Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2008.

Correndo até Chantada!

20081101110620-correr.jpg

Mándalu a tomar per culu y echa a correr!

Ímonos! Xa contaremos as nosas desventuras á volta!

  • Modo ionki coa puta slam: ON.
  • Modo capas de roupa: ON.
  • Modo sensatés: OFF.

Morreremos conxelados? Petrificados? Alcolisados? Alcolisadomasoquistas? Os Skárnio tocarán por fin a versión de One step beyond? Tocarán os de Skama la Rede a de Mierdina D'Or con ese momento Kortatu tan caralludo? Haberá licor café da casa a vender nalgún rincón de Chantada? Roque acabará en comisaría? Acabará nunha pescadaría? Acabará no cársere? Fará como Brooks e, antes de se suisidar, porá na parede: Roque was here?

Ska, ska, ska, ska...

Saúde, pas e ska!

01/11/2008 11:06 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Por dentro estouno pasando xenial...

Aínda que non o esterilice.

03/11/2008 09:15 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Garota regional (Skuba)

A nossa musa
Não é uma Deusa
A nossa musa
É você

03/11/2008 09:24 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Impossible

20081103225315-o-menino-e-a-chuva.jpg

Chegar de Chantada co peito rebentado e o estómago rebentado, mais co resto intacto. Durmir con dor nos oídos: moita dor no oído esquerdo. Espertar sen saber cómo nin por qué. Montar-no-autobús. Agardar repetir visión pretérita.

No autobús escoitar No le grites. Apreciar o baixón que che dá. Pasear cos ollos húmidos por rúas húmidas dunha cidade húmida chea de miradas secas. Almacenar os versos dicen que la mitad del cielo es cuando te quiere una mujer, pero creo que ella fue el cielo entero y su infierno ha sido él na memoria RAM cerebral para empregalos emocionalmente segundo pase o día.

Aparecer -entretanto- na facultade. Copiar. Folios. Fotocopias. Café con xeo. Montar no urbano outravezagain. Streetlight Manifesto. Corenta días e ir feliz no autobús sabendo que a vida che vai amosando grandezas. Grande! Grande! Non hai problema sobre a ónde se vai.

A choiva non é húmida. Probeina.

Casa. Casa.

Conversa. Hai xente coa que se pode falar. Hai xente coa que dá gusto falar. E, ao mesmo tempo, é difícil.

Redescubrir ao xénero humano. Darlle posibilidades. A vida pode merecer a pena. Integridade. Paixón sen estridencias? Exacto.

Put me on a plate escoitada cousa dunhas oitenta veces sen saber cántas veces se escoitou, porque, amigos e amigas, a estas alturas da vida, un pode chegar a perder a orientación espacio-temporal entre risas e choiva.

E a vinganza de Cochise de súpeto vén da man de La Rue.

É imposible non velo así. A felicidade decide.

É imposible que a vida sexa tan boa e sexa todo tan harmónico. A felicidade acompaña.

É absolutamente impossible. Todo vai estar ben.

Xa o deixou dito o noso amigo...

Sigo comigo mesmo:
o corazón manda
i eu obedezo.

03/11/2008 22:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

McCain ou Obama?

20081104153905-paulovic.jpg

Pablo!

Que polo menos o vin hoxe cando fun até filo a non ter aulas nin nada.

04/11/2008 15:39 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 3 comentarios.

En Plan 109

20081105220340-001.jpg

En plan festival de ópera, xa!

 

And when you wake up
everything is going to be fine
I guarantee that you wake up in a better place
in a better time

05/11/2008 21:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

Crónica cutre dunha doazón

20081106125659-doar.jpg

Dóeme o brazo. Téñoo hinchado.

E non entendo a letra da versión de Hotel California que sae na peli do Gran Lebowski. Pero paréceme que máis cancións deberían ter letras así.

06/11/2008 15:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

De pecados e fútbol post-moderno

20081106170251-confusion.jpg

A vida vainos apuntando os pecados a modo de segredo.

E algúns só teñen pecados capitais.

E hai capitais de provincia sen equipo en primeira división.

Penso que ás veces deus non sabe a qué anda.

Deus Amarrategui.

06/11/2008 17:02 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

O que A Coruña vota, vai a misa

20081107111009-vota.jpg

Quen son máis chungos: os taxistas coruñeses ou os condutores de urbano na Coruña?

Vota e entra no sorteo dunha comida con cincocentos taxistas e un condutor de urbano sen atar.

07/11/2008 11:10 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: CONCURSO Hay 11 comentarios.

O conto é que...

20081107212541-chuva.jpg

... Nos vai chover até por dentro das pupilas, mais imos baixar até Muros de todos xeitos. E para a semana baixaremos tamén, aínda que non chova.

A ruta da choiva reclamo. Reclamo unha asociación de amantes da choiva precipitada sobre a fronte. Unha asociación de tristes e imbéciles que vaiamos camiñando a través de países e de estados emocionais baixo unha continua borrasca. Sen roupa de auga, sen paraugas de ningún tipo.

Un grupo de xente que aborrezan ser mollados, mais que entendan que debe chover sobre eles.

Mañá baixamos a Muros. Mollarse. Caladiños. Avós. Amigos.

Calcetíns mollados. Baixos dos pantalóns mollados. Ollos secos contra miradas húmidas. Mentes húmidas para un universo permeable.

Morgan Freeman non era tan alcólico como o pintaba, mais seguro que mañá tamén baixaría a Muros a escapar da choiva.

Muros non é Irlanda.

Nin é Galicia/Galiza.

Todos galegos, menos o capitán, que era de Muros.

E Muíño do Vento... Que?

Xa está todo dito.

Está chovendo no paraíso!

07/11/2008 21:25 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Sputnik?

20081109220902-sputnik1.jpg

I can't can't can't can't do...

Obxecto voador sen identificar... Romeo Monroe.

Que no tabú me saia a palabra SPUTNIK e a trate de explicar vía Gluecifer, era algo que todos poderíamos agardar a estas alturas do conto...

Fin de semana en Muros (como xa dixen repetidas veces repetidas veces repetidas varias veces, vamos) e non tanta choiva nin tan pouca que non nos mollasemos.

Fin de semana buscando unha canción que non atopei, aínda...

E fin de semana bailando entre os Backyard Babies do obxecto sen identificar e o Sputnik. Nos bares falta xente.

Hai bares que deberían ser máis como o Egeo. Porque cando o amor viu en dúas ocasións e nas dúas ocasións nos mentiu, decidimos non volver amar nunca máis. Era o xusto para nós e para o propio amor.

Mais I can't can't can't can't do...

Hai bares -hostia!- que igual debesen ser máis como un Rus cheo de Kit-Kats.

Un obxecto voador por identificar... Xa o sei, xa. E nesas andamos. Recoñecendo a estupidez de agardar ver a alguén no sitio no que non a vas ver e todo iso... Obxectos voadores. Festivais de ópera en horarios noturnos. Xente cos seus monóculos e os seus cubalitros berrando por entre os seus abrigos de visón.

Non sei xa cómo dicir as cousas nin sei se se deben dicir certas cousas e se dicilas e nomealas é facer que estas existan ou se xa existían dende moito antes de nomealas ou se no mundo das ideas as cousas están quietiñas no fondo agardando que as sinalemos co dedo índice da man dereita mentres apretamos forte a man esquerda nun puño que reflicte -á perfección- o bonitas que son certas cousas en contraste coa choiva dos fines de semana escuros cabalgando en temas como UFO Romeo...

I can't can't can't can't do...

Non sei cómo podo garantir que espertes nun sitio mellor ou nun tempo mellor. Supoño, do verbo "supoñer", que hai certas realidades ou crenzas que escapan a toda razón e que sinxelamente por iso son as únicas verdades nas que nos permitimos vivir.

Teño o estilo do cabalo perdedor.

Non hai dor na voz.

Non hai quen chore polas nosas feridas.

Ceo deserto.

Sputnik da tristura. Non podo facer nada.

Asasinados polo ceo.

Obxecto voador sen identificar.

Romeo.

09/11/2008 22:09 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Finou o brinco de coco

20081110150704-ruda.jpg

E escoito La Ruda Salska.

Esta noite durmín fatal até o punto de empregar analxésicos.

10/11/2008 15:07 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Non teño nada que dicir

20081110183955-nothing.jpg

É o que teñen estas putas tardes e ser un puto imbécil.

10/11/2008 18:39 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

All nightmare long (Metallica)

20081111132156-pesadelo.png

Still you run, what's to come?
What's today?

11/11/2008 13:21 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Cada vez máis

20081111204202-dor.jpg

Non hai xeito humano de facernos dano. Non hai xeito humano de facernos dano. Non hai xeito humano de nos facer dano. Que va! Non hai tal! Non, non e non! Non hai xeito de nos facer dano algún. Non hai xeito humano de nos facer dano. Non hai xeito e, se che digo que non hai, é que non o hai. Non hai xeito. Insisto e insisto en que non hai xeito de nos facer dano. Ningún xeito humanamente explicable de nos facer dano. Non hai dor por vía humana que sexa posible. Non hai xeito de nos facer dano. É como se fosemos realmente invencibles ou indanables porque non hai xeito humano de nos facer dano. Non nos podemos danar. Non hai xeito humano de nos facer dano. Non hai quen nos faga dano. Non queda quen nos faga dano. Non existe persoa, nin existiu, nin existirá, que nos chegue a facer dano ou á que fagamos dano. Non hai nin haberá xeito de nos facer dano. Non queda modo algún de nos facer dano. Non hai xeito e, aínda que o houbese, non o creríamos e veríamos que non hai xeito humano de nos facer dano. Que va! En serio, que non! Non hai quen diga vouche facer dano e cho faga, tranquilos todos. Esta noite estou capacitado para vos dicir a todos e a cada un de vós que non hai xeito humano de nos facer dano. Nin entre nós, nin a nós mesmos, nin a ninguén que veña vernos. Non hai xeito humano de nos facer dano. Así que podedes ir en paz polo mundo adiante porque, como xa dixen, non hai xeito de nos facer dano. Non hai xeito e non o hai, poñades como vos poñades. Nin dor, nin dano, nin sufrimento, nin nada que se lle asemelle. Non hai xeito humano de nos facer dano.

11/11/2008 20:42 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

Saltando e bailando

20081113093500-salta.jpg

Hai que saltar e bailar.

E o que non baile... Morto!

13/11/2008 09:35 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Coma ti mirando o sol

20081113121505-sun.gif

Ao mellor a vida é como correr descalzo por unha estrada sen pintar, mais esta noite iremos até os concertos que hai montados diante da facultade de informática. Festicultores, Trapallada, Ruxe-Ruxe e Lamatumbá. De balde. Carpa. Buses ao remate (de cabeza). E despois probaremos a manternos en pé para irmos até o Orzán.

Agora vou cargar o cartón do bus para poder non ser unha persoa que corre descalzo por unha estrada. Sen freos. Mañá a Muros. Ensaiar. Rain/rain/rain. Perder co Illa de Sumatra. Aaauuuhhh...

Johnny.

Ultimamente durmo rápido -que non é o mesmo que pouco.

Bailar cos ollos pechados. Nose from a clown. Vetos no Egeo: Toxicity implica inmolación.

Desfalecer. Caer rendido. Morto perdido. Remate de cabeza. Gol no penúltimo minuto. Remontada épica

E vós?

A túa familia sabe que xa non virás. Non queda tempo. Corres e non voas. Mais corres.

Nesta vila ninguén nos quere. Nin o primeiro. Nin deus. Que va! Nesta vila non. Creo que non queda ninguén que nos queira nesta vila... Etc.

13/11/2008 12:15 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

O Clube da Academia

20081116232448-15.jpg

Imos con lanzas e taparrabos.

Os malos nunca din: Mira, rapaz, que tal? Gustas da miña pistola?

Orgulloso de ser un tonto.

16/11/2008 23:24 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

A ruleta da sorte

20081116234928-arton178.jpg

A... De alefante.

E... De Eustralia.

I... De ilemento.

O... De otobús.

 

(A la de una!...)

16/11/2008 23:49 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Mais, realmente, ao que dediquei a fin de semana

20081117125929-combo6.jpg

Foi a pasarme mil veces o Killer Instinct con Combo.

17/11/2008 12:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Que deus bendiga os nosos socios...

20081117140427-badeixo.jpg

E que rexeite os nosos vicios. Xa son case un adito ao desamor. Demasiado enganchado ao fracaso para ser forte e vivir a vida sen tirala. É importante que me pare e que o inverno sexa tan pequeno para metelo nunha torta de chocolate.

E a coña é que eu quería facer unha ensalada.

Dende o xoves até o domingo a palabra clave foi: San Pedro.

Xoves de sampedrodemezonzo. Venres de sampedrodemezonzo. E certo alomorfo o sábado. E luns á mañá: bus en sampedrodemezonzo. Subir e, que si, sexa sampedrodemezonzo.

E lembro tamén como, na miña onda de humor cruel, emprego tanto a figura de Ramón Sampedro até o punto de que a última coña que fixen con el foi hai unha semana, ou así, cando, despois de que fose solicitada a miña axuda por uns coñecidos -non moi coñecidos, a verdade, polo cal me sorprendeu o que digo a continuación- para liar un peta. A miña resposta foi: que va! Son menos hábil que Ramón Sampedro cubrindo un cuadernillo Rubio.

Noite de sábado, triada boirense. Cando me canse de vivir lembrarei o puto Getz e a Quique González co Ferreiro. E a vós falando dos músicos de Quique González.

Fun, mais non me convencín. Eu supoño que son as miñas gañas de comer unha ensalada ao voltar da facultade.

A coña é que eu quería facer unha ensalada.

Cantas noites comprendendo e cada noite, á fin, é a mesma.

Ti compara.

Algunha vez teño repetido cousa dunhas cincocentas veces a palabra fracaso para lembrar que non podemos deixar que nos maten as penas. Polo de mirarnos por dentro. Choven flores. Vouno levar menos negro para facer que se afundan os helicópteros nos que marchamos.

Non haberá levante, nin vento que chegue para que as cartas do centro de transfusión de galicia me impidan darme conta de que non-men-te-ro-de-na-da.

Deus é un badeixo.

A virxe é unha costilleta (prato combinado).

San Pedro é o vice-mesías.

A vida non está para conceder indultos.

Si. A verdade, todo se resume no que dixo a miña avoa este domingo: vós non sodes moi partidarios da cabeza do badeixo.

 

-non hai nada como sentirse satisfeito-

-todo vai estar ben-

17/11/2008 14:04 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Oh não! (Mr. Rude)

20081117213204-levitar.jpg

Assistindo filme repetido
Ouvindo os mesmos discos
Brigando pelo mesmo motivo
Inconformado com o destino

Oh não! Oh não!
Eu não botei os pés no chão
Oh não! Oh não!


Domingo inteiro dormingo
Caminhando em meu sentido
Do coração fiquei batido
Eu não tinha decidido

17/11/2008 21:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

Aspirina Complex

Gripallada.

Levantarse e poñer a radio e que falen de bibliotecas e dos Beastie Boys. Colles e pos a Sinfonía Nª 2 de Mahler, porque, entre outras cousas, es imbécil.

Escoitas un grupo que se chama Cry of Love e tampouco se diferencia moito de nada. Existe un grupo que se chama Chuck Norris Experiment e que mola a deus.

Deus é un badeixo. Caldeirada de deus. A xente que cre en deus é como a xente que cre na política.

Gripallada: suar, mocos, oídos taponados, ollos que ferven. Tomas Aspirina Complex: líquido verde.

Magostarse ás tantas. Cea en Compostela. Tela de cea.

Non sei se quero facer esta entrada. Realmente non sei se quero facer esta entrada. Que va... Non sei.

Aspirina Complex.

Aquilino Iglesias. Aquí lin "no iglesias".

100 mph.

Suicidio no Rock’n’Roll.

Puagh...

18/11/2008 18:18 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Coa nosa propia condea

20081118190044-bala.jpg

Avec a nosa propia somanta de hostias. Todas as historias son iguais. Todos nos fallamos mil veces. Todos nos odiamos todos nos queremos todos nos miramos de xeito especial todos prometemos e non cumprimos todos lle buscamos o fundamento e todos agardamos máis do que recibimos e todos damos menos do que debemos dar porque finalmente todos temos da orde de setecentas manías e xeitos de demostrar que somos un saco de merda que por non ter non ten nin unha cor que non exista.

Dedicamos o tempo a buscar versos especiais ou a buscar un equipo de fútbol e que nos asinen os contratos que desexamos e o diñeiro e agardamos que a xente que queremos nos lembre. Non podemos evitar cagar aquilo que fomos comendo e hai da orde de mil persoas especiais nas nosas vidas que son tan especiais que non o son e tan igualmente diferentes do resto que xa non sabemos a qué sabe a nosa bendita liberdade. A liberdade que non tivemos nunca e o veleno que nunca tomamos. Ou iso cremos.

Non nos enteramos de que todo se fai por amor, por amor ao desamor, á derrota, á vitoria, ao todo e ao ser nada. Resultou que daba igual todo e que o que importa son os pratos cos que comezaba a comida e se non estamos quietos, dannos unha hostia. E non saimos na foto se nos movemos. E non estamos aquí para fodernos nin para gustarnos. E non estamos aquí para as apertas nin para os beijos os beijos os beijinhos. E poderei ser cousas no mundo menos mentireiro, menos peseteiro. Amarrategui. Tranquiliño aínda que me traten de paleto e de tonto. Non hai présa.

A soidade non é tan mala e témola controlada. Non montamos esceas se non hai que montalas e estamos sos lamardebien. Non nos temos arrepentido o suficiente de todo o que está por pasar. Coñecemos ao DEDILLO como nos vai incluindo a xente nas súas vidas. Intuimos que as rúas nos fallan. Imos con medo, entón, porque para pensar xa hai xente a varrela (varrer escríbese con uve). Estamos sentados.

A vertixe véncenos. Os borrachos non son alleos porque somos nós mesmos. Deixamos cascos de cervexa en calquera beirarrúa e importanos todo unha merda ou iso pensan e o tempo pasa e dá igual. Comemos iogures e queixo curado. Seguimos o noso instinto e entre a alma e os pés só temos a suficiente sangue como para cubrir 76 quinielas.

Hai moitos artistas xa e toda a arte xa está de máis. Seguimos intentando definir as cousas indefinibles e cada intento é aplaudido e cada persoa que chega alto é sinxelamente tirada abaixo. E os de abaixo son sinxelamente puteados. Os anacos de canción non son como as matemáticas. As frases absolutas só son o refuxio dos necios. Movemos ficha.

Despois quererán que nos convenzamos de non poñer a vida a servizo da nada. As fotos son moito menos que os momentos vividos. As quenllas son peixes e os mamíferos somos nós así que igual esa é a diferencia entre o sufridor e o sufrinte. É fácil como un un máis un.

Presumimos do que temos e do que teremos e do que tivemos e tomamos augardente.

A vida é suficiente incentivo como para gastala tontamente. O inferno non sei cómo será, mais agardo que sexa tan grande para poder irme a unha parada de autobús a esperar. Que é o que fixen sempre e

é

o

único

que

sei

facer.

É sorprendente cantas caras de cemento-formigón se atopa un pola vida e canta falta de sentimento. Cantos disfraces e cantas formas de non chantar as unllas no ácido láctico que nos saia por entre os músculos (ratos romanos) e os miolos.

Sintes que a alma se estrucha ela soa contra o lombo e que a espiña dorsal non sabe como afrontalo. Vannos dar mil hostias unha tras outra e outra máis por dicir a palabra hostia e diremos que nos queremos a morte.

Xa nos dixemos mil veces que nos queríamos. Un e cada un de nós. E que máis dá se ninguén se quere máis alá de un mesmo. Un remata no bico dos dedos e das dedas. Onde remata cada peliño é onde remata cada un.

Fáltanos capacidade. O éxito.

Orgullosos de ser tontos. Orgullosos de crernos máis do que somos. Non confundamos.

Soltade tinta sobre min, sobre vós mesmos. Revolucións por encargo.

Faltan balas e faltan porque xa as levábamos dentro dende hai moito, moito tempo.

18/11/2008 19:00 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 1 comentario.

Se me prestades un cable

20081119124747-red-cable-big.gif

Reinvento o estado da tristeza.

19/11/2008 12:47 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

En Plan 110

20081119133005-tempo.jpg

En plan fóra do tempo.

19/11/2008 13:30 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

Proceso recuperación efectivamente certo a verdade sexa dita porque claro

20081120101403-acuna.jpg

O estado de non respirar ao xeito fai chegar negativo osíxeno a caletre. Distribución inefectiva da carga osíxeno: neuronas bailando muiñeira de Valladolid. Ollos que ferven, escavadoras de seda. Contrastes moi profundos. Somos oito mundos.

Cantas máis páxinas, blogs, tuentilandia, potolog e caralladas do tipo, menos esperanzas deposito no xénero humano (de aí que diga que a xente é subnormal e que un só pode confiar nas persoas). E claro, despois digo catro merdas aquí e queda como raro como raro como raro como mimá... Mañá a ver se collemos un kebabsiño. Tarde apalancados. Magosto de filoloxía: efecto antabús. Buses ao remate (de volea).

Clarence Acuña. Todos sabemos a qué sabe a auga mineral. E todos queremos lamber chuchamelos en primavera. Enganáronnos coa primavera. Novembro é dos mellores momentos do ano para ESTERILIZAR os sentimentos máis ROÑOSOS.

Desesperanzaguirre. Clarence Acuña chegou a xogar no Newcastle... Por iso, sumado a outro factores como o azar e o azahar e as especias coas que enchen os cadáveres nos velorios, chegou a ser o capitán (almorzo con café lendo o xornal) da selección de Chile. Uuhh... Chili!

Pois Clarence Acuña andando-andando ía falando coa xente que se ía atopando e un día atopou entre esa morea humana á que finalmente sería a muller da súa vida: un lavabo para hámsters. Clarence Acuña, estraño designio digno dun estudo poético, presentouse no xuzgado coa súa prometida (hixiene mascotil) e declarouse en folga de latexos.

Episodio de erro cardíaco.

As doenzas non perdoan. Non me perdoan a min cos meus moquiños e ollos fervendo, non ían perdoar a alguén tan despreciable e melenudo como Clarence Acuña.

Lume no altar. Magosto do viño e da cervexa, vén a nós. Ceas en Compostela. Campos de estrelas. Libros de lectura obrigada, caede aos nosos pés. Mulleres que nos descartachedes para o avance militar, desarmádevos. Homes que fuxichedes, bailemos reggae na noite morna. Xuntas de avalición da vida diaria, amolecédeme. Mocos en manadas, alporizade os vosos oito sentidos.

Todo é confusión. Clarence Acuña así o entende.

12 euros por unha cea.

Eroski da restauración. Homes xoves sen a liberdade de escoller. Persoas atadas ás súas propias relacións creadoras de (in)felicidade.

Facer rebentar un corazón con quince petardos coas mechas empalmadas.

Enteireza.

Xerusalén. Maxestades en camisetas de publicidade da mala. Tiamina.

Valemos moito máis do que os demáis nos din e os demáis (que somos nós para os demáis) valen máis do que pensamos.

E o de sempre, finalmente é o de sempre...

Gora Clarence Acuña e a felicidade que percibe alguén cando está sumamente errado e ve saír algo de sol por entre as manchas dos seus lentes de miope.

20/11/2008 10:14 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Fascismo nunca más (Habeas Corpus)

20081120120944-guernica.jpg
20/11/2008 12:09 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Balas

20081120205531-compsotela.jpg

Está chovendo nalgures e excedemos xa o tempo de espera.

O rol de amigos ou inimigos non é unha postura absoluta. Non existe o pánico.

Gustaría de que este tema fose o tema desta fin de semana.

O tema desta fin de semana, para ir escoitándoo como quen se escoita pensar. E ir bailando-danzando polas rúas de Compostela completamente sozinho. Cos ollos pechadiños como o último mártir dunha causa inxusta.

E despois dar un salto a unha canción que queres escoitar... Unha desas cancións sen letra que che enchen de sol e deserto... Un número vinte e oito dunha listaxe por facer aínda.

Mais antes, escoitar tranquiliño esta canción da que non queres entender nada, pechando os ollos e deixando que o frío che entre pola caluga e as pálpebras... Sendo o imbécil un millón dunha orde mística de imbéciles por se reagrupar.

Non temos balas.

Temos séculos de felicidade inxectados en cada cavidade do corazón.

Cantos días das vosas vidas lembrades?

20/11/2008 20:55 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

Percorrido

Cal Pita. Estación buses. Calzados Semicentro. Piso franco. Kebab de Rubine. Piso franco. Cafetaría do mal rollo. Piso franco.  Gadis. Piso franco. Urbano. Cafetaría de Filoloxía. Urbano. Rock’n’Roll. Egeo. Piso franco. Gadis. Piso franco. Cal Pita. Casa. Ducha. Cama. Cal Pita. Kalos vermello. Hospital. Golf. Piso Romero Donallo. Restaurante O Patrón. Trasgo. Albaroque. Avante. Ruta. Raíces. 24 horas. Piso Romero Donallo. Mac Burguer. A Cabuxa Tola. Hospital. Golf. Casa.

23/11/2008 23:14 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Aquí non hai noite alta

20081124121853-noite.jpg

Xa estamos de volta de todo e, ao tempo, perdidos coma sempre. Aquí non hai noite alta. Vimos da noite, de longas columnas de po. Vimos da morte sobre o que foi quedando da vida. De outras vidas nas que ninguén confiou.

Algún día, un día, nós seremos nós mesmos.

Fai falta estar sumamente cego -escuridade- para non ver a luz que salta en todo o que imos facendo. Temos xa botado moito fóra, temos roto moitas cousas, moita felicidade ciscada polo chan, mais seguimos a lle gardar fe ao mundo.

Pensamento. Acción. Actitude. Expresión.

Non, aquí non hai noite alta.

Pequena vida, grande corazón.

A derrota vén con nós da man. Míranos como mira un neno sentado na mesa dos maiores ao resto de comensais.

24/11/2008 11:57 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Rei de ouros

20081125161744-reideouros.jpg

-Samu, por que levas un rei de ouros na carteira?

-Pois non sei.

Na carteira levo dende tempo inmemorial unha carta co rei de ouros. Non sei a ciencia certa cómo é que chegou até aí... Sei que un día estaba e aí quedou. Nin eu me cuestionei o tiralo de aí, nin el se cuestionou castigarme polo que me resta de vida (polo que se ve até o de agora).

Igual tiven nalgún momento a idea de que un rei de ouros podería ser empregado como diñeiro... Mais esta hipótese descártoa en favor da aleatoriedade.

Hoxe paseeime en buses exercendo o meu rol de imbécil perenne gardando un dos mellores bicos que alguén gardou nunca.

Supoño que se perdeu.

Gusto tanto de este tema de Karma to Burn que renuncio a non ser feliz.

25/11/2008 16:17 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

De caídas e frío

20081125215101-obelisco.jpg

Frío? Todo o frío do mundo.

Humidade na parede.

Café con leite.

Hispano non é hispánico, mais vale igual.

Porrazos do pasado.

O incrible mundo da hostalería e a súa fauna.

Comer herba.

Todo o frío do mundo, mais por solidariedade... Non vaiamos pensar.

Robador de profesión.

Mulleres en paradas de autobús con paos brancos e verdes.

Mil caídas e mil mareos en autobuses.

Strippers pequenos e gordetes.

Xabaríns levados por nenas atados por unha cordiña.

Mondarinas Vs Mandarinas.

Tigres que son mexillóns.

Zumeros? Pois serán zumeros. Dos que dan calambrazos.

 

-Despois subes ao bus e xusto soa Gold Lion... A vida non está mal de todo...-

25/11/2008 21:51 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

De todos os demos

20081126183203-chandal.jpg

Quédome co que viste en chándal.

26/11/2008 18:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Drive (Incubus)

 

Whatever tomorrow brings, I'll be there,
with open arms and open eyes, yeah.
Whatever tomorrow brings, I'll be there,
I'll be there....

27/11/2008 12:43 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 1 comentario.

De pesadelos, rotondas en Ventín e outras formas de dicir que a vida funciona

20081128115223-pesadelo.jpg

Segundo acabo de ler na Wikipedia, os pesadelos caracterízanse por despertares repetidos durante o periodo de sono maior ou en sestas diurnas provocadas por soños extremadamente terroríficos e prolongados que deixan lembranzas vívidas, xa que no seu contido acostuma haber ameazas á propia supervivencia, seguridade e autoestima.

Pois vale.

Agora explico o asunto.

Onte, a noite do mércores para o xoves, tiven un soño-pesadelo no que vía un accidente de tráfico brutal por diante do Sahorta, o bar de Louro. O percance consistía nun autobús que adiantaba unha ringleira de coches e un camión, que viña en sentido contrario, víase na obriga de facer unha maniobra para non colisionar co camión e levaba á xente da terraza por diante.

Vale.

Pois a ninguén lle comentara esta sorte de pesadelo até esta noite, que lla comentei a dúas persoas... Pero tamén nun soño... Un soño que, pouco despois, se convertiu nun pesadelo, tendo aos coches como protagonista e aos amigos como vítimas. Todo ante a incapacidade de un mesmo de moverse, clásica de moitos soños agobiantes.

Non sei, pareceume curioso o de explicar un pesadelo dentro do que foi outro pesadelo.

Metapesadelismo.

Curioso, tamén, é que a primeira canción que quería escoitar no día de hoxe fose o tema este de Le Braghe Corte... Fun mirar a letra do tema pola internet... E atopei anaquiños coma este:

I stand up, unafraid
you won’t get me down

E agora pregúntome facendo gala dunha esquizofrenia de venres pola mañá: o meu subconsciente musical deféndeme do meu subconsciente onírico?

Recoñezo o estúpido desta reflexión, pero máis cousas estúpidas hai por aí e ninguén di nada.

Exemplo: onte, ao rematar a emisión do partido do Deportivo (o Feyenoord debe ser o peor equipo que vin en anos), a TVG emitía un programa chamado algo así como Terra de Prodixios. Segundo puiden entender ao comezo do programa, a finalidade era escoller o mellor monumento, ou algo así, do país. Ao parecer, nas roldas eliminatorias (¿?¿?), xa quedara fóra a Catedral de Compostela (si) e os finalistas eran, se non lembro mal:a Torre de Hércules (que seica chegou mediante unha repesca), as Dunas de Corrubedo, o casco vello de Ribadavia e o colexio non-sei-qué de Monforte. Obviamente, este programa é un merdolo cuberto de ourego e con luces de neón. Mais, sen entrar no chiste que pode suscitar que estes sexan os prodixios do territorio galego, vou facer unha proposta en firme para prodixio monumental da nosa terra: a rotonda que agora hai en Ventín. Aí o deixo.

E agora limpar-varrer-fregar. Lavadoras. Secadoras. Forno. Deshumidificar o universo enteiro. Concretar. Falar. Decidir. Maletear? Ordear. Concretar. Bailar. Matar o po de debaixo das camas con ameazas en ramos de margaridas.

Baixar música. Ler literatura angolana (o xoves tiven unha das mellores aulas de literatura en tempo... E fixemos lectura dun poema dun autor da Angola que me encantou e que traerei até este sitio...).

Agora comezaría a soar Mañana...

 

Non teño medo e así podo chorar. Se me río, estou contigo.

28/11/2008 11:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.



Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]