Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2008.

De jardas sivís e outros terreos

20080101204733-grito1.jpg

Ano novo, amijos e amijas da xerontofilia en parques infantís.

-Pulsa en PLAY e vai escoitando isto mentres les o artigo, meu e miña. E entra nesta páxina co puto MOZILLA FIREFOX-

Sábado fomos a conserto dos Süiss no Cachón. Os temas novos están de putísima, sejundo a miña opinión.

Despois resaca. Sempre. Vimos Corre, Lola, corre en cas Roque (en cas Lutxi), con Roque. Non me molou o final ñoño que ten. Ñoño rimaría con cona? Cona con cona? Cona cona cona cona cona cona con pene? Que pene... Antonio Pena lo mataron, era un defensor y un ángel de toda la Amasonía.

O sábado pola tarde, trivial e póquer (ful de negros chinos) en cas Fe con Pau en plena tolemia.

Fe no trivial:

Prejunta: En que grupo cantaba Martirio Libertad sin ira?

Fe aventurándose: Martirio y las incondicionales.

LunsPROenCASagus MANTIÑAeSOFÁcoaREPÚBLICAchecaCOMÉMONOSaCACAalíBEBENcocakoller.

Pola noite-nuite: Sea. E ei, xojamos ás pelis. A mamá váiselle a pelota.

Tomamos as uvas (DONG!) e a pequena empesa o ano dobrando. POTEA AS UVAS. POETA, AS UVAS!

Licor café en cas LUTXI-ROQUE-BERNARDINO/saurio/.

Imos á Churra. Dous Bocks por cabesa (Raeiros non empesa o ano acompañándonos).

Jose Juan, Jose Juan... Jose Juan, te quierooo...

Louro. Eh. jreñas! Jreñas! Jreñas!

Call me "ZORRA".

- Inciso teatral e dramático: Voy a echarme esta noche por la calle a correr para ver si los perros lamen mis heridas -

Momento apoteósico no Xeixo soando Sabina. Momento tan fodidamente intenso que ese momento desmontoume TODO-TODO-TODO-TODO...

Ese momento tívoo TODO. (poñer un termo en negriña implica unha intensidade maior, se cabe)

Imos para Muros con un jarda sivil de Lira resén saído do forno que está destinado en Salou. Menudo crack!

Vianda-Churros-Semáforo!

Imos en cas ROQUE-LUTXI.

Menú:

-Pasta con mexillóns de lata.
-Marjarina.
-Kiwis.
-Jaseosa con turrón dentro.

En fin.

Felís ano a todo e unha aperta para a maioría de vós.

Saúde!

01/01/2008 20:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

01.01.08. 07:48

só necesito tres instantes
para dicir que quero fusilarme aos teus pés
berrando oito palabras da máis bela
canción de guerra

01/01/2008 21:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

La familia Iskariote (Kortatu)

¡Sabotaje!
¡Rebelión!
¡Desobediencia!
¡Agitación!

Primera banda en el mundo
que practicó el ska-hardcore.
Activismo, dinamita en iglesias
entre canción y canción.
No permanece unida
la familia Iskariote,
aunque hablen ultimamente
de formar un ochote.

¡Sabotaje!
¡Rebelión!
¡Desobediencia!
¡Agitación!

Una entrevista en casete
teníamos grabando.
De muy mala hostia se nos quedaron
mirando.
"Decirle a Judas si le ven
-nos dijeron-
que reparta las monedas
que por el hippie le dieron"

La familia Iskariote!

¡Sabotaje!
¡Rebelión!
¡Desobediencia!
¡Agitación!

02/01/2008 13:45 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Quando meno te lo aspetti la tua vita può cambiare

ódiote
dentro de
útero petrificado
con sete rampas
por recalificar
car
car
car
teño un coche
tan amarelo
que non existe

02/01/2008 16:05 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Reflexión breve en modo Triple H

20080103160814-triple.jpg

Mañá con práctica. A mellor até o de agora. Só estiven a piques de levar por diante a un peón.

Monitor da autoscola mentres ve un carro de Madrid con matrícula M-XXXX-UF: E este de Madrid... Madrid, UF. "U" de "uva"... "F" de... "F" de Frank Sinatra... Non é?

Samo:
Mimá, levas moito tempo no coche, non?

Tarde de clausura.

Bótalle un ollo á lite medieval, meu. E o poemario... Xa escolliches a Californian FB, e agora que? Faille un compendio. E Skaiola! Hai que ir mirando o space, que de momento está cutrísimo, e tamén ir mirando de rematar esas letras que estabas fasendo. E arromba o cuarto, xa postos.

Xa postos? Aínda non.

Maldita a túa sorte. Bendita a túa morte.

Novo refrán: Pratos novos, patarruxo outra ves.

Hoxe descubrín algunha canción moi chula chula chula chula bonita intensa orgullo para morrer de sobra e por eles moito tempo metido en EOOO EOOO non podo perder cen euros en moedas de dous e miña nai quei hai guerras que non saen nos noticiarios.

Triple H lo mataron, era un defensor y un ángel...

03/01/2008 16:08 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Anticristo sudamericano

queda totalmente
demostrado
que se pode
apagar o monitor
empregando
un libro de galeano
e que soe marilyn manson
ao mesmo tempo

03/01/2008 19:03 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Búscase

Busco á rapasa morena da biblioteca.

Alta, delgada e levaba unha edisión cutrísima de Nada, de Laforet.

Disía que me coñesía dun momento vital anterior (monogamia).

Soñeino.

Asimesmo, tamén soñei hoxe que atracaba mil sitios (adventures), que as prácticas do CAP as fasía no meu edifisio (building), algo de sexo sen sentido (mad sex) no que fasía uso dun piso dun momento vital anterior (monogamia) para fins escuros.

Esta entrada non merese a pena.

Espertei-caguei-escribín. Agora, hai que ducharse e almorsar.

04/01/2008 10:57 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

U-lo Clint?

20080104163210-clint.jpg

Para casa outra vez again.

A casa!
A Muros!
A casa!
A Muros!
A casa!
Samu, eres (tintintinininintín) GILIPOLLAS!

Non me dá na volta de ver a Rober Bodegas.

Mañá fasémoslle sea.

Hoxe aumentei o número de persoas que estiveron a punto de quedar debaixo do meu Clio de prácticas. En torno ás cinco ou seis.

Teño máis gañas de cagala que nunca. Teño máis gañas de cagala que nunca. Teño máis caca merda dentro que por fóra e iso non pode ser. Quero a cervexa toda do imperio mexándose min por min mexándoa por fóra.

Os meus problemas coas mulleres son sinxelos. Redúcense a tres dimensións: tempo, espacio e humidade. O resto, só é violencia que non se pode entender a unhas horas como estas. Estás?

Motorola a última rola. Vodafone one one world.

Non son a autoridade. Pronto haberá estatuas miñas xunto a Hugo Chávez nas rúas de Caracas. Estatuas masturbándome diante de xardíns marróns e secos. Secos. Sexos verdes.

Busco un pobo. Só o pobo salva ao pobo?

Clint, que foi de todo aquilo? Que foi das boas palabras e dos bos propósitos da xente que se quería? Cando vomitei todo? A saber. Comisarías e piscifactorías.

Clint, que foi, entón, de tantas mans sobre pel? Que foi de aquelas masturbacións en ESCENARIOS INTERIORES? Que foi dos crebacabezas e das cocacolas? Onde quedou o tempo do liño e das cousas claras?

Clint, para cando unha nova traizón?

Só o pobo salva ao pobo? Clint, dime algo. Canto cres saber de estética medieval e cantas margaridas me quedan debaixo dos pés.

A miña maior inimiga podería ser eu mesma. A miña maior inimiga é a miña mirada de puta.

A miña man esquerda distínguese claramente dos pés por estar máis preto das miñas pelotas.

O teléfono é un home negro pequeno e atrofiado polo non-paso dos anos.

Clint, que quedou tras a chegada do Armagedon?

Clint, que restos quedaron?

Clint, eu baixo a Muros, pero cargado de seudónimos, de traballos-merda, de cervexa, de viño, de mulleres que me agardan no cuarto tras poñerme os cornos con un chinés que me arranxa o 4x4.

Clint, u-los tempos mellores? Prometíchesmo.

Non vou ter fillos.

Clint.

Clint.

Clint. Clinton. Clítoris.

O mundo non está feito de persoas, carne e pedra. O mundo está escrito entre sete ou oito liñas e téñoas todas baixo os pés.

Bicádeme ou cuspídeme.

O resto só é violencia.

04/01/2008 16:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

¡Cuánta puta y yo qué viejo! (Siniestro Total)

20080106215316-oldman.jpg

Papaíto, entra ¿qué me haces, rockero?
Las niñas bonitas cobran mucho más dinero.
Mujeres desnudas con hombres desnudos,
¿qué es lo que hacen cuando están todos juntos?

¡Cuánta puta y yo qué viejo!

¿Quieres ser mi novio? Yo no soy de piedra.
Zumo de naranja en las tetas de la negra.
Tristeza post-coitum, no me mires a la cara.
Papaíto sale pero volverá mañana.

¡Cuánta puta y yo qué viejo!

06/01/2008 21:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Todos poetas ou ninguén poeta

20080107000328-poetry.jpg

Despois do relativo éxito do xojo da frase, un vese na obrija de sejir fasendo caralladas para que vós, verdaderos amantes de lo universal, sijades delirando.

Ajora imos demostrar un feito innegable: todos somos poetas até que non se demostre o contrario.

Desta imos a faser o poema máis longo e máis comunitario do mundo dos blogs.

Sejindo a dinámica da frase, cada un irá engadindo un verso a un verso inisial. Dá ijual que rime, que que non rime, que o que sexa. Dá igual a lingua, dá igual o asento. Sodes libres. Sodes poeta, pardiez!

Exemplo

Aljén pon:

A caca é branda

Outro sije:

A caca é branda
como un seat panda

Outro sije

A caca é branda
como un seat panda
mi corasón en un chimpín

E asi.

Pilládesme a idea?

Empeso eu, veña:

De cada tres pasos que imaxino

07/01/2008 00:03 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO Hay 47 comentarios.

Bico (Nuala Ni Dhomhnaill)

Outro home bicoume
nos beizos,
meteume a lingua
na boca.
Non sentín ren.
Díxenlle
"Vai para á casa, ovella,
estás bébedo
e tes a muller na porta
esperándote."

Mais cando lembro
os teus bicos
trémenme as cadeiras
e o que hai entre elas
faise
leite.

07/01/2008 20:58 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Relativo insomnio

20080108000746-insomnia.jpg

E ocórrenseme cantidade de poemas que nunca escribirei e cantidade de conclusións sobre as cousas que pasan, as cousas que non pasan, as cousas que sabe a xente e as cousas que non sabe a xente.

A palabra patética de hoxe é: IOGUR.

Estou contento, agobiado e espectante de min mesmo.

Vou copiar tal cal unha movida que acabo de ler e que arrincarei para vós:

Juegos de niños, eso es lo que hace la gente, juegos de niños. Van del coño a la tumba sin que les roce siquiera el horror de la vida.

Mañá será outro día.

Deixade de quererme.

08/01/2008 00:07 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Caíaseme a babiña (Alfonso Rodríguez)

20080108114955-merda.jpg

caíaseme a babiña
das bocas das miñas
dúas cabezas.
quería ser cacho de tea de bañador
para estar entre as dúas portas
de emerxencia por bañarme
en suor de nádegas,
e poder magrearte
ata transformarme en líquido
que regara o teu corpo sexual,
de femia que desprende un algo bestial.

08/01/2008 11:49 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 5 comentarios.

Bella hembra magrea sus grandes tetas calientes

20080109145704-toilet.jpg

Xa sei ónde farei as prácticas. E darei aulas de Lingua e Literatura Española e non me apetese nada de nada de nada poñerme a falar castelán a estas alturas de la tua vita può cambiare.

Se tes un can que che morde as cachas manteno afastado das cachas. Sí, el era un tío bastante cachas.

Mañá faise o sorteo dos locais de ensaio da UDC. Skaiola agarda impasiente ese intre/momento. Será hoxe o último ensaio no salón do piso de Miguel?

Hoxe houbo música na facultade de filoloxía até que Xosé Manuel parou todo. STOP! Si el río deseas cruzar, tres preguntas deberás contestar o al abismo irás a dar.

A resposta á incerteza está exactamente situada entre todos os asentos impares dos autobuses urbanos que se manteñen sen subir as tarifas a un euro. Agora si que os ionkis poden dicir o de UN EURO PARA EL BUS.

A resposta ao que levas dentro está en buscar novos versos que rimen con ceo e cousas polo estilo.

A resposta aos títulos que poño a cada artigo. ARTIGO. Xa che digo. Lauren Postigo.

Articúlame. Arte, culéame. Viólame, se tes collóns.

Só os bos momentos.

Áncora. Sempre. Estar sempre atento. Áncora. Iogures.

Iogures.

Sempre iogures.

Quen queira falar comigo, que mo diga.

Compartimos LSD? Pois dádelle aquí e seguide as instruccións.

09/01/2008 14:57 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Oreka (Berri Txarrak)

20080109161007-arf06-berri-txarrak.jpg

Acabo de espertar e non quero abrir
a serie de portas que probablemente me salven.
Chégame coas fiestras:
ninguén nos agarda nesa rúa chea de xente.

Aproveitando a luz, debuxei un soño
na pel deste pobo canso.
Vexamos cánto dura, pois xa sabedes que
aquí bórrannos a memoria.

É triste este ter que celebralo todo
cando aínda está todo por acadar.
O equilibrio non serve de nada cando estás no chan.
O equilibrio non serve de nada canda hai moito que caiches.

Cremos as nosas propias mentiras.
Aburridos das mentiras dos demais.
O aspirante a líder di que precisamos un líder.

É triste este ter que celebralo todo
cando aínda está todo por acadar.
O equilibrio non serve de nada cando estás no chan.
O equilibrio non serve de nada canda hai moito que caiches.

09/01/2008 16:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 2 comentarios.

En Plan 78

20080109220656-skaiola.jpg

En plan quero bailar ska ata rebentar!

-situasión precaria-

Skaiola Borrokal, hostia!

09/01/2008 22:06 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

Non quero espertarme en ningún sitio hoxe

20080110081238-27.jpg

Mais espertei aquí e nesas ando.

E soa un directo na Sala Apolo, xa a estas horas. Así se esperta un candidato ao incriblemente merdento.

No mesenger está a xente que case sempre está no mesenger e que, asimesmo, son a xente que case nunca está no mesenger.

Onte quedei no sitio. Cheguei tan canso que quedei no sitio. Cheguei. Cama. Durmir. Soñei que lle daba a malleira da súa vida a Agus. Unha especie de Raw onírico, sen fallo.

Despois soñei máis cousas, que riman perfectamente coas últimas cousas que pensei antes de quedar durmido. Pero agora soa un directo na Sala Apolo.

Desexádenos sorte.

Un dos puntos máis importantes contra a globalización é a defensa dos nosos nocellos e dos nosos cóbados. Ninguén poderá intercambialos nunca. Non o permitades, fillos da auga mineral destes tempos.

A pesares das agresións fascistas, a pesares das difamacións, a pesares das molladuras duras.

Non sei se baixar esta fin de semana á vila.

Supoño que é falta de comunicación.

O de sempre.

In-komunikazioa.

A música, como feito, está bastante ben, pero non me dades mágoa coas vosas historias tristes.

10/01/2008 08:12 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Ameasa de tolo alcólico

Ides flipar co final.

10/01/2008 13:42 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 2 comentarios.

Time of your song (Matisyahu)

20080110220352-mongol.jpg

(...)

Moonlight illuminate my night and my days sunray make the people say
Had a vision somethings missing so they're screaming out loud
Keep my feet on ground and my head in the clouds.
I'm the arrow, you're my bow, shoot me forth and I will go
And I know and I go and I go get up and go
Make me feel its for real tell me what you know.

(...)

10/01/2008 22:03 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

La noche / 3 (Eduardo Galeano)

20080111081449-sleeping-in-a-bar.jpg

Yo me duermo a la orilla de una mujer: yo me duermo a la orilla de un abismo.

11/01/2008 08:14 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Míticas

20080111083406-lisa.png

Samuel, colgas moitas cousas no blog. Demasiadas.

Supoño que os máis subnormais somos así de subnormais. Tarxeta de autobús. Manivela de persiana. Disco compacto. Con pacto de non agresión.

Sputnik Monroe? Si, porque non teño tanto alcol no corpo como para un Drunk & Pompous.

Non tes tanto alcol? Non.

Por que sempre Gluecifer, a fin de contas? Iso é unha das cousas que pensei. É sempre igual. Dá igual o tempo que pase, dá igual o que un vaia vivindo e dá igualísimo aquilo que un cre que aprende. Ao final respóstase a todo do mesmo xeito e segue sendo igual de lamentable.

Antes colgaches un artigo e borráchelo, por que?
O que importa é que lle puxen a mesma foto ao artigo de Galeano.

Como era o de Nelson con Lisa cando están na casa do primeiro? "¿Bombardear las ballenas?" "Algo habrá que bombardear". Creo que era algo así.

O de Borracho e Arrogante era pola cansión de Gluecifer? Sabes que si. Es eu mesmo, así que sabes iso e moitas cousas. As baixezas grandes e todo iso.

E agora que? Pois vou colgar tamén a de cansión para que a escoite o persoal, porque está realmente chula. Sabes que? Creo que empesas a cansarme xa un pouco, meu. Vou chamar ao María Casares a ver qué fan comigo. E, despois, todo o que toca por ser hoxe venres e eu matriculado en filoloxía galega.

Like this!

11/01/2008 08:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Drunk & Pompous (Gluecifer)

I got 'em horny feet
You got the epic beat
Wanna make' em cream
You wanna make' em dream
Coz I was born to shout
and tell' em all what it's really about
No time for liberation baby
It's time to let the beasty out

Ain't it sweet now
to walk the shitty street now
What a blast
coz i love it fast

Sweet liberation with a twist
coz in a cool world I exist
Gonna pull my shutters down
gonna kick it all around
coz I'm a black belt master fightin' with a velvet fist

I'm a screamer you're a dreamer- so whatcha gonna do
Gonna push that thing till they're beggin for a hefty screw
I'll be a fire-breathin' boy
with a thousand db ploy
Gonna breathe some fire fire baby coz I'm pissed

Yeah I was born to rule
You's born to drool
Ain't takin' no goddammn shit
Got a suit with the snuggest fit
And you might say I'm bad
Nothin' but a fad
But I'm on a quest
Baby I'm posessed

11/01/2008 08:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

O partisano oceánico

un corpo nu
sinalando o ceo
con brazos
longos como
un infinito de raiba

no ceo

a noite

no mar

un corpo nu

un home sen máis
que el mesmo

el mesmo
e a dor da realidade
que non presta

sinalando o ceo
sen dicir
máis nada
que un silencio que fala
de todo o
preciso

o silencio
que soa
como soará a mellor
sección de ventos
do teu corazón

todo debería ter a súa porcentaxe de música
todo debería estar quentiño e salgado
todo debería emocionar

e así é

todo ten a súa porcentaxe de música
todo está quentiño e salgado
todo emociona

a liberdade é un cárcere
a dor é unha navallada na gorxa
o sangue é un berro
a xente que te rodea é decorado
as vogais son vísceras
o corazón é carne
a alma non é

dime algo noutra lingua
para levalo a onde
a vida se transforma
e muda
e cambia
e é coma ti

unha cousiña bela
quentiña e
salgada

11/01/2008 23:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Rewind

20080113015200-zen.jpg

Pero engorde.

Como mola Zen Guerrilla. Quen non o saiba ver, alá el/ela. Ela, ela, ela, eh, eh, eh.

Igual deixo de ser tan pechado/fechado.

De cada zen, unha.

Vou meter música no mp3, coller algún libro e pouco máis.

O resto? Zen Guerrilla.

Pasádeo ben e lembrade:

-Puta merda! Que carallo lle fixeches á toalla?
-Sequei as mans con ela.
-Primeiro tiñas que lavalas.
-E logo, non viches lavalas ou que?
-Vin que as mollabas.
-Laveinas, pero isto non sae tan fácil. Se tivese Xabón Lagarto seguro que saia mellor.
-Eu laveime co mesmo xabón ca ti e cando rematei a toalla non parecía unha compresa. Que pasa se entra e ve como lle puxeches a toalla? Estas caralladas son as que sacan as cousas de madre, amigo.

13/01/2008 01:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

De cerraxeiros e outras ensaladas

20080113221913-bush.jpg

De volta en Oleiros.

Compostela está ben. Ás veces hai moito vento e está ben.

As portas adoitan abrirse se son as portas correctas. Pero está ben de todos xeitos. Adoita estar ben.

Cando estás ben de verdade, estás ben a un ou a outro lado da porta.

Realmente.

As portas separan situacións, non separan estados.

E Compostela onte estivo ben.

Moi ben.

Ou non me ves sorrir?

-Sáudos dende aquí ao lector de letras de MCD. Graciñas pola acollida e as risas-

13/01/2008 22:19 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

"Nucelar", a palabra é "nucelar"

20080114184445-homer.jpg

E este bloguiño xa sae a dar voltiñas polo mundo adiante...

CLICADE AQUÍ e mirade a páxina 28. Faise referensia a aquel modo de perder o tempo que vos propuxen hai tempo. O mundo funsiona cando alguén recoñese algo así.

Mañá comeso as prácticas no instituto. Vou flipar.

Antes de ir ao mesmo, pasareime polo Juan Canalejo a que me fagan unha resonansia do sistema xiratorio do pernil esquerdo. A miña volta aos terreos de xogo está próxima? Quen sabe.

Xa lle puxen cordas á guitarra. As outras estaban rebentadas. Jam Session!

Novo libro de Buk sobre a mesiña de noite. (Novo para min. Sen bibliotecas non son ninguén.)

E tamén un de Gómez Pato. (Sen Edicións Positivas non sería case ninguén.)

Hoxe soou así. (Sen música non son ninguén.)

-E quen me vai axudar agora? Batman?

-Non, un científico.

-Batman é científico?

14/01/2008 18:44 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 10 comentarios.

Bailei pola mañá e escordei a dialéctica

20080115170953-baile.jpg

resonancia ás 8 da mañá a máquina fai máis ruído que o carallo que a trouxo. ás veces penso que as máquinas son máquinas polo son de máquina que teñen.

na sala na que agardo hai da orde de tres millóns de asentos. non creo que xamáis houbese tanta xente agardando para facer unha resonancia. e hai unha especie de sofá de catro prazas. e penso en alguén que puidese ocupar ese asento. de seguro que sería un gordo de moito carallo. pero despois penso que a máquina que é máquina polo ruído que fai non pode aguantar tremendo cúmulo de unto e melindres.

a batiña verde é para deshumanizarte.

a batiña verde non serve para nada máis que para que a túa pel estea o menos en contacto posible coa máquina que fai ruído de máquina. pero paseaste en calzóns polo hospital e a xente mira a tatuaxe de betagarri que agora é máis verde. e penso que ten sentido. o meu verde preferido.

gústame o concerto ao que fun de betagarri.

non te movas. pon a perna no medio. despois xa che avisamos.

ruído de máquina, érgome e voume. agardo un autobús no temporal. que vento hai e eu tan puta.

oleiros. microbús até bastiagueiro.

un microbús en oleiros equivale á versión de andar por casa de un cal pita. é un aborto de cal pita. o fillo que un cal pita non quixo ter.

chove moitísimo. e hai unha xunta pedagóxica á que vou e da que tomo nota. estou seguro que podería ter unha erección sen que ninguén o notase e non hai ningún morcego no cuarto no que hai tanto profesor con lentes.

vou a unha clase de literaturas hispánicas. só hai un rapaz. ángel gonzález. eu teño pouco papo. pero teño cabeza de sobra para dar de si moitas camisetas. roque rompeume unha camiseta porque me quería bicar a nuca.

quero bastante a roque. máis do que poida parecer.

recreo. os recreos continúan existindo e eu vou tendo unhas entradas tan grandes para a miña cabeza grande e cheiro as hormonas no aire. cólloas coa man esquerda e coa outra termo do café.

que rico o café nas barras. as barras sen cervexa que non se cren tanta barra.

reunión coa responsable. no hables gallego. el gallego lo imponen. el alcalde de coruña no habló gallego en el discurso del día de reyes y tampoco me parece bien. yo firmo las exenciones de los alumnos en gallego. la lengua gallega y franco. pero escucho la ser. gemma nierga. me gusta. el castrapo no. tenemos que dar ejemplo. piensa en qué periódicos puede trabajar alguien que estudie periodismo dentro de galicia. el español me mola.

eu ai logo ben entón boas tardes.

clase de segundo bacharelato eu vou dar clase en segundo de bacharelato. e só penso en chegar a casa e seguir lendo aquilo que me gusta e non todo iso. o canon non está feito ao meu xeito de tal maneira.

sopa ao chegar a casa. un filete patacas frixidas.

estou benvido á miña propia casa e vaise a luz toco a guitarra desafinou dende onte. quei chove e eu que puta son para o novo que me creo.

esta entrada é demasiado longa e que guapa estás cando me miras, guapísima!

15/01/2008 17:09 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

O pai de Jonhathan Ferreiro (Raúl Gómez Pato)

20080115175301-mar.jpg

O pai de Johnathan Ferreiro
Súa pedras de sal no Gran Sol
A súa pel está chamuscada
E as mans, rexas de turrar polas redes,
Nas noites de inverno austral
Entumécense,
E non dá feito os pés de gato.
Seis meses traballa arreo
E outros seis bebe licor no bar da Marta.
Pero a profesora nova de Johnathan é loira,
E hai que impresionala.
Ao día seguinte escribiu na ficha:
"Profesión do pai: narcotraficante".

15/01/2008 17:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 2 comentarios.

Guerreiro desertor

dáme todas a lembranzas que tiraches

dáme un mar

e dáme unha bandeira co teu nome

non preciso máis nada
para bautizar esta dor

16/01/2008 21:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Até rebentar!!!

20080117081645-skaaaa.jpg

Xa podedes escoitar o primeiro tema dos Skaiola Borrokal pasándovos polo seu MYSPACE.

O asunto foi jrabado onte, mércores, no local de ensaio que estrenabamos. A jrabasión foi feita para que fosedes vendo de qué vai o asunto, non é con miras á eternidade no olimpo musical. Foi feita ás présas e cos ollos coma chícharos. A falta de batera, bos son o métodos informáticos. A falta de ventos, boas son as manadas de borrachos.

E si, canto como unha baldosa de mortadela.

Pero é o que hai!

Fasédelles un sitio no voso corasón ou no voso escroto/cona. Os Skaiola Borrokal non vos deixarán de lado!

Fasédelles unha visita aos SKAIOLA e bailade un ska, hostia!

17/01/2008 08:16 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 9 comentarios.

Información

só cando hai lume
lembras a auga?

querida

vaporizou o mar enteiro
mentres agardabas
o incendio

17/01/2008 21:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 3 comentarios.

Cerveza Ska (Los Calzones Rotos)

20080118092729-beer.jpg

Yo lo que quiero es ska
y lo quiero ya
lo que quiero es ska
y lo quiero ya
lo que quiero es ska
y lo quiero ya ya ya ya.

Me paso la vida tomando cerveza
y con ritmo ska sonando en mi cabeza
desde la mañana y a todo volumen
en todas las manzanas los Specials rugen.

Solo en un cuartucho o en la discoteca
cuando el ska escucho mi estructura tiembla
pinto las paredes a cuadros blanco y negro
y a todos los lugares conmigo el ska llevo.

Yo lo que quiero es ska
y lo quiero ya
lo que quiero es ska
y lo quiero ya
lo que quiero es ska
y lo quiero ya ya ya ya

18/01/2008 09:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Baixando a media

o cárcere
o cancro
a palabra
eu son moi poucos
prohibido ser eu
prohibido non crer en nada disto
non vou negar a verdade
non vou berrar
non vou sen voz
matarei a gandhi
matei a cristo inmundo
mátame a liberdade na que non me remexo
ninguén é capaz de entender
ninguén entende
algo pasará cando falle
algo pasará e será malo
son libre
se puidese
comería cada mañá impregnada de plástico
ou vidro
ou residuos orgánicos
insistirei no meu cárcere
batendo o lombo contra as paredes
como un acto de ledicia
opositarei á dor
como un feito de consciencia
desilusión non é cando non hai ilusión
moderaránme con centos de cordas na miña gorxa
sen pel
freando cada impulso cara a firmeza
da mobilidade
crearei un mundo meu sen máis que
montóns de pedras
árbores
e un único mar

18/01/2008 15:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 3 comentarios.

Mentres a peña anda buscando a Jimmy Jazz...

20080118175551-search1.jpg

... eu voume dando conta de que xa me teño liado con case calquera forma de vida. relasión esporádicas. sexo de balde. recibo ao final de mes. as letras, as letras, hai que pagar as letras.

cea-ou-algo-semellante de hispánicos. hispanic people. que vivamos como hispánicos. ratas hespañolas.

hespaña é unha gran nación. é a nosa patria común. hespaña, polas súas prostitutas a recoñecerás cando se sente ante ti na esquina recuncho habitual.

hespaña, ti que puta e eu que aburrido.

debería estar prohibido navegar pola internet pola rede que ves cada cousa... saca o pendiente da orella!

CONCEPTO CLAVE: hai xente que se vai conformando co que a vida lle vai dando.

gramática histórica da lingua. bicos históricos con lingua. lenición de lenin e quei me fricativizas.

a poesía que estou poñendo estes días é de hai tempo, seino. o outro día non se me ocorreu gran cousa e hoxe tampouco.

o lume da inquedanza danza para min e ti estás tan guapa que che lería os titulares da prensa de pasadomañá.

hai quen fala da amizade coma quen fala de víctor jara. víctor jara e máis o arte da guerrilla urbana, está claro. a amizade é máis que un aquí e agora. a amizade, xente, a amizade non é un capricho. é un pacto gratuíto.

cuspe.

cuspe.

cuspe.

quei escribín "cuspe".

as túas ideas non se desaloxan. as miñas ideas: illa da toxa.

hoxe saio por aí e fun polo vento vin polo aire lalalalalá...

rematou xa o tempo das queixas.

invito dende este blog a que todos vos queirades de xeito secreto e que aplaudades sempre que un banqueiro vos diga: "¿Algo más?"

-a quen trate de ler isto: parvo/a!-

un sáudo ás miñas 8’6 mozas e aos meus amantes de corte homosexual.

aúpa skaiola...

-teño que voltar ao tempo das indirectas rectas rectas eta eta eta metralleta-

-Estás como unha caldereta?
-E ti?
-Etílico.
-Xa somos nove.

18/01/2008 17:55 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

En Plan 79

20080119155020-skull.gif

En plan Skulls & Trombones.

19/01/2008 15:50 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

Bombalabombalabombalabombalabombalá

comecei a fumar
comecei a beber
comecei a despeitearme
comecei a durmir
e comecei de novo

e baixo pola estrada
dándolle
toques ao persoal
de abordaxe

e ska ska ska ska ska

iso non mo quita
nin deus

e digo un
digo dous
digo tres
digo

entre o dito
e o feito
o camiño
é estreito

20/01/2008 12:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Até rebentar (Skaiola Borrokal)

20080120151758-skaiola-tiro.jpg

Xa!
Chegou o serán.
Temos que mercar
tres ou nove litros para pribar.

Non podo aturar
a tanto paspán
que di que a birra nos fai mal,

que nos vai matar.
"Ai! Pobre rapás!"
"Ya se nos ha vuelto a emborrachar".

Pero, caguendios!
Sodes o peor!
O único que quero é bailar...

...Ska!
Bailo Ska!
Bailo Ska!
Bailo ska ata non poder máis!

Ska!
Bailo Ska!
Bailo Ska!
Bailo ska ata rebentar!

Xa!
Venres á mañá.
Temos que mercar
vinte de porros para fumar.

Non podo aturar
a tanto paspán
que di que os petas nos fan mal.

A min vanme xenial,
consiguen sacar
todos os malos rollos do lugar.

Pero, caguendios!
Sodes o peor!
O único que quero é bailar...

..Ska!
Bailo Ska!
Bailo Ska!
Bailo ska ata non poder máis!

Ska!
Bailo Ska!
Bailo Ska!
Bailo ska ata rebentar!

20/01/2008 15:17 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 2 comentarios.

Rey Misterio

20080120175040-juanca.jpeg

Viva la raza!

20/01/2008 17:50 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Petar

20080121134625-imag1668.jpg

Hai unha canción de Papa Roach que se chama Crash.

A canción en si é unha cousa normaliña, sen máis.

Hai unha parte na que di: "I’m going to fast, I think I’m going to crash".

A miña tradución mental sempre é: "Vou moi fostiado, creo que vou petar".

O resto da letra di míticas cousas que se poden dicir e cousas que un post-adolescente sen cicatrizar pode escoitar.

Os sicólogos acadan que a xente se coñeza a si mesmo dicindo aquilo que non saben que saben. Fan preguntas nas que a xente repara ao respostar.

Así estou eu.

Estou bastante flipado comigo mesmo estes días. Estou como recoñecéndome. A derrota e todo iso.

Creo que vou petar. Que va! Xa petei.

E, como un subnormal con unha puta pensión para subnormais, non se me ocorre outra cousa que subir ao urbano e poñer Metallica. E, de súpeto, soa Metallica.

Si que estaba, pero estaba como estou eu sempre. Como un subnormal do todo/nada. Da derrota e todo iso. A mítica poética derrotista que non é case nada máis que unha forma de facerme forte ante algo que me supera máis do que agardaba que me superase nada a día de hoxe.

Con todo o que teño vivido e, sobre todo, con todas as conclusións ás que xa tiña chegado. Pero non. Non podo de nada de nada de it's time to be an animal de non sei ónde meterme que non esteas de non sei tremendismo de todo que tremendismo emprego para dicir todo pero hai cousas demasiado intensas como para mirar para outro lado esta entrada non reflite todo igual de ben pero é así e son fodidamente feliz.

Estes son os baixóns da xente feliz.

Porque, a verdade, é que son feliz. Por cousas como estas. E sábelo.

Petar? Si, creo que vou petar. Pero estou tranqui. Non teño tristeza aquí.

Seguirei cantando, saltando, gritando, correndo.

En directo sempre.

Zuzenena sempre.

21/01/2008 13:46 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Historia triste (Eskorbuto)

20080122125718-morte.jpg

Pasan los años, pasa tu vida,
pasan los meses, pasan tus días,
pasan las horas, tambien tus minutos.
Este puede ser tu último segundo.

Oooh... ¡Historia triste!
Oooh... ¡Historia histórica!
Oooh... ¡Historia final!

Una mañana muy temprano
de tus sueños despertarás.
No lo sabrás, ese es tu día.
¡Vas a morir!

Oooh... ¡Historia triste!
Oooh... ¡Historia histórica!
Oooh... ¡Historia final!

Oooh... ¡Historia final!

22/01/2008 12:57 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Sexo oral lúdico

cómesma

e contas vinte

22/01/2008 13:23 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 4 comentarios.

Un ollo chora, o outro non chora

faláchedesme sobre
o xeito no que había de borrar
as miñas bágoas
tan lonxe da casa

que todo podería mudar
que desaparecería a morte entre
os dedos e as miñas mans negras

sei dun lugar ónde
todo o mundo sería feliz

coñezo a estrada
e as indicacións necesarias
para chegar até alí

pero non estou advertido
sobre o xeito
no que había
de deixar todo ben feito

así que
por favor
non sexades impacientes
porque a eternidade
só será un tempo
e pintarei todos os vosos sorrisos
cunha morea de lume

23/01/2008 18:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Xusto tal e como pensábades que podería chegar a ter sido todo e tamén totalmente do xeito contrario ao envés do revés que non é así home tolea todo o que queiras pero o home da túa vida sempre acabará porculizando burros ou, no seu defecto, amantes do catolicismo máis amarelo

20080123200454-donkey.jpg

Total, que mañá marchamos xa cara Asturias todos os da peña. Xa ía sendo hora! Agora haberá que convencer a Pedro de que non é precisamente un especialista da orientación e que o tema dos mapas mellor o deixe nas nosas mans.

E o día chega, realmente, nun bo momento. Unha vez realizados os últimos ensaios da obra de teatro podemos concluír que o resultado era como todos os do grupo tiñamos imaxinado dende un comezo. Que reunións aquelas!!!

Estreamos para a semana, queremos vervos a todos alí!

E á volta que? Pois agardo convencer a algunha de elas (se me perdoaron o da paella) para que veñan ao concerto da semana que vén... Ou Gogol Bordello non é suficientemente apetecible?!

Cambiando de tema, só dicir a todos os que nas últimas datas me vindes preguntando polo tema da doenza que levo arrastrando dende o do accidente, que o doutor que me leva o tema di que seguramente vaia todo a mellor. Everything is gonna be alright...

E a ti, meu sol, que che vou dicir? Que que que que que... Pois que que que que... Pois que que que que que que que que que que que que que que... Pois que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que... Pois que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que que... Hostia! Pois que que que que que... Que que que que que que que que que que... Pois pois pois pois que que que que que que que que que que que... Pois que que que... Pois que que que que... Pois que que que que que que...

Pois que.

Pois que.

Pois que que que...

Pois que que... Hostia-puta! Que que que que que que... Que que que que...

Que... Que...

Pois que...

Pois que que que que que que...

Que que que que...

Meu sol.

Que... Pois que que que

Que que.

Que. Que. Que. Que, que, que, que... Que! QUE!

QUE!

QUE!

Pois QUE... Que... Que...

Pois que...

Quero informar a todos os que vos pasades por acá de NADA.

Quero desinformar a todas as que vos pasades por acá que aos que se pasan por acá non os informo de NADA.

23/01/2008 20:04 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Perdas

20080124200630-moa.gif

Día de perdas.

Perder a oportunidade de aprobar un exame antes do final finalísimo.

Perda dunha moa.

Perda de contacto coa realidade.

Teño a cara toda apirolada pola banda de estribor.

Xenial cando o tipo me ía anestesiar a parte de abaixo e lle digo: Ei! Ei! Que abaixo xa mas quitaron!

E despois pensei, mentres me arricaban a de arriba: E se non lle digo nada? Pois igual comesa a fedellar até que atopase algo.

No exame durei cousa de tres minutos, pero para a semana será outro conto.

Xa pedín a Erasmus.

1ª Opsión: Caldebarcos.

2ª Opsión: Conserveira Calvo.

3ª Opsión: Boquete espasio-temporal.

Xa pedín a Aristóteles

1ª Opsión: Varón 28 cms reais.

2ª Opsión: Esta rapaza está tola polas pirolas.

3ª Opsión: Fransés bebido.

Hoxe, para ser francos, non tiven problemas. Problemas.

Como estades, vós?

A SÚA RESPOSTA, AQUÍ:

24/01/2008 20:06 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Problemas (Calamaro)

20080124202037-caca-acac.jpg

Tengo problemas con las mujeres
y casi sin solución.
Serán problemas de descontrol,

problemas de sexo, droga y rock & roll.
Problemas eran los de antes:
los elefantes en la tormenta.
Si un día el hígado rebienta
tenemos el mismo problema los dos.
.
Tengo problemas y no puedo pagar la cuenta
y problemas de respiración.
No basta una sola canción
para resolver mis problemas de rock & roll.

Problemas de rock & roll
problemas de sexo, droga y rock & roll.
Cada uno elige sus problemas
el mío lo elegí yo.

Antes lo tuvieron muchos,
Lowell y Brian Jones.
Problemas, problemas.
Problemas de rock & roll
Problemas, problemas de sexo, droga y rock & roll.
Puedo parecer tarado y también el más pesado de la ciudad
tengo varios abogados
y pocos calzoncillos cagados.

'22' es mi número de suerte.
Veintidós, el loco y el negro.
Casi me desintegro
cien veces en solo tres meses.
Rompo todo y no aprendí a sufrir.
Todos tenemos que aprender a vivir.

Problemas de rock & roll
Problemas de rock & roll
Problemas, problemas de sexo, droga y rock & roll.
Me pregunto mientras junto
los pedazos de lo que se rompió
si cuando tuve problemas alguien me vio
alguien me vio...

Pero yo no los elegí
aunque yo no sé quién fuí.
Y parece tarde para arrepentirse
o irse o divertirse de los problemas
de muchos como yo
Problemas de rock & roll
Problemas de rock & roll
son esa clase de problemas que uno solo se buscó
Es una tragedia y media
vivir y poder elegir
sufrir con todos los problemas,
vivir como un caracol con una Gibson Les Paul
Problemas de rock & roll
Problemas, problemas de sexo, droga y rock & roll.
Estoy hasta el cuello de camellos
en quien pasar.
Merezco un pasaporte del desierto de tanto pillar
Tengo los huesos rotos, mis dos corazones rotos,
los huevos están rotos.

Tengo muchos problemas pero uno no...
Varón dijo la partera
Varón dijo la partera
Varón dijo la partera
y yo quiero mi bandera
¿Qué tiene de malo meterse una raya de coca?
¡¡Qué es poca!!!
Problemas de rock & roll
Problemas, problemas de sexo, droga y rock & roll.
Problemas de rock & roll
Problemas de rock & roll
Problemas de rock & roll
Problemas de rock & roll
Problemas de rock & roll

24/01/2008 20:20 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 4 comentarios.

En Plan 80

20080126101318-x.jpg

En plan sinxelo.

26/01/2008 10:13 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 1 comentario.

Baixa do riso e corre

un coiro tenue
un coiro que envolve

a felicidade non é máis

sempre xamáis

unha ringleira de anciáns
que agochan tras de si unha paisaxe
na que describes a felicidade en diminutos círculos

coma se fose o que vexo

anajado

anajado

pensando só no anajado que se está

felicidade

como un lobo esganado polo gando ceibe

saltando sen pálpebras

espido

26/01/2008 11:18 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Desfago desafogo fogo

ao principio
entendinte

despois
tratei de entenderte

agora
escribo
porque me tocas
tanto as pelotas
que cortarche a cara
e os collóns
para que non quede unha pinga do teu
sangue
tórnase
lóxico

27/01/2008 17:54 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Xa estaba morto

hai días malos
días nos que a noite chega antes de tempo
e nin peta
nin dá un toque cando
está chegando ao portal

hai días fodidos
nos que todo doe
nos que
calquera
cousiña
sen importancia
doe

hai días nos que
se non fose
por a fotografía
túa
que teño diante miña
mantería
esta pistola na man
e rebentaríame
o cerebro
agora
xa
sen nada máis que dicir

e o día que te vaias

a pistola
rirá
rirá con estrondo
incrible
sabedora
de que chegou o seu momento
de lucimento persoal

o día que ti non sexas
ireime
xunto coa túa existencia
a buscar a
felicidade
noutro sitio

fóra desta vida

sen ti
non quero
pido papas
voume
mátome

en serio

o día que
apareza morto
a xente dirá

pois falaba en serio

como que
xa o falara?

si
escribira
algo ao respecto

demo de rapaz

de ave rapaz

son un fillo de puta
moi tonto

e sen ti
non quero

non quero seguir

non podería seguir

non o intentaría
sen ti

28/01/2008 10:56 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Pequena tocada de fondo

20080128181653-biblioteca.gif

Chegar á biblio ás 17:45 ou así. Parte de abaixo petada.

As bibliotecas universitarias están pechadas hoxe.

Samu confórmase coa parte de arriba. En plan triste, pero sen fallo.

Ao cabo de cinco minutos, o bibliotecario acércase: Perdoa, necesito esta mesa (a única tamaño ser humano), impórtache baixar?

Samo: É que abaixo hai moita xente de dios. (Está cheo)

Bibliotecario: Pois é que aquí imos facer unha tertulia...

Samo: Pois voume para casa.

Mentres se marcha, Samu acércase ao bibliotecario: Isto é porque están pechadas as bibliotecas universitarias e viu todo o mundo para aquí. (En bo ton, pero deixando claro que de non ser porque está todo pechado, aí non habería ninguén máis que eu)

E aquí estou.

Puagh...

28/01/2008 18:16 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 5 comentarios.

Tía, tía...

20080128230637-lotina.jpg

Le molas fijo. Ya verás como te llama y te aguliguliguliguliguliguli... Mis niñas, os kiero! Te exo muxo de menos...

Puagh! Un tiro na nuca e sejimos para adiante.

A peña que non entrou nunca nun pogo e que non o entendeu como aljo normal non merese estar viva.

Viva Lotina e a súa fronte infinita.


-Esta entrada é tan estúpida como un número par-

28/01/2008 23:06 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Le Risposte (Persiana Jones)

20080129084020-salto.jpg


Le risposte alle incertezze, non posso certo darle io,
le puoi scoprire solo tu

Se il passato ormai è perso,considera e correggi
per non provare quel che provi

se ripenso a questi anni per quanto abbiam vissuto,
per quanto conta l’amicizia
e gli errori che farai, sono l’esperienza che guiderà
la tua esistenza


Chiudo gli occhi e quel che vedo dentro te
E’ qualcosa che mi spinge a non lasciarti solo
Chiudi gli occhi e cerca ancora dentro te
La risposta è non mollare, non è ora ancora

un giorno imparerai, a conoscere te stesso
e capire quanto tempo hai perso
un giorno crescerai, scoprendo cosa serve,
a stabilire l’ importante

Chiudo gli occhi e quel che vedo dentro te
E’ qualcosa che mi spinge a non lasciarti solo
Chiudi gli occhi e cerca ancora dentro te
La risposta è non mollare, non è ora ancora

29/01/2008 08:40 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 4 comentarios.

Sometido á vontade de tres compases incompletos

20080129215952-tortura.jpg

Que título máis implosivo, muller.

Polo meu rabo só sae antibiótico. Anti-vida. Anti-todo. Eskorbuto case sempre case agora e sempre, coma quen di.

Pedín tres bolsas que pedín mal que mal que non mas van dar eu non me daría unha bolsa a min mesmo. Escritura. Futebol. Natación. Desta non foi a xardinaría. Colaboración coa udecé.

Erasmus tamén. Tamén. Tambén. Tan ben...

Preciso diñeiro. Se alguén quere darme diñeiro, que deixe aquí dirección de contacto.

Como conas/pirolas en troques de cartos.

Alugo cu.

Polo meu rabo só sae antibiótico. Mañá drogas legais de balde. E verei cómo inflúen no estudo.

Mañá drogas legais de balde.

Mañá experimentarei con drogas legais de balde. Gratuítas.

Título do estudo: As drogas legais de balde e a efectividade do estudo mentres soa Tagada Jones.

Pensando na próxima tatuaxe. Paxe. Garaxe. Personaxe.

Pensando pouco, realmente.

Por non perder a costume.

Oclusivas. Laterais. Vibrantes.

Mellor vibrantes que despois.

29/01/2008 21:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

8 hores (Camarada Kalashnikov)

20080130092736-cristo.jpg

El capitalisme imposa una manera de viure,
et diuen el que necessites per sobreviure.

Li posen un preu, i del benefici de la venda,
en treuen els guanys.
Tenen els mitjans i l'eina adequada,
ho tenen tot de cara!
Així la màquina mai para!

8 hores estaràs tancat
8 hores passarà amargat
8 hores fabricant el producte
que desprès ells et vendran!

Estic tan cansat del sistema,
que t'escanya, que t'obliga!
A ser una màquina més a la línia,
Línia de treball!
Que cada dia et fa aixecar,
Per anar-t’en a treballar!

8 hores estaràs tancat
8 hores passarà amargat
8 hores fabricant el producte
que desprès ells et vendran!

Ja pots mostrar interès, o produir com el que més.
Sempre hi surt guanyant el mateix!

El que te diners inverteix, el que te diners produeix.
T'arruïna la vida i t'omple la butxaca.
Com s'entén, aquesta jugada?

30/01/2008 09:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Belcebú

apertas
risas
praias
bágoas
apoio
carreiras e máis todo iso

vinte dous
afundindo no azul

non vou estar sempre aí

pero os meus ósos
tenderán a se aliñar
sinalando a dirección
contraria ao teu
descorazonamento

30/01/2008 14:44 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Leitmotiv (KOP)

20080130201949-fist.gif


Comissaries enfangades
clavegueres del poder
jutges per la corrupció
falsocràcia del Govern

Sólo el pueblo salva el pueblo

I els polítics del moment
diuen que tot està bé
silenciant la dissidència
fil de ferro George Orwell

Sólo el pueblo salva el pueblo
Sols el poble salva el poble

Y una vez más
sols el poble salva el poble

Militars imperialistes
ens imposen la veritat
presons són els arguments
dels funcionaris de l'Estat

Sólo el pueblo salva el pueblo

ETT's explotadores
patronal neoliberal
sindicats que estan pactant
és la llei del capital

Sólo el pueblo salva el pueblo
Sols el poble salva el poble

Y una vez más
sols el poble salva el poble

30/01/2008 20:19 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

30/30-150 Recordos

20080131094829-3030150.jpg

30/30-150 Inquedanzas.

Onte pola noite esquecín tomar os antibióticos. Así que xa paso de seguir tomándoos. Estaban rematando comigo.

-Pero, Samu, despois igual non che fan efecto.

-Si que fan. Ti, tranqui.

Mañá exame final de Historia da Lingua I. Non teño a cabeza para nada preparada para isto. Sicoloxicamente. O tamaño, para isto, non importa.

-Menuda cabesa máis jrande tes, meu home.

Chamei ao ORI. Para preguntar se podo mudar tema Erasmus. Eras mus, pero eu sonche máis de botarlle un cabrón á tarde en Casa Petra tomándolle unha cañiña. Canecas.

Braga. Igual remato cos ósos en Braga. Alguén vén?

Si. Estou en estado de shock.

Mañá teño exame e vouna cagar.

30/30-150 Vogais nasalizadas.

Xa sabemos de qué imos ir en entroido. Decisión de consenso. A puta constitución do 78. Pero imos todos xuntos, o resto dame igual. E eu escoito música irlandesa de borrachos.

30/30-150 Raiadas.

UH!!!

31/01/2008 09:48 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 6 comentarios.



Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]