![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Ai-ai-ai-ai...![]() Selección de persoal totalmente fallida. Erro tras erro. Como mola facer o imbécil sabendo que só o fas porque realmente es imbécil e que rápido cambian os estados de ánimo e desánimo. Desalento. Ao noso principio vital vánselle engadindo ideas. Na vida hai que ter ilusión, tirar para diante, beber sempre un pouco máis e non mirar atrás. E, de todos xeitos, a vida continúa a ser o mesmo sempre. Nin dous 1000 nove nin nada. Mil 9 trinta e 6. Monótona. O outro día -sábado á mañá- tiñamos por Muros a un borracho de barbas dirixindo o tráfico a berros no aparcadoiro que hai a carón do porto (el relleno). Por momentos, inclusive, se permitiu o intentar pór dereita a matrícula dun coche que había por alí aparcado. Nisto que se lle acercou un notas a berrarlle en modo "a ver, ho, déixate estar". Mentres, polo paseo, un ionki dos clásicos-clásicos contemplaba o cadro de dor mentres seguía o seu camiño. Este ionki, mirou ao resto da xente que presenciaba o espectáculo e sentenciou cun ton de lástima: -Como estamos... Claro, unha primeira lectura desta expresión levoume a pensar que se un ionki chega a dicir doutra persoa que está a ter un comportamento discutible, moi mal ten que estar o fulano en cuestión. E, deste xeito, como o ionki se reclama a si mesmo un lugar entre a decencia. Claro, nunha segunda lectura, atendendo ao apartado gramatical, fíxome caer na conta do uso da primeira persoa do plural (ou cuarta persoa, como queirades). Así, este home marcou unha relación evidente entre o protagonista do aparcadoiro e el mesmo. Entendín así que el mesmo se entendeu representante do borracho do aparcadoiro e, como encargado de comunicar aos demais cómo estaba a situación, achegou unha mensaxe de autocompaixón dende a lado escuramente feliz da ionkez no nadal. Voltei a escribir -e non falo deste puto blog de merda. Nadal de escribir merdas. De pasalo mal. Nadal de chorar. Rafael Nadal. Marcelo Ríos. Quei me río en nadal. O concerto foi daquela maneira de tal xeito. Facer o mongol facer o imbécil sabéndose un imbécil e... Aiaiai... Bailar... Este é o meu DJ! E eu bailo... Esta noite temos a mítica cea que celebramos o día de reis. Pena ten unha óptica. Onte voltou o frío. Hai xeo no mar. E peixes mortos. E comezamos a bailar. Esta noite temos a mítica cea de ir tomarlle un churrasco comer polbo e igual tamén patacas e CRIOLLITOS. Que rápido mudamos de estar nunha punta a estar na outra! Que poucas palabras fan falla para marchar! Cantas para volver! Que poucas palabras fan falla para volver! Canto ska nos queda! E canta boa música! E cantas persoas collen dentro dunha cebola sen pulir! Que lonxe queda un corpo do que debería ser un corpo! Cantos anuncios de colonias e fragancias e esencias! E que pouco bailamos! Que horarios máis raros temos que non gardamos un ratiño para bailar todos xuntos! Imos pola rúa. Non somos seres humanos cunha experiencia divina. Bailamos. A desilusión debería non ter cabida nas nosas vidas, non é? Onte comín unha completa sen cebola e, se unha película se para para pór publicidade, apago a televisión. O nadal de Combo. A desilusión contrasta con toda esta música. Comezamos a bailar... Ai-ai-ai-ai... Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
TemasEnlaces
|