarse na cama do revés. Tres ventos e tres velas. Esta é a festa do meu pobo. A praia está sempre tan bonita cando pasa ela e (que se entere o mundo enteiro papapapapá...) non se mete na auga porque está feita de algo diferente. Chega a revolución! Calando, berras. Berrando, fas. Facendo, desfás. Morte que a de tornar en vida. Cuba, Bolivia, Venezuela, Muíño do Vento, San Francisco. Quedan menos días, canta, canta, compañeiro, que a túa voz sexa disparo. Foi curioso, polo menos aos meus e aos ollos dalgún dos meus compañeiros de camiños, que esquecese algo da semana pasada pero así foi e faise raro e falo de quen calando berra respeito para esta terra que tanto suportou sociedade esquecida sociedade sen voz. Noites de goraetarrismopasteloso. Noites de secostros temporais-case sempre. Noites de tirarnos dos sofá-ombreiro ao carallo. Noites de lixo orgánico. Noites de cervexa. Noites de koalas. Noites de xogos con celebridades de andar por casa. Noites de pantalón curto. Noites do can de Sumatra. Noites de trabar sempre trabando. Noites de este o rapaz que sempre me di cousas en inglés, digo, en galego. Noites de fame, miseria e xenocidio. Noites do revés. Noites sen tanta anáfora. Noites de hai que irlle a comer á praia algún día. Noites de estou toleando xa con tanta beira de mar e tanta historia. Noites de que esa promesa electoral vouna ter que cumprir si ou si ou o inverno antóllase longo, ouieah. Xa non buscamos xustiza. Tres ventos e tres velas. Motor ao carallo, beibe. Non teño uns lentes de dolchejabana. Faltaría! Estou en paz con case todo. E co que non estou en paz esta é a festa do teu pobo, pobo bolivariano. Tamén penso que non se me entende ben (parece mentira a estas alturas) ou que se me entenden cousas que non están. Dá gusto ler cousas así. Aserrín. Aserrán. Cos alicerces para ter todo no sitio xusto. Esta noite -coas miñas trece horas e pico exactas de soños- demostrou que todo está ben. Co meu Fiat histórico/histérico ao que sube quen queira e quen colla. E despois aceptamos as invitacións que queiramos. As que queiramos. Que ben durmín hoxe! Vou facer algo. Canta, canta, compañeiro, que a túa voz sexa disparo. Canta, canta, compañeiro, que a túa voz sexa disparo. Canta, canta, compañeiro, que a túa voz sexa disparo. As palabras bonitas, como as mulleres bonitas e como todas historias bonitas, enrúganse e morren. (Versiono) Esta é a festa do noso pobo. O pobo do imbécil. Hoxe praia. Esta semana pode estar ben. Este é o silencio de quen cala. E calando, berro. E calando, berro. Inda que igual cho digo todo. Ou cho canto. Canta, canta, compañeiro, que a túa voz sexa disparo. Promesa electoralCumprida. Everybody ding, everybody dong La cárcel de la chica.Cristo de filme que terán proximamente nas carteleiras de todo o país e parte de Hespaña. Protagonizada por unha faneca brava e un vendedor ambulante chamado El Saquino. Cumprimos promesas electorais sen necesidade de billetes. E como a canción do mono que canto eu seguido. As fanecas comen á xente. E vou saudar a Paula, que antes de que nos vexamos xa sabe a metade do que me pasa. Ola, Pau! Quei comemos onte! E ao chegar a casa inda rematei coa ensalada de pasta chambona que fixen. Ás nove e media xa estaba sapateado na cama sobando. Cristos. Actos réticos? I do, I do, I do... Pau, escoitarás a cansión que vou pór despois. Aínda mola. Everybody ding, everybody dong, everybody singing the monkey song... Cumprindo promesas electorais a golpe de pedal. Me estoy volviendo loco-poco-a-poco. Soñei que suspendía unha de Nodar. Grande, grande! Grande! Gol! Esto está de puta madre! (Que diría o pai de Álex) Carallo, how are you? Monkey, monkey, monkey... Imos facer un filme e vos ídelo ver. Ao loro. Mamá... Falta mucho??? Mamá... O dito. Like I do... Día 30, concerto Süiss e Metralla.22:30. 30 de agosto. Pozo do Cachón. Baño. Muros. Estades todos convidados. Himno móbilQue din os rumorosos? Que din? Hostia-puta! Merda de cobertura! En Plan 105![]() En plan ding dong. Everybody ding, everybody dong, everybody singing the monkey song Like I do, I do, I do Everybody dong, everybody ding, monkey boy doing the monkey thing Like I do, I do, I do. Non aprendoEstou en casa de Roque-Luxy. Non aprendo. O próximo día vou dereito eu soíño para a praia. Roque dúchase antes de ir á praia. Nunca o entenderei. Escoito un grupo polaco que canta en esperanto. Flipo. |
Archivos
TemasEnlaces
|