![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2008. 01/02/2008Benvidos ao paraíso![]() Feito o exame, perdida a ilusión, os problemas continúan, pero non. Hoxe non hai problemas. A choiva redunda na felicidade e empaparse e morrer de frío tamén din que hai que ser feliz. Feito o exame o frío vén despois e a choiva tamén e tamén a boa música que non hai no silencio das pozas sobre as que salto e case me caio uuuiiii... Case cae! Chove a deus e teño frío e todo ben. Porto. A ver se me dan Porto. Quero Porto. Pero non mo darán. Daranllo a calquera antes que a min. A calquera. Pero quero Porto. Italia. Quero Italia, pero son pobre. Son pobre como todos os pobres que me paran pola rúa e que comen se eu lles dou algo. Pobre como as beirarrúas das cancións cutres do mítico rock español que ao fin e ao cabo só fala de lúas de estrelas de flores de bicos de beijos de beijos só de beijos e con beijos non se debería facer moitas cancións porque os beijos xa teñen todo feito incluso se me mordes porque me mordes e sempre o beizo de abaixo. Beizo. Beijo. Beizo. Beijo. Todo vén do mesmo. Vén da terra nai. Terra terremota. Terra morta. Terra que dá vida e que dá felicidade e que fai que chova tantísimo e que sexamos tan felices cando caemos a rolos pola Ronda de Outeiro e que alto está todo e que alto ando cando penso en que se pode ser feliz querendo ser feliz. Mañá a Muros. Muros e entroido e casa de Fe. O noso sambódromo. Sambódromo. Mañá música irish drunk songs. Welcome to paradize. Today it's raining... Hoxe chove e suspenderei o exame e non demostrei todo o que me gusta a asignatura e comín SALMÓN e collín mil libros de Panero outro de Benedetti e un que se titula Tortillas para os obreiros e paréceme xenial todo. Igual non me dan Porto. Pero que máis dá? Se un pode empaparse e ter todo o frío do mundo e saber o sitio que ocupa. Welcome to paradize. 02/02/2008The State of Massachusetts (Dropkick Murphys)She had excuses and she just used them They've been taken away! Betty was a bright one I suppose you were a victim They've been taken away! 04/02/2008En Plan 81![]() En plan así. Hoxe saimos en Compostela. 06/02/2008Felisidades, Alba!![]() Dubby Joint! Felisidades, tola! 07/02/2008Fuse replacement -if available-![]() Onte voltei escribir. De ramplón. Tras un silencio de máis dun mes. Moitos días de deus. Unha máis, unha menos, unha máis, unha menos. Gañará o inaudito. A poesía é un crime e dá tranquilidade. Onte, tamén, houbo unha ameaza de bomba (sensual) na facultade de filoloxía. A miña facultade. Pertenceme. É miña. Con dúas casas. Se caes, tesme que pagar 2000. Estás no cárcere. Gañei! Monopoli académico. Máster. En breve vou ao instituto a explicar que quero dar Panero nas prácticas. A saber con qué saio de alí. Important information for your safety: Mirando o aire ao revés non entenderás outra cousa nova ao outro lado. Ensaiamos Skaiola hoxe outra vez again. Gañas tolas, tolas, tolas, tolas, ska, ska, ska, Skaiola silence rompendo o silencio e tendo en conta moi poucos factores brétema e todo iso. Bilingüismo harmónico e punto. O resto dá igual. Quei o entendes... Non irei moi lonxe![]() A xente pregunta por min a terceiras persoas e non sei qué é a xente. A xente é así... Siii... O verán, siii... Que siii... Hoxe ensaiamos, si. Ola, Raquel! Mañá práctica de carro. Mirar movidas de Galeano. Galeano. E tal. Siii... O verán, siii... Que siii... Non é así... Poesía. Preciso seguir coa poesía. O poema que nunca escribín agora por 300 euros ao mes en samuel o máis tonto punto com. Deceas. Deceas. Unidades. De ceas, imos de ceas ou de viños. De viños non. A foto púxena ao tuntún, bobos! 08/02/2008Atensión! Pregunta![]() Suponse que alguén coma min pode ter un sertificado de imputasións do IRPF? Ao que se cheja... Á tarde teño que ir faser unha radiojarsía do xeonllo. Para a semana, ao traumatólogo a que me diagnostique. E tamén a facenda (visto o visto). E a seguir practicando no carro. Carro mato. Galeano é un puto crack. Demostrareino. Pájaros prohibidos (Eduardo Galeano)![]() Los presos políticos uruguayos no pueden hablar sin permiso, silbar, sonreir, cantar, caminar rápido ni saludar a otro preso. Tampoco pueden dibujar ni recibir dibujos de mujeres embarazadas, parejas, mariposas, estrellas ni pájaros. Didaskó Pérez, maestro de escuela, torturado y preso por tener ideas ideológicas, recibe un domingo la visita de su hija Milay, de cinco años. La hija le trae un dibujo de pájaros. Los censores se lo rompen a la entrada de la cárcel. Al domingo siguiente, Milay le trae un dibujo de árboles. Los árboles no están prohibidos, y el dibujo pasa. Didaskó le elogía la obra y le pregunta por los circulitos de colores que aparecen en las copas de los árboles, muchos pequeños círculos entre las ramas: -¿Son naranjas? ¿Qué frutas son? La niña le hace callar: -Ssshhhh. Y en secreto le explica: -Bobo. ¿No ves que son ojos? Los ojos de los pájaros que te traje a escondidas. 09/02/2008En Plan 82En plan ¡Venga! ¡Vamos! ¡Ha llegado la mañana! 10/02/2008Como eses momentos![]() Nos que, hostia, nos que coñeces un novo grupo que sabes que podería ser o teu grupo de referencia para sempre pero non o acaba sendo por sabe deus qué caralladas, pois así é como cae todo do meu escritorio ao chan potoplof todo ao chan e a ver se me vou xa para Porto para volver de Porto e notar cál é ese cheiro que ten o meu cuarto que de tanto estar dentro del xa non aprecio recoñezo e non me dou conta. Prácticas no carro embrague desembrague curva para un lado curva para arriba rotondas e máis rotondas temos un goberno que nos solucionou a vida a base de rotondas. Non quero publicar nada e non quero deixar de dicir todo o que quero dicir e de que alguén o lea e non ser un medio de información para ninguén. Escoitade un grupo que se chama a si mesmo Braghe Corte e deixade de sinalar aos gardacostas cando se aproximen cun pequeno mostachiño baixo o nariz porque non se limparon despois de tomar un café ummm un café agora e espabilaría a deus hoxe vou escribir e reorganizar a iso vamos iso todo. Skaiola mola porque rima con mola. Por exemplo e por tal cousa e por tal outra. As bragas curtadas pola metade. As sachadas futebol que nos deu e merda nos nocellos. Os campos que aínda non atopamos e o ceo que non miramos en toda a semana. Sudamérica sempre. Loita sen ideas ideas de liberdade individual liberdade sen pobos sen cultura e sen ánimo de blasfemar. Temos stereofobia!!! Temos stereofobia! Xa ninguén se detén a falarme! Por que será? Será que teño máis indometacina nos riles que... Xa non lembrades iso? País busca pobo. Tolo busca comunicación. Busca lectores. Busca minas arxentinas. Encantaríame que Madar voltase ao depor e fose o MVP. Voume tirar no medio co campo beberme unha cruzcampo e chantarme unha cruz no medio do ano. Bicádevos e non teñades nada claro. A vida é así. 11/02/2008Non me operan!![]() Non, meus e miñas. Hoxe paseime polo traumatólogo e disque pasan de fedellarme no xeonllo. O diagnóstico que me deu o meu traumatólogo (xa lle digo "meu" porque me paso cada dous por tres pola súa consulta) é que me metín tremendo carallazo no xeonllo e que tiña o menisco inflamado (ou algo así). Un hostión, vamos. E agora teño que tomarme uns trippies e darlle crema ao asunto durante cousa de 3-6 meses (fai coña que me dese unha precisión así o tipo) e descanso. E do resto nada. Nadal. Miguel Anxo. Sempre. 12/02/2008Loco (Eduardo Galeano)![]() La guerra sirve, la paz es militar La democracia se empeña en olvidar Y es cuerdo el que lo entiende y lo justifica, Soy un loco que sueña un mundo sin militares. Estrañezas-¿Sabes por qué se les llama así a los partidos de izquierda? (Salto feminino. Ombreiro feminino colisiona con queixada masculina. Boca masculina, dentes incluídos, case rebenta) Skaiola, estado da cuestión![]() Mentres continuamos creando novos temas a cascoporro, imos colgando algunhas historias no noso SPACE. Desta vez trátase dunha especie de intro, susceptible de ser reproducida nun comezo de concerto. Flipándoo, vamos. A idea non era colgala, pero até que non vaiamos metendo algunhas grabacións dos temas novos, pois tedes con que vos entreter! Veña, non deixedes de vos pasar polo SPACE, familia borrokal! Aúpa Skaiola, hostia! 13/02/2008Léxico do desentendemento e mexo inducido![]() Levo toda a mañá mexando porque levo toda a mañá bebendo e toleando con Galeano. De feito ía colgar un texto acompañado dun audio (audiolecturatorturadura) pero o goear desanimou tremendo estado entusiasta. Hospitalizado por ferida de MEXO. Vai foder dar as aulas sobre Galeano porque non vou estar á altura metro noventa de filólogo de quenquén que non van estar á altura e vou inducir a unha pequena porción da sociedade a non se acercar na vida a Galeano. Galeano: Dejen que los niños se acerquen a mi. A miña invención. Perdido pero non esquecido. Alguén sabe cál é o currículo que se segue actualmente en bacharelato e en qué DOG ou BOE está publicado? Teño varias posibilidades e non sei e tal cousa e eu son aire aprendendo a saberme continuado no vento. Só o condeado se salva. Só o condeado se salva. Só o condeado finalmente queda vivo e é das cousas máis belas que se teñen dito. Perdinme pero non estou esquecido. Quei mexei esta mañá e quei bebín auga e quei miro cousas e que pouco fago a fin de contas. A María Vence censúrana Pepa deixa o fotolog Evita non ten móbil ou se o ten gárdao para ela mesma Sara escribe por momentos e por tiróns e eu son o vento que me golpea na cara. Esta semana pode rematar con unha para setembro unha bolsa non concedida algún tema novo de skaiola e unha quiniela rachada nun caldeiro do lixo. Escoitaremos os mesmos sons e estaremos sos da mesma soidade. ESTAREMOS SOS DA MESMA SOIDADE! Samo, un tío con sorteSon un tío con sorte, relativamente. Por exemplo, nese vídeo podedes ver como o carro pasa polo meu lado e eu tan tranquilo. Por exemplo, finalmente aprobei o exame de Historia da lingua I, que tan mal levaba. Cuestión de sorte? Si, supoño. A verdade é que me fodeu non ir mellor ao exame de como fun, pero en fin. Nada. Xa ando todo contento. Vou matar este día![]() baldin bada é unha cansión que é miña non dun grupo que se chama igual que a cansión nin tampouco do grupo que levo no lombo. ando raro mesengeristicamente. aurrera. quero matar este día e mañá renacer limpo e relucinte nun sitio diferente con xente nova con arrecendos novos borrando todo o que teño e todo o que non teño e todo o que é e todo o que non é. renacer e reinventar todo nunha nova vida cunhas novas persoas ás que defreaudar con nova poesía con novas cousas que escribir con novas referencias e sen vírgulas sen vírgulas sen unha soa vírgula. non me gusta como escribe case ninguén. non me gusta como escribe case ninguén. e tampouco me gusta sobre qué escriben. para nada. para nada. para nada. para nada para nada estou para nada para irme a calquera outro sitio con calquera outra cousa no peto esquerdo con ninguén que me fale dos dereitos de ningunha cousa con ninguén que me diga que non que así non se pode que estamos nunha democracia que mira o que fas que pórtate de tal xeito non cuspas non quero lapos na beirarrúa. os inventos do momento. as entradas grandes. a sinxeleza das cousas. non quero falar quero beber viño e meterme na cama borracho sen pensar en que me levanto mañá e sen pensar en engurras en ningún lado e non quero pensar non quero ter que facer nada non quero facer por entender non quero poñerme no lado contrario quero ser todo o egoísta que podo ser que é moito de deus. deus e a puta que a fixo. señoras e señores vestidos de sport. señores de traxe. voume para cama. mañá é xoves. isto foi todo o que deu de si este día. mañá terei que erguerme máis cedo para facer todo aquilo que finalmente non fixen hoxe. hoxe non quero este hoxe. mañá quero espertarme morto como nun estado diferente. unha morte viva na que pasen cousas cousas ONE THING todo vai estar ben. esta canción é miña e todos os que entrades aquí e non a escoitades non merecedes máis que ONE THING. débovos un bico cada un de vós. os que asinen esta entrada levarán un bico. prométoo. son deus e vos sodes os que lle puxechedes nome á tolemia. 14/02/2008Viña 2008. Grupos e consideracións![]() O viña 2008 xa ten o cartaz fechado, con todos os grupos confirmados. Se non queredes deixarvos a vista coa imaxe que empreguei eu, podedes clicar AQUÍ e ver o cartaz nun tamaño normal. Realmente, non me emosionan moito os grupos que van. Vou mirar a qué iría cada día. 1º: Sepultura, Molotov, Albert Pla... E pouco máis, realmente. 2º: Los Suaves, Ill Niño, Obrint Pas, Narco, Sorkun, Huecco (en directo gaña, aviso)... Si, o segundo día merece un pouco máis a pena. 3º: S.A., Siniestro Total, Muchachito, The Locos, Soulfly, Berri Txarrak, Habeas Corpus... Si, outro gran día. Pero, a verdade, é que xa vin case todos eses grupos. Eu comezo a apostar fortemente polo Derrame Rock. E máis dende que vin que entrarán no cartel Betagarri e Banda Bassotti. Ademais de ser moito máis barato, máis preto e que a Villarrobledo xa fomos unha vez. O debate queda aberto, señores e señoras. Quero opinións ao respecto e que a xente se vaia mollando. Las pequeñas cosas (S.A.)![]() Ahora ya sabes a lo que me refería. Te mueves por las calles de la incertidumbre Nuestros principios más sagrados Y al final, como siempre se suele decir, Son sólo ciclos cada vez mucho más cortos, Siempre buscamos las respuestas ¡Pero me dijiste que si lo hacíamos...![]() ... No tendría que lamer tu culo cuando acabases de cagar! -Samu di moitas cousas, nena. Ouuu... Yeah! 15/02/2008Expresión que emprego con algunha frecuencia, que é máis significante que significado, pero que ten algo de significado![]() Faltan balas neste país. Xa o deixou dito Bakunin![]() Mikhail Aleksandrovitch Bakunin: A paixão pela destruição é uma paixão criativa. Despois só viñeron Hakim Bey, Bukowski, as mulleres, o alcol e a música. E con todo iso, tirei para adiante. Explicado queda todo. 16/02/2008TV e soidade![]() Ánxela, disposta a almorzar, diríxese ao salón coa bandexa na que leva o seu leite e as súas caralladas. Samu, por puro aburrimento, comenta: -Oh! Ánxela non pode escapar da súa dose de raios catódicos e corre cara a tele... -comentario bastante bobo, por certo. Ánxela contesta: -Vale! Que? Non quero almorzar soa. E entón un dase conta de que a súa irmá pensa que as persoas que saen na televisión son persoas que lle fan moita compaña, son os seus amigos e os seus rivais, fanlle sentir ou non sentir... Pero, sobre todo, seguro que lle venden moitas cousas. 18/02/2008En Plan 83![]() En plan así: desdebuxado, desenfocado, algo que treme, unha mestura estraña, que non ten ollos (porque os censores rompéronos na entrada do cárcere -cárcere de Liberdade), algo a quen certo orgullo alleo lle fai dano (tal é como esta sendo). Pero alguén libre. A clase de persoa que canta seguido algo semellante a un Sloioioiooo... 19/02/2008Descarga Borrokal!![]() Pasádevos por AQUÍ e descarregade unha espesie de maqueta dos Skaiola. Cun tema novo en modo boseto-acústico. As cousas boas![]() Os meus alumnos, os que foron os meus alumnos estes dous días, fixeron de hoxe un día da hostia. Déronlle un pouco de senso e eu teño os meus antollos e non teño lentes que emprego lentes de contacto e con tacto falo de cada cousa que un nin se imaxinaría. Eu teño unha amiga de pelo vermello que chega a se confundir e, ás veces, fai que dubide e non consigo querer que me queira. Daríalle a miña vida pero non teño nada por vivir. Vivir e as entradas de merda. Métome oito dedos no cu e escoito como me zoscan con ferros no peito. O meu sitio é para min todo o que o meu sitio pode chegar a ser quero ter unha portada xa que alguén remate a portada xa porque quero ter un poemario dixital para que o descarguedes xa igual non lle poño a portada que impaciente es samueliño o noso samueliño curta o pelo e cuspe sobre altares mahometanos. Non quero nada de A. Hopkins. As quinielas romperon e os meus alumnos son a rehostia e déronlle sentido a todo o que me levo dedicando perdendo tempo faime unha fotocopia dos teus apuntamentos e créditos e hoxe si mereceu a pena. O pelo longo e non cambiaría a idea de dous punteos ao mesmo tempo. Ao mesmo tempo no mesmo lugar e os ollos vermellos. Que ninguén lea esta entrada... Shhhh... Bobos. Non vedes que esta entrada só é así porque os censores comeron o resto na entrada? -Teño unha amiga que cando quere calquera cousa colle chámame vén e despois vaise- 20/02/2008Felisidades, Pelps!![]() Pelps! Felís cumpreanos! Uooo...!!! Felisidades, Sara!![]() Felisidades, tola! Xa sabes a que hai... Gora Sara! Felís cumpreanos! Zuzenena sempre! La comunicación (Pedro Reyes)Homenaxe á pragmática. Woman (Wolfmother)Woman When you're talking to me She's a woman Well you're kinda looking at me She's a woman Woman When you're talkin' to me She's a woman 22/02/2008Apretando un moratónEntrada etílica. Etílica. Erokisto. Estou comendo un eroskito que é o equivalente dun huesito pero en clave Eroski e os teus dedos son os meus dedos os meus dedos arrecenden a ti e non teño calzóns. Bragas futebol non-será-nunca-como-cremos-que-será algún día falarei aquí de certas persoas ás que miro en plan "bufff... que matada... menuda baixada de nivel do pavo" ou a pavos aos que miro en plan "quéresme matar e dáme igual porque son un home só entrando nun bar". Nada merece máis respecto que un home só entrando nun bar, nun pub, na túa boca, na túa puñetera entreperna. Así que que ninguén tropece co meu ombreiro. Só eu son deus e esta noite é túa. Boh... Como todas as putas noites. Froitos. Coitos. Loito = Luto. Quero volve de Porto e quero ser LIBRE NAIZ. Boh...
Ola! Máis material![]() Xa temos temas novos temas colgados no space, amén de aljunhas fotojarsías de ensaios e así. Jrabasións precarias. Musicopedagoxía do desentendemento. Terrorismo pasteloso. Xa sabedes. Pasádevos por ACÁ e disfrutade (ou non) de tremendas caralladas. Aúpa Skaiola, hostia! 23/02/2008Bombo - Caixa - Ritmo Ska![]() A idea vai por aí e o meu poemario só agarda unha especie de portada para poder ser difundido e que non eu que sei. Baixamos a muros xa había tempo dende entroido unhas semanas baixamos a muros e quero botar un póquer póquer si. Unha guitarra unha distorsión un cante menudo cante samu segue andando porque se sabe odiado e samu sábese odiado un pouquiño para adiante patetismo situasional samu segue para adiante o luns acepta unha bolsa e ten que faser a memoria do cap cap capdenal. Capcaudado. Roque mandoume unha sms esta noite. 4:34. Literalmente esta sms dicía o que segue Eta, deja alguna discoteca... en directo. no avante. pensei que sería divertido. non vexo que te rías. agora si! así me justa. Roque é moi crack de deus maradooo maradooo maradooo mamamamamamá mamamamamá mae per que enamorato so ho visto maradona ho visto maradona... Fucking funky man. Esta semana promete movemento o vento aire en movemento e vaite para alá para alá para lá para un alalás que solto vesme ti con esas pintochas. Waiting in vain for your love grande bob marley bob é todo o que se debería ser nesta vida e son racista como ben me indican por ese sitios e non me atopei a dous hippies nin a un negro na rúa. Xogos de sombras. Rúas en obras. Cervexas e minis de atún algún de xamón e queixo. As resacas animan as ánimas. Eu hoxe voume e voltarei como acabo voltando sempre. Waiting in vain (Bob Marley)I don't wanna wait in vain for your love; Like I said: I don't wanna wait in vain for your love; Ajradesementos borrokais![]() Quería ajradeser a todos aqueles que van recollendo os nosos pasos a nivel músico-drogodependiente. Aos colegas do Xornal Certo, polo seu seguimento ás nosas movidas. Aquí e aquí tedes uns exemplos. Aos diferentes colegas blogueiros, xa sexan da familia, da peña, da Pezoca, do Comando Poético Dos Regos-Sigrás ou dos alrededores. Tamén obrigados por todas as visitas e os comentarios de apoio e de gusto/disgusto. A ver se sejimos imos para diante, meus e miñas! Aúpa vós e aúpa Skaiola, hostia! 24/02/2008En Plan 84![]() En plan mínteme. 25/02/2008Aquí antes había un artigoPero o primeiro é o primeiro e se penso en bicos it sounds like Ararrrarararrr... 26/02/2008Olivas![]() A frase mental do día: Por que lle meterían mortadela ás olivas? -é tarde de carallo e continúo co tema da memoria do CAP pero non non non non me acordo e nada e falo cos novatos tactos gatos pratos fidel castro fidel castro fidel castro as sesións de seguimento e esa merda- -pasadomañá vou meter un lapiseiro dentro do cu e vou remexer- Te sigo (Calzones Rotos)(...) Siempre yo te sigo a todas partes. (...) Para pragmática, a miña, copón!![]() Caso 47 – 2008 Muros, 24 de febreiro de 2008. No automóbil, volvendo de saír ás seis da madrugada. Unha pasaxeira (P) de 21 anos, galego-falante, e un condutor (C) de 23 anos, castelán-falante. Úneos unha relación de amizade. O condutor, despois dun silencio no automóbil, decide poñer música. 1 P: antonio, me puedes hacer un favor? (...) Caso 50 – 2008 A Coruña, 21 de febreiro de 2008. Nun local de ensaio dun grupo. Un rapaz (B), de 22 anos, e outro rapaz (V), de 23 anos. Fan un alto e B comenta algo que lle aconteceu nas aulas. 1 B: e logo, hoxe non colleu un de clase e púxose que se estos del país vasco que son todos terroristas que tenía que entrar el ejército...? 27/02/2008You're on the top when I'm feito cacaO meu poemario segue retrasándose. Igual acelero o proceso como cando lle dás para adiante ao microondas de Muíño do Vento. Proximamente convocarei un novo concurso. Desta si que darei premio. Pode que sexa un premio do peor, pero será. Xúroo polo meu sangue. E igual monto unha nova páxina. Avisos. Vou meter café e cigarros nun cousa negro. Entrada en modo PUM![]() Café e cigarros Obrint Pas en directo Le Rispote de Persiana Jones Sito Miñanco, preso político Sols el poble salva el poble In-komunikazioa Hotel California en versión ska-punk Algo de Zen Guerrilla mentres alguén baila baixo o parpadeo dunha luz E agora... Xa é tarde para que che pida o teléfono? ... -Mañá máis e mellor- 28/02/2008II Concurso de Nomes de Pelis Porno "Arrechéjateme"![]() Si, aditos e aditas ás turbocaralladas de índole insospeitada. Volve a este blog de merda o Concurso de Nomes de Pelis Porno. Trala masiva partisipasión da pasada edisión, a demostrada creatividade de todos os partisipantes, o feito de que moitos quedaron coas jañas de partisipar e que o mundo do porno en galego seje tan parado como o pito de Ramón Sampedro... Desidimos voltar á carga e montamos unha nova edisión do asunto. A idea de este concurso, como na ocasión anterior, é dar un pulo ao floresemento dunha industria pornográfica na lingua do país. Como creatividade aquí non nos falta, imos poñer unha primeira pedra á espera de que algunha produtora poña o que fai falta para levar a cabo algunha das ideas que aquí se irán lansando, cal cóctel molotov. Así, miñas e meus, queda convocado novamente o...
As rejras voltan ser as da edisión pasada: 1.- Os títulos das pelis han de ser orixinais, non tradusións de outros títulos de pelis porno e han de ser en galego. Se queredes ver aljúns exemplos podedes ver os presentados na edisión anterior. 2.- Cada persoa pode enviar tantos títulos ao concurso como se lle antolle. 3.- A diresión á que debedes mandar isto é: arrechejateme@hotmail.com 4.- O praso para a presentasión dos títulos rematará o 30 de marso. Ese día coljaránse na páxina os títulos para entrar, entón, na fase final. A partir de aí abriráse un praso para as votasións, que se realisará en forma de comentarios no artijo onde estean postos os títulos. O praso de votasións rematará o día 16 de abril. 5.- Os votos emitidos dende o anonimato non se sumarán. 6.- Só se poderá votar un título en cada comentario. Os comentarios con dous ou máis votos serán nulos. 7.- Cada persoa poderá votar tres millóns de veses. 8.- O jañador ou jañadora levará un premio sorpresa que fará las delisias de los mayores de la casa. Desta ves vai en serio. Terei que ir pensando qué se rejalará, asmito suxerensias. Eu pensaba en invitar a uns cacharros ou practicar sexo oral. Aljo dese estilo. Veña! Empesade a darlle ao maquinillo e a mandar títulos ao correo como túsaros! Ajardamos a vosa colaborasión! Arrechejádevos! |
Archivos
TemasEnlaces
|