Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2008.

Ams...



Non me no existe o odio non existe a lembranza de nada.

Hoxe non é hoxe e nunca será ooonte...

Por certo, os mellores poemas riman en NO. (coordenadas)
01/06/2008 02:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

De maior quero ser Renton

20080601190844-pb040174.jpg

Escolle unha vida, escolle un traballo, escolle un televisor grande da hostia...

Parabéns, Agus!

Gora Comando Caracusta!

01/06/2008 19:08 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

En Plan 98

20080602091954-free-speech-1.jpg

En plan free speech! Free speech! Free speech! Free speech for the dumb! Free speech! Free speech! Free speech for the dumb! Free speech! Free speech! Free fu**ing speech! Free speech! Free speech! Free speech for the dumb! Free speech! Free speech! Free speech for the dumb! Free speech! Free speech! Free fu**ing speech!
02/06/2008 09:19 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 2 comentarios.

Agobio?

Pois curto o cabelo e vía. Agora semello entre xitano e etarra de libro. Agora ETA.

E agobio medieval e demandando o graal a deus e á súa nai. Hoxe Riazor. Treme Riazor estudar como tolos.

E cando rematas un choio quilométrico, que fas?

Eu bailo. Xa o digo.



Soy el mejor conductor de monotrastos del mundo.
02/06/2008 20:03 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Tempos pretéritos e tal

20080603010253-jolene-blalock-8.jpg

Aínda me acorda cando Josefina me sacaba á pizarra para rematar rapidamente a análise sintáctica que outros non daban. Era o que mellor se me daba do mundo.

Agora non tanto. Agora non se me dá nada realmente (se non temos en conta ter o cráneo excesivamente enorme).

E Diego anda por Londres! Meu deus! Diego en Londres! Teo no zoo? Non. Diego en Londres.

Igual se atopa con Hugh Grant.

Mañá pasarei preto dun exame anticipado de lite medieval que agardo bordar no exame final de verdade. Jolene, Galaaz e cocaína.

Drogas duras que por moi duras que sexan fixo que se poden raiar cun diamante.

Mellor diamantes que despois.

Estou namorado de Jolene.

Jolene sube no grande carro - no pequeno carro - Jolene grupo de animadoras - Jolene non mira conas nin pirolas - quedou queda no enterro da súa nai e riu no camposanto pensándose un peixe - Jolene é auga e tamén mel.

Ámote, Jolene.

Cando me vexas cruzar a rúa, faime o sinal.

03/06/2008 01:02 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

A Boimorto, Boiposto

cando -case- todo adquira
ese punto de lucidez
propio dos -malos- condutores
de autobús -condutor eléctrico-
a vida xa non será a vida
e as mulleres -e os homes- que falan
da gradación da violencia
e non da -merdenta- vida dos alcumes por nacer
entenderemos todos
-felices-
que as árbores cheas de rabia e
os amores que se foron
son seres vivos
que han de morrer
tal e como morreu
el-fary
03/06/2008 22:45 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

O mellor xeito de ensinar aos cativos a recoller o cuarto

Así é como animan aos nenos a recoller os seus cuartos no programa Yo gabba gabba!

Ska! Ska! Ska!

Enorme!

04/06/2008 10:21 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

A tranquilidade aburguesa

20080604204541-ska.jpg

E a hamburguesa tranquiliza.

Para o ano estarei en Porto e o altifalante fai un ruído moi molesto que agardo se lle pase de aquí nun rato.

Día botado a perder e tamén perdido nun día. Día a día. Nic Bahía.

Estou de Ska até os topes. Non me cabe moito máis dentro.

Quéixome dos piñeiros e himno de quenquén non dou feito.

Non lin case nada. Vou ler algo. Que soe boa música. O viño doce non me mola e en Porto vou estar bebendo Barrantes como viño de importación e tomaranme por pedante.

Ou por pedófilo. Algo diso.

Non mo teñades en conta. Pero saio e chove e dou volta na rotonda porque chove e unha rapaza mírame dende un carro e sorrí.

Ou ri de min. Ou algo pasa.

Agardando un desastre.

Margaridas en flor.

Vente xa que non dou feito.

Que ando perdido.
04/06/2008 20:45 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Non



Que va. Hoxe non.

Quixen ter varias conversas hoxe e non as tiven. Falei cos ollos pero non falei despois. Nada. Hai xente boa e hoxe non falei nada. Non máis conversas.

Pode que agora xa non queden máis conversas que ter. Este blog está morrendo.

Porto.
06/06/2008 01:08 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

É permitido aos cônjuges ter outros parceiros sexuais

estudo xa de máis
paro
subir á árbore no lado esquerdo
a mala hostia
con catro cousas máis e todos
os imbéciles
que pensan que sairán adiante
que saben o que teñen que dar
a un entrevistador
móstranse confiados
e non choran
ou choran co que teñen que chorar
e as mulleres
eses todos
falan das mulleres cando se xuntan
pero ningún tocou o fondo dunha muller
nin dun home
e pensan que chegaron a entendelo
mais non
non chegaron
e paro o estudo e rubo por unha árbore
chego até o mar de póla en póla
e se hai que ser home
serei simio
o mesmo que non levo calculadora
e o éxito profesional
non é éxito
caer e tirar apuntamentos
cheos de gráficas
ou cheos de mortos do saber específico
e todos queren ser grandes escritores
grandes tiradas
recitais
falar e orar e agora si agora non
e din
que o importante podería ser
ser boa persoa
trazaron unha liña
e pódese ficar nun lado ou noutro
pero non noutra liña
e non estou nesa liña
estou nunha puta árbore
indo de póla en póla
até o mar
chego ao mar
chego e tócoo
toco o mar co bico dos dedos
e digo

por min
06/06/2008 10:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Cadáver en Monforte

vou mexar porque resulta que
debo ter unhas gañas de mexar modo
normal

a televisión proclama que
un pescador atopou un cadáver
na marxe dun río
preto de monforte

entro no cuarto de baño

vou sacando a pirola

disque o corpo
pode ser o dunha muller de
cincuenta e nove anos
da que non se sabía desde
hai dezanove días

primeiras pingas
de mexo

preguntan ao pescador sobre
o momento no que encontrou
o corpo

o señor sentencia

foi algo impensable
06/06/2008 21:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

En Plan 99

20080606215701-yun-107.jpg

En plan revolution.

06/06/2008 21:57 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 1 comentario.

Conservam-se bem em refrigeração

erguinme
penso que eran as doce e algo
erguinme e baixei até a cociña

co frío da cerámica nova
nos pés
e con toda esa xente de festa
fóra
cos seus vermouths
cos seus xornais de tirada nacional
coas súas ideas do ben e do mellor

xuntei anacos
da torta que mercara
o día anterior

por esas datas só comía
tortas

a idea de postre
é unha imposición

e como todo o malo
seguramente sexa tamén
hespañola

xuntei anacos da torta
e fixen unha pirámide con todo
o que deixei de sentir a noite anterior

acababa de fuxir de todo
e despois da torta
comería un pouco de melón
con limón

agosto sempre dita lendas

e nós obedecemos
06/06/2008 22:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Amante

dame o derradeiro beijo

correspondereite

co último
06/06/2008 23:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Cretácico tardío

e o dinosauro que quería mandar
sobre todos
ergueuse entre a manada

era o velocirrajoy
07/06/2008 13:38 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Así son as cousas


08/06/2008 13:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 5 comentarios.

Alba, avogada e futura lusófona

20080609083638-albinha.jpg

Boas, xentes que tedes a ben pasarvos por este bloguiño! Hoxe contamos cunha histórica do asunto este: Alba. Comecemos a entrevista co mellor dos sorrisos e preguntando un clásico: Alba, que lo?

Bueno lo, pois por aquí andamos, entre tochos e máis tochos e descansos (ohhh siiii ). De feito estou adicando un descanso a contestar reincidiosamente isto cun finxido sorriso en lugar de ir a por gominolas ou cafés á máquina e parolear (vaime o tema masoquista , ohh siii ). E nada, dentro dun rato vou ir ver un espéctaculo de danza strictu sensu, jajaja, e estou toda emocionada, porque creo que os espéctaculos danzantes e andantes que teño visto non eran moi strictu sensu.

Con este, se non boto mal o cálculo, esta a ser o teu terceiro ano en Compostela estudando dereito. Como vai o tema? Fai unha pequena análise da túa evolución dende que comezaches a carreira, a nivel académico, enténdese.

O tema vai ben, realmente, non me podo queixar. Rectifico, sí me podo queixar, porque a miña facultade ten tela telita tela, pero non correspode a pregunta rajar dela aínda que sería moito máis interesante o tema (esta entrevista é unha sosés absoluta, eres consciente verdade? ) en plan rajar o tema sería bilingüistas que tocan o carallo cando na miña facultade non hai tal problema posto que impera el idioma del imperio, cúpula militar do opus con anillo en dedo, liberdades de cátedra atribuidas en tiempos de espanha la vieja... E todo o que isto leva consigo, e comigo e con nós etc.

Por outra banda e a respecto da evolución só sei que existe, dalgún modo, agardo que exista.

En primeiro non sabes de que vai o tema, andas perdido e case sen darte conta aparéceche diante a sucessio ab intestato e éntranche janas de chorar e grandes dúbidas tipo por que non me metería eu en xornalismo ou en filo inglesa, en que estaría pensando eu cando puxen 1º Dereito, Santiago de Compostela, 2º Dereito, A Coruña. Son momentos de primeriza.

Sen darte conta tamén xa estás en segundo e case sen querer estás rematando terceiro, vai todo demasiado rápido como pra asimilar. E xa non tes nin dúbidas nen medo aos tochos.

Tamén pensas que un mundo sen avogados sería un mundo feliz?

Jajaja, nunha reflexión seudo-alcojólica cheguei a unha conclusión semellante, non?

Claro que penso que un mundo sen avogados sería un mundo felís, sen leis e sen gobernos e sen guerras e sen etc, jajaja, son anarquista e jipi de corasón, que estudiei dereito modo quero ser defensora das causas perdidas, pero claro, isto é segredo que senón a xente non me toma en serio e a miña futura vida profesional será un fracaso.

Como futura licenciada en Dereito, pois, quen cres que gañará a Eurocopa?

Portugal, obvio. Vamos vamos Portugal vamos vamos a ganar que esta copa esta copa ,nos la vamos a llevar...

Amén de como futura licenciada dígoo en calidade de futura crack nas pachangas da praia co meu equipo Portugal xd.

Hai un tempo deixaches a canastra, un deporte que che tiña enganchada ben cativa. Como levas o tema ese? Pensas voltar nalgún momento a meterte no asunto ese?

Pois lévoo a trancas e a barrancas, bótoo de menos hoxe exactamente igual que onte. Mentira, todo mentira. Cóstoume noites de insomnio e aljunha rabieta comijo mesma e varias bágoas de cocodrilo tomar a decisión de deixar o baloncesto, porque non é fásil aínda que pareza mentira, e se hai algo claro e que non vou a volver. Adiquei media infansia e toda a adolescencia ao básquet e parte da xuventude, e a verdade é que como cunde, como cundiu. Pero fai menos dun ano un espelido médico de urxencias díxome "chica yo no sé cuanto te pagan pero yo me plantaría dejarlo y dedicarme a disfrutar de los amigos, del chico, de la bebida, y a la mala vida en general porque este tobillo no te llega ni a los 25" ; conclusión: pagar pagábanme , fiscalizar o deporte que levas facendo desde cría non é unha boa idea, é unha carallada, é esclavizalo e o "alba deixa o balonsesto, fassssemossss botellón" chegoume para saber que era mi hora, amén dun ano no que estiven a disgusto donde sempre fora felís (que profundo).

Para o ano vaste a Coimbra en modo Erasmus. Como afrontas esta nova aventura? Como ves o panorama? Que pensas que te pode aportar esta experiencia?

Ui ui ui, a pregunta estrella destos tempos jajaja. A verdade é que aínda non pensei demasiado no tema do erasmus, posto que son incap´ss de situarme e velo como algo que vai acontecer en menos de nada.

O panorama véxoo ben xa que creo que me marcho nun bo momento a respeto da carreira, joder é unha felisidá ver no contrato de estudos todas as troncais que che restan pra rematar a carreira, e a nivel persoal creo que tamén é un bo momento.

Penso que me pode aportar moitas cousas (sexo , drogas , rock&roll), agora en serio jijiji agardo unha boa experiencia, aprender cousas ,pillar perspectiva e realmente o feito de estar soa e noutro lugar descoñecido sempre dá moita. ¿Que máis? Posto que xa levo vivindo fóra de casa uns anos o que agardo é convivir con xente doutras nacionalidades, etc. Que tópica son. Son optimista en xeral co tema erasmus e teño bastantes janiñas.

Vaste a Coimbra. Es consciente do que pensa Félix dos portugueses?

Jajajaja, espero que félix cambiase de idea lojo de vir esta ves de Lisboa xd, aínda que non sei xa que co conto do leitao en coimbra ... jajaja. Se os portugueses son chunguérrimos, prometo ou xuro que vou a socializar con outros erasmusiles e vía, jijiji, e todos tranquilos. Que va, teño que socializar con portugueses que quero aprender portugués pero xa, ademais terei que respetar miñas raíces portuguesas.

Como fas para aturarme?

Prejunta difisilísima donde as haxa jojojo, a saber, nadie lo sabe todos lo preguntan, penso que parte do meu soldo de cando sexa maior irá a parar a un psicoanalista que dea resposta a esa prejunta.

Supoño que no fondo dos fondos non me dou sin ti (que bonito , queixaraste, eh?)

Explícalle a todos os infieis que se pasan por acá por qué Muros e Montelouro son como unha droga das boas.

Muros é o mellor sitio do mundo, ademais de ser a miña única patria e o lujar onde cresín, e non só por iso, reafírmome en que Muros é o mellor sitio do mundo. E Montelouro o único deus verdadeiro jajaja. Non hai cousa como ir chejando a Muros por Laxeiras e velo aí, coas súas lusiñas, co seu arrecendo jojojo; só hai un plaser ijualable a isto nesta vida e é ir chejando a Muros pola carretera das Paxareiras e velo desde o alto, tan pequerrechiño e tan lindo.

E falando de drojas temos aos yonkis máis yonkis de todos. A última ves que estiven en Muros andaba JJ increpando a uns turistas na Churra dicíndolle: "Churra significa gallina y si no lo sabéis os vais" (e os tipos fóronse ).

En fin, es un sentimiento, no puedo parar.

Agora, a parte da entrevista na que poño palabras ao chou e ti pos o primeiro que se che pase polo cerebelo:

Caldeirada: De raia, arcadas máximas
Café: Biblioteca
Azul: Marino
Stalinismo: Comunismo ( rancio xd)
Osasuna: Betis- Leganés

Moitas grazas pola túa paciencia e bemfeitoría. Unha aperta forte, Joint!

Algún día autorizareiche a empregar o termo Canuto. A ver que foto pos, que paresa que son fotogénica e que abro os ollos ao mundo, e un pouco mona tamén (se milagroso)

Beijinhos

09/06/2008 08:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Prejuntos e respostos Hay 5 comentarios.

Em busca de braços para se enlaçar e voar

non estamos xogando
ben
non hai rival pequeno
as curvas debaixo das mantas
son escuras
e os paxaros que se pousan
sobre as poucas pupilas
que quedan sorrindo
adoitan falar polo baixo
sobre o xeito
no
que nos estamos
indo da vida
09/06/2008 15:35 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Seduz e faz vítimas diariamente

eses grandes fillos da puta
eses cacho cabróns

mentres argumentaba
berrando
á saída do bar
a súa moza
saia correndo do cuarto de baño
na súa búsqueda

a moza berraba como berran
as malas persoas
e dicía que non se podía poñer así
sempre que escoitase
o reign in blood
de slayer

ti non entendes
es outra filla da puta
como todos eles
fillos da puta

a moza
calou
meteu a man
no peto esquerdo
logo no dereito
tirou o seu tabaco
-grazas-
e deu lume a un cigarro

apagoullo na nuca

cago na cona
que fas?
por que hostias me queimas?

ela mirouno

sorriu

lambeu a cinza que tiña o seu mozo
na nova queimadura
do pescozo

e dixo

sempre fun máis
do honestidad brutal
09/06/2008 17:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Que baje un rayo y me parta (Hora Zulú)



Me dicen que dijeron que yo te habia dicho
lo que por ti yo siento y que para ti no es mucho.
Me dicen que tú dices a quien quiere oírte
que cuánto más te quiero, yo menos te escucho.
Me dicen que se dice que hay quien va diciendo
que yo voy a perderte porque no te entiendo
y porque tiendo a defender lo que defiendo,
dicen que yo ya no sé muy bien ni de qué lado lucho.
Dicen que al tiempo y con suerte
que igual se me quitan las ganas de verte.
Créete que no es que me importe,
ya sé lo que duele tenerte y perderte.
Dicen que al tiempo y a veces
la vida te pone donde te mereces,
que no es lo que dices, sino lo que haces,
que esto es donde acabes, nunca donde empieces.

Y me dicen y me cuentan las malas lenguas a todas horas
que ya tienes lo que quieres y que no saben por qué lloras.
Yo no sé qué hostias tienen a mi que venirme a decir.
Que baje un rayo y me parta si digo que no te quiero,
si me la he jugado a tus cartas, si por tu querer me muero.
Ven y dime que todavía crees lo que dicen de mí.

Me dicen que tú dices que dejaste dicho
que de mí te apartabas porque yo era un bicho.
Me dicen que hay quien dice que tú todavía pones
todo lo que yo te digo siempre en entredicho.
Me dicen que es inútil, dicen que me rinda,
que en esta vida no hay persona que te entienda.
No sé para qué me empeño yo en poner la guinda,
no queda mas remedio que soltar las riendas.
Dicen que al tiempo los llantos
se te quitan solos, se los lleva el viento.
Dicen que no dolió tanto
a quien vio su consuelo llorando por tientos.
Dicen que me he reinventado
y que no tengo claro lo que por ti siento.
Hay quien si me oye decir todo lo que yo te quiero
igual piensa que miento
.
10/06/2008 09:05 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Oh-ouoh-ouoh

20080610230804-rasta.jpg

Chegar e ter só discos de Hora Zulú baixados. Emule, deus que te fixo. Que a discografía de Slayer que baixei sexa porno italiano (creo segundo vin cando rematou de baixar) non anima. A cocaína, Arxentina e outras cousas que non sabemos entender.

Esta canción esta que acompaña o texto non se corresponde con nada con nada se esquecemos que hoxe tiven o emepetrés cheo de reggae. E estar na biblioteca con reggae e vin a Isaac e eu subía no elevador. Isaac, un dos grandes.

Ver Hespaña e non hai galegos. Tampouco hai galegas. Hespaña machista non me chista. Mañá máis, mirar mil cousas, cadrar cinco círculos, facer do que pode ser un "dá igual xa non me raio todos tranquilos todo é tan fermoso".

Así vou. Irei a Portugal e volverei de Portugal. Seguramente coas mesmas feridas que sempre levei no corpo e sempre co mesmo sorriso de subnormal profundo.

E van 23 anos.

Dimito.
10/06/2008 23:08 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Supoño que son as túas gañas de estar so

danme igual
pero quizáis todo o mundo debería escoitar
un pouco os discos de hora zulú
e sacarlle algo de partido
ou polo menos o
da crise de claridade
e prestarlle algo de atención
11/06/2008 01:09 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Individuo

aljén do público
coñesía
SOD
e ajradeseu o detalle
internamente
11/06/2008 10:41 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

O maletín

20080613105907-invitacion.jpgA curta que vén de gravar o meu curmán Ramón xa ten data de pre-estreo: o 27 deste mes. A hora na que se proxectará (xunto con tomas falsas e algunha sorpresa máis) será a das 22:30, un pase único. Prégase á xente que teña pensado ir vela que sexa puntual.

O sitio no que terá lugar o evento será o Centro Polivalente de Brión, preto de Compostela. Para chegardes ao centro polivalente de Brión so tendes que ir pola autovía Compostela–Noia e coller a última saída que pon "Brión". Ao saír da rotonda, a uns 600 metros aproximadamente, veredes nun cruce á dereita, logo dunha curva a dereita, un pequeno edificio de 2 andares cos fiestras azuis. É alí mesmo, non ten perda.

Para asistirdes tendes que vos pór en contacto con Ramón, porque o acceso será mediante invitación para terdes asegurada unha cadeira. Os interesados coméntademo aquí e xa vos poño en contacto con el vía correo electrónico.

Anímovos a todos os que poidades a que vaiades.

Saúdos!
13/06/2008 10:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

En Plan 100

20080613140656-sozinho.jpg

En plan co estilo do cabalo perdedor.

-Sabedes a que saben as palabras de amor?-
13/06/2008 14:06 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

Pulsos libres

corría ceibo polos terreos
a unha velocidade
incontrolable

no son de cada paso
xa entraban tres novos
pasos
rápidos
e veloces

a man dereita
esqueceuse un intre
de todo
e
o que lle sostiña
o pulso
enganchouse
nunha forte póla de estraña
cor

virou o xesto
por un intre

mirou o seu pulso
pegado á póla

sorriu

turrou sen berrar

arrincou o que fose
que facía
que se enganchase
á póla

e continuou correndo

máis e máis
13/06/2008 17:27 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Oh, non, non, non, non...

20080613202937-orf1.jpg

Babylon systeeem...

Cando cheguedes ao minuto 3:50 desta canción ides ser felices (salvo que xa esteades tan mortos por dentro que dediquedes o tempo de lecer das vosas almas mortas a deixar acesas as radios das casas protexidas por sistemas de seguridade totalmente aburguesadomasoquistas).

Tardes de choio-io, choio-io. Eu veño do choio-io, choio-io, choio-io...

Seica Millencolin teñen novo disco e vou probar a ver qué sae. Sigo baixándome todo o que podo de Earl. Discografías xa ao chou. Slayer (desta non é porno), Audioslave (preciso máis Tom Morello a día de hoxe), Oxymoron, Streetlight Manifesto, Skama La Rede, etc.

Atrás quedou a semana na que me baixei todo o reggae portugués do mundo. Terrakota, Mercado Negro e cousas así.

Italia apesta e só de ver a Mutu roto despois de errar o penalti pensas en que os cocainómanos teñen algo roto dentro. Mutu estivo sancionado durante meses por un positivo por farlopa e, por iso, perdeu un contrato boísimo co Chelsea. Despois de errar o penalti hoxe quedou feito unha merda enorme. O normal é embaixonarse algo tras algo así, pero este rapaz morreu. Seguro que non lle cunde o minuto 3:50 deste tema. A vitamina F pecha os ollos ante o reggae francés, podemos concluír.

Despois tamén están outras cousas como beberse miles de litros de auga para contrarrestar o calor, mais despois mexas tantísimo que non lembras nada sobre as margaridas nin a chorima que acariña os perniles ao pasear polo monte.

Antes, nunha das miñas trescentas visitas ao mexadoiro, desexei estar en Area Maior (un desexo normal, realmente) bañándome en xirolas tal e como se debería bañar un sempre. Até que o feito de bañarse en xirolas queda convertido en só bañarse en xirolas e non nunha grandeza que se fai bailándolle un gran ska baixo millóns de estrelas que están aí por cada anaco de ceo que caeu tras morrer un neno.

Sigo choiando, Rosalía, Curros, Lamas, Pondal (que estaba algo perxudicado) e cousas do estilo. Francisco Rodríguez era un diputado que escribiu sobre arte e literatura. Así nos vai. Para ben e para mal.

Manuel Fraga non leu a Huidobro, case seguro.

Mariano Rajoy puede que lo hubieshe leído, o que ushtedesh pienshen que lo ha leído, de todosh modosh, el ha dicho lo que ha dicho y ashí she lo hará llegar a losh miembrosh de shu partido.

Subo-Baixo-Subo-Baixo. Onte durmín, metinme na cama, quero dicir... Metinme na cama, digo, e pensei estar xa no Porto. Pechei os ollos intentando escoitar os ruídos da rúa do lado. Intentei arrecender o húmido do cuarto que alugara. Mais estaba no meu cuarto e se abría os ollos un chisco, podía notar que detrás da fiestra estaba o parque no que se arranxan as cousas. E un pouco máis alá está o sitio onde comezou todo, ou case todo. Ou o que até a data me dá a vida día a día.

Entradas longas e cheas de senso. Non as queremos, Samu! Tolea, por favor!

Despois beberei algo e xa se me irá a olla! (Aditooo!!!)

P.D.: Sete anos, sete meses e sete días e espertas. Dúas horas e un café despois, es o mellor do mundo.
13/06/2008 20:29 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

De-que-rer-ser

Os combates dos galegos son semente da loita intercomarcal de bandas sen zanfoña.

Os combates dos galegos e faltan camiños con mitos que se laian ao atacar.

Coperaremos con todos aqueles que corren sobre o horizonte e camiñan sobre o teu destino.

Pero, que va! Eu non son deses. Certo día, xogando á canastra con amigos...

Fomos ao hotel e puxémonos guapos. Boa música. Fixeime nunha muller preciosa, estaba bailando cun vestido rosa.

Son a túa loba.

Mireino e dixen: Eu non son deses. Eu non.

Son feliz se es feliz comigo, pero son un máis, non son unha estrela. Non son ningún mestre. Tes que ser ti o que enfoque a súa vida. Non son deses. A cuestión é: tan especial me creo para que a xente me escoite?

Non.

Eu non son deses.

Son un negro no XIX en Texas. Son un palestino en abril deste ano. Son musulmán sempre que non queiran saber nada de nós.

O negro está contento.

O negro está feliz.

O negro camiña baixo o frío sabendo que sempre hai calor.

I'll wait there for you (Audioslave).

Este artigo non ten moitas máis cancións nin imaxes.

Que va.

Este artigo non é deses.

Este artigo non. Que va.

O que teña que ser, será.

E o tempo dirá. Sempre dirá algo, como aquilo que se di das lúas e sobre se crecen ou minguan.

Sobre todo, aquelas que morren nas miñas mans. Mentres o mundo morre fóra.

Queriades isto?

Xa está.

Quérovos a todos e todas por igual. O resto sería unha mentira.

Pero soa unha canción moi bonita como para non querervos a todos por igual e non sentirme un deus que pode querer a todo o mundo e sentir que todo o mundo merece ser querido (e non descartado, na miña fuxida da vida).

Moito wah-wah de deus.

Escoito o son da nada e estou so no meu cuarto. Sempre será así.

Non teño odio.

Teño séculos de esperanza.

Todo o mundo se dá conta de quen somos cando nos imos.

Mañá morrerei.
14/06/2008 03:42 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Un disparo

20080615160431-04.jpgLembras as árbores? Os bosques?

Nick.

Nick, esta vai por ti.

A mellor película sobre a amizade: The deer hunter.

Un disparo.

Christopher Walken é deus.
15/06/2008 16:04 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 1 comentario.

Viva Boiro

20080615180812-cultura.jpgQuen vén?
15/06/2008 18:08 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 7 comentarios.

Ben

Un día deses nos que vai todo ben. Nos que traballas algo-bastante...

¡Las presuposiciones son un coñazo!

Eh? Ah, si, si. Ben, como dicía, pois un deses días nos que pos o espertador, vas á facultade e poste a facer todo o que máis ou menos tiña en mente e...

¡Arg! ¡Las presuposiciones! ¡No lo entiendo!

Si, si. As presuposicións. Si. Ben, dicía que son eses días que aínda que comas un criollo na cafetaría que despois che repite e tomes un par de cafés para ir tirando o resto do...

¡Y yo me pregunto, Dios, me pregunto: ¿por qué?! ¡¿Para qué las presuposiciones?! ¡No puede ser! ¡¿En qué cabeza cabe?! ¡Me indigno! ¡Me indigno en exceso!

Ben. Iso.

Un día xenial.

Dos que por moito tempo que pase, aínda precisas máis.
16/06/2008 18:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Até a morte mesma e voltar

20080616234946-aavxztjv-wt8imlv2zt8.0.jpg

Até alí fun e toqueina e voltei.

Toquei a morte co bico dos dedos e dixen: Por min.

Que podo facer para ser feliz? Cando perdo sei que a herba está máis verde na outra beira.

Que podo facer para ser feliz?

Non o sei. Nin o presupoño.

Só o sabes ti.

Cando eramos pequenos dicíamos cousas como imos até alí tocamos e volvemos e quen chegue antes, gaña. Eu son como un clown de todo isto e cando perdo sei que a herba está máis verde na outra beira.

Só cando tocas a morte e volves e dixeches todo o que tiñas que dicir e agora estás sendo o máis feliz do mundo, o mundo pode virse abaixo baixo os teus pés porque, aínda que a herba estea máis verde na outra beira, ti sabes que estou sentindo todo iso porque xa non falo nin unha soa lingua, nin un so idioma.

Falo cos ollos, falo tremendo e latindo, falo berrando, mordendo, sorrindo e golpeando.

Fun até a morte e voltei.

(Tamén corrín até o teu ouvido... E dixen sin ti...)

Falo cos ollos e a herba é sempre máis verde contigo.

Mira, pequena, escoita o que digo. Ti es verde. O meu verde preferido.

Cando canto ao amor e deixo na outra beira a dor, véxote.

Fun até alí, até xunta túa, toqueite e dixen Por min e por sempre.

Dende o primeiro momento.

16/06/2008 23:49 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Esta vai por ti, Fe

20080617160457-p9230306.jpg

Ciento euros veinte noche.

-Nota: escute-se num Getz a 180 km/h com as janelas baixas-
17/06/2008 16:04 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

X Campionato de Fútbol de Salón Baño 2008

20080618183929-futsal.jpg

1, 2 e 3 de agosto. Polideportivo de Miraflores (Muros).

Premios:

1ºclasificado: 400 €.

2ºclasificado: 200 €.

Pichichi: Trofeo.

Sorteo: 31 de xullo ás 22:00 na Casa da Churra (Praza da pescadería).

Inscripcion: 30 € (a inscripción aboarase antes do sorteo).

Telf: 630 258 948

Prazo aberto!

18/06/2008 18:39 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

O barrio: o que hai que facer en poucas horas

20080618233120-lisboa-47-bairro-alto.jpg

Total, que mañá ao final vou até Compostela a arranxar o tema do papeleo. O asunto do goberno civil penso que estará controlado xa á hora de comer, mais o tema cos colombianos pode adiarse un tanto, polo que agardo que a actitude dos nosos contactos sexa a agardada.

Os gatos de catro patas poden saír en padiola do estadio. Alén diso, as mostras alimentarias gratuítas deixan moito que desexar a día de onte.

Atendo as necesidades de persoas con discapacidades evidentes. As razóns desta actuación a estas horas débese, seguramente, o ska nunha lingua que non sexa a das tartarugas por nacer non ten moito a ver con todo isto.

Pois iso, todo se resume en que merquei os billetes para o partido e as mulleres que se axeonllan ao meu redor.

A inspiración de todo o branco que rima con Arxentina deixa fóra de xogo e os paxaros caen en mans de damas do rexurdimento. A historia só se escribiu unha vez. A historia non se oprime.

Teño todo por perder e todo por gañar.

No barrio a xente non se permite certas cousas. Nos rañaceos os nenos choran en camas de matrimonio.
18/06/2008 23:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Un rei sen coroa

20080619202147-crown.jpg

Parella de reises.

Reises.

Levo todo o día con ese tema. Mentres estaba repasando a prosa relixiosa medieval tamén. Non vaiades pensar que aí parei.

E se os pensamentos se ían e non caían polo lado de xeito e non estaba preto de San Francisco escoitando as tolerías de Agus ou Fe mentres mexaba litros de cervexa en case-calquera-lado, seguía estando a canción, realmente.

Saír da biblioteca do fórum, sentarse nun banco, chove-non-chove, un neno dende un carriño mírame porque coa capucha débolle resultar raro. Un muradán con barbas e capucha a estas horas neste banco, debeu pensar.

Alguén me fixo lembrar que tiña alma. Pero non era ninguén do que teñamos certeza.

Son un rei sen coroa e as miñas parellas no póquer non valen porque están tullidas dende o comezo. Tullidas.

O cartón do bus ten un pequeno dano superficial. Vou ver o Alemaña-Portugal.

Non creo en nada do que pasou despois de 4º da ESO.

Cheguei a esa conclusión.

Vin un grupo de persoas correndo e dinme conta que hai tempo que non corro.

Nin para coller o autobús.

Mañá teño unha entrevista para un choio e vailles dar o riso cando me vexan co meu riso. Como un rei sen coroa.

Literatura medieval. Quen me atura medieval?

Un Boiro-Muros vale máis que un gramo de calquera cousa de erguerse a tal hora durante toda unha semana habeas corpus DEREITO ANIMAL dereito CONSTITUCIONAL son de constitución FEBLE constitución cadea que apreta cadea que afoga.

Habeas corpus as drogas son de todo menos revolucionarias. A covardía lévase tatuada na pel. Eu lévoa.

E sorrío.

Como un rei sen coroa.
19/06/2008 20:21 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Lástima de bois (Os Resentidos)

20080621154954-14.jpg

En inglés vaca dise 'cow'
e rapaz dise 'boy'.
A un vaqueiro chámanlle 'cowboy'
que en galego sería 'vaca-boi'.

No future without cows.
No boys, no cows, no future.
Non hai futuro sen vacas
nin cornos de tres en tres.
Et la vache que rit,
la vache qui ne rit pas.
A vaca que se escaralla
de risa por non chorar

Sobran vacas, sobran paisanos,
sobran cornudos. Lástima de bois!

Van chegar os americanos.
Van traer búfalos. Lástima de bois!

A vaca que foi mamut
noutra reencarnación.
O bisonte que foi poder
no pensamento dos Sioux.
E a vaca será bisonte.
A vaca será poder.
E os camelos cabreados
nos paquetes de Camel Light.

Velaí veñen os búfalos
dos americanos.
Búfalos que dan alka seltzer
a cuota do alka seltzer.
As vacas que se miran
con ollos de mamut.
As vacas que confunden
os búfalos con ñús.
Con decisión vacuna,
vacuna decisión
"Nin un paso atras
nin para tomar impulso".

Pincho carneito, pincho canguro,
pincho vacuno, lástima de bois!

Bufa cornudo, vacas sagradas,
leite de pantera, lástima de bois!

O home foi mandril
noutra reencarnación.
O único mamifero
que gasta leite dos outros.
Leite da vía láctea.
Leite de moitos quilates.
Unha autoestrada láctea.
Leite para os primates.
E a min ponme nome de animal
e serei máis animal.

Mama mamifero, mama cornudo,
mama mameluco, hai moito mamón!

pita con cornos, porcos de engorde,
vacas e bisontes, lástima de bois!

Unha vaca é unha vaca
e merece un respecto
porque unha vaca é unha vaca
e non é un alacrán.

Disque sobran vacas, disque sobran paisanos
o que sobran son cornudos, lástima de bois...
21/06/2008 15:49 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Estudar

20080621163436-estudar-para-prova.jpg

Vou botarme ao estudo, apagar computador, botarse un ao estudo e non sei se esta tarde escoitarei moitas máis veces a Reixa. Se me aparece Reixa no cuarto explicareille a que concertos non fun de todos os que teño colgados e seguro que Reixa sabe tanto de sexo anal como calquera de nós.

Voume botar ao estudo, esquematízame o mundo, beibe. Matízame o forúnculo. O cu do estudo. Unha pistola e un rei sen coroa.

Coroa de espiñas. Espiñas de xarda. Cachelos e cacho nación gastas, beibe.

Estudar faime unha literatura medievo gran episodio da historia literaria faime un camiño cara o medievo estruturando o medievo enteiro. Nesas andamos.

Antes hai tempo escoitabamos toda esta merda e quedabamos nos portais bicábamos a todo o mundo a calquera realmente a xente e o cárcere selectividade. Vou queimar o almanaque e estabilizarme nun único día.

Vou vivir toda a vida nun día e o resto, regáloo.

Regalan gatos! Mercamos un?

Grandezas. Grandezas. Realeza.

Rei cunha coroa de espiñas.

Espiñas de xarda. Cachelo monárquico. Arcadas reais de verdade e todos comemos cus pero outros déixanse levar e a corrente arrastra.

Eu acaño case sempre porque de pequeno comín fígado con arroz como merenda durante moitos meses.

Voume botar ao estudo.

Grazas a todos os que vos paseades por diante de min. Iso quedou asegurado.

Senteime nos portais do universo só POR TOCAR O CARALLO.

Non hai cornos de tres en tres.

21/06/2008 16:34 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Auto-cita ou-ieah!

De "Pregaria intoxicada camiño da merda":

Son o frío das túas mans mentres a muller á que amas dende quinto comparte raias cun moreno máis.

Ou-ieah!
21/06/2008 18:03 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

En Plan 101



En plan three little birds.

Don't worry about a thing,
'Cause every little thing gonna be all right.
21/06/2008 18:38 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

Esta noite

Esta noite teño algo de Robert de Niro e de Zack Morris.

Enredos.

21/06/2008 23:20 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Ruso

20080622162256-6-185-full-arshavin-b.jpg

Nesta Eurocopa vou definitivamente con Rusia.

Pase o que pase.
22/06/2008 16:22 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Mítica entrada de merda falando da merda dos exames

20080623203235-image00010098.jpg

Nestas datas todos falamos dos exames e vou agora a polo cuarto café do día.

Fernão Lopes e tal.

Améndoas.

Esta fin de semana debín escoitar un disco de Bob Marley que me poño para chapar -desta coincidiu un disco de Bob Marley- unhas catrocentas veces, que xa son veces e se deveces, alá vou.

Se a alguén lle sobran cartos, que mos dea. Admito choio.

Estou rebentado.

E ti vas arrasar, miquenta.

E mañá celebrámolo como debemos.

23/06/2008 20:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Sombras (Skárnio)

20080624075146-redstar2.jpg

Camiñei a pé monte arriba
sen máis pausas que as que existen
no camiño dun arrieiro
ao percorrer a mesta corredoira da liberdade
onde a loita cotiá
descobre estrelas vermellas
como o sangue derramado polo meu pobo
nunha historia pragada de inxusticias.
24/06/2008 07:51 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Xa vai

20080624120830-salto1.jpg

Xa fixen o último exame e agora teño que ir ao sentro médico de caldebarcos a que me fajan unha endodonsia no escroto esquerdo, versículo cuarto.

No códise atopada no fondo da charcutaría atopamos un novo contrato cos vodafonos e se poño sete móbiles a funsionar ao tempo pode ser que se pelen oitenta e catro pipas consecutivamente e sen gambetear a ninguén pola banda.

Estudar faime mal.

Pero iso non o prohiben, que va.
24/06/2008 12:08 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Manual de incertezas da República de Sitio Distinto (A. Reixa)

20080625095307-sitiodistinto.jpg-Galicia é un imperio e a República de Sitio Distinto a súa colonia subconsciente.

-Hai outros mundos pero están neste Sitio Distinto.

-Nos organismos internacionais, na ducha, na vida sexual, no hipermercado: "estamos en guerra pero hai que reflexionar".

-O rostro das vacas é xeneroso, fíxate, o rostro das vacas é xeneroso.

-O porco é un bicho de compañía.

-Camuflaxe: "Saber estar".

-Vaia frío ou calor: "Parece que chove pero non chove".

-Hai que ter un mundo, unha cousa, un supoñer. É dicir, un pasaporte da República de Sitio Distinto. Haiche moito indocumentado.

-¿A que conduce todo isto?

-O jalifato é un poder arbitrario, que non conduce a nada. O jalifa é o jalifa, Maqueijan o seu profeta e a corte de As Incansables (raíñas das curvas) xa se sabe: incansables.

-O churrasco é o sacramento único da República de Sitio Distinto e a súa relixión: a cultura das curvas.

-A distancia máis curta entre dous puntos non é a liña recta, é a liña curva. Sen curvas non habería pracer sexual.

-O transporte oficial da República de Sitio Distinto é o Percebes Benz: un coche de choque para un mundo de curvas.

-En situacións límite, por disimular, cómpre berrar: "Dise en ruso, dise en vasco ¡A TUTI CHURRASCO!".

-Sen nervios.

-Ser galego non é suficiente, hai que ser de Sitio Distinto.

-Efectivamente hai cousas que non conducen a nada.

-Estamos en guerra pero hai que reflexionar.
25/06/2008 09:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Vas quedar sen choio, Serguéi!

20080625124355-normal-495-mendigo.jpg

Mañá de ir onda os do concello dádeme un choio, pois hoxe non vai ser, vuelva usted mañana ás 10 na porta outra vez.

Despois na casa que non pasa o tempo e hai que irlle pola tarde xoves á tarde que seica de teleoperador podo dar o pego.

Operación! Con mucho cuidado!

Vou quedar sen choio! Como Serguéi!

So e perdido na galaxia!

Teño que montarme algo para a tarde. Comeza a sesión de toma de contacto.

Que volva a URSS!!! E que volva Amancio Ortega nun cabalo branco!

-Implicitamente, quérote/che-
25/06/2008 12:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Xerusalén

20080625233906-porto2.jpg

Xerusalén rima con tan poucas cousas como os meus collóns.

Hai tempo, cando todo o mundo pensaba no que dicían polo baixo (en voz baixa, non con motivo dun baixista de ningún grupeto un conxunto de berros) aqueles que nunca saben a verdade, os tempos dos corpos nus eran como o solpor da terra toda tremendo incrible arredor do solpor rei.

O solpor rei era, pois, unha cuestión de unidade, un traballo polo cal suar até ser conducido ao éxtase.

Ao éxtase, normalmente, conducidos ou levados. En Xerusalén as cousas non son así. En Xerusalén, as fotocopias fanse ao peso. Tan pesado de ler resulta o texto fotocopiado, tanto custa.

Xerusalén é o sitio escollido, entón, para que todos os mediodías dos SOLPORES REI acaben cedendo ante os mosquitos bolcheviques que quedan por aparecer.

Este inverno chegoume a primavera.

Este inverno non sei para qué curtar a herba nun oito.

Porto é o meu Xerusalén.

Os termos en asonancia resumen á perfección todo o grampadas que están as vosas pálpebras aos cóbados cos que vos sinalan o resto dos vosos días.

Eu fun a Xerusalén cada vez que me vías pasar pola rúa.

E por cada tolo que queda na terra, hai alguén baixo as noites dos mortos que saúda a nube das sombras intentando entender todos os sinais de amor nos corazóns do solpor rei.

25/06/2008 23:39 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Old rocking chair

20080626230712-mecedora-tradicional.jpg

Durmir moi pouco espertar a tal hora cando sexa mañá terei unha OLD ROCKING CHAIR e andarei tremendo vello tremendo cadeira mirando para os nenos.

Mais mañá collo trens ás voltas comer a tal hora visitar quedar coa xente falar ponme ao día faime tal asunto
andar cargando coa roupa algún libro de Buk para levar á praia sábado pola mañá vou á praia esperto para ir á praia eu soíño tirado frío aínda que faga frío.

Moi contento estamos en todas lados son tempo de guerra certo máis os diarios saen sempre á mesma hora.

Eu irei quedo quedándome á marxe de todo e aínda que quede moita mala xente da que non sabe cómo facer as cousas da que non sabe querer da que mira son capaz de ser todo o chungo que se pode ser sen ter ido até a lúa durante un período intenso da miña vida, rapaz.

Que va.

Quedarei quedo mañá por Compostela adiante. Darei moitas voltas por Compostela, cun sorriso na nuca por se alguén me apunta.

Dando voltas por Compostela e despois caendo en Muros cos pulmóns cheos de moscas e de solpores de rei.

Volvo a Muros despois de catrocentos oitenta anos de tonas de allo inconsistentes. Anos de allos.

Mañá durmo en Muros e chámome Samuel.
26/06/2008 23:07 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Traio unha mensaxe de felicidade

20080626235253-criancas-jogando-futebol-de-areia.jpg

Nenos de todas as razas xogando xuntos da man cun pequeno cadeliño mirándoos no fondo con olliños de chícharo mentres o sol cae sobre as súas peles e o vento os refresca o xusto para que non se dean conta de que hai oitenta pedófilos cuspíndose no cipote listos para a violación máis bruta deste horario.

Encántame ir comer e que cando acendo o televisor xusto comecen os Simpson.

26/06/2008 23:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Se tivese unha Chita...

20080630220005-lexbarker.jpg

Oxalá tivesemos unha chita todos!

Oxalá!

Moito falamos e non arranxamos nada. Fin de semana intensa de ir a moitos sitios: a fonoteca da facultade de periodismo en Compos!!!

Oxalá tivesemos unha Chita e todas as veciñas non fosen saíndo de unha en unha polas xanelas!

Subir a Compos, pasar por Compos, patearse o Decathlon en modo mongólico, ver partido con licor de merda porque Güiza berra o seu propio nome.

Mostra de subnormalidade. Praia, ondas e pachangas. Fígado sae pola boca.

Nunca baixo á vila. Nunca subo. Moito frío. Carumas nos ollos. Un quinito.

Agus para casa. Sudadeira en calquera lado.

Pipas. Inés trae pipas.

A moralexa do conto do coello e a lebre.

Salpicón a toda hora, bola con bo regusto.

Un disco que se titula a si mesmo Tranqui.

Van chegar os americanos, van traer búfalos.

E a Chita.

A canción de Toots que rebenta días tamén rebenta días.

Esta fin de semana tiven cousas nas mans, tiven xogadas nas mans, tiven dados, dous dados, nas mans, e xoguei.

Si.

Sempre xogo.

E seguirei xogando.
30/06/2008 22:00 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Encontre informações detalhadas sobre vestígios de seu passado

non ten motivo
nin sentido agora
mesmo que a melancolía
sexa como todo
o que berran as rapazas
borrachas en calquera festa do verán

xa bebín demasiado
viño barato durante toda esta tarde
e agora só fixen tres ou oito
chamadas
ás mulleres de sempre
para comprobar que continúan
sendo felices
sen min

as mulleres do pasado
non teñen nin idea de todas as
veces
que trabei a man para non sorrir

non teñen nin idea
de cántas veces son elas
e non son outras
aquelas nas que penso
sentado na estación de autobús de lugo

lugo é tan mal sitio para nacer
como o pode ser euskadi
e
alén diso
os homes e mulleres non deixan de se querer
e pensar que a vinculación que
acadan ter
é o máis bonito da sesión infantil que acabamos
de conformar

as mulleres do pasado
entón
son igual de felices agora que calquera muller
que será dentro de tempo muller do pasado

os homes do pasado son
por outro lado
tamén certamente todo aquilo
que non escoitamos
por culpa de tanto acordeón

e a harmonía desta tarde
chea de viño barato
e chamadas e conversas de teléfono
non liga nada
coa miña sensación
de estar facendo sempre
aquilo que non quero facer

baixarei á rúa

entrarei novamente na tenda

duas botellas máis

esta será unha noite
de viño barato
e bragas húmidas co prebe
de mil soldados mortos
aos pés dunha silva
iconoclasta
30/06/2008 22:02 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Unha tras outra

voltamos da praia

son máis ou menos
as oito e pico mal contadas

e levas o salitre no lombo
coa rara sensación de ter salitre no lombo
e baixas do carro que tivo a ben
acercarte á vila

déixalo

agradecer-baixar-pechar a porta

non-moi-forte

cruzas e pasas por diante de carvídeo
todo está moi ben xa

-nótese que carvídeo é preparoxítona-

xa sabes a qué carallo de hora vas quedar
pola noite
e sabes que hai calor no ambiente
e tes calor no lombo
-o lombo do salitre-
e vermello
todo un pobo vermello

subes até casa
ducha
areas por riba das baldosas
pasas o pé e non che gusta
porque notas a area por debaixo

pos na cadea algo de mala música

xa baixas música de máis
o teu sentido o teu criterio
o teu xeito de valorar a música
xa apesta

bailas ou aquilo
que alguén pensou nalgún momento que podería ser bailar

saúdas a algún coetáneo

confirmas quedar con algún rapaz
a algunha hora nalgunha corredoira

sexo felación animal
sexto sentido do foder de noite
ollos como big bens
roncudos carallos
conas corredoiras
pachochas sen moito pelo

o verán fixo das conas
algo bo e sabes que ese rapaz
vai gustar da túa cona

ti tamén sabes
que sabe ben

mollando o pan na cona

saes á rúa

moito rapaz
é dicir
moita gomina
miradas obvias
centro de gravidade permanentemente
oscilante

pirola para un lado
pirola para o outro lado
pirolas da xuventude
todos teñen esas pirolas

pero ti nesta noite
de festa
querías unha pirola
un carallo en condicións maduras

mais quedaches co rapaz
naquela corredoira

pero xa bebiches tanto
que a sedución
é un arte por esquecer
e cuspes nos dedos

vas ao cuarto de baño
cos dedos cheos de cuspe

mételos ben fondo
na cona

xogas con ela

metes un par de dedos dentro
do teu
-non é o mesmo lamberlle a crica a unha puta-
conacho
e xa sabes
que non precisas aturar
a ningún papahostias

esta noite é túa
coa túa masturbación inesperada
no cuarto de baño dun baixo comercial
renovado en pubeto de vila de segunda
rexional

e agora es libre

o sexo quería foderte
rapaza

agora vas para casa

comes o que quedou de caldeirada
aínda que estea frío de estar no
refrixerador

mañá irás outra vez á praia
e elaborarás un sistema
de valores
que pivote arredor
da idea totalmente
marabillosa
de que para ter algo
nesta vida
hai que renunciar á melancolía
e a ter a cona
tan húmida
que molle tres capas
de bragas
seguidas

unha tras outra
30/06/2008 22:19 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.



Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]