Soñei que estabamos nun cárcere e que conseguía que estourase unha bomba no outro lado do edificio para saír pola banda contraria con outros compañeiros que foron caendo pouco a pouco nas mans dos gardas e dos lobiscáns que nos seguían e despois entraba nunha especie de casa abandoada na que me metía na cociña para armarme cun coitelo enormísimo que empregaba para acoitelar a unha garda que me perseguía e sentín como a atravesaba co coitelo e carne tocando co ferro do coitelo e despois a muller pedíame un bico porque nunca a bicaran e díxenlle que pasaba de todo e que aprendese a vivir a vida e se deixase de andar pendiente de presos e cousas así que a vida había que vivila e que así aprendería e a verdade é que non ía aprender un carallo porque ía morrer e cando morres, hostia, cando morres dá igual o que tes aprendido.