Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2008.

San Lucas

vivir na rúa
san lucas
non fixo desta estancia na cidade
algo mellor que en datas anteriores

as vidas son así
aburridas e aínda polo menos
sei que o panadeiro abusa
da súa filla

sóubeno dende o primeiro día

míraa como se fose o pai
de todas as nenas
e esa fose a única que non o é

isto só pasa en san lucas

o panadeiro
non fai un pan mellor que ningún outro
pero ao abusar da filla
todos o notamos máis tranquilo
e mesmo dá volta de máis
algún céntimo de máis
que ao cabo do ano
tradúcese nun euro e pico

a rapaza nunca saberá
que o prezo do meu silencio
que se non denuncio o crime
que o seu pai comete sobre ela
vale
un euro

un euro que
igual
ao cabo do ano
xa teño guindado pola xanela do carro
por saberme
sinxelamente
ser o puto peor
01/07/2008 11:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Mulleres

deben ser
bótolle eu
que deben ser preto das tres da tarde

moi tarde de deus
para alguén que debería ter
entrado a traballar ás sete

as miñas faltas son
cousa da muller que teño ao lado

aparezo diante do espello
e aínda teño na barba algún peliño
da súa melena

tíroo coa man esquerda
agardando un maior crecemento sicolóxico
de xeito involuntario

acércome até a cociña
intentando non facer ruído

non quero espertala

non por respecto

é que polas mañás
o mínimo que fai
é trabar o brazo da persoa máis próxima

de aí para arriba

case nunca ten pesadelos

mais cando os ten
reparte cobadazos
e berra nun idioma que penso
precolombino

acércome á cociña
chanto o coitelo no peito do can
e deixo que o sangue encha unha cunca
azul

bebo o sangue do meu can

o can agora xa está morto

bebo sangue de can morto

aproveito para chucharlle o piroliño
de can morto

volto ao cuarto coa boca
chea de sangue
coágulos
e arrecendo a collóns de can morto

déitome ao seu lado

a iso das cinco chegarán
os nosos fillos de pasar a noite
en casa duns amigos

confío en que todas as guerras
continúen sendo sen motivos
convincentes

todas as mulleres están durmidas
a estas horas do mediodía
01/07/2008 11:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Fóra de sitio

20080701154618-cafe-ancora-d-ouro-porto-.jpg

Estado de.

Anúnciase na miña casa que en breve deixaremos de gastar internet. Pero igual xa me colle camiño de Porto.

Teño un prato con restos de xeado diante miña. Tamén un sombreiro que dá calor para datas como estas.

Soa Rob Zombie agora mesmo.

Penso en que vai sendo hora de mercar un disco duro portátil. Buscar bos prezos. No meu cuarto en Porto pechareime para escoitar música soíño. Necesito todo o tempo do meu cuarto de Porto.

De momento, xa teño o primeiro elemento decorativo para o cuarto: o cartel do campionato de fútbol de salón que organiza Fe.

Soa Calamaro. A última vez -ou unha das últimas veces- que escoitei Calamaro perdín algo a cabeza. Estou no punto de perder a cabeza. Tratando de cambiar emoción por canción.

Estarei no Porto, entrarei no Café Âncora de Ouro. Todo o mundo coñece o bar como O Piolho.

Para que ter internet? Se non hai conversas, para que internet?

No tan Muros.

Ás veces parece que estou, pero voume.

Acabo de lamber o prato como cando ías ao que antes era a Vouga e andabas enredando na especie de parque cheo de ferruxe que tiñan por atrás. Ías a misa, nos domingos non había resaca. Botaban repetido El Gran Juego de la Oca. Pero como ías a misa perdías parte do programa.

Muros. Uuuuhhh...

Son parecido a todos vós e todo o boas que estades foi grazas a tanta boa música.

Seremos un mundo aparte.

Acabarei andando por Coruña. Un quere algo e pídeo, pero igual, por inocente, fódente.

Préstasme vinte pesos?

A Muros hai que ir de vivo e ao vivo. Coa pel do revés, de fóra para adentro, para que che ferva pel porque Muros foi feito/a con sal.

Nacemos desorientados e educáronnos como imbéciles.

En Muros tomando cañas, ríndote de calquera cousa.

Cáenos case todo o mundo daquela maneira. Pero amamos a case toda a vila. Amor sexual inclusive.

O Piolho. E eu que son de Muros acabarei estando no Piolho.

O resto, dá igual.

Os créditos dos bancos están prohibitivos e a crise durará até finais do 2009.

Debería quedar so na vida. Xa mo dixeron unha vez.

Ti vas quedar so.

Volvo tomar aire.

Saúdo ao resto da miña vida.

01/07/2008 15:46 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Escoitade isto

20080702092244-logo-op.jpg

E dicídime que non soa a Mano Negra.

Agora saio camiño da Coruña a alugar o cu. Cando volva xa colgarei cousiñas novas, entre elas unha entrevista a un pedazo de personaxe.

Hai demasiado sol para o que quero.
02/07/2008 09:22 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Carlos, Xesucristo musical

20080702171515-carlos.jpgRapases, rapasas e aves rapases do universo nada mediático no que viu en ser esta páxina. Hoxe contamos coa presensia en esensia dun personaxe tamaño bungalow: Carlos. Antes de meternos en profundidade, unha prejuntiña para ir tomando contacto. Carlos, que lo?

Síntome un pouco tiroliense pero nada jrave, só que me justa vivir a miña vida como a viviría un vello no monte, con bastón e complementos.

Carlos é coñesido por moitos como o tipo que estaba en Razzia. Que foi dese jrupo, meu? Como anda o tema?

Xa paramos de darlle ao candil tío. Mellor que quede como un bo recordo que andar cheirando como aljún jrupo que coñezo... Pero bueno, así non estamos tan estancados musicalmente e podemos darlle brasa noutros grupetos.

Ajora na actualidade ten da orde de catrosentos proxectos. Está metido no tema de The e, tamén, nunha peripesia coñesida como The Concepts. Fálanos destas dúas movidas, meu.

Non podo estar quieto... Como decía a miña avoa cando era máis neno "Tes o formijiño no cú carliños!".
Iso é porque serei automutilador precoz macho, jústame mutilar as mentes dos que escoitan a miña música pero ijualmente a miña. O rollo THE tivo inicio cando vin unha peli chamada "CONTROL" que me fixo perder o control. Esa biografía da vida do cantante dos Joy Division en forma de filme fíxome cambiar a forma de ver todo, sacar un pouco a especie de madurez mental que tanto escondín por non parecer un "malvado social", pero bueno, tamén tiven que facer un traballo para a escola, así que tiven que crear un grupeto en plan chiste: "os concepts" un rollo máis light e menos serio claro é, pero como o membro fundador dos concepts morreu nun accidente de scooter na Coruña, Rubí o seu amijo da ialma siguen cambiando o estilo e facéndoo máis electronico... Pero bueno, agora xa é o verán e estou grabando uns temas que darán a luz dentro de pouco, en plan cantautor, chamareime "O flautas" revivindo o estilo peculiar dos punkis de flauta. Xa teredes novas dese proxecto moi pronto!

Así mesmo, moitos e moitas o coñeseredes por ser parte fundamental do proxecto filoterrorista emosional que era Skaiola Borrokal. Como foi a túa experiensia no jrupo? Renaserá das súas sinsas?

Personalmente,pareceume unha boísima experiencia, xa que foi o que me permitiu éste ano estar en plan peña. Todos somos amigos e eso foi o mellor do grupo. Ademáis por culpa de que fixemos florecer un estilo pouco común, o "skakustik Borrokal", tiven que mercar unha chulada de guitarra acústica en Alemania e non me arrepinto!

Despois quixemos cambiar o rollo e electrificar as cancións e introducindo batera, pero eso fixo que no auje dos skaiola caera ese ritmo de composición que tiñamos... Pero bueno, paramos fai uns meses, pero quén di que non surxa de novo a tolemia dos inicios dentro de pouco... SKAIOLA HOSTIA!

Cambiando aljo de tema. Este ano viñeches á Coruña a faser un siclo. Fálanos un pouco de en qué consiste e sobre se che molou e todo iso.

Sabes, o ciclo é unha tapadeira... Só quería verche máis a menudo, machote!(hahaha) Ahora en serio, o ciclo de produción audiovisual pareceume moi bo e aprendín bastante pero non o suficiente para o meu gusto. Fixo que me interesara moito máis polas técnicas no cine, na filmación e a preparación para facer un videoclip, curta ou longametraxe. Xa teño máis ou menos práctica en cómo preparar tamén un programa de radio, entrevistas, reportaxes... Un ciclo moi completo para unha mente moi incompleta.

Que tal a vida na Coruña?

Bueno, aparte de que estiven vivindo no cú do mundo, pareceume bastante decente polas noites. Moitos baretos onde pinchar un criollo e puticlubs cheos de graxa.

Para o ano seica vas vivir con Miguel, Manu (lorolololó) e aljún peixe máis. Es consiente de que a polisía nasional xa está ao tanto destes movementos e que á mínima acabades todos incomunicados e sendo torturados por vándalos e drojainómanos?

Sabes que probei aljo parecido a juantanam(era), non? Para min eso non é un problema, ho! Sempre existirá o soborno non? Pero bueno, imos ensaiar no piso con THE, así que fijo que virán mais de unha vez... Xa vin a unha veciña espiándonos cando fomos ver o piso. Xa a teño fichada...

Como todos sabemos, as vellas están mellor mortas que no sine. Que opinas das jafas de sol que se poñen agora as rapasas e que lle cubren toda a cara?

Ei! esas gafas son caralludas!P robei unhas e parece que estás nunha nave! Bueno, ahora en serio, se queren parecerse á mosca van polo bo camiño.

Creo que vin a unha o ano pasado buceando na praia de San Francisco con gafas así...

Se España fose un donut, Madrid non existiría. Cara onde está avansando o mundo da música?

Mira, por moito que digan: "a industria da música cae a pique" ou "os piratas fan que haxa menos artístas", mentira...

Sabes? Eu penso que grazas a internet, todo o mundo pode escoitar a música que quere e ir explorando novos ou vellos grupos musicales. Eu escoito ska, punk, trip hop, hip hop, post-punk, alternative rock, black metal... Grupos de música italianos, franceses, irlandeses, canadienses, peruanos, nipóns e ata galegos, macho... Sobre todo aquí en Galicia, estase expandindo unha tendencia ao Galician bizarro, que son grupos novos de vilas galegas onde o seu interés é ser distintos do lote. Grupos como Fran3s, Jimenez Los Santos, Les Telephones Rouges, Novedades Carminha... Esto é o que chamo eu escoitar música e non ás merdas industriales de fábricas que botan nos 40.

Ajora a secsión que fai as delisias de jrandes e enormes. Póñoche palabras ao tuntún e ti tes que poñer o primeiro que se che pase pola cabesa. Imos:

Forno: Calentito
Sentido: Cruasán! miam
César: Boloco
Favor: Sexo
Fotografía: Espidos!

Pois até aquí o noso tempo, rapasolo. Obrigado pola túa colaborasión. Ajardo que nos vexamos pronto. Saúde! Gora Jrucho!

Jrasias a ti, Samo, Melide is not Spain! Kalimotcho! Por se aljún tolo me fai caso e é máis intelixente que a minoría, pasádevos polo meu blog del infierno onde se pode ver un retrato robot de min cun sombreiro: http://jrucho.blogia.com , saúdos!
02/07/2008 17:15 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Prejuntos e respostos Hay 1 comentario.

Labirinto

20080703003703-labirinto.jpg

En Porto hai millóns de baretos e tascas que prometen.

Labirintho e máis cousas.

Pola mañá apunteime en 4 etts. Cando van arder?

Carné xove euro non sei qué. Pousadas da juventude.

Labirinto e tal. Patear o impateable. Irlle ao Mazaricos so.

Vertixe.

Quartos. T-2.

Cantidade de ideas, concertos, teatro. Non son un gótico.

Fáltanme unhas 8 conversas. -Puntazo de parágrafo-

Non teño un barco en Irún.

Non teño un barco en Irún. Nin 1500 quilogramos de nada con nada de calidade media.

Non teño millóns de cartos agardando na porta. Non teño case nada. Nin roupa moi distinta da que poño seguido. Non ter é o camiño.

Rápido.

Otro tonto y monto un pollo gordo. Bobo, te cojo y te pongo rojo, avergüenzate.

Desordeno as variábeis espazo-tempo.

Quen é o único pasaxeiro?

Veleno negro é o que teño en troques de sangue. A tatuaxe está facendo efecto e xa ardo.

A lama.

L.E.D.O.

-Hostia! Estou tolo, rapaz!


-...


-É que non me ves sorrir? Hostia-puta! É unha cuestión moi fodida, meu. Moi fodida.


-...

03/07/2008 00:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Ni una más (Habeas Corpus)



Ni una más.
Ni una sola víctima más.

Ya no más.
Ni el más leve gesto de ambigüedad.
Ni una más.
Ni una actitud tendente a justificar
la violencia contra la mujer como algo natural.
El macho está sumergido en plena crisis de valores,
observando perplejo como su mundo se viene abajo.
Se siente acorralado y herido en su fuero interno.
Se siente amenazado y más victima que verdugo.

El gallo del corral pierde su autoridad.
Se cuestiona y pone en duda.
Se desploma y se derrumba.
El gallo del corral se niega a claudicar,
a compartir su hegemonía y a perder su supremacía.

Ni una más.
Ni una simple y llana humillación más.
Ya no más.
Ni un solo ataque contra su dignidad.
Ni una más.
Ni una mujer rendida a la autoridad
o sometida al gobierno del falo y presa del "que dirán".
El macho está receloso.
Su figura pierde peso.
Ve como sus privilegios son superados por el paso del tiempo.
Se siente traicionado por los de su propia especie.
Se niega a ceder espacio y piensa morir matando.

El gallo del corral pierde su autoridad.
Se cuestiona y pone en duda.
Se desploma y se derrumba.
El gallo del corral se niega a claudicar.
A compartir su hegemonía y su supremacía.
Ya ni una más.
Ni una sola victima más.
Ya ni una más.
Ni una sola victima más.
Ya ni una más.
Ni una sola victima más
03/07/2008 10:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Días de merda. Versión 6.0

20080704005710-edward-norton5.jpg

Parte da miña merda de educación emocional, a máis primitiva, foi con Meat Loaf. Modo merdento. Cando estaba en Ordes.

Meat Loaf, anos despois, acabou saíndo en Fight Club, facendo o papel de Robert ’Bob’ Paulson.

A mole que fai de gordo adito aos anabolizantes era o pavo que cantaba nun dos primeiros discos compactos que rularon pola miña casa.

Como discos compactos lembro ese e lembro un de Dire Straits.

Hoxe estaba de baixón.

O disco de Meat Loaf non o atopo por ningures. Cousas de andarllo deixando a quen non debes e de ser -isto vai ir por min- un puto desastre organizativo -inda que pareza que non.

Hai unhas datas baixeime novamente o disco no que sae esta canción -é coa que abre o asunto- así como outros discos de cando era máis canijo -por iso da saudade da boa.

E hoxe que estou de baixón tremendo, hoxe que vai todo bastante como o carallo e non se atopa significado a nada -eu non o atopo polo menos-, escoitei esta canción nada máis chegar ao meu cuarto -feito trisas- para chorar no peito de Robert Paulson.

Chámase Robert Paulson.

Chámase Robert Paulson.

Hai tempo que exerzo do Tyler das terapias. Supoño que preciso un golpe aínda máis duro. Eu durmo, seino. Pero tamén preciso desas tetas enormes para chorar metido no medio.

Somos unha xeración de homes criados por mulleres...

Supoño que chegará o momento no que haberá un cambio de rollo na cinta. Na industria chaman a certas pequenas marcas "topos".

Sabedes ver algúns topos?

Puta merda.

Si. Hoxe foi un día de merda e só tiven estas tetas -as tetas máis enormes nas que chorei xamais- para caer ao final do día.

Meat Loaf agora é Robert Paulson.

Mañá será outro día.

Chámase Robert Paulson.

Bob.

04/07/2008 00:57 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Superheroes galegos (Carlos Blanco)



Por Breogán! O todo flispín!
04/07/2008 11:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Paseando o baixón

20080704131707-escartin.jpg

Ímoslle a Boiro a jastar tempo, pernas e fíjado.

Paseando o baixón. Agardo que os de Banda Bassotti se fajan carjo de min e me paseen un rato pola praia e me dijan cousas tipo Boh, Samu, tío. Anímate, cajená.

Busco un líder carismático.

Mostra das Culturas. Hoxe Obrint Pas. Mañá Banda Bassotti. E máis cousas.

Ti a Compos e eu a Boiro. Boston-California.

O meu sentido do humor apetrena. Seino.

Deixádeme so. É o seu.

Para hoxe dan choiva a maso e vai ser de coña durmir nunha tenda inundada.

Biescas! Biescas! Biescas!

Que volva Escartín!
04/07/2008 13:17 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

É só un soño: Fary, que fas no meu "coche"?

20080707110907-2986372fary.jpg

Coa canción do título comezaron Banda Bassotti o seu concerto. Así o entendín. Curioso que cando chego hoxe ao ordenata e poño o Winamp a canción que está lista para ser reproducida tamén é esa.

Que tal por Boiro? Pois creo que nalgún sitio do planeta alguén debeu ter a de "Revolution" dos Toots en repeat. Exactamente iso.

Curioso é que, coa cantidade incríbel de anécdotas que apareceron por todos lados, a finde non será lembrada polas anécdotas.

O concepto definitorio do asunto é DESEQUILIBRIO.

Samu, o que pasa é que ti es un desiquilibrado e non queres ser felís.

Neruda chamábao galgo terríbel que mata cativos morenos.

En Santiago fixemos a mudanza de Roque. Fixemos de porteiros do edificio. Álex ten salpicaderofilia. Imos coller bus. Non se cabe. Agardamos outro bus. Quedo un rato SO nunha beirarrúa rodeado de milleiros de sacos, bolsos e mochilas. Roque máis tarde regálame un can quente (hot dog, maderfacas!). No bus debatimos a existencia dun Lidel. Disfrutamos, tamén, do acento inubicábel dun rapaz que berra por un móbil. Disfrutamos, tamén, dun rapaz ao que os amigos citan en Padrón para o seu escarnio. Tamén hai un notas que leva unha tapa dun bolígrafo a modo de brinco. Chegamos a Boiro ás 10 e pico e xa nos levan para o Pub onde pasaremos case todo o venres -ao que levamos licor café en función de viaxantes. Cámbiome de roupa ao lado da barra do bar, deixamos todo nun todoterreo e imos aos concertos. Alí facemos botellón comendo uns bocatas de mortadela en compaña dun colega de facultade e de Estefanía. Falamos de curtametraxes, música, experiencias sexuais, etc. O pack conversacional básico. Ímoslle a Obrint Pas. Todo xenial no concerto. Mais non tocan 1939, que lles pedín en semialaridos durante o tempo que durou este. Alí coñezo a Manuel que leva unha camisola de Betagarri. Ao amosarlle a tatuaxe a Manu, quedamos para o final do concerto para facer o intercambio. A coña é que el levouse a camisola da Churra e, cando despois o voltei ver, xa no Aturuxo, xa tiña unha de Obrint Pas. Manuel, un veterano crack. Pois iso, ao rematar o concerto, dirixímonos ao Aturuxo, ao cal guío a un grupo de skins raros, que mo agradecerán ao día seguinte con apertas e saúdos constantes (o que quedou deles, que o día seguinte será só un tipo tocho de melena. Xa dixen que eran skins raros). Alí xa vemos claro que o noso sitio será estar ao fondo tirados enriba do que se supón é un escenario. Despois imos ao Rock Star onde nos invitan a todo o que pedimos: grande Esther! Xogamos ao tozudo cun notas que durme nun sofá. Escoitamos cantidades enormes de frasoides. Devaneos noturnos. Ás voltas. Ráiome e quito os lentes de contacto e transfórmome nun gafapasta cósmico que non quere non quere non. Sei que cando, despois de flipar como fregan o chan do local, aparecemos nunha mansión enorme. Roque interactúa co medio e ao día seguinte espertamos na cama dos avós de Esther. Camas que teñen sistemas electrónicos para se erguer e mover. E mondadentes. Almorzamos entre frases como "por ejemplo, ¿María Cinta Fernández?", que me nego a explicar. Despois baixamos a coller a Alba no todoterreo e imos para o lugar de acampada.

-Quixen escribir isto como un parágrafo enorme por puro vicio, non pensedes que non podería ter separado o asunto, pero non quixen, non quero-

Voltando sempre ao mesmo lugar, á mesma xente que mirando está, ves como a vida pasa de longo e o reloxo non vai para atrás.

Somos reclusos do que nós mesmos temos montado. Da vida.

Desequilibrio.

Montamos as tendas.

Comemos. Chega o comando Compos-ourensán. Montaxe de tenda. Ataques de risa. Buscamos Eroski. Mercamos dúas bolsas de xeo sen saber para qué. O salchichón xa será outro conto. Mercar cousas Eroski center.

Comeza o espectáculo Empanada-Pim Pam Pum-Españoles!.

Botellón-cea xogos e espectáculo fraseolóxico:

-O mellor do mundo é atopar o salchichón, unha botella de licor café que non esperabamos, unha bolsa de maría, a discografía do Fary ao lado dun negro cachondo en bólas facendo un dueto con Chenoa e Ana Kiro.
-O mellor do mundo é un negro cachondo en bólas cun tanga de leopardo. (Pero si, en bólas)
-O peor do mundo é poñerlle as comiñas ao coche.

E máis.

Despois a rolos por Boiro. Procesión de palmas. Previo a Banda Bassotti, sapateados polo chan modo continuo. Concerto Banda Bassotti. Grandes. Mais non tocan "Piccolo Lupo". Indígnome, tamén, cunha canción que tocan nos bises e coa versión chunga de Mockba’993 (a cal mesturaron con outro tema e recurtaron sensibelmente). Non tocaron "Piccolo Lupo" porque nalgures está soando "Revolution". Coñecemos a unha tipa que nos identifica como... Amigos de Pena! Saír. Irlle ao Aturuxo again. Quítolle a Alba un tipo de enriba dun xeito tela de sutil, hahaha! Tónicas e Nesteas. Novamente Rock Star. Pim Pam Pum, espertar a todo un terceiro andar. Columpios. Tobogáns que non son casas de chineses. Chegar ás tendas e escoitar ei, pero dilles que non pasen da voz do... cantante de Nao!!! Persíjenos! E despois, un estridente esperade un momentiño, que Roque responde con dámosvos vinte minutos. Despois pelexaremos dende a nosa tenda cos que ocuparon a outra tenda para que nos rulen o Cacaolat. Cacaolat que compartirei con Alba na praia nunhas das máis grandes conversas da historia. Despois máis conversas estridentes en tendas de campaña e na mesa que foi vítima do noso botellón-cea.

Chegar a Compostela ao berro constante que segue a fórmula: mecagonacona + /ser humano próximo/ + que hostias che pasa?!. Si. Tremenda condutora: Si, a min váiseme a olla. Un día chameille subnormal a un retrasado, a un chaval co síndrome de Down. Estaba nun paso de cebra, non daba pasado e díxenlle "Cruzas ou es subnormal?". Despois case lle pido perdón. Pasamos por diante das leiteiras de nacional ao berro de A la de una, con Herri Batasuna. A la de dos, ETA, mátalos. Roque máis eu xa non sabemos ónde nos meteramos. Chegamos a Compos e quedamos tirados nunha beirarrúa. Tomamos unha simple. Collo o tren.

Chego a Coruña. Vexo o final da final (ese fodido pracer da repetición) de Wimblendon. Atopo o código para desbloquear o móbil (que estaba enigmaticamente bloqueado dende o concerto de Banda Bassotti), indúzome un derrame cerebral.

Durmo.

07/07/2008 11:09 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

En Plan 102

20080708102142-asco.jpg

En plan voume. Perdín tanto o contacto coa realidade que xa non estou.

Nin estarei.

En plan desequilibrio.

08/07/2008 10:21 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 2 comentarios.

And she/he's buying a stairway to heaven...

20080709232430-morto.jpg... But she wants to be sure
cause you know sometimes words have two meanings.


É como o minuto 4:16.

Exactamente como ese minuto.

Díxenllo a Agus, a María e a moitísima xente: só te podes fiar de ti mesmo e do primeiro disco de System of a Down.

Pero mentín.

Non te podes fiar de ti mesmo.

E só te podes fiar do primeiro de System of a Down se está pirateado dun xeito que na capa do disco en cuestión poña Sistem of a down.

Tarde de falar, beber, comer, entender, asimilar, perderse, non escoitar toda a música do mundo.

-Estes días tardei en facer unha entrada por motivos obvios e porque-non-fun-cio NA goear-

Hoxe escoitei Mercado Negro, Los Suaves (viajando al fin de la noche-alguien morirá esta noche...), Bob Marley, Bob da Rage Sense, grupos lusos que teñen cancións como Guía Sado-Masoquista... Estou so.

E nunca-nunca olvidarei... Para soportar a miña condena e para descansar as miñas penas... Quen me presta un corazón?

Tarde de Casa Encarna e tortillas que non prestan. Hai tempo tamén estiven en Casa Encarna.

A vida non é isto.

A vida non.

Que va.

E agora que?

Que queda agora?

Que alguén mo diga.
09/07/2008 23:26 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Parabéns!

20080710140248-glo.jpgEsta xente estivo de aniversario recentemente e para eles van os meus mellores desexos.

Por orde de aparición:

Glo: 28 de xuño.

Inés: 7 de xullo.

Pena: 8 de xullo. (Como sempre anda escapando de ter fotos e non tiña ningunha del con moito xeito puxen unha de Van der Sar xa que... son iguais!)

Sodes do mellor, meus!

Apertas para todos!
10/07/2008 14:02 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Estraño viaxeiro que nunca saiu do seu cuarto e que só voa en mosquitoides e nalgún que outro TABÁN RENEGADO

20080710231424-2054.jpg

Teño un mosquitoide no cuarto. O mosquitoide.

Lembro o mosquitoide orixinal como se fose hoxe o día do mosquitoide orixinal.

Andando pola Coruña pola mañá escoitei este tema e supuxen que sería o tema perfecto se recollese todo o que din outros mil temas. O contido.

A forma é sinxelamente perfecta.

Zen Guerrilla son xeniais. Por o propio nome do grupo e pola propia idea de grupo. Polo son e as cancións.

Se alguén o pode dicir ou FACER dun xeito mellor, que faga. Pero Zen Guerrilla e o mosquitoide, clavárono.

Zen Guerrilla.

Teño veleno negro no sangue.
10/07/2008 23:14 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Dame un momento que che vou ensinar a...

20080711114303-armadillo-dead-a02.jpg

É día 11. De xullo. Hai un ano, 10 de xullo, facía unha entrada das que van á altura do xeonllo e se transforman en triada.

Esa entrada ten moitas curiosidades.

Estaba comezando a escribir parte do poemario que colgaría tempo despois n’A Regueifa.

Acababa de nacer o Armadilho!!!

Un dos temas do momento era Correndo solo (igual que estou correndo hoxe).

A filosofía da derrota estaba xa presente (sempre o está).

A día de hoxe, igual que por aquel entón (odio a expresión "por aquel entón"), tamén durmir era o mellor xeito de non estar.

Resulta que o meu ideario xa era o texto que este ano rematarían por premiarme na UDC. Curioso. E non diferencio aínda nada diso. Aí deixei todo posto.

Amo a derrota.

A día de hoxe teño os xeonllos máis ou menos ben.

A palabra e a imaxe. Berba eta irudia.

Fun Harvey Keitel sen lentes de contacto.

Aquel foi o verán no que me choraba un ollo. Lembro.

E como sempre, a xente foi vindo a menos. A xente vai indo polo seu camiño e cada un vai quedando so. Correndo ou non, vai quedando so.

Maldade. Caos. Xabón.

Todo merece a pena porque todo, ao final, sempre morre.

E imos quedando sos.

11 de xullo de 2008.

Onte lin un poema de Buk no que o seu alter-ego blasfemaba así:

HOSTIA PUTA!

Creo que se entende.

Realmente, nunca me teño rido. Xamáis.

Escoitamos as nosas mentes?

Podo vivir deste xeito?

-remato de escribir isto. tiro o sombreiro da miña cabeza. miro arredor. fago as maletas. voume. adeus-

11/07/2008 11:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Nascer.Música.Morrer

20080713232915-photo-h.jpg

Nasces.

Música.

Morres.

Fin de semana que pensei que ía comezar relativamente ben con Toots e con Zen Guerrilla -Habeas Corpus no medio- e que rematou con Berri Txarrak.

Pero co Eskuak/Ukabilak. Non co Jaio.Musika.Hil.

Pedras. Mar. Esmorga. Esmorga. Ruflus-cansiño. Chaskys. Trabar. Country Roads. Actitud libre y sana. Acaso. Batasuna.

Fin de semana sen móbil. Sen motivo. Sen motivo. Conversar e conversar. Somos conversadores natos.

Somos conversadores natos.

Somos conve.

r.
SADORES

Nacemos. Conversamos. Morremos.

Nacemos. Morremos.

Música.

Oito tatuaxes. Teño veleno negro no sangue.

Curto o pelo. Faite un home. Incesto brutal parricidio na rúa seme sobre bebés nunha autoscola tres céntimos chantados nas cellas de todos os avós que nunca morreron nun serán despois de vir dun LEROY MERLIN.

Oito tatuaxes.

Nacemos.

Música.

Morremos.

-Os segredos están feitos dunha pasta especial que se vende ao peso en todas as circunstancias que nos dá todo o mesmo o mesmo o mesmo o mesmo o mesmo-

Os SEGREDOS están feitos de pasta con tantos aditivos químico-parlantes que non non non non non COMPLICADO.

Nascer.

Música.

Morrer.

-Ssssshhh... Quen estea aí debaixo, que se explique-

13/07/2008 23:29 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

A noria

20080714162245-noria.jpgNa vila onde nacín, nun recuncho da miña leira, teño escondidos tres patos, oito gatos e unha vaquiña. Só me falta unha cousiña para completar a miña felicidade.

É unha negra que non consigo. Eu quería que os meus patos, os meus gatos e a miña vaquiña fosen quince versos.

Pero que vou facer se eu son mariñeiro?

Seguirei o meu camiño.
14/07/2008 16:22 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Castelo Rock

20080714173324-cartelcastelorocknovo2008.jpgVenres, 8 de agosto:

Nao: 22.00
Jabón Blue: 23.15
LaMatumbá: 01.00
Salida Nula: 02.45

Sábado, 9 de agosto:

Kambotes: 22.00
Trapos Sucios: 23.15
Barricada: 00.30
Porretas: 03.00
14/07/2008 17:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Sssshhh... Nº 3. Mundo secreto.

20080716160358-maos.jpg

La mala vida pasará!!!

Enfestemos as rúas. Todos unidos como en entroido.

Poñede as mans no ar.

Estou en Catoira! Por exemplo, María Cinta Fernández.

As combatentes galegas son Galiza. Dúchome.

Cal pita? Pitan todos, meu!

Vamos ceibar aos irmanciños desta terra.

Aos presos independentistas. A luz da nova vida. Dúchome e as combatentes galegas son fillas da terra.

Si-si-si?

Non-non-non.

Ari-ari-ari. Otegui lendakari!

Que alguén me dea un toque na fronte!

Saúde, paz e ska!

A nossa musa não é uma deusa. A nossa musa é você.

Gora nada! Cantizano, preso político!

Atrunch sempre como definición!

Nervosíssimo!

Truncar.

Adeus.
16/07/2008 16:03 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 5 comentarios.

Esceas



-Samu, trouxeches o emepetrés?

-Si. Claro. Está aí. Non lle deas ao "hold" que está cascao.

-...

-Que escoitas?

-Tus ganas de ganar.

-Esa cansión é para destrosar unha vida.

-Hahaha... Si.

Moralexa: Desaparesín.
28/07/2008 11:56 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

El Karma, así descubrí que...

non hai porto félix postres y desayunos abrimos ás 7 da mañá e ás 3 da tarde MA-NO-LO toda a xente pon a man no ar esmorga raeiros chove achicar como mongoles madrigales de la pensión pernas rebentadas futebolpraia de tomarlhe uma caneca de cerveja o resto son cristos a frase máis repetida por min mesmo a frase máis repetida por min mesmo nestas datas a frase máis repetida por min mesmo nestas datas é xúrovos que é SOY LA EXPRESIÓN DE MI PROPIO DIOS e con iso vou polo mundo adiante totalmente insensibilizado totalmente feito caca merda que digo hostia-merda carallo borracheiras sempre sempre sempre que falo con alguén hai dúas palabras que non faltan e son BATASUNA e ETA e gustamos sempre de ser todo o abertzales e emocionalmente violentos ou viorrápidos e biofeitosunhabraga nin braga nin porto nin nada eu quedei estancado como quedou sir asasino de lendas e YO SOY LA EXPRESIÓN DE MI PROPIO DIOS antoniopena isto é totalmente sen xeito é totalmente cabra e os cristos sinxelamente aparesen nin flúen e son capás de chegar a ser cruel e de chegar a tremer e de non camiño baixo a lúa esquivando pozas lagoas ríos e mares e non quero volver a verme nunca e adeus estou feito merda a miña vida cascou hai tempo e son un desiquilibrado e non podo ser felís mais toco o baixo saúde paz e ska que sempre vén ben e o resto non dá igual pero agora voume acabará a vida pero polo visto nunca acabaremos co raeiros

28/07/2008 12:08 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Ez



Ez significa non.

Que chorrada, non?

Digo, ez?
29/07/2008 11:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Medicasión

Hai un ano un ollo chorábame sen xeito (xa o teño dito en varias ocasións así que non vos fagades as sorprendidas, beibes) e agora esperto/acordo coa boca sabéndome a sangue.

E todo pese a que soño que vou mercar un televisor de 32" a un prezo ridículo mentres me agardan fóra no carro que despois conduzo a ningures e no que o aleatorio só me cuspe (a expresión ALEATORIO + CUSPIR xa a teño máis que gastada, admito) cancións dos Suaves. E pola mañá pensei que é curioso como a miña mente lembra tantas cancións dos Suaves tan perfectamente en estado onírico evidente. A coña é que unha que soaba non está recollida no directo e soaba en directo e pensei, dixen, ben, pensei que ese tema só o escoitara eu mesmo en directo.

Entón foi o momento/intre no que un se dá conta que o que foi vivindo/escoitando vai conformando o seu propio disco fodidamente imperfecto e fodidamente cheo de merda. Estás aí abrindo o ceo?

Hai mal tempo novamente na vila. Pantalón curto e pode que chova sempre chove.

Tamén pensei, ademais do evidente da boca que sabe a sangue, que ao mellor eu entendo que durmo e que soño cousas como ir no carro escoitando os Suaves con quen sempre escoito música no carro, pero que en realidade ando polo mundo adiante exercendo de vampiro/conde crápula.

Todo garda relación con todo garda relación con todo garda relación con todo.

Desapareceu unha foto do meu tuenti.

Proximamente desaparecerán todas ou todas terán novos significados. Non vou a Porto. Pero non sei a ónde vou.

A vida ao tuntún. Mala sorte de vida.

Mal.

Todo está mal.

A mala vida non pasará...

30/07/2008 11:17 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.



Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]