Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Tenis de futbito

20090107184034-espeso.jpg

Non mos quito.

Xa de volta de Muros. Coa sensación de levar oito meses na vila e de me ter baixado a pelo o pouco que puidese quedar  a estas alturas do ano nas naves industriais da familia Raeiros.

Tú verás. Es navidad.

Nadal estraño en grado estremo. Demasiado hospital para o gusto de ninguén e demasiadas bágoas por todos lados e demasiado agobio e alcol mal repartido. Demasiado instinto asasino con algunha continuación. Romper. Demasiada choiva en moto. Demasiadas vitorias agónicas que se foron quedando en NADA.

Mellores xogadores do partido e concertos rápidos. Erros e todo iso. Na vida hai que ter ilusión. Figos pasos.

Pasos fixos.

Granturismeo: o xusto.

Un, dous, tres, catro, sinco, seis, sete, sota, cabalo, rei, un, dous, tres...

Caramelazos dos reis. Frío moito frío moito frio de deus. Concertos. Telefonía inmóbil.

Non saber falar xa coas persoas.

Xa de volta. Chamada da policía a casa: hemos encontrado sus efectos personales.

Oh! Xenial!

Encántame que digan "efectos personales" (e vou directamente á expresión e non a xogos como "defectos persoais"). Díxomo e quedeime semi-pillado pensando en que efectos produzo ou padezo. Apatía, cansanzo, saturación, desesperación, noxo, fastidio (pero que fas, tidio?!) e merdas polo estilo.

Espertar o día de reises cantando como un energúmeno a de Mamá perfecta. En 200 anos: todos seremos chineses. Apocalipse, segundo Félix.

Hai que tirar para diante.

Todo o mundo confiando nas súas catro merdas. Somos quen de todo.

Capacitados para todo.

Viaxamos. Voamos. Caemos. Erguémonos. Viaxamos.

Estamos de volta.

Xa me quitei os tenis de futbito.

Xa hai tempo.

07/01/2009 18:40 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Tontadas.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: anxela

explica ben

chama a policia casa pillando Lema e Anxela escoitando: hostia!non me jodas!que pasou?

e outra, o dia de reis cantando esa cancion enriba miña!!agg

Fecha: 07/01/2009 20:55.



Autor: xuko

chinos
chinos
chinos
chinos
chinos
chinos
OHHHHHH SACAEME PRONTO DAKI!

Fecha: 08/01/2009 11:55.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras contra la leucemia y el Iniciador Zaragoza (networking entre emprendedores).