![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2008. Balazalak (Fermín Muguruza)Están a chover cascos de bala, como en cámara lenta Unha hora moi moi longa nun ano moi moi longo e unha sombra moi moi fría para un día moi moi frío cos ollos moi moi quietiños![]() O pistoletazo de saída cara a derrota ten asumido xa hai ben tempo que todos imos acabar mesturados no seu estourido. Temos soterrados debaixo de cada meixela os milleiros bicos que nos foron dando ao longo de todas aquelas mentiras, nada que ver coas amargas resacas atados ao silencio da esperanza. A esperanza que está a nos agardar. A dor non lle crebará o pulso á esperanza. No mercado de almas non valo un peso. Collámolo. Na rúa hai ladróns, asasinos e soles que camiñan fitando o chan. Chove e escoitamos á-xente-berrar sobre todo en todo momento. Alguén nos sinalou hai moito tempo facendo que a súa man era unha pistola. Nunca tememos por nada. Era eu. Apunteite cunha pistola que era a miña man. Non existe o medo. Non hai dor. Hoxe é hoxe e sempre será hoxe. Matei a dor. A dor non lle crebará o pulso á esperanza. A dor nin rozará o pulso da esperanza. Unha hora moi moi longa nun ano moi moi longo e unha sombra moi moi fría para un día moi moi frío... Os ollos están quietiños mirando na dirección axeitada. O corazón non latexa... Treme! En Plan 111En plan próxima estación: esperanza. Mantenga velocidad y rumbo... Como a música en francés...![]() Sei que onte á tarde botei unha sesta na que non durmín, porque non sei se soñei. E despois -yo vengo del hoyoyoyo...- curtei o pelo até o estremo de non poder disimular xa a cara de MAMÓN que gasto. Entradas para poder exportar a outros países ou comunidades autónomas vidas a menos. Antes de curtar o pelo -romper pelo- probei co dedo índice da man esquerda... É curioso como un muradán desterrado pode chegar a empregar unha pequena tesoira para curtar a pel que une unha unlla ao resto do dedo até o punto de poder ir arrincando a pel mentres saen gotas enormes de maldade (pus). Botar alcol e auga osixenada até que o dedo pida clemencia. Non lin nada máis que un relato de Buk collido ao azar -aleatorio: random select- porque supoño que non estaba para nada novo. Supoño, moito supoño hoxe, que isto era aquilo de que estaba baleiro. Imaxínome a toda California bailando detrás de catro persoas coma nós mentres oitocentas gaivotas disfrazadas de James Joyce berran lemas iconoclastas. Subir ao bus hoxe. Hoxe sorrín no bus. Porque vas vendo á xente. E se ves un accidente na rotonda que hai ao remate da Ponte Pasaxe e un dos coches, que está rebentadísimo, leva pintado nun lateral Recogemos todo tipo de chatarra... Pois sabes verlle o lado cómico/salvaxe da vida. E ves un rapaciño subido ao lombo dun home que corre pola rúa... O rapaciño divírtese. Sorrís. Soa música francesa. Igual todo reside na música francesa, porque non a comprendes... Pero que che transmite todo o que precisas. E é aí cando te dás conta de que non precisas -para nada- comprender aquilo que vai pasando. O vento vén. O vento vai. Este venres -en principio- imos a Coimbra. Se atopo un barrio que se chame São Lucas, quédome a vivir alí. Subirei a 7 muradáns a un piso de portugueses e pecharase un círculo aberto xa hai moito tempo. A miña mente -o que queda dela- sentirase satisfeita por primeira vez na vida e implosionará soltando luceciñas de cores verdes e vermellas. Este venres/sexta-feira imos a Coimbra. E farei anos -o luns- en Portugal. Alí andivo o Zeca Afonso. Moitos anos dando noxo polo mundo adiante e rindo de todo. Un profesor dixo hoxe nunha aula, creo que citando a alguén, que a literatura é unha mentira verdadeira. Apunteino no folio no que estaba a tomar apuntamentos. Ao carón, puxen o amor é unha mentira verdadeira. Non sei por qué o puxen, nin qué significa. É como a música en francés. Mayombe (Pepetela)![]() Trago em mim o inconciliável e é este o meu motor. Num universo de sim ou não, branco ou negro, eu represento o talvez. Talvez é não para quem quer ouvir sim e significa sim para quem espera ouvir não. A culpa será minha se os homens exigem a pureza e recusam as combinações? Sou eu que devo tornar-me em sim ou em não? Ou são os homens que devem aceitar o talvez? É como o de que pintaron o teito da estación de buses...![]() E o asunto de que pensas que é mellor escoitar a música do emepetrés algo baixa para non quedar xordo, mais as bobadas que se oen nos urbanos fan que subas a máis non poder o volume do ska italiano. Ás veces -só ás veces- deberíamos bailar en troques de falar. E só escoitar música. A renúncia impossível. Negação (Agostinho Neto)![]() Não creio em mim Como ao coller un cartón de leite que pensabas cheo, mais que estaba baleiro![]() Así é como se sinte un ao baixar por unhas escaleiras mecánicas que están paradas. A maioría da xente está mirando á cámara![]() Mais non sorrí con todo o corpo. Están tristes. Eu tiña outro recordo. Noxo de tempo nos tocou vivir... Que alguén me diga ás claras...![]() ... Se os leóns saben de fronteiras. -rapaz, ti vas chegar lonxe- Próxima estação![]() França. Paragens: Coimbra, Brazil, Angola, Hungría.
-como um anandengue perdido no musseque- Si, teño que facelo![]() Vou matar a Moe. Déjà visité
Pois acaba de pasarme algo así. O presentimento de coñecer xa esta viaxe a Coimbra -coñecer a viaxe, ollo. E, se xunto isto cos soños de accidentes de tráfico de hai uns días, a combinación gañadora é rematar esnafrados nunha cidade que xa coñecía sen sabelo. Nunha estrada lusa, vaia. Hoxe -seino- non soñei con nada -ou non o lembro, que a todos os efectos é o mesmo. E iso que teño soñado xa moitas cousas até agora. Os mellores poetas son guerrilleiros e catro persoas máis. -Blablablablablablablablablablablablablablablablablabla...- A vida é ir perdendo sempre. Perder moi alto. Unha entrada longa e doce antes de me despedir![]() Unha entrada longa e doce e que pode chegar a ser o seu neste momento desta tarde na que ninguén me viu a saudar...
(Gordo berrando dende á rúa á xanela do meu cuarto) -Samuuu... Que, meu? A que andas? -Nada, tío. Aquí. Fasendo entradas cada dous por tres polo sinxelo praser de tirar o tempo. -E que bebes? -Pois unha Mahou Clásica. Non penses que me presta moitísimo.
E así vai pasando o tempo. Un vai pasando o tempo nestas e noutras perdas de tempo -tautoloxía impropia deste tempo. Mañá, é certo, marchamos a Coimbra, e teño os peores planos para esta viaxe. Teño os peores planos e non quero estar preto de ningún toxiño. Agardo ser detido, levado a unha especie de comisaría na cal me poña tolo por non ter o meu cacharriño para as lentes de contacto. As miñas amantes saben que me raio moito coas lentes de contacto. Teño cero tacto para levar o tema das miñas lentes de contacto. Foxtrot. O meu aniversario (o luns) será, por primeira vez, fóra do país. E tamén fóra do estado. E da consciencia, agardo. Que ninguén me felicite vía móbil -se alguén o tiña pensado- por iso das tarifoideas e os roubos do señor Vodafone. Como sempre que un ten aniversario de algo -este é do parto- ten de se pór a revisar o pasado. Agora estou nunha época de stop. Seino. Xa virán épocas mellores. Teño confianza, aínda que ás veces o medo e o vento frío fagan das súas. Separar o corpo da mente. E un mira atrás, mira o presente e ve como a xente o vai deixando de lado. A un lado. O típico, non lle serves/sirves a ninguén. No Cal Pita (paso a metade do meu tempo esperto nun autobús, normal que me dea por grandes reflexións alí metido) dinme conta de que me teño atopado con moi moi boa xente e que a teño fodido moi moi grandiosamente con esta. Téñolle feito dano a moita xente. E á que non lle teño feito dano... Será porque aínda non me deu na volta. O vento vén. O vento vai. 24 anos vou facer... Manda truco! E xa me din conta de que nada vai mudar as cousas. A xente que cre na política é como a xente que cre en deus. Xa me teño dado conta de que a xente é o peor e que as persoas son o único que nos poderá salvar. Teño escrito xa mil tonterías. Teño dito cin-cuen-ta-mi-llóns de parvadas ao día e disparado 200 palabras por minuto. Como se un AK-47 bucal/oral me guiase. E só van quedando as apertas e algún -poucos- bicos. A vida vai pedindo papas e a Mahou Clásica vai pedindo papas. A vida é menos que unha Mahou Clásica. Gusto da caña de Estrella. Algún día marcharei da Península e será entón, e só entón, cando estea por fin comigo mesmo. E cando, na aduana dalgunha ex-república capitalista/maoísta me deteñan por ir cos petos cheos de balas, sinalarei a cada unha das miñas pupilas e falareilles do Illa de Sumatra, dos Kenodí?!, do banco de Pepita, de Montelouro, da casa de miña tía, do meu cuarto en Muíño do Vento, da Churra, da parte de atrás do Xeixo, de San Francisco, dos parques de Oleiros, da estación de buses, da facultade de Filoloxía, do Avante, do piso de Romero Donallo, de Villarrobledo, dos Castromiles, do meu cuarto de Oleiros, de Riazor, do campo do Campestre, da cando vivía na Rúa Real de Muros, da Capitol, do Curro da Praza, dos Süiss, do ska, do sexo, do chocolate con leite, dos amigos, da familia, da música toda en todo momento, de Bukowski, de Reixa, dun loitador que se chamaba Sputnik Monroe, das mulleres que deixan cicatriz, de Panero, de Hakim Bey, de Calamaro, do Neira Vilas, do campo de canastra no Rabadeira, da SNES, do Raeiros, do vodka, da cervexa, do viño tinto, do sofá con Lema, das comidas con Hora 14 de fondo, da derrota, das chamadas, dos soños repetidos, das raiadas, dos emepetreses, da resaca, dos magostos da miña facultade, de todo o que non pasou, de todas as veces que fun ao médico, de como me odia a xente, de como me quixo a xente que me quixo, das filloas de Ramona de Luísa de Noia, de París encachoado, da miña irmá, da praia de Boiro, de como doe a morte, de como doe a vida e o amor, do portugués que me berraba ao conducir, de unha e cada unha das veces que nos bañamos en bólas, do corsita de Pena, dos maratóns de Fe, de como me aceptou a xente tal e como era, de que non se pode estar canso estando vivo e que cada momento había que vivilo, de que se permitía que se me escapase un único día, non podería recuperalo. Non vou perder. A esperanza témola todos e cada un no fondo dos ollos e se sorrimos é porque estamos xuntos. Non imos perder. A velocidade do son. O movemento. Dende o cumio do ceo até o bico dos nosos pés. Non imos perder. Seguimos con nós mesmos. O corazón manda. Nós obedecemos. Coimbrarrobledo![]() Criollitos, debe abandonar la casa: la audiencia. Boas, que lo? Xa estamos de volta da viaxe-odisea por Coimbra. Até este momento non fixen unha entrada sobre o asunto porque a febre e o malestar xeral me impedían ligar catro palabras seguidas, mais parece que agora teño algo de marxe para a escrita. Pois fóronvos uns días xeniais nos que durmir malamente e nos que o papel de limpar as caquiñas ían a unha bolsa. A viaxe, propiamente dita, foi bastante curiosa. Tanto na variante ir-para-alá, con Pena collendo as saídas da autoestrada fatalmente, como na variante veña-para-casa cos tres do coche feitos unha caca entre febres, tusidos e conxestións vitais. Coimbra como cidade é un sitio sumamente decadente pero cun encanto brutal (butral, me gavó una caviota). Costas indecentes por todos lados (filha de puta de subida!), as repúblicas (quizáis do máis flipante do que vimos) e as distintas facultades. Comer por 2'15. Aparecer nunha sala de concertos e que nos dean de cear en medio-minuto improvisando unha mesa (corolario: beber unha botella de viño branco en 10 minutos!). Centenario da república dos Kágados: concertos nun cuarto, beber viño tinto con caña, Albert caendo polas escaleiras... ¡Tetas-tetas-tetas azules! ¡Cómo me gustan las tetas azules! Festa brasileira no Tapas... Comezar a viaxe nun sitio espectacular.Fran bailando mentres lle cantamos, hahaha! E despois pisamos-cuello ao Harry Potter. Que nos boten do Noites Longas non ten importancia. Bah... Mais agora vas durmir no corredor e ímoste nominar todos! María José: a mellor gata do universo? Iso din. E total, non bebemos tanto... Só tivemos dúas mans na vez. E tamén momentos de chorar rindo, rir chorando e viceversa. Esta xente é o mellor. Sobacón. Non sei... Mil cousas... Pero todo queda resumido no mellor que escoitei en moito-moito tempo... Non somos seres humanos cunha experiencia divina. Somos seres divinos cunha experiencia humana. Conversa telefónica![]() (Teléfono dando ton) Empregado nº 1: XXXXX? (Fragmento en sueco e inintelixible) Samo: Boas, xa chamei máis veses. Pódeme poñer co empleao que fala galego? Empregado nº 1: XXXXX! (Blasfema en sueco) (Empregado nº1 pasa teléfono a Empregado nº2) Empregado nº 2: Diga? Samo: Que lo? Es o mesmo que o da outra ves? Empregado nº 2: Son. Que era? Samo: Chamaba para faser outro encargo... Empregado nº 2: Outro? Pero cantos levas neste último mes? Tantas cousas necesitas, meu? Samo: Non. Se non é para min... Dá igual. Mira, ti podes apuntarme o que che vou pedir? Empregado nº 2: Si, home, si. (Escoitase coller un caderno) Pero escoita... Por que sempre chamas a Suecia e non chamas a un Ikea da Península? Digo porque eu aquí estou a turnos e non sei se che cadrará máis veces de pillarme por aquí, que non se se me renovarán... Samo: Pois non sei. Paréseme máis guay chamar a Suesia para faser os encargos. Manolo, Manolo, que vienen las suecas! (Pronunciado con estilo José Luis López Vázquez) Empregado nº 2: Que dis das suecas? Samo: Nada, déixao... A ver, tómasme nota? Empregado nº 2: Si, veña. Samo: A ver... Para empesar... Outro pulmón... Pero máis grande que o último que mandaches... De feito, mellor mándame dous. Empregado nº 2: (Mentres apunta) 2 pulmóns modelo "Sobreviviré"... Si... Que máis? Samo: Unha cadeira... E non digo unha silla, digo unha cadeira. Empregado nº 2: Vale. Máis? Samo: Xa postos... Un arnés para a cama que se poida atar no teito... Unhas alas... Empregado nº 2: De cales? Samo: Como de cales? Empregado nº 2: Claro, de cales? Temos de Anxo, de Cazabombardeiro, de Galiña Maoísta... Samo: E de Colibrí? Empregado nº 2: Non sei, miro e se iso dígoche despois, vale? Samo: Vale... De Colibrí molaba, por iso das inxestas de asúcar... Empregado nº 2: Ein? Samo: Nada... A ver... Pulmóns, cadeira, arnés, alas... Empregado nº 2: Iso que soa son Los Delincuentes? Samo: Son. Por? Empregado nº 2: Nada, había tempo que non escoitaba ese tema... Samo: Eu tamén, a verdade... Empregado nº 2: Bueno, que? Algo máis? Samo: De momento non... Creo que me olvido dalgo... Pero se iso xa che chamo despois... Para cando teríamos iso? Empregado nº 2: Pois para o 17... Supoño... Samo: Oh! Non me fastidies! (A adaptación fíxenos empregar o termo "fastidies" en lugar do termo orixinal, moito máis malsoante) Pero eu quería telo aquí para o 15! Empregado nº 2: Pódocho ter aí para o 15, pero será como un favorazo, sabes? E para que tanta présa? Samo: Nada, nada. É para unha sorpresa. De feito, pódesmo mandar todo envolto para regalo? Empregado nº 2: Vas regalar uns pulmóns? Samo: Xa ves. Empregado nº 2: En fin... Pois xa está. Como xa teño os teus datos xa nada máis... Ah! Unha cousa, que tal o Dépor? Samo: Está en boa racha. A ver se pasa á seguinte fase da UEFA, pero eu que sei... Con dicirche que o líder do equipo está sendo Verdú. Empregado nº 2: Verdú? O mundo toleou. Samo: Si, toleou. Veña, graciñas por todo. Empregado nº 2: Nada. Ata logo! Samo: Ata despois. (Samo colga) (Empregado nº 2 non colga e mira o teléfono mentres di...) Empregado nº 2: "Ata despois?"... Por dios... Xente nova... (Empregado nº 2 colga) I am a pop sensation![]() Corre, plátano!
-Yvan eht nioj- Dime![]() Canto tempo pasará até que perdas todo?
-un momento de silencio- As nais e a súa sabiduría![]() Se eras pequeno e chorabas, a nai dicía: Chora, chora, que así mexas menos. As nais, a tristeza e o mexo. Mintes, Marajato![]() Quen o matou? VamosE agora que? Pastel de mazáO tempo fixo de nós todo o que dixemos que ía facer. -Señorita Rodríguez! Miguel & Cía. costabaixosenfreos. -Pero, ¿os conocéis? Pues es un gran conversador. Gran conversador... Manda truco... Pasteis de mazá. -Ese tío faltoume en dúas vertientes. Unha: gora eta. Dúas. subnormal. Bofetadas. -Empezando por g... Animal reptante que matamos para saciar a fame... -Galo. O cedé regrabable soando como raiado. Dá igual. Escóitome o disco de Black Rebel Motorcycle Club como se o lavara con pedras. Non fago nada por deixar de escoitar un disco que se atranca. -Lambe o senisero. Demasiado tocacollóns racista. A lentitude da percepción. Alentituuuuuuuuudedapercepción. Que pase o frío e que todos o vexamos! Paz! Non somos persoas![]() Somos rúas. Teño uns amigos que se chaman Streetlight Manifesto a si mesmos. E outro que se chama Sem Medo. Isso é o que me enraivece. Queremos transformar o mundo e somos incapazes de nos transformar a nós próprios. Queremos ser livres, fazer a nossa vontade, e a todo o momento arranjamos desculpas para reprimir os nossos desejos. E o pior é que nos convencemos com as nossas próprias desculpas, deixamos de ser lúcidos. Só covardia. É medo de nos enfrentarmos, é um medo que nos ficou dos tempos em que temíamos Deus, ou o pai ou o profesor, é sempre o mesmo agente repressivo. Somos uns alienados. O escravo era totalmente alienado. Nós somos piores, porque nos alienamos a nós próprios. Há correntes que já se quebraram mas continuamos a transportá-las connosco, por medo de as deixarmos fora e depois sentirmos nus. Imos paseando. Somos rúas. Cousas imposibles. A felicidade non é da nosa clase, nin do noso estilo, nin da nosa forma. Somos uns alienados. E que? Grande loita a nosa. É sempre así. Somos rúas. Imposible. Pensamento matutino![]() Non confundir con pensamento Matutano, que iso ten moita graxa saturada. Pois na estación de autobús, hai un rato, cheguei a ter a certeza de que todos os que somos míticos de tan insigne lugar acabaremos un día, todos xuntos, nun especial de El Diario de Patricia (agora só El Diario) contando as nosas baixezas. Feito no que se apoiarán os donos de coches (dende Renault até BMW) para rirse (aínda) máis de nós. Claro, despois subes ao bus e ves que está aí o novo buseiro, que ten uns pelos alborotados... Un busero ye-yé? A verdade, o novo buseiro deume a sensación dende un principio de estar totalmente de modo eventual no seu posto. Creo que é un guitarrista dun destes super-grupos que ao final non tirou para adiante. Imaxínomo facendo solos en modo Judas Priest ou o peor Eddie Van Halen. Pois este busero corre a toda hostia. De feito, na rotonda de antes do Canalejo, case se baixa a toda a congregación de señoras de pelo cardado, porque fixo o amago (a conciencia) de comerse un coche de autoescola. Claro, un minisector de vellas optou -por primeira vez dende que están á nosa disposición nestes busiños- por empregar os cintos de seguridade. A primeira púxoo nun viravira, mais á outra atragantóuselle durante toda a viaxe. De feito, en todo o tempo que durou o traxecto -e había obras á altura do Teleclube de Montrove- non foi quen de conectar co enganche, co cal foi agarrada ao cinto sen enganchar como un acto de fe na seguridade que iso conlevaba. Muller maior que agarda salvar a súa vida agarrada a un cinto sen enganchar. Delicioso. O buseiro novo, todo sexa dito, é un rebelde sen causa. Só así se entende que, no atasco provocado polas obras que comentei antes e tendo xusto diante a unha patrulla de tráfico, se poña a falar polo móbil. A vida, amigos e amigas, cabe xusto nun Cal Pita e no pelo cardado das mulleres que nel viven. Amén. Plan para este nadal![]() 1.- Roubar graxa humana. 2.- Facer xabón con ela. 3.- Meter todo o xabón fabricado nunha bañeira. 4.- Abrir as billas e encher a bañeira de auga. 5.- Bailar ao carón da bañeira. 6.- Deixarse de chorradas e traballar algo. Bala perdida![]() Hoxe tiven da orde de tres millóns de ideas para tres millóns de escritos e cada unha desas ideas era un chisquiño máis fraude que a anterior.
Non funciona o goear e non podo poñer aquí a canción coa que me levo soterrando dende as dúas e media -máis ou menos. -mi sangre de la herida- Pensei en Exipto grazas a un caboverdiano. Todas as isoglosas do mundo pasan por Guinea-Bissau. Blanco Amor -como dixo Bukowski de Lorca- chupaba polla. O Opus Dei continúa a existir. -sube sube sube- Unha señora lendo o xornal no autobús. Leo os titulares. Penso que lle molesta que lea os titulares porque comeza a ler o xornal dun xeito que non me permite ler o escrito. Agardo que me diga algo. Estou pensando xa o que lle vou dicir. Mais non me mira. De seguro que son imaxinacións miñas. O típico son que fai a porta do autobús ao abrir e pechar -sssshhhh...- mantense tempo de máis e o condutor para, para ver qué pasa. Nese momento tres coches que van diante sincronizan de xeito perfecto os seus movementos ao son da música que escoito. -mi última ilusión- É a nosa vida. É como unha droga. -it’s my life- Quero devolver a vida á muller que se suicidou hoxe tirándose ás vías do tren. Sacrificarei un gato negro e terei outro branco ao lado. O negro para chamar aos deuses ao outro lado e o branco para indicar a ónde se teñen que dirixir. Terei que bicar a esa muller en tres partes. Na boca, no pé esquerdo e, por último, nun lugar que escolla un escriba. -mi vida...- Pedín un 13 e esculpíronme un 31. Non volvo facer un transplante cun corazón de pedra. Corazón de pedra estúpido. -lucerito sin vela- A vida era algo así. Dixo un papahostias que a vida é soltar lastre. A vida é droga. Engancha. E mata. E faite sentir vivo. -no quiero que te vayas cada día más y más- A vida é droga. Como calquera e como todas as boas drogas. A vida é droga. Son unha bala perdida. Pola rúa. Son rúa. Son bala perdida pola rúa e son a propia rúa. A vida é droga. Ketamina, cocaína, heroína... -mi último refugio- A felicidade mídese en ollos húmidos. A vida é droga cos ollos húmidos. Se escoito esta canción estou paseando por min mesmo -son rúa- e vou rodeado de 13 millóns de persoas que chocan contra min e que saben, ao igual que eu mesmo, que non importa chocar se se teñen os ollos húmidos. -por la gran vía- A vida é droga. Estamos sos. Somos nós mesmos. A vida é droga. Lembrade. Heroína, ketamina, cocaína... E outras cousas que terminan en -ina. En Plan 112En plan león de ouro. Hoxe sáese na Coruña. En Plan 113![]() En plan roubado. Todo vai estar ben![]() Novamente, vacacións... -Samu, telos cadrados. Como se non vivises de vacacións todo o ano! Ben, vale. Ultimamente non estou destacando pola miñas escapadas do mundo do ocio, ao que me manteño fiel e leal, mais agora toca o típico período de irlle a Muros (se acado ir hoxe até alí) a pasar frío, comer de máis, beber de máis, conversar de menos, facer reconto anual, xogar ao fútbol (punkbol) ler e botar de menos (mellor dito, algo mellor que botar de menos). O xoves tiven/tivemos unha das noites, sen dúbida, máis raras en moito tempo. Se sinxelamente sinalamos que acabamos ás 11:30 na comisaría de policía denunciando o roubo da miña carteira... Pois xa vos facedes unha idea. Case-atropelos, papel de wc na mesa do policía que nos atendeu e que case mete a denuncia na estufa... Mais, non focalicemos no negativo, amigos e amigas da felicidade insurrecta. Noite xenial. SEMUS er servisio de movilidá urgenteh... Dustin Hoffman ou Colin Farrel? Imos para Muros (soñei que escribiras algo sobre os muros) e lembro a todos que o día 3 de xaneiro, no pozo do Cachón (por diante do instituto de Baño, ao lado do río Valdexería), está previsto un concerto de Süiss con Metralla. Agardamos que veñades todos e todas. Prometemos desnudos parciais, reparto de billetes de cinco euros e lambidas de embigo masivas e incoherentes. Imos para Muros. Lévome aos Yeah Yeah Yeahs. Todo vai estar ben. A vidaNa vida hai que ter ilusión, tirar para diante e beber sempre un pouco máis. Perder a cabezaÁs veces perdo a cabeza cada vez que te me vas acercando. Seguimos en Muros resistindo choiva-frío-enfermidades e soidade. Chorar está valorado de máis. Temos que pór os pés na terra e na lama. Cando chove a terra é lama. Ás veces perdo a cabeza cada vez que te me vas acercando, mais despois pásaseme. É sinxelo se simplemente temos en conta que paso a maior parte do meu tempo so. A soas co mundo. A soas co mundo e co frío. Literatura de Cabo Verde, un dos sitio realmente menos verdes da terra. Benvidos ao paraíso. Remata o 2008. E os anos dan igual. Imos quedando menos. Imos tendo máis vertixe porque cada hostia que vai pechando vai deixando cicatriz. E algunha vez escoitamos que as cicatrices sabían salgado. Non saben salgado, nin son doces. Son cicatrices. E que é a alma? E pasou o ano pensando o que sería mellor, aceptando as hostias, repartindo anaquiños cuadriculados de lama da que quedaba debaixo dos ollos e eramos benvidos ao paraíso. Imos traballando, imos tirando. Bebemos e voltamos a escribir. Escoitei cousa de 13.013 veces Gold Lion, Piccolo lupo, Bolívar, Put me on a plate... Hai -si, aínda hai xente- xente que di que non morrería se me quedase sen música, mais, amigos e amigas, vós máis eu sabemos de verdade das boas que é así. A xente vai entrando na túa vida sen perder de vista a porta de saída. E a xente entra e sae. E ti quedas nun sitio que, por non ter, non ten nin sofá. E segues agardando a vida. O ano que vén será mellor! -hostias- O ano que vén será mellor porque traerá máis música, máis decepcións e algún que outro poema que non coñecías. Chega o remate do ano e non sei ónde o pasarei e, sinceramente, xa me importa un carallo. As cousas que importan son outras. Cada noite é a mesma, tan só mudan os borrachos. E os borrachos que non mudan fan de cada noite un saquiño maior de merda. Ás veces perdo a cabeza cando te me vas acercando. E téñote tanto medo e tantas gañas que durmo cada noite cun león ao lado e cun sorriso de imbécil como se non fose realmente todo o imbécil que son. Haise que deixar ir. Botarse a perder sempre. Perder sempre. Derrotar sempre como unha vitoria constante e dura. Non sabemos xa de qué falar. Sad & Lonely, mais co sorriso imbécil do que se viu derrotado tantas veces por vontade propia que, unha vez perdida a cabeza, só resta escoitar Samesugas vivindo a vida que nos tocou e que nós mesmo escollemos. O corazón manda. Nós obedecemos. Temos vertixe. O corazón manda. Perdo a cabeza cada vez que te me vas acercando e cada vez que non estás. |
Archivos
TemasEnlaces
|