![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2008. Maderos mortos![]() E outras lindezas. O revisor de billetes do tren era tan gordo como toca-collóns e tamén molesta ás rapazas así que tamén é toca-ovarios. (Mítico xogo de merda co tema collóns/ovarios) Un, dous, tres maderos mortos. Seica Lendoiro vendeu a Xisco ao Newcastle por 7 millóns de euros e ao meu avó, sexa cal sexa a cantidade pagada por un xogador (debemos lembrar que todos os futbolistas son subnormais), todo lle parece moito. O sábado bebemos demasiado, hai que ir bebendo menos, as barricadas da noite non compensan case nunca nin fan xa a vida máis linda. Adiouse o concerto que íamos dar este sábado que pasou. Cando saibamos de novas datas, avisaremos. Agora temos concerto o día 20 en tremendo festival que se montou en Lariño. Ao final, no festival ese non estarán KOP, pero xa prestaba, non? Creo que vou borrar todo o que teño no ordenata de Padre de familia e Alba vaise para Coimbra. Meu pai sempre cantaba a de O sacristán de Coimbra... Eu ultimamente ando cantando unha de Lendakaris (si, a estas alturas vida ando cantando Lendakaris) en modo bucle. O sábado pasado saiu a entrevista que me fixo Joam no Galicia Hoxe (Galicia Antonte, para a xente do agora). Moi crack o Joam. Agora estudar pragmática nun último esprín (sempre que escoito o de sprint lembro a grande época do ciclismo con Escartín, Chava Jiménez, Chechu Rubiera, Olano e toda a tropa). O mércores unha especie de entrevista de traballo a coro e a ver se me collen cartos no peto e un corvo branco no aire de setembro a quen se lle conte a estas horas cánto dano podemos facer sinxelamente poñéndonos nun sitio provocando como un subnormal (futbolista) e agora qué máis dá todo. Queremos un cochiño. Queremos un cochiño. Non mordas. Non mordas. Só o pobo salva o pobo. OoooooOOOH... Vivimos nun puto país con máis poetas que poesía. Hai tormenta![]() O venres pasado o ceo fodeunos vivos e en Muros cae a tormenta do século (dos últimos cen anos). As tormentas son lindas. Haberá que queimar as naves. Así será. Nesta páxina -o formato é cutre a máis non dar, seino- un raio/lóstrego preside estúpido todo aquilo que vou colgando sen motivo aparente. Cus podres. A semana pasada estaba a varrer o chan da cociña -non asubiaba- e lembrei un momento deste ano en certo sitio con certas persoas. Pensara que fora un momento de claridade no seu momento -naquel momento-, pero o tempo deixou ben dito que non era tanta a claridade e o mellor é non medir as cousas pola claridade -ou non- que teñas ou non. Ou non teñas. Pero si que hai que deixar de beber tanto e de se meter onde a un non o chaman. Aínda que algunhas veces si que o chamen e cando vai un soíño sexa o MAL MAIOR. Violadores de soños. Poetas de palabras mortas. Atoparemos un compañeiro sexual en Boimorto. A boi morto, chimichurri. Voltaremos a casa. A xente que se sube polo pescozo de outra xente e a xente que turra das cousas que consideras túas e a xente que ri mentres mira como outra xente está case por completo cos collóns ao aire. Os cus contra cus que provocan algún riso. As bañeiras a medio encher. Tormenta e tamén calor de tormenta. Doe a cabeza con tanta tormenta. É unha triste historia a do que sempre vai fuxir para non afrontala. E as cousas máis interesantes pasan dentro de catro paredes e dentro das fronteiras deste o voso futuro estado sólido. Defendemos a razón que non atrapa a ninguén. Corre. Corre e escapa. É unha triste historia. O rock é un estilo de música. As tormentas son un estilo de vitoria. A vitoria é un estilo de música. And it sounds like... Outro martes![]() Outro martes, terça-feira, que se vai polo río abaixo. E non chove nada. Ou case nada. Ameaza. Ameaza a miña imaxe negativa, calquera cousa. In flames. Onte acabei indo pasar a noite a Coruña. Mercar viño nun 24 horas e sair do establecemento para a rúa. Un banco. Beber soíño. Ás 4 preguntar por bares abertos. Rematar cunha parella de dinamarqueses cos que acabas facendo xogos de palabras tan tristes como dinaduques. Dinamarqueses aboiados. Corredoiras do viño. 20 euros no chan que xa me teñen para voltar á vila e tomarlle algo. Ola, mamá. Onte estiveches? Por Coruña. Quedaches con eles? Co dinamarqués? Que? Non, nada. Non bebades en época de exames. As épocas de exames son merda. Levaba xa moito tempo na casa. Que se lle vai facer? As árbores son azuis porque así o deixamos escrito. Lembras a parede do día do vendaval? Eu estaba alí contigo e agora os martes van lonxe xa. Xa xa... Non. As culturas son épocas. As épocas son confianza. A confianza débese ao medo. O medo é unha época. Técnicos especialistas en case todo!!! Proceso de selección![]() Xa voltei-escapei do proceso selección ao que fun (por iso voltei). O importante é o dono. O importante é o cliente. O importante é que ides cobrar 5 euros/hora brutos durante 6 meses. Que sinxelo será despedirvos! Queremos eficacia! Entrega! Como nós, ti poderás ascender na empresa. Poderás ser até rei da empresa! Empresa! Todos xuntos! Prezos polo chan! Polo chan! Incentivos a punta pala! Confianza, responsabilidade, respecto... Curioso que o encargado da selección (mítico comemerdas que ten libros de autoaxuda como Alcance el éxito ya que no tiene personalidad ou Maneras de cortejar a una dama) levase un anel no dedo gordo da man esquerda. Sería, tal como facía pensar a súa predisposición total ao postramento anal ante calquera superior, un comemerdas do mundo laboral ou, como indicaba a xoia que levaba en tan insigne membro, un buenrollista? O anel no dedo gordo! O anel no dedo gordo! Seguiremos informando da vida laboral do que aquí vos fala/fela. Xa non é o que era![]() E ti non es o que eras. Paso o día entre as gañas de facer ESES coma un Iggy Pop que viva na casa dos seus tíos/coñecidos e o neno que se refuxia baixo a cabaceira do veciño un día de sol de XULLO. Chove. A chuvia/choiva vén de lonxe xa. Non é un invento noso, nin dos putos anos de goberno do PP (incluindo nestes anos o FRANQUISMO, obviamente). Non deixemos de ir á escola. Teremos boa letra ou non, pero saberemos a quén preguntar cando nos perdamos. Chove. Até aí, todos concordamos. Mañá teño exame e non teño sensación de ter exame. O medo a perder foise. Seguramente se quedou nalgunha das conas que tivemos a sorte de saborear. As noites preto das conas fixeron dos exames o que son: exemplos do parvo que podemos ser. Chove, escoitar música pola rúa sería o seu. Mudar de estilo implica mudar de referentes. De antes até agora hai oitocentos anos de 40 meses cada un. Hoxe vin a emoción nos ollos de alguén que posiblemente me recoñeceu e foi a emoción que leva dentro esa persoa que sempre pensas triste, pero da que na casa teñen a imaxe de ser unha PERSOA divertida. Todos somos xeniais -ou non- para os nosos. O estúpido é facer do resto unha canle de publicidade. Non queda moito máis por dicir cando xa non entendes nada. A cabeza podería servir para outras cousas. A conquista do espazo funcionou máis na GUERRA FRÍA que agora. PRECISAMOS máis conflitos entre grandes potencias e coñecer o fondo do mar. O mar é salgado por cada GUERRA e por cada muller á que ninguén soubo ver e por cada home ao que ninguén soubo ver. Ninguén olla a ninguén. As persoas perderon unha batalla con elas mesmas. Estamos sos. A todas horas. Cando o entendamos, pasearemos por debaixo da choiva como fixen hoxe: tranquilo e cheo de pensamentos inútiles. Pero, a ver, cago na cona!![]() Que xa levamos todo o día ás voltas por Santander e non damos collido sitio. Dende que comezou o día xa comín oito quilogramos de pasta con cogumelos e tomate. Dende que comezou o día xa me namorei de oito rapazas. Deixei de querer a outras seis rapazas. Hai un blogue que se chama Me cago en la cona? Xente haina a mancheas. Unha señor en La RulE.T.A. de la Fortuna, ante un oración que poñía EL EMBARA_O DEL ELEFANTE DURA CASI DOS AÑOS, tivo a puta desgraza mental de dicir: el embarco del elefante... O presentador xa a curtou aí, pero molaría que seguise. Non vou aprobar hoxe nin de casualidade. Namoreime oito veces hoxe. Estes días de estudo tiveron como banda sonora a Hatebreed e aos putos Jefferson Airplane. O mellor grupo que viu o mundo son Gluecifer. Ánxela descubriu RATM. Alba vaise a Coimbra e mañá ceamos todos preto dela. Eu tomarei o pan. Xudas da vida, enténdese. En dúas horas estou diante dun exame. Horas despois xa non estarei diante de nada. Tres sinónimos. Catro consoantes. Unha vogal. O que non temos, non temos nada na segunda palabra. Nun cinema entra pouca xente. Podemos botarlle un ollo. Os Matson disfrutan das súas vacacións pero fóra de perigo. Era moi sinxelo. Orfeón. Matádeme. Esta semana perdín aínda máis a cabeza. Que volva Winston Bogarde! Mans, mente e corazón![]() Había gañas de rematar con todo, facer exame e fin, mais non. Mais non. Agardar cousa de 37 minutos (reloxo sincronizado co da estación de autobuses) e ver, ao cabo dun rato, pasar ao profesor en cuestión paseando polo aparcadoiro. Ir falar con el. E lo que? Pero se era para a semana! Non, era hoxe. Fóiseme! Esquecino por completo. Total, que teño o exame o día 24 porque o profesor esqueceu a data do exame. O que non me pase, pésame. Adiamos o exame. Pragmática: sanción. O disco de Camarada Kalashnikov está ben e nada máis entrar na súa páxina xa che insisten con que o baixes. Cracks! Cracks! Cracks! Mañá baixo á vila. O 20 tocamos en Lariño. Non sei por ónde andarei para a semana. Roque colleranos en Compostela ela ela eh eh eh. Disque vén vento forte. Forte vén. Mans, ment i cor. Non sei cómo faremos mañá e estes días. Hai que buscar un xeito de sobrevivir. O sexo tamén. O sexo tamén. As liortas non. As liortas lambenme o ano, no bo senso. Adiantei a un hippie pola dereita e berrou pola xanela: Ministro de Interior. Nunca se dixo cousa da maneira. Nunha leira. Vou facer unhas chamadas... Mamadas... Comer pirolas. Non comecemos a chuparnos as pirolas. Pirola é unha verba ben simpática. Só superable en inverno. Angoixa. Angoixa. Angoixa. Angoixa. Sal da casa, Samo! Sal da vida! Pementa na casa! Que noxo dás! Não beijes às mulheres que já não estão. Bicos espesos! Arroutada e lembrade: a resaca dominical que a pague o capital. (Grande es, Reixa) De leotardos e aspersores![]() A cuestión pode deixar de ser tan sinxela. Ou non. A cuestión, ás veces, camiña por camiños confusos. Unha parella de antigos -unha parella de vellos-, seguramente os avós de alguén ao que coñezo. Esa parella vai pasar uns días fóra da vila a un balneario. Balneario con augas por todos lados e terapias. Actividades en grupo que eles mesmos chegan a considerar como para vellos e nas que renuncian participar: non son tan vellos aos seus propios ollos. Deciden ir dar unha volta pola vila na que se atopa o balneario. Hai feira e dan unha volta pola feira. O vello, o señor en cuestión, atopa un posto no que venden machados dos que, segundo manifesta, xa non se fan. Quere levar para casa un machado deses, un machado dos bos. É maior, pero inda curta a súa leña, as súas rachiñas. Cociña de ferro, posiblemente. A señora dille que non, que non a merque. E que vas faser?! Vas entrar no balneario cun machado na man?! -A historia chega até aí. Partinme tela só de pensar no que suporía ver a un ancián/señor maior entrando MACHADO EN MAN no balneario do que saira porque todos os que había alí eran, ao seu ver, moito máis vellos ca el- Cear en Hostal Pérez. Carolans até no último pelo do escroto. Tortilla, luras do país, café Félix. Non se fai discurso por tanto PUTO paparazzi. Cinco chupos de balde no Muíño. Voltar andando. Tardescuro. Día seguinte. Día seguinte: xogos de mesa. Octoxenarios do bingo. Aspersor non é aspirador. Leotardo non é león retardado. Un tute. Paramos o tute. Noite: regalo emotivo. Despedida. Mimá! Agora mesmo xa outra franxa horaria te olla. Ouieah! Noite sábado, cervexa até no último pelo dos collóns. O resto, dá igual. Hoxe duchaste e xa estás no mar guanmortáin. E despois? Xa veremos. Outros aires. Soñei cunha rapaza que non coñezo pero que tiñas parches de grupos cosidos á pel. Asusta a idea. Espertei ás 15:08. O meu bolso negro morreu. Aparecín e xa ten sustiputo. Problemas da modernidade, quei xuntamos merdallada. Jolene a jrito pelado. Continúo gardando a idea de Jolene nalgures. Sei do que falo cando falo de Jolene. O outro día tamén ou souberon eles mentres íamos pola estrada do convento facendo o MONGOL. Últimas novas dende a paralimpiada: Mongolia arrasa no medalleiro. A crueldade é a bondade dos pobos sen césar. A crueldade é tal porque non doe a quen debería. Jolene é a mellor persoa do mundo. Entrevisto e non visto![]() Para os que non sabiades que existía, os que non vos puidechedes facer co xornal ou para os que pasachedes do tema e pensabades que non vos ía vir guanmortáin co asunto, aquí vos deixo a versión electrónica (quilovatios) da entrevista que me fixeron no xornal Galicia Hoxe. Para lela deberedes clicar AQUÍ. Grazas por me soportar. Todo pola miseria![]() Todo pola miseria: hahaha. Punto. Reticencias. (...) Bo día se pensamos que renuncias a traballos que vendes robot 2010 que saes pola choiva e entras no Ventorrillo (ambulatorio-centro médico con nome de flatulencia, mais non son flatulento, son flaturrápido: botar peidos nun viravira). Corte Inglés. Franco-camerunés. Songo’o. A por uvas. Mercar caderno que entre no novo bolso. É un bolso de home: o pito podería caber dentro de bolso para home. Doce home Alabama. Alá (bama) é grande. No caderno as cousas son realidade. Pedir un café con leite con xeo. Traen café con leite. Non hai xeo. Pedir vaso con xeo para o café. Traer vaso con auga e unha pedra de xeo. Despois xa todo normal. Café con leite con xeo: 11 minutos de incomprensión. 11 badaladas O.N.C.E. millóns de persoas coa sorte de costas. Costa da morte. Costa dá morte. Máscara africana. Estación de autobuses. Unha parella tontea (bobos) na estación. Ela escapa de algún beijo. El lévaa despois da man até a máquina dos refrescos. Hahahahihihi. Gomina e brincos. Seguramente algunha mensaxe nada máis subir ao autobús. Picardías. Hihi-haha. Beijos onde ti queiras. Méteos onde queiras, rapariga. Calzóns con tabiques de chumbo. Pirola e pelo. Cona e bragas novas do trinque. Parella tontea e descoñecen que só é o comezo de toda a rabia e mala hostia que lles irá entrando as gañas de deixar todo de lado de caer novamente nas miradas dos homes que pasan ao redor e de voltar mirar ollos de rapazas que pasan preto facendo coma quen PERO non. Sempre pasa. A xente que confía aínda nas relacións aínda precisa algunha hostia-beijo e algún que outro DEIXÉMOLOS estar. Non digo máis. Déixemolos facer. O amor viu dúas veces e as dúas mentiu. Agora lemos as seccións menos interesantes das revistas menos interesantes nos lugares máis interesantes pensando que todo xa foi e non queda máis que facer. A vida son catro telediarios. A vida son catro telediarios de antena tres: un estudio anuncia que el 44% de los teclados podrían estar manchados. Temos medo a estar sos e medo a non estar. Igual deberíamos ir mirando ao ceo cando agardamos que o semáforo se poña verde. E, se mira a rapaza que está fronte a nós, sorrir é unha obligación ou non. As mil moscas que nos apoiaron rendíronse. A parella tonteou. Agora inda gardarán o arrecendo de aqueles beijos. Agora comen as sobras do mediodía. Croquetas e tortilla. Sempre sen cebola. Que repite. A setembro. Pero xa estamos en setembro! Pois todos contentos e deixo de dicir todo o que pensei que era bo dicir a día de hoxe e nesta hora tan chea de Ludwig Von 88. Dicídelle a alguén que o queredes antes de ir para cama. Canibalismo e caféTarde de canibalismo e café. Canibalismo na costa oeste dos EUA. Reggae de Costa de Marfil. Lentes de contacto. Pantalóns deportivos. Calor de monitor. Fiestras semiabertofechadas. Horarios dos trens. Polo vento, vin polo aire. O resto, que máis dará? Queda moi pouco de Gluecifer por escoitar. Cando volte dentro dunha semana e pico haberá cousas das que falar. O verán xa rematou. Sintaxe e contexto. Non emprego case nada o dicionario. Só para enredar. Just for fun. Os idiomas non están por escrito. Iso son as idioteces. Se as linguas son o maior invento do home/muller e só dicimos parvadas... Menuda merda de especie. Prefiro os monos. E os stereos. E o can de Sumatra. Of course. E os homes-morsa. Odio o novo Firefox con todo o que me queda de alma. Roque na punta do porto. Mañá máis. Este artigo non leva imaxe. O ordenata vai como o cu, como un cu dos que a sociedade din que non prestan. Ma-no-lo. Antoniopeeena... Lucía! Finalmente, e como diría Albinha: amojonamiento. Gagarin era o fillo dun carpinteiroTrens a Compostela, agora din que hai asentos numerados e soan os Fugees. Nunca facemos amigos no tren, salvo para quedar ao día seguinte -casco de cervexa- tempos pretéritos e tamén ás carreiras AMAMOS o tempo no que agardamos o resto do tempo. Cadros: menú Mesón Potamia. Os cociñeiros non poden esconder e vante atopar e facelo despacio de todo. Engorde. Hostia: fun feito para te amar e ti fuches feita fuches ti fuches ti (un alone de gaita: bigpipe). Eran cousa das oita da mañá. O día nubeado xa estaba en pé e estabamos xa todos reunidos por fin á porta do que supoñíamos o penúltimo bar. Agardaramos cuestión de un cuarto de hora a que fosemos chegando todos para poder entrar no mesmo momento e mirarnos con cara de subnormais ao escoitar a música de merda que seguramente terían posta en tremenda merda de sitio. Agardamos e cando chegaron entramos todos a un tempo. Soaba, xa o dicía, soaba, digo, soaba algo de Bon Jovi. Dous de nós foron directos ao cuarto de baño e ante a cola que atoparon optaron por mexar contra un extintor (apagar un posible lume no extintor?). Eu fun con outros dous ou tres a pedir á barra. O resto quedaban en calquera sitio. Non hai moitos sitios con nome en sitios abertos ás oito da mañá.E até aquí podo ler. Despois fomos para casa. Masturbámonos todos mirando o avance informativo da primeira cadea a nivel estatal ante a nova dun atentado brutal na sede da NASA. Un de nós debuxou unha nasa cun cubata dentro e dixo: Se levamos unha destas a próxima vez que saiamos, malo será que non liguemos, cago en deus, en cristo e na merda! Farto de ben e do mal. De atopar cousas de cando Franco perdeu a lente de contacto. Todos están fartos. Este de ser home, estes teñen un traxe de gala de antoniogala antoniopeeena a dama das camelias os strokes en xirolas pola tarde pola tarde e pola mañá REPTILIA. The Blows. Tamén din que OH parece mentira que sexan de aquí. E lo, por que? From Los Ángeles-California. Long Beach. Traerei até acá todas as cancións do verán e as súas explicacións. Amádevos. El Karma, así descubrí que debía cambiar... ÖpêrA p-Arìs![]() Grande Ópera de París e made me madman. E made me madman. Made me madman. Voltamos tolos unha semana na casa, as presuposicións van camiño de estar todas completas. Xoves pasado en Compostela. Facer películas que non existen. Snurkel. Snurkel. Viño por todos lados. Deportes que non existían. Avante: fermín muguruza facendo o parvo. Alabín-alabán. Ala ván. Joam e o Leo. Cervexas a HOSTIA DE CARAS. A crise e o bocoi de chapapote nótase por onde queira que vaias. E despois Gasteiz case nada. Maycar/Maicar. Inda non sei cómo HOSTIAS se escribe. Un imbécil a HOSTIAS ou caricias e nos saímos, un hippie discute cuns punkies. O hippie fala con erutos. Erudito. E despois para casa e botar da casa: vaite que isto non presta. Despois chegar á conclusión de que a homosensualidade prestaría moitísimo. E a atracción precisa tamén. Antonio Ozores. Ablblblbl... Siiiii... Calquera cousa, realmente. Espertar enriba dun colchón nada máis que cunha sudadeira e uns calzóns mola e hai frío. Despois ducharse berrando un tema de Kiss (que para iso o puxen, furros!). E tamén Henrique Iglesias. Hostias, rapaza, aiguasmeiforlovinllu. Despois Muros. Praia, algo de praia. Mono de ensaio. Saír e morrer de noxo. Ambición de roubar galiña. Nada de resaca, máis praia. Futebol. Porra. 10 euros. Ensaio. Iggy Pop, xa non hai stop. Despois o de sempre. Baixar dar un raite. Os luns non baixa nin cristo inmundo. E, hostias, rapaza, lluguasmeifolovinmiii... (non tal-si tal-non tal). Durmo como o carallo. Este sábado tocamos en Lariño. Nun festival do que nunca lembro o nome. Inda non sei a qué hora, pero botádelle que ás 22 horas xa deberíades estar todos por alí medios mamados. Estrea, facer caca antes para o dos nervos e tal. Caca e indie-rock, combinación de sábado á noite. Todos alí. Ducha. Xa irei avisando en sucesivas ocasións. Gora o Mazda Falken. E, coche asul, tes os días contados!
(Algún día, seguramente, algún día voltarei escribir cousas de semi-xeito e entradas a altura do pescoso. Mentres tanto, nada) Suimin pul: reflegsión económicaO presidente da CEOE pide papas do que é a economía de mercado e di que ijual mellor o deixamos durante un rato para que entre o Estado un pouco. Así xa está: cando gañan, gañan eles, e cando perden, perdemos todos. Pagamos os pratos rotos da especulación. A resaca dominical que a pague o capital. Capitalismo, vas caer... Os liberais sábenas todas, beibes. Para os débiles quedan reservada a marxinación. Os liberais saben de quén é a man invisible. Mimá, non teño un puto peso!
Comunicado previo a algunhas entradas que viránCando me vaia internet ben, comezarei a tolear sen fin. Até entón, que salga Cresta! Monta, veña![]() Rematou outro verán máis e xa van quedando menos veráns que vivir. E foi verán TOTALMENTE SEN XEITO? Non sei. Antonio Ozores diría calquera cousa ao respecto do asunto que estamos a tratar. Comezou o verán con Boiro e sen choio de xeito voluntariamente involuntario e unha conversa na praia tras non durmir nada puxo algunhas cousas no seu sitio. Despois vinme a min mesmo repetindo Soy la expresión de mi propio dios unha e outra vez e, obviamente, non cundía e a xente coñece a outra xente de autobuses vermellos como unha estrela vermella voando sobre Arxentina. Pasamos o tema da Lagoa Seca e Nova Iorque e a súa rotonda infernal e tivo que ser agora que remata o verán cando descubrisemos o NOS. Esta fin de semana que pasou tiven o meu primeiro concerto como baixista dos Süiss. Despois bebémonos o Eroski e a barra do festival, xogamos ao futebol como mongólicos posuídos por unha onda expansiva de carácter bernardínicosaurio. Máis adiante tivémolas tesas cunha condutora de menos de medio metro e asaltamos Lariño na busca de galiñas que non apareceron. Despois espertamos. Antes do concerto démonos conta que o hall da tenda de campaña é realmente un JOOOL se che centran ben e rematas mellor. Comecei a escribir algo que supoño que é por ter en mente a unha persoa que me odia. Non creo que avance moito. Son así de puta. A xente vai chorando por onde imos pasando. Despois hai xente que segundo sopra o vento vai ou veñen. Mais non hai problema por iso, estamos por riba desas cousas e por debaixo da liña do horizonte. Pouco saldo. Chegar o luns da facultade e de renunciar á Erasmus de xeito oficial e atopar unha CARTA!!! Había cousa de mil anos que non recibía unha carta e recibina. Enorme! E cun disco dentro enorme! O mundo continúa funcionando. Prometéronme Ronseltz. E agardo que así sexa. Comer. Masticar. Entre as poucas cousas que levarei cando morra estarán: toda a obra literaria de Bukowski, os monólogos de Pedro Reyes, a entrada de Wagner a Tristán en Balaídos, o capítulo do monorrail dos Simpson, un boli de La Caixa, a mirada das mulleres das que fala Manu Chao na canción Love & Hate e pouco máis. E algo de millo torrado. Ao mellor. Os caracoles/is péganse ao carro que emprega Lutxi. Gañei algo de cartos na porra, mais xa os perderei. E o novo disco de Metallica é realmente impresionante, admito, Fe. Estou flipando. Hoxe está Reixa na FNAC e non vou poder ir velo e bicarlle a calva. Merda de calvafilia. Internet estame indo tela de mal ultimamente e morro de noxo e de desesperación para facer calquera cousa que implique conectarme co universo eléctrico (quilovatios e enchufes). Non chores. Cafés que nunca tomarei no Vecchio da rúa-real-da-coruña e non entendo algunhas cousas que pasan ao meu redor. Pero escribín xa varios poemas a todo iso. Están ao caer algúns poemarios en colaboración que agardo que vaian saíndo adiante. Soa Metallica. O disco novo. Todo o que pode durar un pesadelo. Xa ninguén le estas cousas buscando algunha alusión. Mais xa levo un par delas. Non sei ónde acabarei en cuestión de menos dun mes. Pero ha de ser bo. Fáltame pór en paz dúas frontes, polo menos. Polo menos, galiña máis. Vou seguir estudando-repasando. Repasando de tooo... De tooo... Tomando el soool... En breves: o disco do verán. E despois, seguirei fuxindo subido no meu carriño. Deixámoste subir. Reflexión estúpida de serán tontoA maioría da xente que di Non, se eu escoito de todo (música) non escoita Flatfoot 56. Xa sexa porque non os coñecen ou porque, na vida, dicir cousas como Non, se eu escoito de todo non leva máis de tres segundos (de reloxo) a unha velocidade normal. Continúo agardando que me digan a nota do exame de hoxe. Que volva Cinder!![]() Cinder era un home que ía queimado todo o día, quente e todo iso. Se sabías a combinación correcta convertíase en Eyedol (Aidol). Un home de tránsito, vamos. E tamén era quen de se facer invisible aos ollos de todos para dar chimpiños polo mundo e dar hostias por detrás. Que volva Cinder! Pero que non volva o instinto asasino... Cartucho negro nun mundo de cartuchos grises. Esta noite durmín daquela maneira. Ás veces penso que igual son unha pantasma e que funciono como combustible na paranoia doutras persoas. Pero os poemarios seguirán indo adiante, con ou sen axuda. Despois de espertar a iso das dúas longas/tres, voltei a durmir ao cabo de dúas horas. Pero non pasa nada... Pero algo queda demostrado: cando estou porque todo estea ben, o mundo non quere que estea todo ben. Por certo, a seguridade de moita xente continúa a me parecer algo así como o MEDO. Me-do-me-dá. Aprobei pragmática: 6. E vouno dedicar como se dun Óscar (oscarmáller: salchichoides): Dedico este 6 de setembro a todos os que me foron axudando mentres chapei para el. En primeiro lugar a Agus e Alba. Agus, tantas escapadas da biblioteca de Muros para achicar ao Smackdown vs Raw e ao puto Gran Turismo pagaron a pena. E tamén a ti, Alba, por tantos descansos que se convertían en remates de sesión, indo a tomar cafés de porque si ou cañas con tapas, tapas como aquela de callos que me deron por dupla vez na Casa Petra e que me encheu por completo. En segundo lugar, agradezo á biblioteca de Muros por ter uns ordenatas que cando lles viña ben, íanse abaixo. Agradecido (graciaAaAas...) tamén por tanta literatura infantil. E nada máis, eu que sei. Á miña familia, por permitirme pasar de facer nada en casa en verán co conto de que ía estudar, é dicir, grazas Ánxela por facer todas as labores que eu non fixen. Ala. Que volva Cinder! Pasádeo ben, que para catro veciños que somos... Parece mentira... Na-na-na-na-na...![]() Na-na-na-na-na-na... Na-na-na-na-na-na... A semana remata (a golpe de quinta-feira) e imos mañá á vila que nos observaba facer o imbécil mentres bebíamos as últimas ofertas do supermercado de turno. As quendas da estupidez e todo iso. O día que poidamos (todos os que quedamos) ver a un grupo como Streetlight Manifesto pediremos esta canción (como todas aquelas cancións que pedimos nos concertos e nunca tocan) e cantaremos todos xuntos. Na-na-na-na-na-na... Por que choramos cando sabemos cómo remata todo? Caeremos todos xuntos. Vivimos todos xuntos. Apegados. Apareados. Apampados. Arxentina non atina. Cando corramos, correremos para sempre. Cando comamos, botarémolo ás poucas horas. Cando xoguemos a calquera cousa, será para demostrar que non estabamos xogando até que comezamos o xogo. E cando nos escarallemos, escarallarémonos todos xuntos. Na-na-na-na-na-na... Nesta casa non hai cervexa. Os demos que caeron na conta de tantatantantantatantatantantantantatatatatatá xenio xenio xenio... Arrincamos a banda dereita do xenio do ska mundial cósmico pasatempo tatatatatatatatatatatatatata teléfono teléfono as nais que botan de menos que mo din a min e os pasarrúas e as beirarrúas e onte vimos un rapaz sobre unha mesa terrible e deixamos algo detrás e sabemos que ti estás aquí con nós. Vemos caer o tema. O temo. Lonxe. De calquera sitio. As mulleres e todo o que botamos de menos da nosa nosa nosa e ao redor de dicir cousas que fixemos faremos fixeramos fas refás fastidio fas tíos e comes tíos e mulleres e relacións todos tivemos as nosas batallas pero teño máis paz en cada pupila e nós sabemos por qué fixemos todo o que fomos facendo e o todo o que deixamos por facer e lembramos A QUÉ SABEN os bicos e caemos xuntos na herbiña sen curtar mirando as estrelas que as 8'4 nubes que quedan no ceo nos deixan ver. Beber. Durmimos todos ás nosas horas, pero, unha cousa... Está claro que hai contidos televisivos que se botan á noite... Pero a xente que traballa en horarios noturnos... Como se monta o tema para ver contidos explícitos, xente en coiros, penes bravos, conas abertas hermeticamente e todo iso? Na-na-na-na-na-na... A amizade paga máis a pena que calquera outra cousa. A música paga máis a pena que calquera outra cousa. As relacións sentimentais son como as depresións dos homes ricos e os seus siquiatras. Tranquilos, a memoria acompaña nestes momentos. Tranquilas, a memoria acompaña nestes momentos. Sinusoidal. Función de parvo. Estou conseguindo que ninguén me lea! Estou conseguindo totalmente seguido! Seguro que si. Voltarei. Voltaire. E despois xa me diredes qué vos parece todo. Goraetamilitarra e aúpa/juancarlosborbón. Somos un pasaxeiro. Todos xuntos. Non quedan soldados. Se les isto, di que che pareceu a canción. A min gústame e tamén me gusta a NOCILLA no seu punto xusto e o sexo NO seu punto XUSTO. Noroeste. Até logo, beibe. MaldiciónYoutube, Internet, Firefox, maldígovos! Cando volva xa teredes videos do concerto. Atrunch! Afternoon (Süiss)Comezo do concerto no Asajieiras Master Festival de Lariño (Carnota), no 20 de setembro de 2008. Askatasuna ou a liberdade de durmir![]() A liberdade de durmir comprométese case sempre coas persoas coas que te vas atopando polo camiño. Todos durmimos dalgún xeito particular e din que até nos semellamos a algún dos nosos ascendentes (durmes o mesmiño, o mesmiño que teu pai). E se podes durmir en calquera sitio é que todo pode estar indo ben. Camiño de Compostela onte escoitando o que seguramente era o peor hip-hop feito neste lado do universo, un pode chegar a pensar moitas cousas. E non caen sempre estrelas do ceo. Despois, un esperta en Compostela, devóltanlle un libriño de relatos e colle un tren. Os trens hainos que coller en soidade. Os trens só funcionan se estás so e vas cara onde non te agardan. E tras ler algo no que descubres algo que o autor che dixo, miras pola xanela do tren. E ves aos obreiros todos do mundo todo facendo, preparando, o que supós será un novo tramo para o ferrocarril. Para as locomotoras. Curro leva xa morto moito tempo. Tes o pelo que dá noxo. Laváchelo o día anterior ao vir da praia. Ves os obreiros, condutores de maquinaria pesada (pesadaaa...) e demais. Os teus pequenos enormes plantexamentos de tren vanse ao carallo cando ves un obreiro (moreno duro-pantalón azul) mexando de cara o tren. Pirola na man. E pensas que son todos aqueles que non foron quen ou non quixeron ou non puideron ou non foron quen de estudar algo. E teñen un choio en tempos de crise (todo o mundo fala da crise e todo o mundo se limpa o cu até que deixe de haber merda no papel) e ti non. Pero ti tes todo o tempo que eles non teñen. Viaxas nun tren un luns á mañá cara un sitio onde non te agardan. Durmiches moi ben na cama doutra persoa. So. Vas so no tren. Eles teñen outras preocupacións. Ti tamén. Que gusto dá durmir un domingo despois non durmir tras un sábado. Gusto moito das napolitanas de chocolate e da época na que sabía exactamente o qué me ían dar as cancións que comezaba a escoitar en calquera momento. Por fin! O disco do verán!!! Benvidos, pois, a un dos artigos máis (ou menos) elaborado dos últimos tempos neste bloguiño de merda apartado de toda sensatez: o cedé do verán!!!Vou colgar por acá as cancións que foron definindo (ou non) este verán que acaba de rematar (remata de acabar). Veña lo! 1.- Matisyahu: "King without a crown" Este tema foi moi de comezos de verán. Temazo do puto sionista este, que canta quinindiola. Foi acompañando todo o verán e sirve, sinxelamente, para lembrar que é verán nalgún lugar do planeta. 2.- Mundo secreto: "Hip hop" Este tema foi de antes de saber que finalmente non ía irme a Porto. E, sobre todo, lembra unha noite que fun recoller á pequena a Coruña e voltamos escoitándoo a todo trapo como dous subnormais profundos calquera. As mans no aire e todo iso. 3.- The White Stripes: "Jolene" Con este tema xa teño toleado un cento de veces nesta páxina, pero este verán transcendeu máis alá do blog. De escoitala con Fe e Pau camiño da praia rematou por ser unha das nosas peticións de grupo nos pubetos de turno. Vernos a todos berrando como energúmenos JOLEEENE... non ten prezo! 4.- Camarada Kalashnikov: "Molotov" Se hai un tema feito para escoitar mentres se conduce, é este. A batera do principio xunto co momentazo "nazis pum pum" foron a banda sonora que tivo o coche mentres a cinta esta rara coa que se conectaba o emepetrés ao sistema de son funcionou. Que tempos...! 5.- Berri Txarrak: "Ez dut nahi" Canción para a liberación interna. Propia da época coñecida como Soy la expresión de mi propio dios. Non sei de qué fala, nin o quero saber. Canción para liberarse e afrontar épocas novas. 6.- Betagarri: "Until such time" Betagarri son cracks e sobrevivenme. Pódenme. Curiosamente este foi un tema salvavidas este verán. We're the children of struggle! Demostrando mil veces que este grupo sobrevive ao que sexa! 7.- Los Calzones Rotos: "Mala vida" Canción diseñada á medida para loitar contra baixóns vitais. E para dicir como Homer: "No, no es tiempo de llorar! ¡Es hora de volver a reír! Hihihi". Gardo a esperanza de estar algún día metido entre unha multitude que cante isto, porque a canción pídeo! 8.- La Rue Ketanou: "Ma faute a toi" Tema da volta a Oleiros en agosto. Agardando a hora para ir traballar. Canción para tirarse en riba da cama e abrir as fiestras. É a miña idea de bohemia paz interior. 9.- Wolfmother: "Apple tree" Canción que cando estaban comezando as olimpíadas escoitei até a saciedade e sobre a que estiven tocando o baixo para irlle practicando. Caña de tema! 10.- Jet: "Put your money where your mouth is" Tema de ir no coche de Pau a Area Maior. Porque, entre outras cousas, este foi en gran parte verán de Pau! Grande Pau! 11.- Lendakaris Muertos: "Cervezas sin alcohol" Canción que me cansei de berrear mil veces pola praia adiante e polos botellóns, até o punto de que parte da xente do grupo xa a cantaba. Quei me aguantaron Lorena, Juanca, Glo e o resto con este tema! Grasa sin grasa! Sin hueso el chuletón! 12.- Skárnio: "Bolívar" Temazo ska! Tamén propio de irlle escoitando no carro mentres bailoteamos en modo estúpido! Pero grande por ese momento no medio no que di "Canta, canta, compañeiro! Que a túa voz sexa disparo!". Principio xerador da vida no verán! 13.- The Dandy Warhols: "Get off" Podería meter calquera corte desa pedazo obra de arte que é o Thirteen tales from urban bohemia, pero hoxe decanteime por este, ademáis andíveno tarareando ultimamente. Este disco, o que acabo de citar, entra tamén no cadro de discos para escoitar zapateado na cama nunha tarde soleada coa fiestra aberta vendo como o tempo pasa e sen dicir nin facer nada máis que estar aí. 14.- Süiss: "In this town" Poño In this town que sempre foi dos temas que me molaban antes de pasar a formar parte do grupo, pero os que me coñecedes sabedes que o tema co cal mollo os calzóns é Johnny. En todo caso, temas que lembrarei sempre e que me devolverán intacto a este verán. 15.- Gluecifer: "Put me on a plate" Deixo para o final o que penso ser unha canción a marcar unha época, como a marcaron Sputnik Monroe ou parecidas. Este tema é, sen moita dificultade, un dos mellores alegatos rock da historia. Xa vou avisando que vou tolear moi moito con esta canción. Gluecifer seguen a ser os mellores, os reis do rock! Este tema, así mesmo, foi o enlace perfecto dunha época do verán que evidenciei nun En Plan 103 e que foi o xerme de moitas machadas... Ahá! En fin, agardo que vos aproveitase... E se non, cousa vosa. Vémonos! |
Archivos
TemasEnlaces
|