Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Nós lapidamos o can tiñoso

20090109192256-dead-dog.jpg

Lembro cando matamos o can tiñoso. Íamos até os topes de birra e ninguén nos agardaba en ningún bar. Coma sempre.

Atopámolo de fronte nunha corredoira. Non sei por qué hostias nos meteramos por aquela corredoira, porque non collía de camiño a ningures. Supoño que a collemos por iso.

Atopámolo de fronte e el xa viu o que se lle viña enriba e mexou. Hai a quen lle prestan as mexadas e a aquel can tiñoso tamén parecía que lle prestaban. O seu último desexo foi botar unha mexada contra unha muro. A mexada foi escorrendo pola pista e chegou até os pés de algún de nós. Dábanos igual.

Nós fomos os que o lapidamos. Ninguén o ía botar de menos e lapidámolo porque queríamos que nos lapidasen a nós. Dábanos igual. Os cans mortos son como as mulleres e como os homes mortos.

Un de nós, cando xa rematamos de tirarlle as pedras que íamos collendo do propio muro, pegoulle unha patada no peito e saiulle un anaquiño de pulmón. Dous de nós vomitaron.

Nós matamos o can tiñoso como uns auténticos alcólicos covardes e cando chegamos a casa case ningún sabía de que eran as manchas de sangue.

Mais sabíamos todas as mentiras que nos contaran esa noite. A xente minte.

O can tiñoso morreu lapidado. Matámolo nós.

09/01/2009 19:22 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: Damandarina

genial...

Fecha: 12/01/2009 21:15.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras contra la leucemia y el Iniciador Zaragoza (networking entre emprendedores).