Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Michelle

michelle ten dezanove anos
e unha tatuaxe dunha lúa
tralo ombreiro

a súa nai ten cincuenta e sete anos
e un brinco enorme
e non traballa

michelle é descarada
botada para adiante
e chora cando está soa
na súa cama con bonecos

michelle ten un piercing na lingua
e practica boas felacións
a rapaces de pelo curto
e ben afeitadiños

os rapaces van ao ximnasio
e falan con rapazas que son fans
en termos xerais

á nai de michelle tamén
se lle teñen corrido na boca
cando confiaba na presenza
dalgún que outro deus
e na boa fe da xente

o marido da nai de michelle
mercou un catro por catro
en delaware
e coñece as claves do éxito empresarial

michelle sabería gardar as formas
se a situación o pedise

michelle bebeu ron nunha festa
latina
e acabou no que para alguén sería un
alpendre
entre as coxas de
karen
e baixo os collóns
do ex
de karen

a nai de michelle foi buscala
tres días despois
á casa de karen
no catro por catro
do seu marido

11/01/2009 18:14 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: sarita

por fin cuelgas pallas!! esta me gusta especialmente (como era de esperar, tiene semen y pirsins, es mi rollo poetico)

me molo verte hoy samueliño, por cierto, qué bien te queda roque :P baci!

Fecha: 12/01/2009 02:30.



Autor: eu

ulo bukowski!

Fecha: 12/01/2009 20:33.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.