Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2008.

Xa non o sinto

De entrada, unha entrada que se chama Xa non o sinto apesta, mais, como todos sabemos, a perfección do xénero da sit-com alcanzouse no 1999 (ano especular).

Tras ver este verán como os chineses -ou parte deles- organizaban -ou estaban alí- as olimpíadas, un non pode máis que propoñer oitocentas novas modalidades olímpicas para os millóns de locais de alterne que aínda quedan en Asturies. A maioría da xente -insisto por enésima ocasión (renault ocasión)- continúa a confiar nas relacións de tipo emocional de todos nos queremos e confían nos demáis e só podes confiar en ti mesmo e no primeiro disco de System of a Down.

Nova crise mundial, mais o capitalismo segue a funcionar. Despois pensamos algo e dicimos que manda-carallo que os bancos nos preocupen. Empresas totalmente innecesarias que xogan cos cartos e despois perden ou gañan cartos. Toots non sei cómo o diría. Non sei cál sería o número de Toots na seguridade social, nin se estaría afiliado. Afíliate, Toots! Estás a tempo! Coticemos todos xuntos e da man. Queremos chachachá.

Os últimos serán os primeiros? Pois Xesucristo foi dos primeiros en caer. Sobre todo se pensamos que o tempo agora o contamos dende a súa morte. Co cal podemos sentenciar que Xesucristo, no ceo, será dos últimos. Normal, se pensamos a merda de choio que deixou feito alá pola Palestina ou Israel ou pola nai perfecta.

O futebol moderno vai impoñendo dianteiros -os que van máis adiante se miras dende o porteiro- máis tronquetes. Ou menos tronquetes, aínda non o teño claro. Mais vou perderme o San Froilán e a ponte que se nos ven enriba porque me tiran unha moa e vou ter puntos na boca -fly, my babe, fly- e andarei a antibióticos, que, como ser vivo que son e que me sinto, é o peor que me poden dar. Igual me poden dar vía. Popcorn.

Non sei se a Raquel de Chantada lle chegou o meu enderezo para que me mande o libro de Ronseltz. Ela dixo que mo ía mandar. Os de La Vaga Banda mandáronme a súa maqueta. Aínda non ten os ventos -sección de ventos- e xa soa da hostia. Créase, entón, unha curiosa competición de envío de cousas, que se inclina, polo de agora, do lado dos de La Vaga Banda. Sube, sube, sube. Sube.

Os fashion-victims e as lurpias do sexto faiado poderían telefonarme á noitiña. Entón todo sabería a cervexa. Non, tranquilas. Quen pode chegar ao camposanto a estas horas?

Non son quen de escribir. Putada. Zombies. Cantas persoas coñeces con cara de peixe? Hai un lote.

O Gran Turismo é como o sexo: mola máis en compañía de alguén.

O onanismo é como as pallas: é masturbarse.

Profesor nativo de galego aluga cu. Razón aquí.

Un lobo pequeno, non sei qué raio de lobo sería que colleu e levoume collido do pescozo até un sábado pequeno -todo pequeno até o de agora- e atopei a unha rapaza cunha camisa negra aberta dende a bisectriz do peito até o bico da cona. Despois acordamos de bailar todos xuntos. Eurosimpatía de pola noite. Líder en audiencia provincial. Rapaza pequena que asinte se a miras. A miseria que todos agardamos témola nós mesmo entre as dúas dedas. O lobo pequeno, que agora xa non está, rematou por marchar, pois xa non se ría nada. Nunca, vamos. Fiquei, xa que logo, coa rapaza de camisa negra e as seccións de ventos apareceron por fin. Chamei aos de La Vaga Banda e díxenlles que tiña todo solucionado. As rapazas de camisa negra comeran todas as seccións de vento para cancións ska que o mundo creara até a data.

O lobo baila pogo sobre un raposo. E unha rapaza baila ao son do tambor cando soa o meu tambor.

Os campos son longos. Collemos a nosa vida e atopámonos cantando tonterías coma esta. E as rapazas de camisa negra son todo o que podemos querer a estas horas. E os libros de relatos que deixas caer pola fiestra.

Somos reis sen coroa. Raíñas sen coroa. Somos ases da xogada. Cracks da propia idea da mentira. E imos indo aos poucos. Aos amigos que van quedando atrás non lle dedicamos nin unha xogada en fóra de xogo clamoroso -repetición confirma o fóra de xogo. E cremos que escribimos raios e lóstregos e dámoslle á xente calquera cousa de nós mesmos.

Organizamos pachangas. Quedamos con alguén porque todos fodemos sempre que haxa que foder ali está todo o mundo apuntándose para foder. Cae xieiro. Xiada a varrela. O lixo. A noite faise día e o día voltará a ser día calquera día destes.

Eu. Eu. Ti. Ela. Aquela. El. Nós. NO (noroeste da situación).

Montelouro é o único deus sen pés que nos queda.

Xa é outono.

A vida seguirá como seguiu sempre. Imos facer o que nos veña en gaña.

Agardámosvos como auga de maio.

Memoria colectiva. Cando estamos xuntos. Todo esvara un pouco máis.

Esvara.

01/10/2008 00:46 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Apetéceme ir darlle unha volta en bici....

E que me leve por diante unha tola como esta. Como está o mundo, beibes.

02/10/2008 12:41 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Até as cellas de analxésicos

20081003000839-dentista-1872.jpg

Dentista tola que me colliches por banda de mal xeito, lembrareite sempre cos teus ferraganchos e aparataxe. Lembrareite por ter que andar toda esta ponte meténdome da orde de 80 comprimidos -antibióticos, antiinflamatorios e analxésicos- en lugar de andar sapateado de portal en portal, dando máis lástima que sombra e

Aínda que polos analxésicos non me vou queixar, xa que me deixan cunha tontería no corpo maior da habitual se cabe. Pareso un Bob Marley que teño máis de bobo que de Marley. Pero... O león, el non ten problema porque che ve (homeee...) e cómete. Xa lle podes disir: estou posto de analxésicos da sejuridá sosial esta, onde pasan os vellos o día... Que el colle e cómete.

Os Diplomáticos tiveron a ben faser esta cansión. Non vou ser eu quen diga que o pan de chapata é mellor que andar por riba dun tellado de uralita en verán. pero xa se sabe como vén a gripe este ano.

E despois dirán que somos dous ou tres.

Se é que é así. Pagan un veciño polo que fai o resto. As leiras deberían estar separadas por caracois e o ceo da terra por unha liña vertical co nome de todas as bibliotecarias que foron quedando polo camiño.

Pol Pot.

A medicasión fai moito mal e non saír pode rebentarlle a cabesa a calquera muradán exiliado.

Coloto vingiuse disque. E Timiraos partiuse o nabo.

As risas.

Vou seguir cuspindo sangue, beibes.

Ouieah!

Dentistas! Carniceiros!

03/10/2008 00:07 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Dúbida anatómico-automobilística

20081003170127-lobato.jpg

A ver, Lobato, agora que xa rematou todo o longo proceso de retirar as catro moas do xuízo e tendo en conta que cada unha ten o seu peso... Canto tempo gaño por volta?

03/10/2008 17:01 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Estradas de ir... E de volver

20081004205016-findano05.jpg

Teño as neuronas caducadas. Tarde no Decathlon de Narón. Polígamo da Gándara, penso.

Ir camiño de Ferrol faise raro. Ver a estrada e os lugares. Pola autoestrada ves as estradas que pasan lonxe e veste alí hai tempo, indo ou vindo. Algo así. Ferrol, fun até Ferrol hai tempo. Teño que facer as paces cunha época da miña vida e estou no punto ideal. Soa La Rue Ketanou e estou en paz con toda a miña vida, con todo o que pasou, o que triunfou e o que fracasou.

Quero que chegue a cea dos hispánicos porque quero escoitalos outra vez. E que chegue tamén a cea de finais de outubro-novembro que sempre facemos no noso grupiño. Teño gañas de ver a moita xente e dicirlle que todo está ben, que o que importa permanece intacto. E de fin de ano todos xuntos e sempre raro, sempre raro. Pero sempre día seguinte de resaca e historias. Aninovo, disque. Cintas de video de hai xa tempo. Todo segundo a miña persoa.

O importante é invisible aos ollos.

O importante é invisible a todos os ollos. Menos aos nosos.

Non sei qué pasará dentro de CINCO anos. Mais estaremos alí. Seino.

-estar no decathlon mirando para a entrada agardando que entre un imposible é unha parvada de insensato máis e só ten validez porque o máis probable é que non fose pasar nunca e tiña un sorriso enorme no peto agardando pola tremenda situación...-

-cinco-catro-tres-dous-un-ano... quen sabe cando ou canto?-

O verdadeiramente importante é invisible aos ollos.

04/10/2008 20:50 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Estradas de ir... E devolver

20081005092015-findano05.jpg

Espertar entre unha marea de espuma branca e o que supoño que serán uns coágulos que nalgún momento vomitei é o seu. Demasiado antibiótico e demasiada caña de herbas. Supoño que se xunto todos os coágulos que hai polas sabas e entre os pelos do bandullo podería encher un vaso dos de nocilla de toda a vida, o cal me dá alento.

Servídeme. Poñédeme no prato. Estou listo para comer. Cabe pensar que o fígado está algo resentido. Manifestarase, claro. Os pés están  brancos e algún dos dedos treme sen que o controle. Maniféstase.

Colle un coitelo, un garfo ou unha culler.

Por que non me pos nun prato agora e me almorzas? Traio o prebe de vinte mil noites aos tombos.

Cear oito comprimidos de analxésicos e irse un anaquiño de tempo... Os cabalos da noite. Os vagalumes da noite. Pódese escoitar todo o que digo.

A chosca do Barcelona ao Atlético e tamén o porno turco-chinés das gardarías de todo o Iparralde... E por que non me pos nun prato?

Caín dende o ceo... Mentres andaba exercendo de funambulista, por unha ETT, enténdese. E caer na praia na que para catro veciños que somos, poñémonos todos apegados.

Un día falaremos do equilibrio da praia. E por que non me pos nun prato?

Por que non?

Espuma branca, vómitos, coágulos e o meu pelo longo até os nocellos.

De todos os capítulos de La vuelta al mundo en ochenta días hai un que nunca esquecerei: cando queimou o barco para chegar ao destino.

Os ricos sonche así. Xa nos ensinaron dende pequenos que o diñeiro mercaba todo. E Aladdin era un vendido.

Que volva Lupin.

E que os mods non fagan moito, por favor.

Ponte no prato comigo e comémonos as xuntas dos cóbados, beibe.

Vou almorzar.

Rusia era mellor antes.

05/10/2008 09:20 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Pretemporada da Illa de Sumatra

Comeza outro ano a liga de futebol de salón no pabillón de Muros e, mentres outros equipos botan as súas pachangas e tal, nós, o Illa de Sumatra, sinxelamente imos xa pensando nas celebracións dos goles. Xa que como moito meteremos 8 ou 9 en todo o ano, pois iso.

05/10/2008 12:06 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Estradas de ir... E revolver

20081005163322-findano05.jpg

Cada noite é a mesma, só cambian os borrachos.

Mal día para decidir volver facer deporte. Comeza a chover algo, unhas pinguiñas. Frío e iso. Galiza's weather, beibe. E mal día para revolver entre as cousas do antes. Levo uns días revolvendo con certos asuntos, xa sabedes. E é raro. Podemos volver agora e ler moito do que se escribiu hai un tempo. E só a distancia me permite, agora, interpretar ben todo aquilo.

Máis desconfiado. O outro día vendo Delitos y faltas (Woody Alien) nun perfecto castelán, saltou-chimpou unha pequena-gran reflexión sobre o tema das relacións e toda esa merda. Iso dá valor aos desesperados.

A min non me dá valor ninguén. Son un cagado.

Caca dura, caca branda. Caca de todos xeitos.

Caca lindísima.

Un día collerei o coche a aparecerei por alí, vai ser raro e, ao tempo, non.

O tempo diferenciou entre os mediocres e os bos.

Boas tardes.

05/10/2008 16:33 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Castañazo Rock 2008

20081006124636-castanazo.gif

Arrepentirme podería ser aljún tipo de arte, secsión transversal de eventos e balbordos semi-de-balde, comprásese a si mesma en traer a nova sobre un festivaliño que terá lujar o día 1 de novembro na vila luguesa de Chantada: o Castañaso Rock.

Entre os jrupos presentes nesta edisión (facsímil) atopamos: Skárnio, Real McKenzies, Skacha e Skama la Rede.

Entrada: 5 euros.

E tamén haberá actividades, comilonas con polbo, viño e pan, obradoiros rock (o obradoiro de guitarra está cargo de Cereijo, o guitarra de Los Suaves;e o de baixo a cargo do baixista de Lamatumbá).

Zona de acampada no pabillón de deportes, así que cun saquiño e tal, xa safas.

Para máis informasión, podedes visitar a súa páxina web, que está faséndose e que ten enlase ao seu myspeed.

Festivalaso!!!

06/10/2008 12:46 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Aniversario

20081007123100-festa.jpg

Este bloguiño fai hoxe catro anos dende que comezou a dar os seus primeiros pasos. E, dende logo, que se ten vido a menos, iso canta por todos lados. Pero, a verdade, é que teñen pasado moitas cousas e inda temos pasado os nosos momentos co conto do carallo do blog. Temos feito concursos totalmente fraudulentos, xoguiños, temos mandado indirectas de todo tipo, entrevistas a toda clase de personaxes...

Non sei por cánto tempo seguirá isto, supoño até que entre en razón e decida mandalo á merda, porque el xa me mandou hai tempo.

De todos xeitos, xa se irá vendo. De todas formas, se tedes algo que suxerir sobre como está o blog, algo a retomar ou algo a deixar... Xa sabedes, que para catro veciños que somos, ben o podemos falar.

Saúde e grazas a todos os que vos pasades ou vos pasastedes por aquí!

07/10/2008 12:31 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 7 comentarios.

Internet vaime fatal e penso...

20081009040442-teletexto.png

O ser humano alcanzou o cume da tecnoloxía co teletexto.

A partir de aí: costa abaixo sen freos.

09/10/2008 04:04 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 3 comentarios.

Queixa explí*i*a

20081009165308-frigope.jpg

Os frigopés son cada ano máis pequenos.

09/10/2008 16:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 3 comentarios.

Unha historia d'amor

20081010115409-circo.jpg

Non quedan xa historias d’amor.

Os desertos da tristeza. As lúas dos ollos. E toda esa estupidez das canción bonitas. As rosas e as cagadas de gaivota. Xibraltar.

Iso só era a túa vida.

Resaca superadísima. A mellor vella de Muros caerá. Igual temos concerto para a semana, xa aclararei o asunto. O tema, vaia. Disque. Seica.

Queimar o karma. Centra-remata-gol. Share a cock.

Término: aclarado.

O circo, amigos e amigas.

Ímonos de fin de semana.

Grandísima puta, probaches o mel e agora non che sabe o azúcar.

10/10/2008 11:52 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Resume total da fin de semana

20081012231812-sardinha.jpg

Pasámolo de baywatch madre sardiña.

12/10/2008 23:18 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

En Plan 106

20081014144947-karma.jpg

En plan thirty nine.

-a todo volume e sen preguntar-

14/10/2008 14:49 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

Aposto o que queiras a que bailas mellor enriba da mesa, Jane

20081015232808-dsc02362.jpg

Aposto todo o que teño-escrito nos pulsos.

Mañá escoitando un tema xenial de Streetlight e despois clase-brasileira-literatura. A ver que me atura con tanta literatura... E coller máis Bukowski... Até que se esgote. Escoite. Es coito, Jane. Jane, es coito.

Adeus ríos, goodbye rivers.

Tarde preparando o que será o concerto deste sábado.

Este sábado tocamos no campo de futebol de Esteiro (Muros). Abrimos a sesión de concertos ás 22:45. Despois estarán Trapos Sucios, un grupo de rock de Porto do Son (síntoo, pero non me quedei co nome) e Metralla.

A entrada será de 2 euros para colaborar co tipo que organizaba o das carrilanas, que ten unha movida legal mazo estúpida e inxusta enriba.

E despois, día no que che din cousas como: Mira, mereseu a pena coñeserte inda ke so fora polos toots. (Literal, fixen un control + v).

Mañá cea de ex-hispánicos. E despois aparecer en Muros a saber cómo. E despois, si, despois, despois, digo, despois outro ensaio e despois, despois do ensaio e de durmir -agardo- partido do Illa de Sumatra.... AAAaaaooohhHH...

Pero antes...

Aposto o que queiras a que bailas mellor enriba da mesa, Jane.

 

-esta entrada non continuou porque estou toleando-

15/10/2008 23:28 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Varias cancións (Süiss)

Varios cortes do concerto en Lariño.

  1. In this town.
  2. Johnny.
  3. Psychokiller.

16/10/2008 18:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

En Plan 107

En plan coller non durmir en 38 horas sufrir alucinacións en castromil facer matrícula en estado semi-comatoso sorprenderse de todo o que pode pasar (que?) -uh uh- e perder un partido felizmente sen ter coidado co chupacabras nin con josé cuervo nin co limón nin con ninguén e disparar á xente ao lonxe e deixarse a perna e despois o estómago e tamén escoitar todo o que se pode escoitar e algo máis e odiarse a un mesmo mentres es violado por un león de ouro ou por un rinoceronte de sumatra e coller -si, coller- e facerse monxe e beber cervexa con perdigóns.

Échame gel

19/10/2008 23:29 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 1 comentario.

Escoitado

Cando alguén recoñece que aquilo que é unha extensión de si mesmo lle produce un rexeitamento fortísimo ese alguén transfórmase nun grande, se é que non o era xa dende sempre.

Algún piloto da MotoGP, algún, polo menos, tras gañar algunha carreira, baixou da moto e bicouna.

A idea, entón, debería ser: chegar de primeiro, baixar da moto e tirala ao chan.

20/10/2008 11:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Entrada para concerto de Queen en Madrid

20081020221350-queen-logotitdfjdjd.jpg

Unha colega vende unha entrada para o concerto que dará Queen o próximo día 25 en Madrid por non poder asistir.

Véndea ao prezo que a mercou -cero ganancias para ela-, que é duns 40 euros.

Se alguén está interesado, que mo diga e xa o poño en contacto con ela.

Saúdos.

20/10/2008 22:13 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Crítica mongólica ao mundo da música actual e apoio firme ás cantantes suecas

20081020230929-turismo01.jpg

A día de hoxe van saíndo cada vez menos cancións con Papapapapapá... ou Lalalalalalá... en favor de Parabarararará... e coidado, Manolo, que veñen as suecas.

20/10/2008 23:09 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Emepetresiño, toleasme da cabesa

20081021162909-mp3-player.jpg

Despois de coller a molladura do século, subo ao bus. Escoitando un temiña de Toots que intenta (mais hoxe, con tanto frío e auga, non o acada) levarme até o oeste de Xamaica, colle o meu emepetresiño e lánzame, a continuación, este tema de Slayer que fala de choiva de sangue.

Pero sempre serás mellor que aqueles emepecatros que foron quedando polo camiño, emepetresiño.

Emepetresiño, a vida, ao igual que a caca, ten catro letras.

21/10/2008 16:29 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Outono equivale a Iowa

20081021200351-1211035474-slipknot-iowa-front.jpg

Chove ou hai sol, dependendo do día.

O que ti dicías, benvidos ao outono.

O que eu diga, benvidos a Iowa.

21/10/2008 20:03 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Unha recomenda

20081022193848-2511834802-e8e575f19f.jpg

Para os que gustedes do arte da fotografía e para todos aqueles que queirades ver imaxes da zona de Muros e colindantes, recomendo que vos pasedes pola galería de Beni en Flickr.

Non vos vai defraudar.

Xa deixo un enlace aí ao lado para que sempre vos poidades pasar.

22/10/2008 19:38 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Outra recomenda

20081022205035-garfield6bd1.jpg

Si, hoxe teño o día así. Recomendo que vos pasedes por esta páxina, unha versión dunha páxina en inglés na que se tivo a ben colgar as tiras cómicas do gato Garfield sen este sacrosanto animal.

O resultado, como xa se indica na páxina referida, é unha banda deseñada moi profunda onde os temas pivotan en torno "á esquizofrenia, a desorde bipolar e o baleiro existencial da vida moderna".

Agardo que vos guste.

22/10/2008 20:50 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Poderías dicilo máis baixiño, pequena? Os veciños vanse preguntar qué pasa connosco

E saes e báixache todo a certa hora e paseas so -de estar so- polo Orzán. A policía e todas esas cousas. Cando está todo equivocado. E calquera cousa non acada o seu tamaño nin de rebote.

Un momento de silencio, pois, e un coro facendo Oooh... OooOooh...

Algo que está mal? Xa o dixen -entre cousas e recousas, repousas- dixen que hai algo que curar... Teño un furado na perna. E todo está mal.

Sempre pensas que hai cantidade de cousas das que falar e daste conta de que tes montada a vida de tal xeito que nin che dá na volta de respostar correos eléctricos (centovintevatios de información). Teño un furado na perna que doe como o primeiro día. Supoño que preto diso está a clave. Perdoar non é esquecer. E cando entendín iso, prestoume.

Non existe o odio.

Onte houbo un atasco de proporcións apocalípticas e o autobús das 20:30 saiu ás 21:00. Xente mandando mensaxes de vou chegar tarde e agardei que ninguén dos que alí estabamos estivese nunha situación de ultimátum do tipo como chegues tarde, acabouse. E despois, como o atasco chega a todo o mundo, non só aos do meu bus, ves á xente moverse rápido polas rúas. Somos putas do horario.

E onte, mesmo atasco-mesmo bus, ir escoitando cancións das que -a día de hoxe- me quedan inmensamente grandes. Cancións XXXL. Sen sofás. Sen camas. Sen discusións fascismo-antifascismo.

Se a quero é por poder quedarme discutindo cincocentos millóns de medias horas sobre calquera merda mentres un sinxelamente argumenta dicindo si tal e o outro non tal.

Gústame que os que me coñecen fanme as preguntas correctas. Saben por ónde van os tiros -escadra/futebol- sempre. Non teñen pistola, pero saben ónde apuntan.

Camiseta gris. Lentes de contacto no chan. Series lamentables. Patacas frixidas. Corazóns de papel e ceras plastidecor. Armamentiscamente perfecto.

Esta fin de semana non baixo -ou non subo, segundo como se queira ver. E non sei. Quedo en Oleiros. Música. Ler. Escribir. Durmir. Desartellar.

Por que choras cando remata unha historia e non cando mudan por décimoquinta vez de peiteado?

Pistolas. Supoño que ao final só quedan catro merdas que riman coa vida e tres levoumas ela.

A gran durmida.

Oh, Harry, no hagas estupideses...

Os artigos sen imaxes son máis noxentos, de entrada. Non os lería. Os poemas falocéntricos con descoñecemento de falo son tamén máis noxentos de entrada. A entrada do falo xa é outro conto. Conto con el. Co poema.

Desprecio as letras.

No universo o que máis abunda é o hidróxeno e a estupidez masculina.

Bin Laden produce vídeos caseiros.

Non sei. Supoño que hai un punto exacto entre Los Calzones Rotos e Streetlight Manifesto no que só cabemos trinta e oito persoas.

E aí tes un sitio.

24/10/2008 11:18 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Se todo no mundo furrulase como furrula a persiana esquerda da galería do noso piso

20081024185904-persiana-compacta.png

O mundo iría sobre rodas.

Que ben vai para arriba e para abaixo, rapaces!

24/10/2008 18:59 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Esbardalle No hay comentarios. Comentar.

Quero levarte, levarte ben arriba

20081024191553-chas.jpg

Algún día, ou case seguro que ningún día, mais molaría que algún día fosemos todos pola rúa -por algunha rúa- cantando isto como auténticos becerros.

Quiero llevarte, llevarte bien arriba. Quiero hacerte, hacerte sentir bien...

-Proposta en firme para substituír o Oré-oré-oré...-

Teño gañas de xuntarme con toda a xente. Golden little pussy.

24/10/2008 19:15 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

A luz da rúa

20081025193626-2499-streetlight-starburst.jpg

Bo día. Espertar ben. Sen aulas de ximnasia que preparar. Minusbalía evidente que non me chega a un dente.

Kumpania Algazarra. Streetlight Manifesto. Matrioska. Viño. Dupla Malta. Veciños con cámaras de vídeo: está pasando. Bocatas ou restos de bocatas.

Comida familiar. Gusto de estar ben. Personaxadas tamén. Arranxamos o mundo oitocentas veces e ás veces non é abondo. Perder 13-1. Sumatra en festas na rúa. Balbordo futebolístico. Botarlle peito ao asunto. Tomarlle unhas despois. Non caer na conta. Facer deporte é traballar sen motivo. Suar. Licor café.

Castañazo Rock. Inferno Rock? Vigo. Chantada. Muros. Magosto de Filoloxía. Cea dos aniversarios. Coimbra. Mensaxes ás tantas dende outros estados. Felicidade de pola mañá.

Drogas. Quen precisa drogas? Ti es a miña droga. Muller, rescátame. Perdoar non é esquecer. Non hai medo.

Que imos facer agora que o mundo mira para nós? Que imos dicir xa que non todas as merdas están ditas e en distintos dialectos? E cando chovan todas as cancións do mundo, que carallo de abrigo imos gastar? Mesturarás os allos coas pupilas dos rapaciños que aínda non naceron?

Non voltarei escoitar un disco que teña por nome unha das cancións do disco.

Non voltarei escoitar cinco discos a un tempo agardando que coincidan como un feito máxico que me sinale unha dirección cara a que cuspir frangullas amarelas do que xa foi tragado.

Un amigo noso. Lembras?

Oremos.

E que viva a néboa.

25/10/2008 19:36 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Asturies borracha (Skama la Rede)

20081026194654-skama.jpg

El día que’l ZP ganó les elleiciones
la suerte taba echada y pillé la gran tayada.
El día qu’echaron a España del Mundial
cola "pena" que tenía chumé ensin parar.
El día que sacaron en Madrid la gran bandera
pa vela bien borrosa garré una borrachera.
El día que ficieron control d’alcoholemia
la placa’l picoletu gomite-yla entera.

Nun faigo otra cosa que chumar
pa escaecer, p’afogar
les coses que m’esmolecen
y nun quiero pensar.

Onde tea’l calimochu que se quite’l principín.
Onde haiga plaza toros a rociala con alcohol.
Onde tea la sidrina que se quite la Santina.
Onde tea l’estáu d’embriaguez que se quite l’español.

El día que salió Gustavo Bueno en "Gran Hermano"
por chumar por nun llorar llegué pa casa arrastrando.
El día qu’Aznar faló con acentu texanu
por chumar por nun reir seguí alcoholizando.
El día la Hispanidá o la Costitución
si ves la tele sobriu pue date depresión.
El día que toque una boda real
calteniéndote ebriu nun llores d’emoción.

Que guapo ye mamase,
ye’l remediu que mos queda.
Lluchar pola Asturies borracha
y non la dinamitera.

Onde tea la destilería, fuera la monarquía.
Onde hai llibertá de barra, prohibío lo sin alcohol.
Onde haiga cerveza fría, fuera estatutu d’autonomía.
Onde tea l’estáu d’embriaguez que se quite l’español
.

26/10/2008 19:46 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Montando a nosa propia road-movie

20081027021758-car.jpg

Peliculeiro de máis, xa o sei.

Mais a idea "rematar carreira-opositar-praza-cartos-coche-ir buscarte" é bastante atractiva como para renunciar a ela e levar a cabo a maior machada vital que se fixo nunca.

Coa nosa propia banda sonora chea de cancións que non coñezamos de grupos xa mortos ou separados ou soterrados no medio da Arizona máis inhóspita.

Custoume moito tempo poder entender todo e darlle o valor que se merecía todo o que pasou e as cousas que ían pasando. E agora son un puto escravo da miña propia vida. Mais o medo é o meu único deus. Non hai medo.

Eis a meirande verdade.

U-lo resto de pasos? Non sei.

Xa son demasiadas decisións en función de algo como para non velo.

O sete velo.

E levo cartas e ouros. Ás douradas. As de ouros.

O rei de espadas.

 

-entón a imaxe sería a de ir os dous cara ningures (ningures de verdade), coas xanelas baixas mentres bebemos unha cervexa cun nome rarísimo e soa todo isto e os nosos traxes e camisas e garabatas se nos apegan pola calor, que non soportamos, e, mentres, sacas un pé para fóra porque dá igual... todo dá igual... imos xuntos e imos ben...-

-sempre chego tarde, mal e a tombos-

27/10/2008 02:17 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Escoitado na aulanet de filoloxía

20081027144818-falar.jpg

-¿Y sabes si el magosto es esta semana?

-No sé, pero después del del año pasado, igual paso de todo. Allí en el bar, todo cutre...

-Ya... Pero si lo hacen un jueves, igual se junta gente. Lo que pasa es que lo montan los del CAF... Los gallegos de mierda.

 

(A coña é que non se chamou aos do CAF "gallegos de mierda", senón que se fixo referencia ao conxunto dos galegos en xeral... E sen ironía de ningunha clase... Non sei... Como están as cabezas...)

27/10/2008 14:48 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

En Plan 108

20081027170031-matisyahu.jpg

En plan xudeu ortodoxo.

27/10/2008 17:00 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 1 comentario.

Se puxese aquí a metade das cousas que se me pasaron hoxe pola mente

20081027195024-canhita.jpg

Parecería que teño menos credibilidade que unha declaración de guerra asinada por Cañita Brava.

Fiádevos só de vós mesmos e dalgún disco dos noventa.

27/10/2008 19:50 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Lentellas e monarquía

20081028143857-lentejas2.jpg

Non mesturemos as cousas.

28/10/2008 14:38 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

E se hai que faser as cousas mal

20081028165808-hs551028.jpg

Fanse.

Non somos tan vaidosos.

Aínda que curtemos as unllas de cando en cando.

28/10/2008 16:58 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

A deus poño por testículo

20081028171758-deus.gif

De que esta tarde vou facer cousas produtivas!

28/10/2008 17:17 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Cántalle ao amor sen pantalóns

20081029002005-kamikazeshootdown.jpg

Avó xa camiño da casa. Non problemas. Os hospitais teñen un cheiro do que non gusto.

Tarde de -novamente- organizar parte do mundo e algo de marte. A marte, imos. Amarte e tal. Cántalle ao amor sen pantalóns. Na vila na que nacín deixei catro cousas e tres riman con NEGRA.

Vexo os mesmos fotologs mil veces até que son renovados. Vexo os mesmos tuentis mil veces até que aparece algo novo.-por iso che suben as visitas ao perfil. Vexo os correos pero non respondo por desorde emotivo-lúdica do tempo.

A teta de Janet Jackson. Coñecer qué haberá despois dos mp87: música en bocois de viño. Finalidade última da música. Nichos dolby.

Corenta días de atrasos. Esta noite soñei que falaba con alguén xusto ao rematar de gañar a carreira máis importante. Mollar ao público con coca-cola -refrescos de cola- e todo pegañento. Lento. Pegañento. Pestanas pegañentas.

Lexicoloxía. Lexicocacoloxía.

  • Cacoloxía: ciencia que estuda mocos dende perspectivas sincrónicas e diacrónicas.

Manterse no medio e medio.

Tería que me explicar a unhas cantas persoas... Mais, mentres continúe pasando as tardes en casa... Mais, mentres as mensaxes non se respondan... Mais, mentres a xente berre máis da conta... Mais, mentres quedemos sos cantando as cancións máis tristes en troques de cantar ao amor sen pantalóns...

-se a película da miña vida estivese a existir nestes intres recoñezo que moitos poderíades non saber qué se me pasa pola cabeza e non mas dou de interesante mais aquilo que se fai ou aquilo que se volve a ler ou os tempos aos que se volve só quedan atrás porque un lembra certos arrecendos (non tan duros como o dun hospital) e o tacto da misecordia-

Onte din unha aperta na distancia.

Xa as levo tempo dando. Por iso estamos tranquilos. Non hai présa.

Vexamos cómo rebenta...

Preparémonos para a road-movie.

Vexamos cómo rebenta...

Cantemos ao amor sen pantalóns.

-and there’s nothing we can do but watch it crash-

So mercy mercy me...

29/10/2008 00:20 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Quen fixo todo isto?

20081029180333-livre.jpg

Vaia!

Todo está tan ben...

-quero ser como o césar: aquel para o que ningunha copa está vedada-

En días coma estes, os meus ollos berran falan moi baixiño e din cousas que xa foron ditas mil veces e das que xa temos falado outras tantas. Tantas veces que sobra que chas diga novamente, non?

Que? Aínda queres máis?

29/10/2008 18:03 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Jabe izan arte (Betagarri)

Munduko lurralde solidario batetik, zanpaturik bizi arren dirauten herriei deia luzatzen diegu zutik!

Dende un lugar solidario do mundo facemos un chamamento a todos os pobos que, aínda vivindo oprimidos, resisten!

29/10/2008 23:35 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 2 comentarios.

Oasis

20081030135435-oasis.jpg

Vale que onte, despois de todo a viaxe emocional destes días e xusto antes de chegar a casa, o aleatorio -random- do emepetrés me lanzase á cabeza o Cochise, tirándome da borrasca sicolóxica para levarme durante un momento a un pequeno oasis intocable.

Vale.

E vale, tamén, que a primeira canción que soase hoxe no emepetrés (consecuencia lóxica de ser a última do día de onte) fose novamente Cochise e que faga que comece o día ben...

Vale!

Pero, o que igual xa é pasarse é que, novamente, a última canción que me lanza o emepetresiño antes de chegar a casa  esta mañá -hai uns minutos- sexa Cochise.

É entón cando o oasis, que xa tiña nome (que foi o primeiro que souben do oasis), colle forma e me arrinca desta terra de chuvia/choiva, vendaval e frío e me acolle no medio desa felicidade estraña do deserto.

Rodeado das peores noites e dos peores días, no oasis non hai medo meteorolóxico, nin sicolóxico. Só hai árbores froiteiras, auga fresca e Tom Morello facendo algún solo de paranoia.

Así que se preguntades por min, estarei no oasis...

Sorrindo.

30/10/2008 13:54 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

E non só iso

20081030163745-patacasbeibe.jpg

Tamén fago facía unhas patacas caralludas.

30/10/2008 16:37 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Desmigrando

20081031185317-skanking.jpg

Que ben se esperta despois de descubrir tanta música e que mal se esperta sen resaca...!!!

Mañá ímoslle a Chantada e aínda faltan detalles organizativos e teño que coordinarme co Comando Bernardínico. E cómo me vou abrigar... Mundo cebola: capas e capas de roupa.

E para o día 13 de novembro (aniversario de Pau) hai concerto preto da facultade de informática con Lamatumbá, Ruxe-Ruxe e os Festicultores (e creo que alguén máis).

O 21 magosto de Filoloxía (fígados on parade) e o 22 asistiremos á nai de todas as ceas. Morte evidente por vía hepático-emocional.

Gañas de Castañazo, beibes.

Bo día... Que chova! Que hai bo día! Escudo anti-borrascas. Corenta días de sol seguido nas pupilas.

E sóame que van vir os Gogol Bordello... En decembro... Haberá que estar ao tanto...

Bailar-saltar-chocar...

Skank...

Pogo...

Non estou canso de andar entre as ondas.

Son o desmigrante que cada ano quere ir mar adentro e non ser de ningures.

O orgullo de ninguén.

E mentres chove, bailo.

A lúa está sorríndote e o sol, aburrido de min, xa hai tempo que se foi.

31/10/2008 18:53 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

Non confundamos o touciño coa velocidade

20081031222203-carnota.jpg

Nin a Malcom X coa cabaceira de Carnota.

-Que sinxelo é facer xeo e que difícil tirarse a rolos polos fondos abisais!-

31/10/2008 22:22 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

-Onde hostias vas disfrazado de pirola?

20081031231624-falete.jpg

-É que hoxe é Faloween.

31/10/2008 23:16 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.



Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]